Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 14 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas clases sobre as principais técnicas de caracterización de biomateriais como ferramentas de investigación biomédica.
Aplicar os coñecementos teóricos básicos sobre a integración de substancias activas en sistemas elaborados a partir de biomateriais.
Presentar e interpretar adecuadamente os resultados e informes relacionados coa experimentación no ámbito dos biomateriais.
Programa teórico
1. Introdución. Tipos de biomateriais. Definición de biomateriais e clasificación. Polímeros biodegradables. aplicacións tecnolóxicas.
2.- Técnicas de separación e análise en función do tamaño: Fundamentos e aplicacións.
3.- Técnicas de esterilización.
4.- Liofilización: Aplicacións en bioquímica.
5.- Técnicas de obtención e caracterización de sistemas coloidais obtidos a partir de biomacromoléculas. Liberación de fármacos e substancias activas.
6.- Técnicas de microencapsulación con biomateriais. Aplicacións no ámbito da nutrición e da biomedicina.
7.- Impacto social, económico e sanitario. Lexislación. Perspectivas de futuro.
Programa práctico
1.- Liofilización de diferentes produtos e biomateriais.
2.- Obtención e caracterización de micropartículas
3.- Obtención e caracterización de hidroxeles e andamios
Tecnología Farmacéutica. Vol. I y II. José Luis Vila Jato (Ed.)
Editorial Síntesis. Madrid. 1997.
Tratado de Tecnología Farmacéutica. Vol. I, II y III. Ramón Martínez Pacheco (Ed.)
Editorial Síntesis. Madrid. 2016.
Handbook of Biomaterials Biocompatibility
Masoud Mozafari (Ed.). Elsevier. Chennai (India). 2020.
Biomaterials: an introduction. Park, Yoon Bu; Lakes, Roderic, S. Springer.
Resultados da aprendizaxe:
Coñecemento (Con10): adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicacións dos principais métodos experimentais e de instrumentación.
Competencias: (Comp01): Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións; (Comp05): colaborar en equipas interdisciplinares en calquera ambiente de traballo, partindo do coñecemento do entorno e da normativa legal vixente.
Habilidades: (H/D01): Aplicar adecuadamente as ferramentas físicas, químicas, matemáticas e estadísticas ao estudo dos procesos biolóxicos.; (H/D08): Planificar e empregar os principais métodos experimentais dirixidos ao análise da actividade biolóxica, técnicas de illamento, caracterización de moléculas biolóxicas, desenvolvemente de sistemas terapéuticos e avaliación de sustancias activas.
Clases maxistrais (35 horas) serán impartidas polos profesores encargados da materia. Durante o desenvolvemento das clases empregaranse medios audiovisuais, principalmente (presentacións e vídeos) dende o ordenador. Así mesmo, contarase co apoio de anotacións e explicacións no encerado. Ao comezo de cada clase farase un breve resumo do visto na clase anterior para situar ao estudantado no punto da materia no que se atopa.
Presentación en aula. Os estudantes realizarán un traballo sobre algún aspecto da materia.
Os seminarios ou clases interactivas (2 horas) consistirán na realización de actividades complementarias co fin de afondar nos aspectos tratados na materia).
Asistencia a conferencias ou outros eventos. Os estudantes poderán asistir a charlas impartidas por expertos relacionados coa materia. Poden realizarse de maneira presencial ou virtual e os estudantes poderán realizar preguntar ao finalizar a sesión.
As clases prácticas (12 horas) consistirán na realización de prácticas de laboratorio. Estas prácticas consistirán nunha breve introdución teórica e un guión práctico que o estudante cubrirá como un caderno de prácticas cos resultados obtidos durante os experimentos. Os grupos prácticos estarán formados por un máximo de 2 alumnos por grupo.
Os estudantes traballarán en grupo ou individualmente.
As horas de titoría establecidas (2 horas) servirán para orientar ao estudantado sobre as actividades que realizarán os estudantes e desenvolveranse na aula por grupos, que se establecerán previamente.
Prácticas de campo/saídas de estudos: poderán realizarse, pero condicionadas á posibilidade de financiamiento.
Todo o material empregado na clase estará dispoñible na plataforma virtual da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Realizarase un seguimento da aprendizaxe, mediante a avaliación dos traballos de laboratorio, a participación en actividades realizadas na aula (respostas a preguntas, seminarios). Tamén se realizará un exame. O peso de cada unha das partes a avaliar será o seguinte.
- Exame teórico: 60%. Resultados do aprendizaxe avaliados: (Con10): adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicación dos principais métodos experimentais e de instrumentación.; Habilidades: (H/D01): Aplicar adecuadamente as ferramentas físicas, químicas, matemáticas e estadísticas ao estudo dos procesos biolóxicos.
-Prácticas de laboratorio: 20% (obrigatorias). Os coñecementos adquiridos avaliaranse mediante un exame escrito que terá lugar ao finalizar as prácticas. Resultados do aprendizaxe avaliados: (Comp01): Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións; (Comp05): colaborar en equipas interdisciplinares en calquera ambiente de traballo, partiendo do coñecemento do entorno e da normativa legal vixente.; (H/D08): Planificar e empregar os principais métodos experimentais dirixidos ao análise da actividade biolóxica, técnicas de illamento, caracterización de moléculas biolóxicas, desenvolvemente de sistemas terapéuticos e avaliación de sustancias activas.
- Realización e/ou exposición de traballos: 20%.
Só poderán obter a cualificación de NON PRESENTADO os estudantes que non realizasen ningunha tarefa das actividades obrigatorias avaliables. Resultados do aprendizaxe avaliados: (Comp01): Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise quepermitantomar decisións; (H/D08): Planificar e empregar os principais métodos experimentais dirixidos ao análise da actividade biolóxica, técnicas de illamento, caracterización de moléculas biolóxicas, desenvolvemente de sistemas terapéuticos e avaliación de sustancias activas.
Para aprobar a materia é necesario obter polo menos o 50% da puntuación máxima asignada ás prácticas (1 punto sobre 2) e ao exame (3 puntos sobre 6).
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o estudante será avaliado na segunda oportunidade, polo menos naqueles apartados nos que non se acade a cualificación mínima.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou doutras probas, aplicarase o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións”.
Considerarase como non presentado (NP), a condición de que non se realizase ningunha das actividades obrigatorias avaliables da materia. Non caso de non superar a materia na primeira oportunidade, existirá unha segunda oportunidade para que o estudante sexa avaliado. Nesta segunda oportunidade manteranse as cualificacións obtidas nos outros apartados para a súa cualificación final. Do mesmo xeito, os estudantes que participasen durante o transcurso da materia nas actividades de avaliación, conservarán, se así o desexan, as cualificacións obtidas nas mesmas. En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académicos dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Para a avaliación das actividades formativas terase en conta o Regulamento de asistencia á clase as ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024).
A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das que 99 horas correspóndense con horas de traballo autónomo.
A distribución detallada do tempo de traballo do estudante é a seguinte:
Clases maxistrais: 35 h presenciais.
Seminarios: 2 h presenciais.
Prácticas de laboratorio: 12 h presenciais.
Titorías en grupo: 2 h presenciais.
Realización de exames e revisión: 3 h presenciais.
Recoméndase levar ao día a materia e afondar nos contidos utilizando a bibliografía recomendada. Resulta aconsellable que o estudante teña unha serie de coñecementos adicionais: dominio do idioma inglés a nivel de lectura e coñecementos de aplicaciones informáticas a nivel usuario, para conseguir un maior aproveitamento da materia.
En relación á dispensa de asistencia a clase, e dada la naturaleza experimental dos estudos, non se contempla a concesión de dispensa salvo en casos absolutamente excepcionais tal e coma indica la instrucción Nº1/2017 da Secretaría Xeral e soamente se poderá conceder a falta de outras alternativas viables.
Nos casos excepcionais nos que si se conceda a dispensa de asistencia pola comisión de Título e a Xunta de Facultade, segundo o disposto no Regulamento de Asistencia a Clase, deberán ter en conta que para aprobar a asignatura será necesaria a realización das prácticas, a entrega de todas as actividades de avaliación continua e a superación dos correspondentes exames.
Helena Rouco Taboada
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- helena.rouco.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
20.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
20.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
26.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
26.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |