Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 24 Total: 55
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é facilitar aos futuros graduados en Enxeñería Química coñecementos sobre os fundamentos de Electrotecnia.
Prestarase especial atención a:
1.- Coñecer os fundamentos físicos e matemáticos que se aplican en Electrotecnia e a súa relación coas aplicacións prácticas da electricidade.
2.- Familiarizarse coa normativa vixente que se aplica ás instalacións eléctricas, así como aspectos básicos de seguridade e risco eléctrico.
3.- Identificar os diferentes elementos que forman parte das instalacións eléctricas domésticas e industriais, con especial atención ao cálculo de seccións dos condutores.
4.- Coñecer as características principais dos motores eléctricos asíncronos e dos transformadores, así como dos aparellos eléctricos utilizados nas instalacións eléctricas.
5.- Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS): enerxía asequible e non contaminante.
Os contidos desta materia segundo a memoria do título son:
- Corrente alterna. Circuítos de corrente alterna monofásica e trifásica.
- Potencia e enerxía en circuítos de corrente alterna monofásicos e trifásicos.
- Máquinas eléctricas. Transformadores e máquinas rotativas eléctricas.
- Instalacións eléctricas: selección de condutores, protección de instalacións e seguridade de persoas.
- Regulamentación vixente.
- Descarbonización do sector eléctrico.
- Prácticas de electrotecnia: manobra básica e automatización básica de máquinas eléctricas.
- Visita técnica
Tendo en conta estos contidos, a materia está estruturada en dous bloques, un a desenvolver na aula e outro no taller:
BLOQUE I. Contidos das clases expositivas (30 horas) e de seminarios (14 horas)
Tema 1: Introdución á teoría dos circuítos eléctricos
1.1. Electrotecnia e Enxeñería Eléctrica
1.2. Corrente continua e corrente alterna
1.3. Magnitudes
1.4 Lei de Ohm
1.5 Circuíto eléctrico
1.6 Elementos pasivos
1.7. Análise de circuítos de corrente continua: leis de Kirchhoff.
1.8. Introdución á selección de condutores.
Tema 2. Corrente alterna monofásica
2.1. Introdución
2.2. Onda sinusoidal e magnitudes
2.3. Lei de Ohm e leis de Kirchhoff
2.4. Elementos pasivos
2.5. Potencia e factor de potencia
Tema 3. Corrente alterna trifásica
3.1. Sistemas trifásicos, características e xeración
3.2. Carga equilibrada en estrela
3.3. Carga equilibrada en triángulo
3.4. Cargas desequilibradas
3.5. Potencia e factor de potencia
Tema 4. Máquinas eléctricas
4.1. Clasificación xeral das máquinas eléctricas.
4.2. Transformador
4.3. Motor eléctrico de corrente alterna
4.4 Motor asíncrono
4.5. Tipos de arranque de motores
4.6 Selección de motores
Tema 5. Instalacións eléctricas
5.1. Introdución
5.2. Regulamento Eléctrico de Baixa Tensión: documentación e posta en servicio de instalacións
5.3. Tipos de cables
5.4 Cálculo de seccións
5.5. Elementos de protección.
Tema 6. O sector eléctrico
6.1 Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS)
6.2 Enerxías renovables
6.3. Tarifas e factura eléctrica.
Visita técnica
BLOQUE II. Obradoiros (10 horas)
Sesións de taller: Manobra e automatización básica de máquinas eléctricas
- Sesión 1. Aparellaxe e seguridade nas instalacións eléctricas.
- Sesión 2. Arranque e parada dun motor asíncrono trifásico.
- Sesión 3. Cambio de xiro dun motor eléctrico trifásico.
- Sesión 4. Arranque estrela-triángulo de motores eléctricos.
- Sesión 5. Modificación da velocidade de xiro dun motor eléctrico trifásico de CA mediante un variador de frecuencia: Determinación de potencias de axitación.
Bibliografía básica:
Bloque I
Queijo García, G. (2018) Fundamentos de Tecnología Eléctrica. UNED. ISBN: 978-84-362-7314-4. (Libro electrónico Biblioteca USC)
Bloque II
Cerdá Filiu, Luis Miguel (2017) Electricidad y automatismos eléctricos. Ed. Paraninfo. ISBN 978-849-732-454-0. Signatura B-ETSE: A022 59 (A/B).
Bibliografía complementaria:
Catalán Izquierdo S. (2014) Electrotecnia. Instalaciones eléctricas. Editorial Universitat Politécnica de Valencia. 1ª Edición. ). Signatura B-ETSE: A022 64
Fraile Mora, J. (2012): Circuitos Eléctricos. Pearson Educación, S.A. Madrid. Signatura B-ETSE: A022 66
Fraile Mora, J. (2008): Máquinas Eléctricas. McGraw-Hill, 6ª ed. Madrid. Signatura B-ETSE: A022 53
Real Decreto 842/2002, de 2 de agosto de 2002 polo que que se aproba o “Reglamento Electrotécnico para Baja Tensión e Instrucciones Técnicas Complementarias”. (Boletín Oficial del Estado. Edición actualizada, 3 de abril de 2025)
Relación de resultados da aprendizaxe:
A) Coñecementos ou contidos
Con08: Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
Con10: Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
B) Habilidades ou destrezas
H/D01: Traballo en equipo.
H/D04: Razoamento crítico e compromiso ético.
H/D05: Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
C) Competencias:
Comp08: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñería Industrial.
Comp09: Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
Comp14: Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Bloque I. Clases expositivas e seminarios:
Nas clases expositivas e de seminarios realizarase a avaliación continua da materia, non sendo obrigatoria a asistencia.
Durante as horas expositivas combinaranse as clases maxistrais presenciais, para presentar os contidos teóricos, coa resolución práctica de exercicios que ilustren os contidos teóricos. Durante os seminarios presenciais o estudantado realizará exercicios prácticos e resolverá problemas que profunden nos coñecementos adquiridos nas clases expositivas, tamén realizaranse probas, para avaliar a adquisición dos contidos vistos nas clases expositivas. Buscarase e fomentarase a participación do estudantado, tanto nas clases expositivas como durante os seminarios. Ademais, farase uso de software específico para o deseño de instalacións eléctricas e cálculo de seccións.
Está prevista a realización dunha visita técnica, se é posible, en colaboración con outras materias de primeiro curso, no marco das visitas programadas para o segundo semestre do Grao en Enxeñería Química.
A continuación resúmese a planificación prevista das actividades principais:
- Semana 4: resolución e entrega en clase de seminario dun problema de corrente alterna monofásica.
- Semana 8: resolución e entrega en clase de seminario dun problema de corrente alterna trifásica.
- Semana 11: resolución e entrega en clase de seminario dun problema sobre motores eléctricos.
- Semanas 8-11: realización da visita técnica (a data final dependerá da dispoñibilidade da empresa que se visite).
- Semana 16: realización e entrega en clase de seminario dunha proba final con contidos teóricos e prácticos.
Bloque II. Prácticas de taller:
A asistencia a todas as sesións de prácticas de taller é obrigatoria.
Talleres de manobra e automatización básica de máquinas eléctricas, o estudantado traballará en equipos de 3-4 persoas, realizando a montaxe de diversos circuítos que integran diversos elementos de potencia e control. Ao finalizar as prácticas experimentais, cada equipo entregará unha memoria/caderno das actividades propostas.
Titoría grupal:
Realizarase un traballo en equipo que consistirá no deseño dunha instalación eléctrica industrial utilizando o software específico visto durante as clases de seminario. Este traballo entregarase a través do Campus Virtual. Durante a titoría grupal farase unha presentación oral deste traballo en equipo. As actividades da titoría grupal (entrega e presentación do traballo) terán lugar nas semanas 14-15 aproximadamente.
As titorías individuais solicitadas polo estudantado, para consulta de dúbidas, realizaranse presencialmente ou, de ser necesario, de maneira telemática mediante MS Teams.
Farase uso do Campus Virtual (Moodle) para a distribución dos materiais docentes, realización de probas, avisos ou entregas de actividades. Fomentarase o uso de follas de cálculo e do software específico de deseño de instalacións eléctricas para a resolución dalgúns dos problemas propostos.
A avaliación será resultado da suma das seguintes valoracións parciais:
a. Exame: 50% (obrigatorio).
b. Avaliación continua: 20% (incluída a visita técnica).
c. Prácticas de taller: 20% (obrigatorio).
d. Titoría grupal:10%.
A asistencia a todas as prácticas de taller é obrigatoria para aprobar a materia. É indispensable a asistencia ás sesións de taller tal como establece a normativa da Universidade de Santiago de Compostela, debendo xustificar as posibles ausencias tal e como se recolle en dita normativa.
Recoméndase asistir ás clases expositivas e seminarios, así como realizar a visita técnica e a titoría grupal, para poder facer un correcto seguimento dos contidos, así como para poder obter a avaliación correspondente.
A avaliación continua inclúe as probas nas clases de seminario, a realización da visita técnica e o informe da profesora.
Para superar a materia débese obter unha puntuación mínima do 40% da cualificación máxima correspondente ao exame e das prácticas de taller, e obter unha cualificación global mínima de 5,0. A cualificación máxima que obtería o/a estudante, se non superase a puntuación mínima do exame ou de prácticas sería de 4,9, suspenso. O exame da materia contempla dúas partes, teoría (30% da cualificación global do exame) e problemas (70% da cualificación global do exame). Na parte de teoría avaliaranse contidos adquiridos na aula, nas prácticas de taller e na titoría grupal.
Antes da realización do exame final, o estudantado coñecerá as notas de avaliación continua, prácticas e titoría grupal. O estudantado que realizou as prácticas pero non superou o mínimo do 40% da puntuación correspondente poderá ser cualificado de novo antes da realización do exame da segunda oportunidade.
O/a estudante que non teña realizado algunha das actividades obrigatorias terá a consideración de NON PRESENTADO.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación de actividades e resultados da aprendizaxe
Resultado do aprendizaxe: actividades
Con08: Exame. Clases expositivas e seminarios. Prácticas.
Con10: Exame. Clases expositivas e seminarios. Prácticas. Visita técnica. Titoría grupal.
H/D01: Seminarios. Prácticas. Visita técnica. Titoría grupal.
H/D04: Exame. Seminarios. Prácticas. Titoría grupal.
H/D05: Exame. Clases expositivas e seminarios. Prácticas. Visita técnica. Titoría grupal.
Comp08: Exame. Seminarios. Prácticas.
Comp09: Exame. Seminarios. Prácticas. Titoría grupal.
Comp14: Exame. Titoría grupal.
A materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. A continuación indícase un reparto aproximado das horas de estudo:
Traballo presencial na ETSE, total: 59.0 h
Clases expositivas: 30.0
Seminarios e visita: 14.0
Prácticas: 10.0
Titoría grupal: 1.0
Exame e revisión: 4.0
Traballo persoal, total: 91.0 h
Clases expositivas: 36.0
Seminarios: 20.0
Prácticas: 15.0
Titoría grupal: 4.0
Exame e revisión: 16.0
HORAS TOTAIS: 150.0 (6 ECTS)
No traballo presencial indícase o número de horas que se planificaron para as diversas actividades que se realizarán: clases expositivas e de seminario, visita técnica, prácticas de taller, titoría grupal e exame. No traballo persoal estimáronse as horas asociadas ás actividades do estudantado fóra da aula. As horas totais, 150 h, son suma das horas de traballo persoal e presencial e axústanse aos correspondentes 6 ECTS asignados á materia.
Recoméndase que o estudantado teña superadas as materias de Matemáticas e Física. Tamén é recomendable a asistencia a clase, así como o uso do Campus Virtual da materia (Moodle) de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.
A docencia impártese en galego; manexaranse fontes de información en castelán e/ou inglés.
No caso de discrepancias entre as diferentes versións desta guía, prevalecerá a versión en galego.
SEGURIDADE NO TALLER DE PRÁCTICAS:
A admisión e permanencia do estudantado matriculado no taller de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no “Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais” da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que se pode acceder da seguinte maneira:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Comisións/Seguridade e Saúde/Formación.
3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais”.
Ademais, o estudantado disporá dun guión de prácticas, no que se recollerán os aspectos máis relevantes relativos á seguridade e prevención de riscos asociados co uso da electricidade.
Juan Manuel Garrido Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816778
- Correo electrónico
- juanmanuel.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Val Del Rio
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A2 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A2 |
01.06.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A2 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
19.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |