Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Trátase de comprender e adquirir aqueles coñecementos relativos a transformación de calor en traballo e viceversa, baseándose no plantexamento dos sistemas de comportamento ideal e real e nos balances, e na avaliación de diferentes propiedades termodinámicas de carácter irreversible que permitan afondar nos campos da Termodinámica aplicada a Enxeñaría Química, con carácter eminentemente práctico dirixido a o cálculo e deseño de equipos de xeración de enerxía e de refrixeración, ciclos de potencia, etc, cun alto nivel de aplicación a casos prácticos, comúns nas diferentes plantas industriais. Por outra parte, preténdese achegar o alumno á termodinámica das disolucións e ás aplicacións do equilibrio entre fases, particularmente ao equilibrio líquido-vapor. Estes contidos son fundamentais para diferentes materias de semestres posteriores no Grado en Enxeñaría Química.
Preténdese que o alumno acade unha formación e criterio básicos para o entendemento dos aspectos da aplicación da Termodinámica, destreza nos cálculos de índole termodinámica, ao mesmo tempo que se sensibilice coa complexidade das operacións da relación traballo-calor. Por outra parte, o alumno debe ter adquiridos os coñecementos propios das materias de Física correspondente a semestres anteriores, xa que a materia actual require destes coñecementos para desenvolvelos, a nivel de repaso e a nivel do cálculo, en resolución de problemas nas primeiras clases.
É indispensable, xa desde o principio de curso, a posesión de habilidade e destreza no manexo de calculadoras programables para desenvolver cálculos en problemas que implican grande extensión e/ou certas técnicas (cálculos iterativos, por exemplo). Asimesmo, requírese que o alumno dispoña de coñecementos básicos de aplicación de Excel, para que acade unha familiaridade e destreza nesta materia e no seu exercicio académico e profesional futuro.
É convinte posuír certa afinidade pola procura de bibliografía que complemente as explicacións impartidas na clase.hh
1. Conceptos básicos. Sistemas termodinámicos. Principios da termodinámica.
2. Propiedades termodinámicas das sustancias puras. Superficies P-V-T. Ecuación de estado para gases ideais e no ideais. Sustancias incompresibles.
3. Análise enerxético e volúmenes de control. Termodinámica de procesos de fluxo.
4. Segundo principio da termodinámica. Entropía. Exerxía.
5. Ciclos de potencia de gas e vapor. Sistemas de refrixeración e licuefacción.
6. Termodinámica de misturas. Potencial químico. Fugacidade. Propiedades de exceso.
7. Sistemas heteroxéneos. Equilibrio entre fases líquido-vapor, líquido-líquido, sólido-líguido. Interación aire-auga.
Básica:
WARK, K. y RICHARDS, D.E. Termodinámica. Madrid: McGraw-Hill, 2003. ISBN: 84-481-2829. Signatura: A040 14 e recurso electrónico
SMITH, J. M., VAN NESS, H. C., y ABBOTT, M. M. Introducción a la termodinámica en ingeniería química. México, Madrid: McGraw-Hill, 2007.ISBN: 9789701061473. Signatura: A041 1
Complementaria:
MORAN, M. J. y SHAPIRO, H. N. Fundamentos de termodinámica técnica. Barcelona, Reverté, 2005, ISBB: 978-84-291-4313-3. Signatura: A040 13
ÇENGEL, Y. A. y BOLES, M. A. Termodinámica. Madrid, McGraw-Hill, 2015. ISBN: 978-607-15-1281-9. Signatura: A041 4
SEGURA, J. Termodinámica Técnica, J.Barcelona, Reverté, 1993. ISBN: 84-291-4352-1. Signatura: A042 12
Se complementará con la aportación de material elaborado por los profesores
Tal coma figura na ficha correspondente ao Grado, con mais detalle, as competencias serían as seguientes:
Competencias específicas
CI.1.1 Coñecementos de termodinámica aplicada. Principios básicos e a sua aplicación a resolución de problemas de enxeñería química.
Competencias xenerales
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para o aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote da versatilidade para adaptarse a novas situacions.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisions, creatividade, razonamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
Competencias transversaes
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.6. Resolución de problemas
CT.7. Toma de decisions
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.19. Aprendizaxe autónomo
En relación as competencias, faráse fincapé naqeles aspectos relativso ó análisis de riscos e seguridades nos items vinculados coa materia de termodinámica.
Trátase dunha materia que comeza a súa extinción neste curso 2025-2026, polo que se trata dunha materia sen docencia. Poñerase a disposición do estudantado na Aula Virtual da materia o programa detallado, a bibliografía básica e complementaria e o material docente do último curso con dereito a docencia (2024-2025). A única metodoloxía docente que ten cabida nun contexto dunha materia en extinción (sen dereito a docencia) son as titorías individuais, orientadas á resolución de dúbidas e dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico. Ditas titorías requirirán cita previa e será o profesorado responsable o que determine o formato da súa realización (presencial ou a través de MSTEAMS).
A avaliación baséase nos seguintes elementos:
1- Actividades de avaliación continua do último ano con dereito a docencia (2024-25). Porcentaxe da nota final: 30% Carácter: Opcional.
2- Exame escrito: exame de todo o programa en cada ocasión. Porcentaxe da cualificación final: 70 %. Personaxe: Obrigatorio
-A materia considerarase aprobada se a cualificación final, tendo en conta a porcentaxe do total de aspectos avaliables, é igual ou superior a 5 puntos, ou se a cualificación do exame final é superior a 5 puntos.
- Se o alumno/a suspende a materia, poderá recuperala nun segundo exame, no que se aplicarán os mesmos criterios que no primeiro.
-Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento de Avaliación do Rendemento Académico do Estudantado e Revisión de Cualificacións.
Ramon Felipe Moreira Martinez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816759
- Correo electrónico
- ramon.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Diego Gomez Diaz
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- diego.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade