Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 17 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Capacidade de análise sistemática de procesos químicos empregando modelos matemáticos.
- Capacidade para a avaliación, modelaxe e optimización de procesos químicos en estado estacionario dende á selección das variables de deseño.
TEORÍA
- Introdución á análise e simulación de procesos químicos.
- Simulación de procesos en estado estacionario.
- Estratexia modular para a simulación de procesos en estado estacionario.
- Introdución á optimización.
- Optimización de procesos químicos industriais.
PRÁCTICAS
- Simulación de equipos e procesos no estado estacionario.
- Optimización de equipos e procesos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- PUIGJANER L. y col., "Estrategias de modelado, simulación y optimización de procesos químicos". Madrid., Ed. Síntesis, 2006. ISBN 9788497564045. Referencia QUT 388/…/390.
- SCENNA, N.J., “Modelado, simulación y optimización de procesos químicos”. 1999. Libro Electrónico http://www.edutecne.utn.edu.ar/modelado-proc-quim/modelado-proc-quim.pdf
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- SINNOT R. e TOWLER G., “Diseño en Ingeniería Química”. Barcelona. Ed. Reverté, 2012. ISBN 9788429171990. Referencia QUT 398/…/401/410.
De todas as competencias incluídas na Memoria do título, as que se traballarán de xeito mais intenso nesta materia son:
BÁSICAS
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan mostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas na súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de xuntar e interpretar datos relevantes (normalmente na súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5: Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
- CG4: Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no eido da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
- CG5: Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de labouras e outros traballos semellantes.
TRANSVERSAIS
- CT1: Capacidade de análise e síntese.
- CT2: Habilidade para empregar ferramentas informáticas no eido da Enxeñaría Industrial.
- CT3: Capacidade para xestionar a información.
- CT4: Capacidade para traballar en equipo.
- CT5: Demostrar compromiso ético.
- CT10: Capacidade para a resolución de problemas (incluída en CG4).
- CT11: Capacidade para tomar decisións (incluída en CG4).
- CT14: Demostrar razoamento crítico (incluída en CG4).
ESPECÍFICAS
- CE21: Capacidade para o análise, deseño, simulación e optimización de procesos e produtos.
- CE23: Capacidade para deseñar, xestionar e operar procedementos de simulación, control e instrumentación de procesos químicos.
A consecución da formación básica do alumno será con 32 horas de docencia expositiva, nas que se explicarán os fundamentos teóricos da materia e farase a resolución de exercicios e problemas de exemplo que sirvan para aplicar o coñecemento teórico. Nestas sesións buscarase a participación activa do estudantado, que será animado a intervir.
Os seminarios (2 horas), con plantexamento de problemas e actividades a resolver individualmente ou en grupos reducidos, céntranse no desenvolvemento da capacidade para plantexar estratexias de simulación e optimización, ben sexa para operacións industriais individuais ou para procesos completos, así como a súa posterior resolución. Alén disto, as titorías individuais terán como obxectivo aclarar cuestións específicas de cada estudante, mentres que nas titorías presenciais con grupos reducidos (2 horas) traballaranse temas específicos e transversais ao temario.
Por outra banda, as sesións prácticas da materia (15 horas) son obrigatorias e avaliables (Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024, que aprobou o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela). Nelas empregaranse ferramentas informáticas, particularmente Microsoft Excel e Aspen Hysys, que permitirán ao estudantado deseñar e resolver estratexias de simulación e optimización máis complexas que as traballadas nas sesións teóricas, axudándose das aplicacións informáticas. Ademais, o estudantado realizará obrigatoriamente un traballo en grupo en paralelo ao resto de actividades lectivas, consistente en simular e optimizar un proceso químico industrial.
Ao longo do curso, os estudantes irán tendo á súa disposición no Campus Virtual os materiais empregados para a docencia, agás os que forman parte do sistema de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Só os estudantes que non participen en ningunha das actividades de avaliación poderán recibir a nota final de Non Presentado, e na primeira oportunidade o sistema de avaliación será o mesmo para todos os estudantes.
A) PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación realizarase mediante Avaliación Continua (50%) mais un Exame Final (50%).
A1) Avaliación continua, constará de tres seccións:
1º) Traballo en Grupo: obrigatorio e asíncrono, pódense obter ata 3,0 puntos. Competencias avaliadas: CB2, CG5, CT2, CT3, CT4, CT5, CE21 e CE23.
2º) Actividades (seminarios): voluntarias e síncronas, pódense conseguir ata 0,5 puntos. Competencias avaliadas: CB3, CB4, CB5, CG4, CT1, CT3, CT5, CE21 e CE23.
3º) Prácticas: obrigatorias e síncronas, pódense conseguir ata 1,5 puntos. Competencias avaliadas: CB2, CG5, CT2, CT3, CT5, CE21 e CE23.
É obrigatorio acadar unha nota mínima de 0,6 puntos nas Prácticas ademais de 1,4 puntos totais sumando o Traballo en Grupo e os Seminarios. Os estudantes que non acaden ditas cualificacións mínimas recibirán unha cualificación final de Supenso, e serán avaliados na Segunda Oportunidade tal e como se indica no apartado (B2).
A2) Exame Final, obrigatorio e síncrono. Competencias avaliadas: CG4, CE21 e CE23. Farase en dúas partes coas seguintes características:
1ª) Parte Teórica: pódense conseguir ata 1,0 puntos; cualificación mínima requirida 0,4 puntos.
2ª) Parte Práctica: pódense conseguir ata 4,0 puntos; cualificación mínima requirida 1,6 puntos.
É obrigatorio acadar a cualificación mínima requirida en cada unha das partes para superar a materia e, ademais, unha cualificación global de polo menos 5,0 puntos.
B) SEGUNDA OPORTUNIDADE:
B1) Os estudantes que obtivesen a cualificación mínima requirida na Avaliación Continua conservarana e realizarán un Exame Final coas mesmas características que na primeira oportunidade de avaliación (A2).
B2) Os estudantes que non acadaran a nota mínima requirida na Avaliación Continua perderán esa cualificación e deberán realizar un Exame Final, de natureza síncrona, que se realizará en dúas partes e coas seguintes características:
1ª) Parte Teórica: pódense conseguir ata 2,0 puntos; nota mínima requirida 0,8 puntos.
2ª) Parte Práctica: pódense conseguir ata 8,0 puntos; nota mínima requirida 3,2 puntos.
Competencias avaliadas: CG4, CE21 e CE23. É obrigatorio acadar a cualificación mínima requirida en cada unha das partes para superar a materia e, ademais, acadar unha cualificación global de polo menos 5,0 puntos.
En ningún caso poderá aprobarse a materia sen ter realizado as prácticas de xeito presencial.
A materia divídese en 32 horas de docencia expositiva, 17 horas de docencia interactiva, 2 horas de titorías en grupo e 4 horas de exame. A partir das anteriores, o estudante deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar o total de 150 horas de dedicación á materia: 20 horas para a parte de teoría, 57 horas para a parte aplicada (traballo en grupo, problemas, seminarios e prácticas), 2 horas para titorías e 16 horas para a preparación do exame final.
É imprescindible ter coñecementos a nivel de usuario de Microsoft Excel e do programa de simulación de procesos químicos Aspen Hysys.
Ademais, é moi importante ter cursado previamente as materias "Mecánica de fluídos", "Transferencia de materia", "Transmisión de calor", "Enxeñaría de reacción química", "Laboratorio de química industrial II" e "Procesos de química industrial".
Na materia usaránse as dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Jorge González Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824155
- Correo electrónico
- jorgegonzalez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
12.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
23.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |