Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Coñecer os grupos funcionais mais importantes presentes nos compostos orgánicos. Coñecer e manexar a nomenclatura sistemática da IUPAC.
- Saber representar os compostos orgánicos empregando estruturas de Lewis, fórmulas estruturais e con estereoquímica (Newmanm, Fischer, perspectiva) e mediante o uso de aplicacións informáticas.
- Ter nocións básicas de estereoisomería e análise conformacional.
- Racionalizar as propiedades físicas (puntos de fusión, ebulición, solubilidade en auga) en base a estructura molecular.
- Coñecer os principais métodos de separación das sustancias orgánicas e a súa implantación práctica.
- Coñecer as principais reaccións químicas dos grupos funcionais estudados.
- Coñecer a importancia industrial e medioambiental dos compostos orgánicos
- Desenrolar habilidades para a comunicación oral mediante a defensa oral e pública dos aspectos relacionados cos contidos da asignatura e as súas aplicacións e relevancia económica e social.
TEMA 1 ESTRUCTURA E FORMULACIÓN DOS COMPOSTOS ORGÁNICOS
Historia e repercusión actual. Representación das moléculas orgánicas. Isomería estrutural. Grupo funcional. Principais grupos funcionais, nomenclatura e formulación. Estruturas de Lewis. Resonancia. Teoría de enlace de valencia e hibridación. Polaridade. Forzas intermoleculares e propiedades físicas. Acidos e bases.
TEMA 2 ALCANOS
Propiedades físicas. Análise conformacional de alcanos. Análise conformacional de cicloalcanos. Reaccións de combustión. Reaccións de haloxenación. Petróleo.
TEMA 3 ESTEREOQUIMICA
Quiralidade. Enantiómeros. Actividade óptica. Configuración absoluta. Proxeccións de Fischer. Diastereómeros. Formas meso. Estereoisomería.
TEMA 4 ALQUENOS E ALQUINOS
Alquenos: Estrutura e importancia industrial. Reaccións de adición electrófila a alquenos. Reducción de alquenos. Oxidación de alquenos. Polimerización de alquenos. Reacción de Diels-Alder.
Alquinos: Estrutura de alquinos. Acidez de alquinos. Reactividade de alquinos.
TEMA 5 COMPOSTOS AROMATICOS
Estrutura do benceno e aromaticidade. Reaccións de sustitución electrófila aromática. Compostos aromáticos de interese industrial.
TEMA 6 HALOALCANOS
Clasificación e importancia. Reaccións de sustitución nucleófila: SN1 e SN2. Compostos organometálicos.
TEMA 7 ALCOIS E AMINAS
Alcois: Clasificación e interese industrial. Propiedades ácido base. Sustitución nucleófila con alcois. Reaccións dos alcois con ácidos. Oxidación. Éteres e epóxidos.
Aminas: Clasificación e interés industrial. Acidez e basicidade de aminas. Alquilación de aminas e sales de amonio cuaternario.
TEMA 8 ALDEHIDOS E CETONAS
Estrutura e propiedades. Reaccións de adición ao carbonilo: formación de hemiacetais e acetais, iminas e enaminas. Reactividade en alfa ao carbonilo: condensación aldólica. Reaccións de oxidación e redución.
TEMA 9 ACIDOS CARBOXÍLICOS E DERIVADOS
Estrutura e propiedades. Reaccións de adición-eliminación: transformación de ácidos carboxílicos nos seus derivados e interconversión de estes. Xabóns e deterxentes. Polímeros de condensación.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
PRÁCTICA 1: Técnicas de separación:
a) Separación mediante extracción líquido-líquido.
b) Cromatografía en columna, separación dunha mestura de azul de metileno e laranxa de metilo.
PRÁCTICA 2. Esterificación polo método de Fischer: Preparación do acetato de etilo.
PRÁCTICA 3. Preparación de polímeros de adición e de condensación: Síntese do poliestireno e dunha poliamida.
PRÁCTICAS DE INFORMÁTICA:
Uso de aplicacións informáticas para representar moléculas orgánicas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Todo o material de estudo básico, estará dispoñible na aula virtual físicamente ou a través das correspondentes ligazóns a internet.
HART, H.; HART, D. J.; CRAINE, L. E., 2007. Química Orgánica. Madrid: McGraw Hill. ISBN 9788448156572
VOLLHARDT, K. P. C.; SHORE, N. E. Química Orgánica. 5ª Edición. Barcelona: Omega. ISBN 9788428214315
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
REUSCH, William. Virtual Textbook of Organic Chemistry (acceso libre baixo a licencia Creative Commons)
Competencias básicas:
- CB4 Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucions a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais:
- CG.3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
- CG.4 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería industrial.
- CG.10 Capacidade de traballar nunha contorna multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais:
- CT.1 Capacidade de análise e síntese
- CT.3 Comunicación oral e escrita en linguas propias e algunha estranxeira
- CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
- CT.6 Resolución de problemas
- CT.8 Traballo en equipo
- CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
- CT.16 Sensibilidade cara a temas ambientais
Competencias específicas - módulo básico:
- FB.4.2 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos e as súas aplicacións na enxeñería da Química orgánica.
Materia sen docencia presencial.
Poñerase a disposición do estudantado na Aula Virtual da materia o programa detallado, a bibliografía básica e complementaria e o material docente do último curso con dereito a docencia (2024/2025). A única metodoloxía docente que ten cabida nun contexto dunha materia en extinción (sen dereito a docencia) son as titorías individuais, orientadas á resolución de dúbidas e dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico. Ditas titorías requirirán cita previa e será o profesorado responsable o que determine o formato da súa realización (presencial ou a través de MS-TEAMS)
100% mediante exame
O exame consistirá nunha colección de exercicios similares ós exercicios propostos en cursos anteriores durante a evaluación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
-
-
-
Gabriel Tojo Suarez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814244
- Correo electrónico
- gabriel.tojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Tomas Gamasa
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815760
- Correo electrónico
- maria.tomas [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
08.01.2026 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A10 |
21.05.2026 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |
01.07.2026 09:30-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |