Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento das bases e fundamentos biolóxicos do ámbito vexetal e animal na Enxeñería.
Capacidade de comprender o funcionamento da célula, unidade esencial noutras materias con base biolóxica.
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de biodiversidade.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Breve descrición das principais biomoléculas. Estrutura e función da célula e os seus orgánulos. Bioenerxética celular. Reprodución celular.
Evolución e clasificación dos seres vivos. Principais grupos de organismos: caracteres xerais e ciclos biolóxicos. Estrutura interna e morfoloxía externa das plantas. Bioloxía reprodutiva das plantas.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo ao seguinte temario:
Programa de clases expositivas (HP:24h, HNP: 72h)*
(3h). AS BASES DA VIDA.
Tema1: A orixe da vida. Evolución.
Tema 2: Principais biomoléculas (Auga, glícidos e lípidos. Proteínas e ácidos nucleicos)
(5h). A CÉLULA
Tema 3.- Tipos de células: célula bacteriana, célula animal e célula vexetal.
Tema 4.- A célula e os seus límites.
Tema 5.- O medio intracelular e os orgánulos citoplasmáticos.
Tema 6.- A reprodución celular.
Tema 7.- Enerxética celular: metabolismo, respiración e fermentación; fotosíntese (SEMINARIO)
Tema 8.- As bases xenéticas da vida (SEMINARIO)
(3h). OS SERES VIVOS
Tema 9.- A clasificación dos seres vivos.
Tema 10.- Principais grupos de organismos: caracteres xerais e ciclos biolóxicos.
Tema 11.- Algas e Fungos.
(7h). AS PLANTAS: A SÚA ESTRUTURA E FUNCIONAMENTO (SEMINARIO)
Tema 12.- Histoloxía vexetal.
Tema 14.- Organografía vexetal I. A raíz.
Tema 15.- Organografía vexetal II. O caule.
Tema 16.- Organografía vexetal III. A folla
(6h). AS PLANTAS E A SÚA BIOLOXÍA REPRODUTIVA
Tema 17.- Plantas sen semente: Briofitas e Pteridofitas
Tema 18.- A semente e a xerminación
Tema 19.- Plantas con semente (I): Ximnospermas. Reprodución.
Tema 20.- Plantas con semente (II): Anxiospermas. Reprodución.
Programa de Clases Interactivas (HP:24h, HNP:18h)
Programa Seminarios (HP:4h, HNP:10h)
Seminario I.- (2h)
Seminario II.- (2h)
Prácticas de laboratorio (HP:20h, HNP:8h)
Práctica 1. – Uso do microscopio. Os organismos unicelulares (2h)
Práctica 2. - División celular. Mitose (2h)
Practica 3. – Especialización celular /Permeabilidade de membrana (2h)
Práctica 4. – Diversidade I: Talófitas (2h)
Práctica 5. – Histoloxía vexetal I: Parénquima. Colénquima e Esclerénquima (2h)
Práctica 6. – Histoloxía vexetal II: Tecidos protectores. Tecidos condutores (2h)
Práctica 7. – Organografía vexetal I: Meristema e Raíz (2h)
Práctica 8. – Organografía vexetal II: Caule e Folla (2h)
Práctica 9. – Diversidade II: Briófitas e Pteridofitas (2h)
Práctica 10. – Diversidade III: Ximnospermas e Anxiospermas (2h)
Titorías de Aula (3h)
Titorías I: Presentación da materia = 1h
Titoría II: Titorías de exame da 1ª parte (Temas 1-11)= 1h
Titoría III: Titoría de exame da 2ª parte (Temas 12-19)= 1h
*HP= Horas Presenciais, HNP= Horas Non Presenciais
Bibliografía básica
-Alberts, B.; Bray, D.; Hopkin, K.; A . Johnson. 2011. Introducción a la biología celular. 3ª edic. Ed. Panamericana.
-Curtis, H.; N. Sue Barnes. 2008. Biología. 7ª ed. Ed. Panamericana.
-Esau, K. 1987. Anatomía de las plantas con semilla. Ed. Hemisferio Sur.
-Raven, P. H.; R. F. Evert; S. E. Eichhorn. 1992. Biología de las plantas. 2 tomos. Reverté
-Sadava D.; D. M. Hillis; H. C. Heller; M. Berenbaum. 2014. Life: The science of Biology. 10ª edic. Ed. Panamericana.
Bibliografía complementaria
-Aira, Mª J., Vázquez, R.A. e Izco, J. Eds. 2014. Manual de prácticas de botánica: laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e intercambio Científico. Santiago de Compostela.
-Campbell N.A.; L. A. Urry, M. L. Cain, S. A. Wasserman, P. V. Minorsky, e J. B. Reece. 2018. Biology : a global approach. 11ª ed. Global ed., New York: Pearson, cop.
-Freeman, S.; Quillin, K. Allison, L. 2013. Fundamentos de Biología. 5ª ed. Pearson Educación
-Nabors, M. W. 2006. Introducción a la Botánica. Pearson Educación. Madrid.
-Rodríguez, Mª C., P. De Sáa; R.A. Vázquez. 2004. Citología, Histología y Organografía Vegetal. In: Rodríguez, F. (Ed.). Galicia Naturaleza. Tomo XLI, Botánica I: 17-134. Hércules Ediciones, A Coruña.
-Taiz, L.; E. Zeiger 2010. Plant Physiology. 4ª ed. Sinauer.
Web-grafía (consultado: maio 2025)
Curtis, H. & N. Sue Barnes. 2001. Biología. 6ª edic. Ed. Panamericana.
http://www.sbs.utexas.edu/mauseth/weblab/table_of_contents.htm
http://www.biologia.edu.ar/biodiversidad/index.htm
http://botit.botany.wisc.edu/Anatomy/Glossary/Anatomy-glossary.html#anc…
http://www.cas.muohio.edu/~meicenrd/mudescd/Dendrology/SCDRYGTH/1&2gwrt…
https://botweb.uwsp.edu/Anatomy/
(Poden atoparse outras ligazóns nos Bloques e nos temas depositados no Aula virtual e poderán engadirse novas ligazóns ao longo do progreso da docencia).
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias. Dentro das deseñadas para a titulación, traballaranse as seguintes competencias:
Básicas:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Xerais:
CX1: Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
CX3 - Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade.
CX5 - Coñecemento das bases da mellora forestal e capacidade para a súa aplicación práctica á produción de planta e á biotecnoloxía.
CX11 - Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas.
CX14 - Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Transversais:
CT1- Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar una exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Específicas:
CEFB8 - Coñecemento das bases e fundamentos biolóxicos do ámbito vexetal e animal da enxeñaría.
Clases Expositivas (Aula):
Leccións maxistrais participativas. Empregarase o método expositivo, apoiado en presentacións multimedia, vídeos e conexións a recursos web de interese. O docente introduce o tema e os obxectivos a lograr na clase, resólvense dúbidas, e trátanse os puntos máis importantes segundo os materiais docentes, dispoñibles na aula virtual. En cada tema, sinalaranse os puntos mais relevantes. Utilizaranse imaxes e vídeos en inglés.
Clases Interactivas:
1. Seminarios (Aula): Elaboración e presentación do traballo de curso, en grupo (Foros): O profesor encargará a elaboración de traballos da materia a grupos de 3 ou 4 alumnos e fará o seguimento da súa elaboración a través do foro establecido ao efecto na aula virtual. Cada grupo deberá entregar ao profesor o traballo escrito (máximo 10 folios) e realizará unha presentación oral (Powerpoint ou similar) na aula. A exposición será dun máximo de 10 minutos por grupo. Ao finalizar a exposición abrirase un debate no que tanto o profesor como o resto dos compañeiros deberán participar tamén activamente: poderán facer preguntas aclaratorias ou comentarios podendo participar na avaliación da presentación. Esta presentación e debate realizarase nas 4 horas presenciais indicadas no horario como “seminarios”. Como o resto das actividades interactivas programadas, os seminarios son obrigatorios.
2. Clases Prácticas (Laboratorio): Realizaranse en dez sesións nas que o alumno experimentará con técnicas usuais en bioloxía, resolverá cuestións e elaborará os resultados obtidos. Antes de cada sesión os alumnos deberán coñecer o protocolo da práctica proporcionado polo profesor/a a través da aula virtual.
3. Clases de Titorías en grupo (Aula): Durante as mesmas o/a profesor/a presentará a materia, reforzará contidos e dirixirá preguntas encamiñadas a determinar o grao de entendemento que presentan os alumnos ata ese momento. Así mesmo, os alumnos poderán facer preguntas, tanto á/ao profesor/a como aos seus compañeiros, para resolver as dúbidas xurdidas durante o estudo do programa.
4. Outras Titorías (Despacho): poderanse facer consultas persoais nas horas que o/a profesor/a teña sinaladas.
Competencias traballadas:
• Clases expositivas: CT1, CT9, CT10, CT11, CT12, CX1, CX3, CX5, CX11, CX14, CB5, CEFB8
• Seminarios: CB2, CB3, CB4, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CEFB8
• Prácticas: CX1,CX11, CT1, CT2, CT3, CT12, CEFB8
• Titorías en grupo: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT8, CT11, CEFB8
• Titorías individuais: CT1, CT2, CT3, CEFB8
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Proponse unha avaliación continua da materia de acordo cos seguintes criterios:
Os criterios a empregar e o peso de cada parte avaliada quedan plasmados como segue:
- Probas escritas: 50%. Realizaranse ata 2 probas escritas sobre os contidos tratados. Gardaranse as cualificacións das partes superadas para os exames finais da 1ª e 2ª oportunidade. Con estas probas avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CB4, CB5, CX1, CX3, CX5, CX11, CX14, CT1, CT2, CT3, CT5, CT10, CT11, CT12, CEFB8.
O ESTUDANTE DEBERA APROBAR AS PARTES INDEPENDENTEMENTE, E OBTER 5 PUNTOS DE NOTA MEDIA PARA SUPERAR A PARTE TEÓRICA DA MATERIA.
- Aproveitamento das Prácticas: 25%. Participación activa no laboratorio e resultados presentados. Poderanse gardar as cualificacións finais durante dous cursos consecutivos á realización das mesmas. Con estas probas avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CB5, CX1, CX3, CX5, CX11, CX14, CT1, CT2, CT3, CT10, CT12, CEFB8.
O ESTUDANTE DEBERA APROBAR UN MÍNIMO DUN 70 % DAS PRÁCTICAS PARA SUPERAR A PARTE PRÁCTICA DA MATERIA.
- Traballos de seminarios defendidos e entregados: 15%. Avaliación do grupo e individual, da presentación oral e do traballo escrito. Con estes traballos de seminario avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CB4, CB5, CX1, CX3, CX5, CX11, CX14, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12,CEFB8.
- Participación do alumnado nas actividades: 10%. Asistencia e a cualificación subxectiva da participación (web/laboratorio/aula), actitude,... ao longo de todos os procesos docentes, especialmente nas titorías e seminarios. Avaliaranse as seguintes competencias: CT1, CT2, CT3, CEFB8.
Tanto na primeira como na segunda oportunidade poderá realizarse un exame final teórico-práctico, para os alumnos non aptos na avaliación continua. Non haberá posibilidade de exame práctico para aqueles alumnos que non asistiran á maioría das prácticas (60 %). Non haberá posibilidade de recuperar o traballo de seminario.
Os alumnos repetidores terán unha dispensa de asistencia do 50% na parte expositiva da materia e serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos de primeira matrícula.
DISPENSA DE ASISTENCIA: Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, terán dispensa parcial de asistencia. Esta dispensa abrangue só a parte teórica, sendo requisito indispensable a asistencia presencial ás actividades interactivas. Este alumnado non terá dereito aos exames parciais da materia e será avaliado tendo en conta: 60 % nota do exame teórico (da primeira ou segunda oportunidade), un 30% da actividade de prácticas de laboratorio e un 10 % do traballo de seminario. Non haberá posibilidade de exame práctico para aqueles alumnos que non asistiran á maioría das prácticas de laboratorio (60%). Non haberá posibilidade de recuperar o traballo de seminario.
Nota: No Campus virtual os alumnos teñen as rúbricas de avaliación das prácticas, dos traballos escritos e das presentacións orais.
Horas presenciais (HP)
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas: 24 horas distribuídas en 20 h de prácticas de laboratorio e 4 horas de seminarios
Titorías de aula: 3 horas
Actividades de avaliación: 4 horas
Total horas presenciais (THP): 55 horas
Traballo persoal do alumno (HNP: Horas Non Presenciais)
Horas de estudo das clases expositivas: 72 horas
Horas de traballo clases interactivas laboratorio: 8 horas para estudo previo á realización das prácticas
Horas de traballo clases interactivas aula: 10 horas para a preparación do traballo de curso
Horas preparación exames: 5 horas
Total horas non presenciais (THNP): 95 horas
Total Horas de Traballo do alumno (HP +HNP)= 150 horas
- Asistencia e participación en todas as actividades programadas.
- Recoméndase que o alumno consulte cada tema na aula virtual. Un estudo diario facilitará o seguimento das clases e a superación das probas de avaliación.
- Implicación e participación activa nas discusións que se susciten nas diferentes tipos de sesións presenciais.
- Manexar a bibliografía recomendada como complemento ás clases.
- Antes da avaliación aconséllase consultar os arquivos de preguntas tipo e/ou cuestionarios da aula virtual da materia.
- A materia Bioloxía contribúe pero non completa a adquisición das competencias básicas e xerais sinaladas, proceso no que interveñen varias materias da titulación.
- A aprobación do programa, por parte do departamento de Botánica, limítase aos contidos especificados da súa área de coñecemento.
-É obrigatorio o uso da conta de correo rai, así coma das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
- En relación aos traballos de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións de responsabilidade medioambiental:
- Entregar preferentemente o traballo en formato pdf a través do Foro correspondente no Campus Virtual.
No caso de ter que presentar o traballo en formato escrito:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Teresa Cornide Paz
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- teresa.cornide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Joaquin Gimenez De Azcarate Cornide
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- joaquin.gimenezdeazcarate [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ignacio Garcia Gonzalez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ignacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa Ana Vázquez Ruiz De Ocenda
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 982822466
- Correo electrónico
- rosana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Javier Veloso Freire
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 982822467
- Correo electrónico
- javier.veloso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU