Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 69.5 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 5 Clase Interactiva: 35 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia oriéntase ao estudo dos conceptos, estándares e modelos de calidade dos Sistemas de Información baseados en tecnoloxías da información (TI). O alumno afrontará as diferentes perspectivas da calidade: calidade nos procesos de desenvolvemento de software, na prestación de servizos baseados en TI e que forman o núcleo de moitos modelos de negocio, e no produto, entendido como un código eficiente e eficaz, comprensible e mantible.
CMMI introduce ao alumno no concepto de proceso, avaliación de proceso e mellora continua. Da man de COBIT introdúcese ao alumno en como auditar e mellorar o despregamento de TI das empresas para que contribúan de forma eficaz aos seus procesos e gobernanza. ITIL proporciona un conxunto de boas prácticas que garanten a calidade na prestación de servizos, desenvolvendo un ciclo de vida completo para a prestación do servizo: desde a seu conceptualización até a súa posta en servizo e mantemento.
De forma transversal aos diferentes estándares o alumno aprenderá diferentes técnicas e ferramentas para a medición e xestión da calidade nos procesos, servizos e produtos TI, que conforman un Sistema de Información
Introdución aos modelos e normas de calidade dos Sistemas de Información.
Técnicas e ferramentas de calidade: básicas para a calidade, para a xestión, para a creatividade, estatísticas e de medida
Auditoría de sistemas de TI: COBIT
Implantación dun modelo de procesos: CMMI
Calidade na prestación de servizos baseados en Tecnoloxías da Información: ITIL
CALIDAD DE SISTEMAS DE INFORMACION. 5ª EDICION, Mario G. Piattini Velthuis. Editorial Ra-Ma, 2019. ISBN: 9788499648569
CMMI para Desarrollo, Versión 1.3 - CMMI Institute.
Disponible on line: https://cmmiinstitute.com/getattachment/4439387f-28aa-4f3a-8f2b-a0cc5b4…
ITIL V3: ENTENDER EL ENFOQUE Y ADOPTAR LAS BUENAS PRACTICAS. Jean-Luc Baud. Editorial ENI, 2016. ISBN: 9782409001789
Durante o desenvolvemento da materia traballaranse as competencias básicas e xerais: CB2, CG3, CG5, CG10.
Traballaranse tamén durante as sesións prácticas as competencias transversais TR2 e TR3.
Son competencias específicas desta materia as RI1, RI2, RI4 e RI16, así como a TI1
A docencia será presencial aínda que estará dispoñible desde o principio toda a documentación da materia a través da Aula Virtual desenvolvida para ela.
As clases articularanse en 14 sesión de tres horas de duración, con apoio de transparencias. A través da ferramenta de e-Learning da USC (Campus virtual) proporcionarase aos alumnos o material docente da materia e utilizarase sistematicamente como estratexia de entrega de prácticas e de colaboración entre os alumnos que desenvolvan traballos en grupos.
Ao longo das clases prácticas, de xeito individual ou en pequenos grupos, desenvolverase o Sistema de Información asociado ao proxecto xerado na materia de Xestión de Proxectos Informáticos, dende o punto de vista do cliente. Os foros e o correo desta ferramenta tamén se utilizarán como canle de comunicación profesor-alumnos.
As competencias arriba mencionadas teñen contidos específicos na materia que se introducen tanto nas clases expositivas como nas interactivas, aínda que a carga expositiva é evidentemente menor que a interactiva. O alumno desenvolverá estas competencias coa realización dos traballos prácticos nos que tamén traballará as competencias transversais en particular no que se refire a capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación comunicación oral e escrita, capacidade de xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións, traballo en equipo e motivación pola calidade.
Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar por separado tanto a teoría como a práctica da materia.
Na valoración dos traballos entregados polos alumnos terase en conta o grao de consecución das competencias en particular e a posta en práctica dos contidos achegados pola materia ás devanditas competencias. Ademais, valoraranse as competencias transversais en tanto en canto son requiridas para o desenvolvemento destes traballos. A nota de prácticas será computada segundo se indica:
Practica 1, ISO9000: 10%
Práctica 2, CMMI: 30%
Práctica 3, ITL: 30%
Práctica 4, COBIT:30%
As prácticas non se recuperan en xullo; agás naqueles casos nos que o alumno alcance o 40% da nota máxima de prácticas permitíndoselle entón ao alumno que realice todas as prácticas respecto a un novo caso práctico especificamente formulado para unha posible recuperación. De ser así, o novo caso práctico será subido á plataforma virtual unha semana antes do exame teórico da materia e con prazo máximo de entrega o mesmo día e hora fin do devandito exame.
O exame teorico consistirá en 30 preguntas tipo test, con 4 posibles respostas, só unha válida. Cada fallo resta 0,25 puntos dos 30 posibles. Superarase cunha nota de 15 sobre 30
Non se realizará ningún exame parcial.
Unha vez aprobadas ambas partes por separado, a nota final se calculará coma o 40% da nota de teoría e o 60% da nota de prácicas.
Para ter unha avaliación de Non Presentado debe de concorrer algunha das seguintes circunstancias:
1. Non ter asistido a lo menos o 85% das prácticas da materia
2. Non ter realizado o exame teórico da materia a pesares de ter superado as prácticas.
3. Non ter realizado o exame teórico da materia e ter comunicado explícitamente e por escrito ao profesor que se abandona a materia cando, aínda tendo realizado ao menos o 80% das prácticas da materia, non se tiveran aprobado ditas prácticas.
Peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo)
1. Mantense a nota conseguida nas prácticas durante o curso e tamén o seu peso na nota final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo total de estudos e o traballo persoal do estudante é de 112 horas, repartidas aproximadamente da seguinte maneira:
1. Estudo autónomo: 22 horas
2. Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 28 horas
3. Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 42 horas
4. Avaliación de traballos, proxectos, exames, etc.: 6 horas
5. Horas de clases expositivas: 14
Poderanse propor outras actividades (resolución de problemas, lectura de textos e caso prácticos, etc). No caso de tratarse de actividades obrigatorias non suporán un incremento de traballo total (no seu caso reduciríanse as horas das actividades 2 e 4)
Ter superadas as materias de Enxeñaría de Software e Xestión de Proxectos Informáticos
A materia impártese en castelán, pero podería ser impartida en inglés se fose preciso
José Manuel Cotos Yáñez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816461
- Correo electrónico
- manel.cotos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.S2 |
22.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |
22.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A5 |
26.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.03 |
26.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.03 |