Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionar os coñecementos teóricos e as capacidades para a resolución de problemas sobre operacións de separación na industria química especificadas no contido da materia.
- Aportar ó/á estudante coas capacidades para o cálculo e deseño das unidades para os procesos de separación.
- Dar unha idea concreta dos equipos utilizados para ditas operacións.
1. Fundamentos das operacións de separación
2. Extracción sólido-líquido
3. Separación por adsorción
4. Procesos de evaporación
5. Operacións de secado
6. Métodos de cristalización
7. Separación mediante membranas
8. Separación mediante leitos porosos
9. Separación mecánica de sólidos
Bibliografía básica
J.D. Seader, E.J. Henley, D.K. Roper; Separation Process Principles, 4th Ed., ISBN: 978-1-119-23959-8, Wiley, Hoboken, NJ (2016)
Bibliografía complementaria
E.J. Henley y J.D. Seader, Operaciones de separación por etapas de equilibrio en ingeniería química, ISBN: 9788429179088, Reverté, Barcelona (1998).
P.C. Wankat, Ingeniería de Procesos de Separación, 2a Ed., ISBN: 978-9702612810, Pearson Education, México (2008)
R. Sinnott and G. Towler, Chemical Engineering Design, 6th Ed, ISBN: 9780081025994, Butterworth-Heinmann, Oxford (2020). [Dispoñible como recurso electrónico na Biblioteca da USC]
Específicas:
CQ.1.1 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía.
CQ.1.3 Coñecementos sobre transferencia de materia e operacións de separación. Deseño de unidades de separación.
Xerais:
CG.3 Coñecementos en materias básicas e tecnolóxicas que lles capacite para o aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico, e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
Transversais:
CT.1 Capacidade de análise e síntese.
CT.4 Habilidade para o uso e desenvolvemento de ferramentas informáticas.
CT.6 Resolución de problemas.
CT.8 Traballo en equipo.
CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
CT.19 Aprendizaxe autónoma.
As clases expositivas dedicaranse á presentación da parte teórica da materia. Asemade, incluirase a resolución de problemas modelo coa participación activa do/da estudante.
Os seminarios, que se desenvolverán ó final de cada tema, centraranse na resolución de problemas e casos prácticos por parte dos/das estudantes, a miúdo de xeito grupal. A ferramenta informática para a resolución de problemas será principalmente MS Excel (ou similar).
Os/As estudantes realizarán traballos específicos na materia, nos que utilizarán os coñecementos acadados para resolver un caso práctico de cálculo e deseño dunha unidade de separación.
As sesións de titorías, individuais ou en grupo, dedicaranse para o desenvolvemento de temas específicos da materia, como a resolución de dúbidas dos aspectos teóricos e prácticos da materia, e o desenvolvemento do traballo grupal.
O Campus Virtual da USC empregarase como ferramenta de apoio á docencia.
O/A estudante poderá acudir a titorías individuais para resolver dúbidas.
Por competencias:
Clases expositivas: CQ.1.3, CG.3, CG.4; CT.1, CT.6.
Seminarios e titorías: CQ.1.3; CG.4; CT.1, CT.4, CT.6, CT.8, CT.13, CT.19.
Participación activa en clase: CQ1.3, CG.4, CT.1, CT.6, CT.13, CT.19.
A avaliación dos/das estudantes levarase a cabo considerando varios aspectos da súa participación nos seguintes apartados:
1) Actividades de avaliación continuada (entregas) – 10% da cualificación final.
2) Participación activa ligada ás clases expositivas, seminarios e titoría – 5% da cualificación final.
3) Participación nas actividades de titorización – 5% da cualificación final.
4) Entrega do traballo grupal – 10% da cualificación final.
5) Realización dun exame final da materia cunha parte de cuestións teóricas (30%) e unha parte de resolución de problemas (70%) – 70% da cualificación final.
As actividades de carácter obrigatorio requeridas para superar a materia serán as entregas (punto 1), o traballo grupal (punto 4) e o exame final (punto 5). As entregas realizaranse unha semana despois de rematar cada tema (Entrega Tema 1 - 2 marzo, Entrega Tema 2 - 1 abril, Entrega Tema 3 - 24 abril, Entrega Tema 5 - 8 maio). A entrega do traballo grupal prevese para o 17 de abril de 2026. Estas datas poderán sufrir lixeiras modificacións que poidan alterar o avance da materia.
Prevense 28 h de clases expositivas e 2 h de titorías grupais. A asistencia ás clases expositivas e titorías grupais non será obligatoria pero sí se avaliará a participación do estudantado nestas (punto 2 e 3), non habendo un mínimo requerido para poder presentarse ás actividades de carácter obrigatorio.
Para superar a materia requírese unha cualificación global mínima de 5,0. Para ser avaliado, tanto na primeira como na segunda oportunidade, requirirase acadar un mínimo do 35% en cada un dos apartados mencionados anteriormente (excepto os puntos 1 e 2). En caso de non acadar a cualificación parcial requerida na avaliación continua para presentarse á segunda oportunidade, o/a estudante terá que presentar un traballo individual para acadar ese mínimo. No caso de non acadar a cualificación mínima nalgún dos apartados, a nota final do/da estudante será aquela dese apartado. O/a estudante que non teña realizado algunha das actividades obrigatorias terá a consideración de NON PRESENTADO.
As cualificacións nos apartados 1 e 2 comunicaranse antes do exame final. As cualificacións parciais das actividades 1 e 2 manterase para a segunda oportunidade, na que o exame suporá novamente o 70% da cualificación global. Non se gardarán as cualificacións parciais entre cursos académicos.
Por competencias:
Exame: CQ.1.1, CQ.1.3, CG.3, CG.4, CT.1, CT.6, CT.13.
Traballo/Actividades: CQ.1.3, CG.3, CG.4, CT.1, CT.4, CT.6, CT.13.
Participación activa en clase: CQ1.3, CG.4, CT.1, CT.6, CT.13, CT.19.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A materia consta de 4.5 ECTS, involucrando unha dedicación total de 114 h. Estímase unha dedicación de traballo persoal dunha hora e media (1.5 h) por cada hora (1 h) de clase.
Actividade: Horas presenciais (h) – horas de traballo persoal autónomo (h).
Clases maxistrais: 28 – 42
Clases de seminario: 9 – 14
Titorías: 1 – 4
Exame e revisión: 4 – 12
Total: 42 – 72
É recomendable ter cursado previamente as materias “Fundamentos de Procesos Químicos”, “Termodinámica Aplicada á Enxeñaría” e “Transferencia de Materia”.
Considérase importante manter actualizados os conceptos impartidos, fomentando un seguimento “ó día” da materia.
A Aula Virtual empregarase como arquivo da documentación da materia. A docencia impartirase en Galego e Castelán, dependendo das necesidades do grupo.
Adrian Sanchez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- adriansanchez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A3 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A3 |
12.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
12.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A6 |
12.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
02.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
02.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
02.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
26.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
26.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
26.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |