Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 18 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Botánica, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir os coñecementos básicos sobre a evolución biolóxica e a biodiversidade.
Coñecer os principios básicos da taxonomía e clasificación biolóxica de animais e vexetais.
Coñecer e comprender os fundamentos da estrutura e organización vexetal e animal, en relación cos seus principais aspectos funcionais.
Recoñecer os diferentes tipos de animais e vexetais a nivel de grandes grupos.
Familiarizarse coa terminoloxía básica empregada no ámbito da evolución biolóxica, a bioloxía vexetal e a bioloxía animal.
• CLASES EXPOSITIVAS (34 HORAS)
CONCEPTOS XERAIS [ZOOLOXÍA E BOTÁNICA]
-A ciencia e o método científico. (0.5 h)
-Propiedades fundamentais da vida. (0.5 h)
-A evolución biolóxica. Darwinismo: cambio perpetuo, orixe común, multiplicación das especies, gradualismo, selección natural. Revisións ao Darwinismo. (1.5 h)
-Dimensións do proceso evolutivo. Concepto de especie. Mecanismos de especiación. (1 h)
-Sistemática e clasificación biolóxica. Filoxenias: conceptos básicos e interpretación de filoxenias. Escolas sistemáticas. (2 h)
-Concepto de biodiversidade: tipos, importancia, servicios ecosistémicos, conservación. A distribución global da diversidade. (1 h)
-Bioxeografía: a distribución dos ss.vv. e as súas causas. Biomas. Rexións bioxeográficas. (1.5 h)
FUNDAMENTOS DE BIOLOXÍA VEXETAL [BOTÁNICA]
-Concepto de vexetal e planta. Clasificación e nomenclatura. (2 h)
-Niveis de organización: protófitos, talófitos e cormófitos. (1 h)
-Reprodución en procariotas e eucariotas. (1 h)
-Ciclos biolóxicos de vexetais. (1 h)
-Crecemento e desenvolvemento. (1 h)
-Diversidade de organismos I: Cianobacterias, Algas, Hongos, Briófitos e Fentos. (6 h)
-Diversidade de organismos II: Espermatófitos. (3 h)
FUNDAMENTOS DE BIOLOXÍA ANIMAL [ZOOLOXÍA]
-Concepto de animal. Taxonomía e nomenclatura animal. Código de Nomenclatura Zoolóxica. (1 h)
-Reprodución. Modalidades de reprodución asexual. Reprodución sexual: fecundación, modelos de reprodución, determinación do sexo. Partenoxénese. Heterogonia e metaxénese. (1.5 h)
-Desenvolvemento embrionario. Tipos de ovos e de segmentación. Gastrulación. Cavidades corporais. Patróns de desenvolvemento animal: metazoos diblásticos e triblásticos. Os bilaterais protóstomos e deuteróstomos. Principais liñas filoxenéticas do Reino Animal. (2 h)
-Arquitectura animal. Simetría. Niveis de organización. Tamaño e complexidade. Capas xerminais e cavidades internas. Metamería. (2 h)
-Tegumento e sistemas esqueléticos. (1.5 h)
-Homeostase I: regulación osmótica, excreción e termorregulación. (1.5 h)
-Homeostase II: circulación e intercambio de gases. (1.5 h)
• CLASES INTERACTIVAS DE LABORATORIO E CAMPO (8 HORAS)
Levaranse a cabo dúas prácticas de laboratorio, unha centrada en animais e outra en vexetais, que terán unha duración de 2,5 horas cada unha. Nas prácticas de laboratorio os/as alumnos/as realizaran a observación e recoñecemento in situ dos rasgos diagnósticos e as adaptacións morfolóxicas e funcionais mais importantes dos principais grupos taxonómicos de animais e vexetais.
Levarase a cabo unha práctica de campo de 3 horas de duración en zonas representativas de hábitats típicos de Galicia, durante a cal se observará in situ a súa flora e fauna, procedéndose á caracterización e identificación dos principais grupos.
• CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO (2 H)
Impartiranse dous seminarios sobre temas complementarios ás actividades teórico-prácticas da materia. Os temas específicos que se tratarán incluirán os seguintes:
SEMINARIO 1: A ORIXE DOS METAZOOS
SEMINARIO 2: O HERBARIO SANT
• TITORÍAS (2 HORAS)
Titoría 1: resolución de dúbidas e/ou proba de autoavaliación dos contidos de grupos animais, de forma previa á realización do exame final.
Titoría 2: resolución de dúbidas e/ou proba de autoavaliación dos contidos de grupos vexetais, de forma previa á realización do exame final.
• EXAMES (TEORÍA E VISU) (4 H)
Básica
Hickman, C.P., Keen, S.L., Eisenhour, D.J., Larson, A., L’Anson, H., 2021. Principios integrales de zoología. 18ª ed. Zaragoza: Grupo Asís.
Nabors, M.W., 2005. Introducción a la botánica. Madrid: Pearson; Addison Wesley.
Díaz, T.E., Fernández-Carvajal, M.C. y Fernández, J.A., 2004. Curso de botánica. Gijón: Trea.
Complementaria
Díaz, J.A. y Santos, T., 2003. Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Síntesis.
Strasburger, E., Noll, F., Schenck, H. y Schimper, A.F.W., 2004. Tratado de botánica. 35ª ed. Barcelona: Omega.
o Coñecementos/contidos:
Con03: Coñecer a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a evolución.
Con04: Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as adaptacións ao medio.
Con08: Coñecer e comprender o desenvolvemento, a morfoloxía e a anatomía dos seres vivos.
Con09: Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como a súa interacción cos ambientes biótico e abiótico.
o Habilidades/destrezas:
H/D08: Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
o Competencias:
Comp01: Que os estudantes demostraran posuír, comprender e utilizar os coñecementos das distintas áreas da Bioloxía, incluíndo algúns aspectos de vangarda do seu campo de estudo.
Comp02: Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
A metodoloxía do ensino consta de clases expositivas combinadas con actividades interactivas que requiren a participación do alumnado e o uso do campus virtual; seminarios impartidos polo profesorado; prácticas de laboratorio e de campo e titorías en grupo reducido.
A asistencia ás prácticas de laboratorio e campo e ós seminarios é obrigatoria. A asistencia ás clases expositivas e ás titorías en grupo reducido non é obrigatoria.
Todas as actividades docentes apóianse na utilización de medios audiovisuais e no fomento dunha comunicación fluída entre profesorado e alumnado, ademais de na utilización da aula virtual, o correo electrónico e/ou a plataforma MS-teams.
Avaliación continua. - Os entregables derivados das actividades que se realicen durante as clases expositivas, prácticas de campo e laboratorio e/ou seminarios, utilizaranse para a avaliación continua e serán cualificados.
As cualificacións de ditos entregables contribuirán nun 30% á nota final da materia (15% das prácticas de campo e laboratorio e 15% de outros entregables). A realización destes entregables é de carácter voluntario, e a non realización dos mesmos suporá a renuncia do alumno/a á porcentaxe correspondente na cualificación final da materia. No caso de que algún estudante non poida asistir por motivos xustificados ás actividades presenciais que levan asociadas entregables de avaliación continua, poderán levar a cabo entregables avaliables segundo indique o profesorado, de xeito que poidan optar a cualificación correspondente.
Exame final. – Levarase a cabo un exame final, presencial e obrigatorio, que complementa a avaliación continua. O exame avaliará os coñecementos do estudantado sobre os contidos teóricos da materia, e a súa cualificación contribuirá nun 60% á nota final da materia. As características concretas do exame serán explicadas ao alumnado ao comezo do curso. Ademais, levarase a cabo un exame de recoñecemento "de visu" de taxons animais e vexetais representativos dos grupos estudados. A súa cualificación contribuirá nun 10% á nota final da materia.
A modo de resumo, a cualificación global do estudantado na materia obtense como resultado da avaliación do seu rendemento en:
-Exame de contidos teóricos (obrigatorio) (60%)
-Exame de recoñecemento "de visu" (obrigatorio) (10%)
-Realización de entregables asociados ás clases expositivas e/ou seminarios (voluntarios) (15%)
-Realización dun traballo sobre as prácticas de campo e laboratorio (voluntario) (15%)
A avaliación dos resultados de aprendizaxe traballados na materia farase da seguinte forma:
-Exame: Con03, Con04, Con08, Con09, H/D08, Comp01
-Avaliación continua: Con04, Con08, H/D08, Comp01, Comp02.
Os criterios de avaliación aplícanse individualmente a cada unha das dúas áreas de coñecemento da materia (zooloxía e botánica). A nota final da materia será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha destas áreas, sempre que se superase cada área de xeito individual. Para considerar calquera das áreas aprobadas, o/a estudante deberá obter unha nota mínima de 5, tanto no exame teórico como na proba “de visu” da devandita área.
O sistema de avaliación será idéntico para as dúas oportunidades (xaneiro e xuño/xullo). No caso de que o/a estudante superase só unha das áreas, a súa nota final na correspondente convocatoria será dun máximo de 4,5 (suspenso). O aprobado de só unha das dúas áreas na primeira oportunidade (xaneiro) mantense ata a convocatoria da segunda oportunidade (xuño/xullo), pero en ningún caso dun curso a outro.
O estudantado repetidor ten o mesmo sistema de avaliación que o estudantado de primeira matrícula.
O estudantado repetidor pode, se o desexa, conservar as cualificacións correspondentes ao traballo de prácticas (15%) e ós entregables de aula/seminario (15%). De non ter realizado estes traballos ou entregables en cursos anteriores, os/as estudantes repetidores poden facer entrega dos mesmos nos prazos que se establezan no novo curso académico.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios e probas, aplicarase o disposto no "Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións”.
Ademais, queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios, tales como páxinas web ou distribución a persoas alleas ao curso, de calquera material docente dispoñible na aula virtual sen consentimento do profesorado.
TRABALLO PRESENCIAL
Clases expositivas: 34 h
Prácticas de laboratorio: 5 h
Prácticas de campo: 3 h
Seminarios: 2 h
Titorías: 2 h
Realización de exames: 4 h
Total de traballo presencial: 50 h
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo individual: 70 h
Elaboración dos traballos e actividades recomendadas: 30 h
Total de traballo persoal: 100 h
HORAS TOTAIS: 150
• Asistir a todas as actividades docentes.
• Consultar a bibliografía recomendada e os recursos proporcionados polos docentes a través da aula virtual.
• Realizar as actividades propostas polo profesorado.
• Facer uso frecuente das titorías para resolver calquera tipo de dúbida ou cuestión relacionada cos contidos teóricos e prácticos da materia.
• Realizar ao longo do curso e como iniciativa persoal do alumno, desprazamentos a distintos ambientes para observar directamente os organismos animais e vexetais incluídos no exame de visu.
• Realizar visitas aos Museos de Historia Natural, recomendándose especialmente, pola súa proximidade, o Museo de Historia Natural da USC.
• A materia contará cunha aula virtual activa na plataforma Moodle, que servirá ademais de ferramenta de comunicación directa entre o alumnado e o profesorado (que se complementarán con MS-Teams e o correo electrónico).
• É obrigatorio o uso da conta de correo rai, así coma das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
• A aprobación do programapor parte do departamento de Botánica, limítase aos contidos especificados da súa área de coñecemento e non aos da outra área coa que comparte a materia.
• A aprobación do programa por parte do departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, limítase aos contidos especificados da área de Zooloxía e non aos da outra área coa que comparte a materia.
Maria Inmaculada Romero Bujan
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814913
- Correo electrónico
- mi.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Olalla Lorenzo Carballa
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- olalla.lorenzo.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Pilar Diaz Tapia
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- pilar.diaz.tapia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
26.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
26.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |