Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán (30%), Galego (70%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer a orixe a variación xenética.
- Saber describir os mecanismos de mutación e reparación do ADN.
- Identificar os distintos tipos de elementos móbiles e coñecer os mecanismos de transposición.
- Saber descreber os mecanismos xenéticos implicados na regulación da expresión xénica en procariotas e en eucariotas.
- Coñecer o papel da xenética en enfermidades complexas como o cancro.
- Coñecer as técnicas de análise a escala do xenoma completo e as súas aplicacións en biotecnoloxía.
Os contidos teóricos recollidos no seguinte temario complementaranse con clases interactivas: seminarios, prácticas e unha actividade de titorías. As horas sinaladas son unha aproximación.
AULAS EXPOSITIVAS (32 horas)
Tema 1: Mutación xénica e reparación (4 h)
Tema 2: Mutacións cromosómicas (3 h)
Tema 3: Elementos transponíveis (4 h)
Tema 4: Regulación da expresión xénica en procariotas (2 h)
Tema 5: Regulación da expresión xénica en eucariotas (7 h)
Tema 6: Xenética do cancro (6 h)
Tema 7: Análise xenética a escala do xenoma completo (6 h)
SEMINARIOS (8 horas)
Os seminarios consistirán na resolución de cuestións e problemas representativos de casos reais e hipotéticos mediante a aplicación de conceptos e modelos descritos nas sesións de teoría. Fomentarase a participación do alumnado na proposta e resolución de problemas.
PRÁCTICAS (8 horas)
Realizaranse dúas prácticas de laboratorio húmido:
Práctica 1: Descrición e utilización de marcadores moleculares (4 h)
Práctica 2: Elaboración dun mapa de restrición (4 h)
TITORÍAS (2 horas)
As titorías consistirán nunha actividade colectiva de presentación da materia e discusión de problemáticas relacionadas cos contidos teóricos e prácticos e cuestións relativas á docencia.
PROBA OBXECTIVA FINAL E REVISIÓN (4 horas)
Proba final obxectiva (2 horas), revisión (2 horas).
Bibliografía básica
• Krebs, J. E., Goldstein, E. S., & Kilpatrick, S. T. (2018). Lewin’s genes XII. Jones & Bartlett Learning.
• Pierce, B.A., 2020. Genetics: a conceptual approach. 7th ed. New York: Freeman and Company.
• Snustad, D. P., & Simmons, M. J. (2003). Principles of Genetics (3rd edn). John Wiley & Sons Inc.
• Strachan, T., & Lucassen, A. (2023). Genetics and genomics in Medicine (2nd Ed.). CRC Press; Taylor & Francis Group, LLC.
• Tom Strachan, & Read, A. (2019). Human molecular genetics (5th edn). CRC Press; Taylor & Francis Group, LLC.
Bibliografía complementaria
• Klug, W. S., Cummings, M. R., Spencer, C. A., & Palladino, M. A. (2017). Essentials of genetics (9th edn). Pearson Education Limited.
• Benito Jiménez, C., 2002. 360 problemas de genética resueltos paso a paso. Madrid: Síntesis.
• Ménsua, J. L., 2003. Genética: problemas y ejercicios resueltos. Madrid: Pearson Educación.
• Remis, M.I. e Saidman, B.Ou. 2019. Genética: una guía de problemas y como resolverlos. Editorial Académica Española.
Referencias bibliográficas incluidas no resumo de cada tema.
Coñecimentos/contidos: Con01, Con05.
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D05, H/D8, H/D10, H/D11.
Competencias: Comp02, Comp03, Comp04, Comp05.
Aulas expositivas: aulas maxistrais de teoría. Dedicaranse uns minutos ao comezo e ao remate de cada sesión para esclarecer dúbidas relativas ao contido da materia ou á organización da docencia.
Aulas interactivas. Constarán de aulas de seminarios e dúas prácticas de laboratorio húmido. Os seminarios consistirán na aprendizaxe baseada en problemas, debate e estudios de casos. Opcionalmente realizaranse seminarios bioinformáticos empregando recursos online. Fomentarase a participación do alunado na proposta e resolución de problemas como criterio de avaliación continua.
A resolución de dúbidas poderá facerse de xeito colectivo no tempo dedicado a este efeito en cada sesión ou de maneira personalizada no despacho do profesor (previa cita).
Avaliaranse tanto os contidos teóricos da materia como a capacidade de resolución de problemas e cuestións de índole aplicada relacionados coa mesma. Os criterios básicos de avaliación consistirán na demostración de comprensión dos conceptos fundamentais, así como da súa aplicación.
Proba final obxectiva (60% da nota final): exercicio presencial obrigatorio e complementario á avaliación continua, que ten como obxectivo a avaliación de contidos teóricos, así como prácticos demostrados na resolución de problemas. Constará de preguntas tipo proba de respostas múltiplas, problemas e preguntas de desenvolver. É necesario alcanzar unha nota mínima de 4,5 puntos sobre 10 nesta proba para superar a materia e sumar a cualificación da avaliación continua.
Avaliación Continua. Constará de:
• Seminarios: contabilizarase a participación activa na proposta e resolución de problemas e na discusión e debate de cuestións relacionadas coa materia.
• Probas de avaliación continua. Probas presenciais, de realización non obrigatoria, con vistas á avaliación continua de coñecementos teóricos. Poderán realizarse a través da Aula Virtual en calquera das sesións docentes.
• Prácticas: a asistencia ás prácticas é obrigatoria e rexistrarase mediante a recollida de sinaturas. Realizarase unha proba de avaliación dos coñecimentos.
Avaliación Continua (40% da nota final):
• Seminarios + Probas voluntarias de avaliación continua: 30% da nota final
• Prácticas: 10% da nota final
Nos casos excepcionais de concesión de dispensa á asistencia a clase, a avaliación farase mediante proba final obxectiva na convocatoria oficial (100% da cualificación).
A actividade desenvolvida en titorías non se cualificará.
Segunda oportunidade: a metodoloxía de avaliación será a mesma que na primeira oportunidade. Conservaranse as cualificacións da avaliación continua na primeira oportunidade.
Alumnado repetidor: avaliaranse os seus coñecementos teóricos e prácticos (resolución de problemas) mediante o exame final, cualificación que representa un 60% da nota final. Será necesaria a obtención de polo menos 4,5 puntos sobre 10 na proba final obxectiva para superar a materia. A avaliación continua será como o resto dos alumnos: seminarios, probas voluntarias de avaliación continua. Caso de telas superadas, conservarase a cualificación das prácticas no curso anterior.
Atividades presenciais (54 h):
- 32 horas de clases expositivas.
- 8 horas de prácticas de laboratorio.
- 8 horas de seminarios.
- 2 horas de titoría en grupo reducido.
- 4 horas realización 4 revisión do exame.
Atividades non presenciais (94 h):
- 74 horas estudo individual.
- 20 horas lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, preparación de titorías.
Total: 148 h
Recoméndase a asistencia a todas a actividades para optimizar a aprendizaxe, os resultados da avaliación continua e a superación da materia.
Será de aplicación o regulamento de asistencia ás aulas vixente na USC.
Recoméndase o aproveitamento dos períodos de consulta durante as aulas como sistema de apoio para clarificar e afondar individualmente naqueles aspectos nos que os estudantes atopen maior dificultade.
O alumnado terá ao seu dispor unha aula virtual na que poderá acceder a contidos e materiais complementares de apoio á docencia e ás ferramentas de avaliación continua (ex. realización de cuestionarios, entrega de tarefas,...). Esta vía tamén será utilizada como medio de comunicación preferente entre a equipa docente e o alumnado.
Fica prohibida a distribución, por calquera medio (p.e. páxinas web, fotocopias,...), do material docente dispoñíbel no Campus Virtual a persoas alleas ao curso sen o consentimento expreso do profesorado.
As regras básicas para o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial xenerativa son: (i) Transparencia, débese declarar o seu uso e finalidade (ex. revisión estilística dun texto, resumo de contidos, xeración de código, resolución de problemas,…). Non se considera lexítimo o seu uso para xeración de textos. (ii) Responsabilidade: a persoa usuaria debe revisar, contrastar e verificar os contidos producidos polas ferramentas de IA e é responsável académica do contido, dados, referencias bibliográficas, erros e plaxio nos resultados destas ferramentas. (iii) A IA non pode ser considerada co-autora.
No caso de realización fraudulenta de exercicios, probas ou tarefas, será de aplicación a normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Ana Maria Viñas Diaz
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881816918
- Correo electrónico
- anamaria.vinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julio Manuel Maside Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881815411
- Correo electrónico
- xulio.maside [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Luns | ||
|---|---|---|
| 18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| Martes | ||
| 18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| Mércores | ||
| 18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| 21.05.2027 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 06.07.2027 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIÑAS DIAZ, ANA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIÑAS DIAZ, ANA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIÑAS DIAZ, ANA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |