Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 34 Total: 52
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
De acordo co establecido na memoria do Grao en Enxeñaría Química, os obxectivos desta materia están vencellados os seguintes obxectivos formativos do título:
1. Comprender os principios básicos da Enxeñaría Química: balances de materia, enerxía e cantidade de movemento.
2. Comprender os principios básicos dos procesos industriais: operacións unitarias, equipamentos, diagramas de procesos.
3. Ser capaz de planificar, realizar e explicar informes de traballo experimental básico (en concreto no relativo aos mecanismos e propiedades de transporte).
4. Desenvolver cálculos de enxeñaría en folla de cálculo Acadar experiencia no uso de simulador de procesos industriais
5. Ser capaz de interpretar un diagrama de fluxo de proceso para aplicar balances de materia e enerxía
1. Aplicación de balances de materia e enerxía a procesos industriais.
2. Fundamentos de fenómenos de transporte nunha dimensión: propiedades e mecanismos de transporte. Transporte molecular: Lei de Newton, Lei de Fourier, Lei de Fick. Transporte turbulento.
3. Transporte entre fases. Coeficientes de transporte.
4. Aplicación dun simulador industrial para a análise de procesos industriais.
Básica:
CALLEJA PARDO, G. et al. (2016) Nueva introducción a la ingeniería química. Vol. 2, Operaciones de separado, ingeniería de la reacción química y estudio de procesos químicos. Madrid Síntesis. Biblioteca ETSE A110 9 E; A110 9 E. Libro electrónico.
VAN DEN AKKER, H. & MUDDE, R.F.(2014). Transport Phenomena: the art of balancing. Delft Academic Press. ISBN: 978-90-6562-3584. Biblioteca ETSE 111 28; 111 28 A.
Complementaria:
COSTA LÓPEZ, J. et al. (2002). Curso de Ingeniería Química: Introducción a los Procesos, las Operaciones Unitarias y los Fenómenos de Transporte. Ed. Reverté. ISBN 84-291-7126-6. Biblioteca ETSE 110 2 E, 1102 2 G.
GEANKOPLIS, C.J. (2014) Transport processes and separation process principles : Prentice Hall. ISBN: 013101367X. Biblioteca ETSE 111 14 A.
PERRY, R., GREEN, D. W., & MALONEY, J. O. (2001). Perry manual del ingeniero quimico (7a edición., 3a edición en español). McGraw-Hill. Biblioteca ETSE A119 3.
VIAN ORTUÑO, A., OCON GARCIA, J. (1972) Elementos de Ingeniería Quimica (Operaciones básicas). Ed. Aguilar. ISBN 12714-1972 Biblioteca ETSE A112 2D, A112 2C.
Coñecementos ou contidos
Con17: Coñecementos sobre Balances de materia e enerxía ou Biotecnoloxía ou Transferencia de materia, operacións de separación ou Enxeñaría da reacción química ou Deseño de reactores ou Valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
Con18: Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
Habilidades ou destrezas
H/D05: Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica. H/D09: Destrezas informáticas.
Competencias
Comp05: Capacidade para: Análise e deseño de procesos e produtos ou simulación e optimización de procesos e produtos.
Comp06: Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química ou sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor ou operacións de transferencia de materia ou cinética das reaccións químicas e reactores.
Comp08: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial.
Clase maxistral. Presencial. Asistencia recomendable pero non obrigatoria. O obxectivo principal é transmitir coñecementos fundamentais de maneira clara e ordenada, baseándose nunha explicación oral reforzada con materiais como presentacións, vídeos, esquemas ou exemplos.
Clase interactiva de seminario. Asistencia recomendable pero non obrigatoria. O obxectivo principal é fomentar a participación do estudantado mediante actividades que promovan a análise, discusión e aplicación práctica dos contidos: resolución de problemas, estudo de casos reais, elaboración de presentacións ou debates temáticos. Poderase solicitar a entrega dos resultados dos seminarios a través do Campus Virtual para a súa avaliación.
Clase interactiva de aula de informática. Presencial. Asistencia obrigatoria con control. O obxectivo principal é a simulación dun proceso industrial empregando o simulador de procesos Aspen Hysys, combinando traballo dirixido pola profesora con traballo autónomo por parte do estudantado. Solicitaranse osos ficheiros das simulacións a través do Campus Virtual para a súa avaliación.
Clase interactiva de laboratorio experimental. Presencial. Asistencia obrigatoria con control. Realizarase traballo en equipo, consistente en determinacións experimentais en laboratorio utilizando equipamento comercial e montaxes non comerciais. O estudantado realizará un caderno laboratorio, coa estrutura típica deste tipo de cadernos, que poderá ser en papel ou formato dixital ; e entregará unha folla Excel cos cálculos de cada práctica. Impartirase a formación relativa á seguridade en laboratorios segundo o establecido na normativa universitaria e nos protocolos internos da ETSE
Visita técnica. Presencial. Asistencia recomendable pero non obrigatoria. A visita técnica realizarase previsiblemente no mes de abril (data por confirmar). O estudantado realizará un traballo en grupo no que se aborden a relación dos contidos da materia co proceso descrito e as instalacións visitadas. Esta visita estará suxeita á dispoñibilidade de financiamento.
Titorías de grupo. Presencial. Asistencia recomendable pero non obrigatoria. Empregarase a titoría en pequenos grupos para a presentación do traballo en grupo vencellado á visita técnica. De non ser esta posible, a titoría en grupo empregarase para orientación da realización das prácticas e da tipoloxía de preguntas e estrutura dos exames da materia.
A cualificación do/a estudante na 1ª oportunidade é unha media ponderada do rendemento obtido nos seguintes apartados:
I.- Exame (40%) que ten consideración de actividade obrigatoria e será preciso acadar unha puntuación mínima de 3/10:
a) Cuestións teórico prácticas: 20 %. Con17, Con18.
b) Exercicios: 20%. H/D05.
Ademais a asistencia as clases interactivas de informática e de laboratorio ten consideración de actividade obrigatoria e perceptiva para poder presentarse ao exame [art.1c do REGULAMENTO DE ASISTENCIA A CLASE NAS ENSINANZAS OFICIAIS DE GRAO E MÁSTER DA USC]. Entenderanse como faltas xustificadas aquelas que se establecen como tal na normativa de avaliación universitaria. O/a estudante que non teña realizado algunha destas actividades terá a consideración de NON PRESENTADO.
II.- Avaliación continua (60%) que ten consideración de actividade non obrigatoria:
a) Entregas asociadas aos seminarios: 10 %. H/D03. Comp08.
b) Aula de informática: 15 % (Arquivos de simulación 10 % + Desempeño na aula 5 %) H/D09. Comp05.
c) Laboratorio experimental: 35 % (Caderno e follas Excel 15 % + Desempeño no laboratorio 10 %) Comp06.
d) Titoría de grupo: 10% H/D03. Comp08.
A calificación do/a estudante na 2ª oportunidade é unha media ponderada do rendemento obtido nos anteriores apartados baixo estas condicións:
- Conservarase a nota de avaliación continua
- O exame terá o mesmo peso e formato que na primeira oportunidade.
Excepcionalmente gardarase a nota da aula de informática e/ou a nota do laboratorio para o curso seguinte, sempre e cando o/a estudante así o solicite na primeira semana de clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En horas
Presencial/ Traballo persoal Docencia teórica 17 /100
Docencia interactiva seminario/visita técnica 7 / 100
Docencia interactiva laboratorio 20 / 100
Docencia interactiva en aula de informática 7 / 100
Tutorización en grupo reducido 1 / 100
Exame e revisión 4 / 100
Traballo persoal do alumnado 94 / 0
Levar a materia ao día. Asistir as clases expositivas e as de seminario. Apoiarse na bibliografía.
Ter superada a materia de Fundamentos de Procesos Químicos I.
Utilizarase a Aula Virtual para xestionar os entregables e a comunicación co estudantado.
Empregarase MSTEAMS para soporte en titorías, para o estudantado que solicite esta opción.
IDIOMA: Galego/castelán
PREVENCIÓN DE RISCOS: seguiranse os procedementos establecidos pola Dirección da ETSE.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de seguridade da súa web.
Gemma Maria Eibes Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- gemma.eibes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Almudena Hospido Quintana
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816797
- Correo electrónico
- almudena.hospido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alba Pedrouso Fuentes
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alba.pedrouso [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
18.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A2 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |