Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia “Simulación e Optimización”, de 4,5 ECTS, enmárcase como materia obrigatoria dentro do 4º Curso do Grao en Enxeñería Química, a fin de achegar aos estudantes os fundamentos e habilidades prácticas da modelización matemática, a simulación e a optimización de procesos químicos.
Os obxectivos desta materia estrutúranse en tres bloques claramente diferenciados:
1. Modelización matemática de equipos e procesos químicos.
2. Simulación de procesos químicos en estado estacionario mediante modelos matemáticos ou mediante o uso dun simulador.
3. Optimización de equipos de procesos químico mediante a formulación de problemas de optimización mediante algoritmos de optimización lineal e non lineal.
-Clases expositivas
Tema 1.- Principios da modelización (1 h)
Tema 2.- Introdución á optimización de procesos (2 h)
Tema 3.- Optimización sin restriccións (3 h)
Tema 4.- Optimización con restriccións. Programación lineal e non lineal (3 h)
Tema 5.- Análise de redes (3 h)
Tema 6.- Estrutura de sistemas. Estratexias de simulación (2 h)
Tema 7.- Estratexia modular para a simulación de procesos en estado estacionario (3 h)
Tema 8.- Estratexia orientada a ecuacións para a simulación de procesos en estado estacionario (3 h)
-Clases de seminario:
Haberá 1 seminario asociado a cada Tema, a excepción do Tema 1.
-Prácticas en Aula de Informática
Empregarase un simulador de procesos (Aspen HYSYS) para a simulación e optimización de equipos e dun proceso químico.
Bibliografía básica
HIMMELBLAU, D.M., BISCHOFF, K.B., Análisis y simulación de procesos. Editoral Reverté, 1976. ISBN: 84-291-7235-1 .Signatura: 151.3
EDGAR, T.F., HIMMELBLAU, L.S., LASDON, L.S., Optimization of chemical processes. Ed. McGraw Hill, 2001. ISBN: 978-0070393592.
Bibliografía complementaria
PIKE, R.W., Optimization for engineering systems. Editorial Van Nostrand Reinhold, 1986. ISBN: 0-442-27581-1. Sinatura: 151.1-9
MAH, R.S.H., Chemical Process Structures and Information Flows. Editorial: Butterworth Publishers, 1990. ISBN: 0-409-90175-X. Sinatura 151-11
BIEGLER, L.T., GROSSMANN, A.W., WESTERBERG, A.W., Systematic methods of chemical process design. Ed. Prentice Hall, 1997. ISBN: 0-13-492422-3. Sinatura: 151 16
REKLAITIS, G.V., RAVINDRAN, A., RAGSDELL, K.M., Engineering Optimization, Ed. John Wiley and sons, 1983. ISBN: 0-471-05579-4. Sinatura: 151.1 6
Utilizarase unha Aula Virtual para incorporar a documentación oportuna propia da materia.
Nesta materia o estudiante adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas, xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da titulación en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, os estudantes deberán alcanzar as seguintes competencias:
BÁSICAS E XERAIS: CG3, CG4
TRANSVERSAIS: CT1, CT4, CT6, CT8, CT13
ESPECÍFICAS: CQ2, CQ4
Esta materia desenvolverase mediante diferentes mecanismos de ensino e aprendizaxe, como se indica nos seguintes apartados:
- Clases expositivas: Clases expositivas participativas, que introduzan e desenvolvan os conceptos e problemas básicos relacionados coa modelización, simulación e optimización de sistemas. A distribución temporal aproximada e os contidos de cada clase expositiva aparece reflexada no apartado de “Contidos”.
- Clases interactivas de seminario: Seminarios de problemas, con exemplos prácticos da aplicación da modelización e optimización de sistemas a procesos químicos. Haberá 7 seminarios de 1 hora, cada un asociados aos Temas entre o 2 e o 8.
- Sesións interactivas de laboratorio: Clases en aula de informática, orientadas a:
1. A aplicación da simulación de sistemas, mediante un simulador de procesos químicos. Simulación dun proceso químico con Aspen HYSYS. Optimización e análise de sensibilidade (5 h)
2. A aplicación da optimización de sistemas ao deseño óptimo de equipos de procesos químicos (5 h)
- Titorías de grupo: Resolución de problemas, baixo a tutela da profesora preferentemente en folla de cálculo (1 h)
A asistencia ás clases expositivas, de seminario e titorías de grupo non é obrigatoria, mentres que as sesións de prácticas si serán obrigatorias.
Utilizarase a aula virtual da materia na plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta de apoio á docencia. O estudante poderá ademais acudir ás titorías individualizadas co profesorado para resolver dúbidas.
As competencias ligadas ás diferentes tipoloxías de actividades formativas son:
-Clases expositivas: CG3, CT1, CQ2
-Clases interactivas de seminario: CG4, CT1, CT6, CT13, CQ4
-Sesións de aula de informática: CG4, CT4, CT8, CT13, CQ4
-Titorías de grupo: CG4, CT6, CQ4
A cualificación global do estudante conformarase en base ós seguintes apartados de avaliación:
- Actividades de avaliación continuada ligada a clases expositivas, seminarios: realización de dúas probas cortas, e titoría de grupo: 15 % da cualificación global. Actividades avaliables non obrigatorias.
- Aula de informática (inclúe desempeño durante as prácticas e unha proba ó remate das prácticas coa entrega dun exercicio de simulación): 20 % da cualificación global. Actividade avaliable obrigatoria
- Exame final: 65 % da cualificación global. Actividade avaliable obrigatoria e complementaria á avaliación continuada)
Para superar a materia precisarase unha cualificación global mínima de 5,0, así como acadar polo menos o 35 % da cualificación máxima posible en cada un dos apartados de avaliación. No caso de que se cumpra o primeiro requisito pero non o segundo, a cualificación global asignada ó estudante será a resultante de considerar unicamente aquel apartado no que se acadou o mínimo establecido.
As cualificacións das actividades de avaliación continuada e aula de informática comunicaránselle ó estudante antes do exame. As cualificacións parciais acadadas nestes apartados durante o desenvolvemento das clases presenciais manteranse para a segunda oportunidade, na que o exame suporá novamente o 65 % da cualificación global.
Non se gardarán cualificacións parciais entre cursos académicos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
As competencias avaliadas para cada apartado son
Actividades ligadas a expositivas e seminario: CG3, CG4, CT1, CT6, CT13, CQ2, CQ4
Titorías: CG3, CG4, CT1, CT6, CT13, CQ2, CQ4
Exame: CG3, CT1, CQ2
Aula de Informática: CT4, CT8, CT13, CQ4
A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, sendo o número teórico total de 112,5 horas. En consecuencia, as horas de traballo do estudante debes distribuírse como segue:
ACTIVIDADE FORMATIVA Horas totales presenciais Traballo autónomo do estudante ECTS
Clases expositivas 20 23
Seminarios 7 10
Aula de informática 10 8
Titorías de grupo 1 4
Titorías indiv. 1 2
Subtotal 39 47
Exame 4 22,5
Totais 43 69,5 4,5
Coñecementos previos: Os estudantes que se matriculen na materia deben cursar previamente as seguintes materias do Grao en Enxeñería Química: Transporte de fluídos, Transmisión de calor, Transferencia de materia, Reactores químicos, Enxeñería de procesos.
Habilidades previas: Manexo de paquetes software: Aspen HYSYS, MS-Excel, Matlab.
Idioma no que se imparte: Castelán
Maria Amaya Franco Uria
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816777
- Correo electrónico
- amaya.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
21.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |