Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo da materia "Laboratorio de Transporte de Fluídos e Transmisión de Calor" é levar á práctica os coñecementos adquiridos nas correspondentes materias de teoría "Transporte de Fluídos" e "Transmisión de Calor". A finalidade que se persegue é dobre, por unha parte reforzar e fixar os coñecementos adquiridos nas materias teóricas e por outra, tomar contacto e estudar a operación de diversos equipos que o estudantado poderá atoparse durante a súa futura actividade profesional na industria química.
As prácticas a realizar inclúen a aplicación de conceptos básicos de transporte de fluídos e transmisión de calor e a análise de unidades prácticas de transporte de fluídos e transmisión de calor. Os coñecementos necesarios para abordar as devanditas prácticas desenvólvense nas materias teóricas "Transporte de fluídos" e "Transmisión de calor" do mesmo curso.
As prácticas dispoñibles se inclúen dentro dos seguintes cinco grupos:
GRUPO 1. CONCEPTOS BÁSICOS DE TRANSPORTE DE FLUÍDOS
Calibrado dun estreitamento para a medida de caudais de líquido
Calibrado dun estreitamento para a medida de caudais de gases
Demostración do teorema de Bernouilli
GRUPO 2. CIRCULACIÓN DE FLUÍDOS
Planta de fluídos
Fluxo de fluídos a través de leitos porosos
Leito fluidizado
Ensaio de válvulas para líquidos
GRUPO 3. BOMBAS
Estudo de bombas centrífugas
Estudo dunha bomba e as súas compoñentes
Bernouilli (efecto Venturi e diafragma). Bombas (curvas características e cavitación)
GRUPO 4. CONCEPTOS BÁSICOS DE TRANSMISIÓN DE CALOR
Illamento térmico
Condución de calor en réxime non estacionario: determinación de propiedades de transporte
Analoxía eléctrica da condución de calor
Transferencia de calor en dúas fases (líquido-vapor)
GRUPO 5. INTERCAMBIADORES DE CALOR
Estudo dun cambiador de calor (I): Dobre tubo e placas planas
Estudo dun cambiador de calor (II): Dobre tubo, carcasa e tubos, placas planas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
MOTT, R.L. y UNTENER J.A. Mecánica de fluidos. 7ª ed. México: Pearson Educación de México, S.A. de C.V., 2015 y ediciones anteriores. ISBN 978-607-32-3288-3. SINATURA ETSE: A113-3. Existe versión libro electrónico (en español) e eBook (en inglés): ISBN: 9786073232890 (Editorial Pearson)
BERGMAN, LAVINE, INCROPERA y DEWITT. Incropera’s principles of Heat and Mass Transfer, 8th Edition, Ed. Wiley, 2017 y ediciones anteriores. ISBN-13: 978-1119382911. SINATURA ETSE: A115-7
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ÇENGEL, Y.A. Transferencia de calor y masa. 3ª ed. México: McGraw-Hill Interamericana Editores S.A., 2007. ISBN 978-970-10-6173-2. SINATURA ETSE: A114-12
COSTA NOVELLA, E. Ingeniería Química. Vol. 3. Flujo de fluidos. Madrid: Alhambra, 1985. ISBN 84-205-1119-6. SINATURA ETSE: A110-1
HOLMAN, J.P. Transferencia de calor. 8ª ed. (1ª en español). Madrid: McGraw-Hill, Interamericana de España, S.A.U., 1998. ISBN 84-481-2040-X. SINATURA ETSE: A114-5
INCROPERA, F.P., DEWITT, D.P., BERGMAN, T.L. y LAVINE, A.S. Introduction to heat transfer. 5ª ed. USA: John Wiley & Sons, 2007. ISBN 978-0-471-45727-5. SINATURA ETSE: A114-9
KREITH, F., BOHN, M.S. Principios de transferencia de calor. 6ª ed. Madrid: Thomson, 2002. ISBN 84-9732-061-1. SINATURA ETSE: A114-3
LEVENSPIEL, O. Flujo de fluidos e intercambio de calor. Barcelona: Reverté, S.A., 1993. ISBN 84-291-7968-2. SINATURA ETSE: A113-2
PERRY, R.H., GREEN D.N. Y MALONEY J.O. Perry manual del ingeniero químico. 7ª ed., 4ª ed. en español, Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España, S.A.U., 2001 y anteriores. ISBN 84-481-3008-1. SINATURA ETSE: 100-3
WHITE, F.M. Mecánica de fluidos. 6ª ed. Madrid: Mc Graw Hill/Interamericana de España, S.A.U., 2008 y anteriores. ISBN 978-84-481-6603-8. SINATURA ETSE: A113-1
WILKES, J.O. Fluid Mechanics for chemical engineers. London: Prentice Hall PTR, 1999. ISBN 0-13-739897-2. SINATURA ETSE: 113-13
Competencias específicas
CI.1. Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
CI.2. Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de canalizacións, canles e sistemas de fluídos.
CQ.3.2 Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada especialmente para: Sistemas con fluxo de fluídos e transmisión de calor
Competencias xerais
CG.4 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
CG.5 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
Competencias transversais
CT.1 Capacidade de análise e síntese
CT.2 Capacidade de organizar e planificar
CT.5 Capacidade de xestión da información
CT.8 Traballo en equipo
CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Materia sen docencia presencial
Poñerase a disposición do estudantado na Aula Virtual da materia o programa detallado, a bibliografía básica e complementaria e o material docente do último curso con dereito a docencia (2024/2025). A única metodoloxía docente que ten cabida nun contexto dunha materia en extinción (sen dereito a docencia) son as titorías individuais, orientadas á resolución de dúbidas e dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico. Ditas titorías requirirán cita previa e será o profesorado responsable o que determine o formato da súa realización (presencial ou a través de MS-TEAMS).
Para superar a materia será condición indispensable que cada estudante realizase, nalgún dos cursos anteriores, todas as prácticas de laboratorio.
A avaliación baséase nos seguintes elementos:
1. Laboratorio (nota procedente dalgún curso anterior). Porcentaxe na cualificación final: 65%. Carácter: Obrigatorio
2. Exame escrito: Un exame da materia en cada oportunidade. Porcentaxe na cualificación final: 35% Carácter: Obrigatorio
-A materia considerarase superada se a cualificación final, tendo en conta a porcentaxe de todos os aspectos avaliables, é igual ou superior a 5 puntos.
-No caso de non superar a materia, o estudantado poderá recuperala no exame da segunda oportunidade, na que rexerán os mesmos criterios que na primeira.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-A cualificación será de Non presentado só no caso de que a/o estudante non se presente a ningún dos exames da materia.
Maria Sonia Freire Leira
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816758
- Correo electrónico
- mariasonia.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Amaya Franco Uria
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816777
- Correo electrónico
- amaya.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adrian Sanchez Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- adriansanchez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Alberte Regueira Lopez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alberte.regueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula A10 |
02.06.2026 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |
17.06.2026 09:30-14:00 | Grupo de exame | Aula de Proxectos |