Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 28 Total: 58
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemática Aplicada
Áreas: Matemática Aplicada
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Introducirse no coñecemento e manexo de conceptos e técnicas básicas do Cálculo Numérico.
- Coñecer e aplicar algoritmos básicos do Cálculo Numérico de funcións nunha variable, que permiten calcular a interpolante polinómica dunha función, aproximar as derivadas dunha función nun punto, calcular de maneira aproximada unha integral definida, e estudar a existencia e aproximación das raíces dunha ecuación numérica non linear.
- Exercitarse na programación en ordenador mediante a implementación dos algoritmos estudados en MATLAB.
TEMA 1: Introdución á Análise Numérica. Sistemas de punto flotante. Erros no cálculo numérico. Orde dun método numérico. (Aproximadamente 3 horas expositivas)
TEMA 2: Aproximación de raíces dunha ecuación numérica: algoritmos de dicotomía, iteración funcional e Newton-Raphson. (Aproximadamente 9 horas expositivas)
TEMA 3: Interpolación polinómica de Lagrange. Introdución a outros tipos de interpolación. (Aproximadamente 8 horas expositivas)
TEMA 4: Introdución á derivación numérica. Introdución á integración numérica: regras do trapecio e Simpson simples e compostas. (Aproximadamente 8 horas expositivas)
Básica:
- A. QUARTERONI, F. SALERI. Cálculo científico con Matlab y Octave. Springer-Verlag Italia, Milano, 2006. Dispoñible en: https://link-springer-com.ezbusc.usc.gal/book/10.1007/978-88-470-0504-4
- J. M. VIAÑO. Lecciones de métodos numéricos 1.- Introducción general y análisis de errores. Tórculo edicións, 1995.
- J. M. VIAÑO. Lecciones de métodos numéricos 2.- Resolución de ecuaciones numéricas. Tórculo edicións, 1997.
- J. M. VIAÑO, M. BURGUERA. Lecciones de métodos numéricos 3.- Interpolación. Tórculo edicións, 2000.
Complementaria:
- R. L. BURDEN, J. D. FAIRES. Numerical Analysis (7th edition). Brooks/Cole Thomson Learning, cop. 2001.
- E. ISAACSON, H. B. KELLER. Analysis of Numerical Methods. John Wiley, 1994.
- D. KINCAID, E. W. CHENEY. Análisis Numérico: las Matemáticas del Cálculo Científico. Addison-Wesley Iberoamericana, 1991.
Coñecementos: Con01, Con02, Con03, Con04, Con05.
Habilidades: H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D07, H/D08, H/D09.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04.
- Nas clases expositivas explicarase a materia co apoio das diapositivas dispoñibles no curso virtual.
- O estudantado disporá no curso virtual de boletíns de exercicios e guións de prácticas cos que se traballará nas clases de ordenador.
- Nas prácticas de ordenador utilizarase MATLAB.
- No curso virtual o estudantado disporá de todo o material, así como dun foro de novas e un servicio de dúbidas por correo electrónico.
Primeira oportunidade de avaliación:
----------------------------------------
A avaliación continua (AC) consta das seguintes partes:
-------------------------------------------------------------
(AEC) Unha proba escrita na aula e no horario de clases expositivas con material de apoio, sobre os contidos do tema 2, que supón un 40% da AC.
(APC) Unha proba na aula de informática no horario de clases interactivas con material de apoio. Os contidos serán explicitados con antelación suficiente, dependendo da data fixada. Nesta proba validaranse as habilidades/destrezas e as competencias relacionadas coa programación de algoritmos e métodos numéricos dos contidos explicitados, avaliando:
a) O coñecemento de métodos numéricos e as súas propiedades, que supón un 20% da AC.
b) A programación con MATLAB dos métodos numéricos estudados, que supón un 40% da AC.
AC=AEC+APC
A avaliación final (AF) consta das seguintes partes:
---------------------------------------------------------
(APF) Proba na aula de informática, nas últimas semanas de clase, en datas acordadas atendendo á coordinación do curso. Os contidos serán explicitados con antelación suficiente, dependendo da data fixada. Nesta proba validaranse as habilidades/destrezas e as competencias relacionadas coa programación en MATLAB de algoritmos e métodos numéricos dos contidos explicitados. Esta proba supón un 35% da AF.
(AEF) Proba realizada na data asignada pola Facultade de Matemáticas para o exame final da materia, avaliando:
a) A resolución por escrito de cuestións teóricas, que supón un 30% da AF.
b) A resolución por escrito de problemas/exercicios, que supón un 35% da AF.
AF=APF+AEF
A avaliación da materia (AM) é o máximo da AF e a media ponderada MP=0.3*AC+0.7*AF, é dicir:
AM=max(AF,0.3*AC+0.7*AF)
Segunda oportunidade de avaliación:
----------------------------------------
A nota da AC mantense para a segunda oportunidade de avaliación. Asemade, se APF>=5 ou AEF>=5 non é necesario repetilas na segunda oportunidade de avaliación. No caso de que o/a estudante decida repetilas, a cualificación destas partes será a obtida na segunda oportunidade. Na segunda oportunidade a proba na aula de informática (APF) realizarase o mesmo día que a Facultade de Matemáticas asigne para o exame final da materia.
Na segunda oportunidade aplícase a mesma media ponderada e o mesmo criterio do máximo que na primeira oportunidade:
AM=max(AF,0.3*AC+0.7*AF)
Docencia teórica: 28 horas presenciais
Docencia interactiva na aula de informática: 28 horas presenciais
Titorías en grupo reducido: 2 horas presenciais
Horas de traballo persoal do estudantado: 92
Total: 150 horas = 6 ECTS
- Asistir a clase.
- Adicar ao estudo da materia un tempo regularmente distribuido ao longo do curso.
- Resolver os exercicios propostos.
- Comezar a facer as prácticas de programación dende a primeira sesión.
Patricia Barral Rodiño
- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Matemática Aplicada
- Teléfono
- 881813213
- Correo electrónico
- patricia.barral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Pilar Salgado Rodriguez
- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Matemática Aplicada
- Teléfono
- 881813198
- Correo electrónico
- mpilar.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Elena Vazquez Cendon
Coordinador/a- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Matemática Aplicada
- Teléfono
- 881813196
- Correo electrónico
- elena.vazquez.cendon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula de informática 2 |
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_06 | - | Aula de informática 3 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula de informática 2 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_06 | - | Aula de informática 3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula de informática 2 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Aula de informática 3 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula de informática 2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Aula de informática 3 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de informática 4 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de informática 4 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 02 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 06 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 02 |
28.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
06.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
06.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
06.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de informática 2 |