Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Proporcionar ós/as estudantes o coñecemento dos principios básicos dos métodos de análise clásico e instrumental co fin de inculcar no estudante o criterio analítico, incidindo nos aspectos que poden ter máis interese no Grao de Enxeñaría Química.
Desenvolver no alumno a sua capacidade para resolver problemas reais de Química Analítica, interpretar os resultados obtidos e tomar decisións en función da calidade dos resultados experimentais.
Potenciar a sua capacidade de:
-análise e síntese,
-de xestión da información
-aplicación de esta metodoloxía no control de procesos.
Programa de clases expositivas:
TEMA 1. Proceso Analítico
Introducción as Técnicas Analíticas. Obxectivo, finalidade e metodoloxía da Química Analítica. Parámetros de calidade dun método analítico.
TEMA 2. Mostraxe e Preparación da Mostra.
Toma de mostra. Clasificación das mostras. Conservación da mostra. Preparación da mostra para a análise.
TEMA 3. Métodos Volumétricos de Análise
Características dos métodos volumétricos. Curvas de valoración. Aplicacións volumétricas: ácido-base, de formación de complexos, de precipitación e redox. Métodos gravimétricos.
TEMA 4. Introducción á Análise Instrumental.
Métodos de calibración. Sinais e ruido. Características e clasificación de analizadores de procesos.
TEMA 5. Introdución aos Métodos Espectroscópicos.
Espectro electromagnético. Absorción e emisión da radiación. Instrumentación básica dos métodos ópticos. Aplicacións.
TEMA 6. Métodos Espectroscópicos de análise I.
Espectroscopía molecular. Instrumentación específica. Aplicacións
TEMA 7. Métodos Espectroscópicos de análise II.
Espectroscopía elemental. Instrumentación específica. Aplicacións
Tema 8. Métodos Cromatográficos de Análisis I
Introdución aos métodos cromatográficos de separación. Cromatografía de gases. Instrumentación básica e aplicacións.
TEMA 9. Métodos Cromatográficos de análise II
Cromatografía líquida de alta resolución. Mecanismos de separación. Instrumentación básica e aplicacións.
TEMA 10. Técnicas electroanalíticas
Fundamentos de sensores electroanalíticos. Clasificación dos sensores potenciométricos. Sensores amperométricos. Aplicacións.
En convocatorias previas realizáronse 5-6 prácticas no laboratorio seleccionadas das seguintes propostas no Programa de clases prácticas:
Métodos espectrométricos
1.- Determinación espectrofotométrica de Mn nun aceiro.
2.- Identificación de ácido acetilsalicílico mediante IR
3.- Determinación de Cu en fariña mediante AAS.
4.- Determinación de Fe en viños mediante AAS.
5.- Determianción de K en cementos mediante AES.
6.- Determinación fluorimétrica de quinina nun auga tónica.
Métodos eléctricos:
7.- Determinación das constantes de acidez do HAc e H3PO4 mediante potenciometría.
8.- Valoraciones conductimétricas. Aplicación á análise de viños.
Métodos volumétricos/gravimétricos:
9.- Determinación do contido de Na2CO3 e NaHCO3 dunha mestura.
10.- Determinación da materia orgánica nun auga doce.
11.- Determinación de ferro nun complexo vitamínico realizando unha valoración con permanganato.
Métodos cromatográficos de separación:
12.-Determinación de aldehídos mediante cromatografía de gases.
13. Determinación de hidrocarburos mediante cromatografía de gases.
14.-Determinación de vitaminas mediante HPLC.
15.-Determinación de cafeína en café e bebidas mediante HPLC.
Métodos automáticos
16.- Determinación de Fe nun fármaco mediante análise por inxección en fluxo (FIA).
Básica (a ser posible non mais de 2).
1.- HARRIS, Daniel C., 2016. Análisis Químico Cuantitativo 3ª Edición. Barcelona: Reverté. ISBN: 978-84-291-7225-6
2. SKOOG, Douglas A., WEST Donald M., HOLLER F. James, CROUCH Stanley R., 2005. Fundamentos de Química Analítica. 8ª edición. Madrid: Thomson. ISBN: 84-9732-333-5.
Complementaria.
1.-CHRISTIAN G. D., 2009. Química Analítica 6ª Edición. Madrid: McGraw Hill. ISBN: 9789701072349
2.- HARVEY, David, 2002. Química Analítica Moderna. Madrid: McGraw-Hill. ISBN: 84-481-3635-7
3. SKOOG Douglas A., HOLLER F. James and CROUCH Stanley R., 2009. Principios de Análisis Instrumental. 6º Edición. Madrid: Mc Graw Hill. ISBN: 978-970-686-829-9
4.- RUBINSON Kenneth A. and RUBINSON Judith F., 2004. Análisis Instrumental. Madrid: Prentice Hall. Madrid. ISBN: 84-205-2988-5
5.- CÁMARA Carmen, FERNÁNDEZ Pilar, MARTÍN-ESTEBAN Antonio, PÉREZ-CONDE C Concepción y VIDAL Miquel, 2004. Toma y tratamiento de muestras. Madrid: Síntesis. ISBN: 84-7738-962-4
6.-MILLER, James C. MILLER, Jane N., 2004. Estadística y Quimiometría para Química Analítica. 4ª edición. Madrid: Prentice Hall. ISBN: 84-205-3514-1
7.- CELA Rafael, LORENZO Rosa A., CASAIS M Carmen, 2002. Técnicas de Separación en Química Analítica, Madrid: Síntesis. ISBN: 84-9756-028-0
8.- COMPAÑÓ BELTRÁN Ramón y RIOS CASTRO Ángel, 2010. Garantía de calidad en los laboratorios analíticos. Madrid: Síntesis. ISBN: 84-9756-024-8
1.- HARRIS, Daniel C. Análisis Químico Cuantitativo 3ª Ed. Ed. Reverté S.A. Barcelona, 2016. ISBN: 978-84-291-7225-6
2. SKOOG Douglas A., WEST Donald M., HOLLER F. James, CROUCH Stanley R. Fundamentos de Química Analítica. 8ª Ed. Thomson. Madrid ,2005. ISBN: 84-9732-333-5.
Na Aula virtual da materia, a profesora porá a disposición dos estudantes as presentacións sobre os temas que tratáronse nas clases expositivas do curso 24-25, boletíns de problemas e guións de prácticas.
Competencias xerais.
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novas metodoloxías de análise e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de solventar problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
CG.8. Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
CG.10. Capacidade de traballar en grupos de traballo nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais.
CT.1 Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.3 Comunicación oral e escrita en linguas propias e alguna extranxeira
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5. Capacidade de xestión da información
CT.6. Resolución de problemas
CT.7. Toma de decisións
CT.12. Razoamento crítico e compromiso ético
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.17. Creatividade
Materia sen docencia presencial
Porase a disposición do estudantado no Aula Virtual da materia ol programa detallado, a bibliografía básica e complementaria e o material docente do último curso con dereito a docencia (2024/2025).
O estudantado pode solicitar titorías de forma presencial ou virtual (Teams) orientadas á resolución de dúbidas ou dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/o práctico.
A avaliación da asignatura realizarase tenendo en conta o exame de teoría e problemas, así como o exame de prácticas. Neste senso, plantéase a seguinte proporción:
- Exame de teoría e problemas: as materias de Grao terán unha única convocatoria anual con un acta única que terá duas edicións, correspondendo coa realización previa do exame nas datas establecidas pola Xunta de Escola: a primeira, o rematar o semestre e a segunda o rematar o curso académico. Constará dun conxunto de cuestións teórico-prácticas e de varios exercicios numéricos que abarquen os diferentes contidos da materia asimilados coas competencias (xerales e específicas) e habilidades, representando o 76% da avaliación global.
A segunda edición do acta está conformada co estudantado que non superou a materia (suspensos e non presentados) co sistema ordinario de avaliación do primer período, e supón unha segunda oportunidade.
- Prácticas de laboratorio: a realización das prácticas de laboratorio será imprescindible para superar a asignatura. A nota de prácticas supón o 24 % da nota global da asignatura. As prácticas evaluaranse sobre a base dos seguintes ítems:
1) o interés e calidade do traballo dessenvolvido no laboratorio, así como a elaboración do informe-portafolio correspondente (14% da avaliación global). A nota deste item será a obtida no curso de realización das prácticas de laboratorio.
2) o exame de prácticas que constará de preguntas relacionadas cos coñecementos adquiridos no laboratorio, e representa o 10% da avaliación global.
OS ESTUDANTES NON SUPERARÁN A MATERIA SE NON REALIZARON AS PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Para los casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Materia sen docencia presencial
Recomendacións para o estudo da asignatura
- Consultar a bibliografía recomendada.
- Solicitar titorías (vía correo electrónico) para solventar dúbidas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico.
- Language: Spanish-Galician.
- Before begining the lab lessosns the student have to know ETSE regulation about safety in experimental labs, available in safety section (web of Escola Técnica Superior de Enxeñería, ETSE) to access:
1.- Go to your intranet.
2.- Select Documentación/Seguridade/Formación.
3.- Select "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais".
María Raquel Domínguez González
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814281
- Correo electrónico
- mraquel.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
13.01.2026 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A3 |
13.01.2026 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A4 |
16.07.2026 16:00-20:30 | Grupo de exame | Aula A6 |