Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
.- Entendemento dos principios básicos da mecánica de fluídos e aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de tubarías, canles e sistemas de fluídos.
.- Coñecemento sobre instrumentación e equipamento para a impulsión de fluídos e os seus criterios de selección.
.- Adquisición de destrezas para o cálculo e deseño de operacións de separación baseadas no fluxo externo de fluídos.
.- Concienciación do alumno sobre a importancia da seguridade, en xeral na planta química, e en concreto no transporte e almacenamento de fluídos.
.- Capacitación do estudante para usar técnicas de cálculo e ferramentas útiles na resolución de problemas asociados ao transporte de fluídos
Tema 1. Conceptos básicos no fluxo de fluídos
Tema 2. Fluxo de fluídos incompresibles
Tema 3. Fluxo de fluídos compresibles
Tema 4. Outros tipos de fluxo
Tema 5. Fluxo externo
Tema 6. Instrumentación
Tema 7. Equipos para o fluxo de fluídos
Tema 8. Operacións en enxeñaría química baseadas no fluxo de fluidos.
Bibliografía básica
Mott, R.L., Untener, J. A. Mecánica de fluidos. Prentice Hall, 6ª Ed., Mexico 2006. ISBN 0-13-201721-0. Signatura A113 3 y recurso electrónico.
Bibliografía complementaria
Franzini, J. B., Finnemore, E. J. Mecánica de fluidos con aplicaciones en ingeniería. McGraw-Hill, 9ªEd., Madrid 1999. ISBN 84-481-2474-X. Signatura A113 6.
White, F.M. Mecánica de fluidos. McGraw-Hill, 5ªEd., Madrid 2004. ISBN 84-481-4076-1. Signatura A113 1.
Costa Novella, E. Ingeniería Química 3: Flujo de Fluidos. Alhambra, Madrid 1985. ISBN 84-205-1119-6. Signatura A110 1.
Levenspiel, O. Flujo de fluidos e intercambio de calor. Reverté, Barcelona 1993. ISBN 84-291-7968-2. Signatura A113 2.
McCabe W.L., Smith, J.C., Harriott, P. Operaciones unitarias en ingeniería química. McGraw-Hill, 7ª Ed, Mexico 2007. ISBN 970-10-3648-4. Signatura A112 3.
Competencias específicas
CI.2. Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de canalizacións, canles e sistemas de fluídos.
Competencias xerais
CG.3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e se lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situación.
Competencias transversais
CT.1 Capacidade de análise e síntese
CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.6 Resolución de problemas
CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
A única metodoloxía docente que ten cabida nun contexto dunha materia en extinción (sen dereito a docencia) son as titorías individuais, que están orientadas á resolución de dúbidas e dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico, prestando unha atención individualizada ao estudante que o necesite. As titorías requirirán cita previa e serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual, empregando a ferramenta MS- Teams.
Poñerase a disposición do estudantado na Aula Virtual da materia o programa detallado, a bibliografía básica e complementaria e o material docente do último curso con dereito a docencia (2024/2025)
Actividades de avaliación continua realizadas previamente: 30%
Exame: 70% da nota
Nota mínima no exame para facer media coa avaliación continua: 3 (sobre 10)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia só ten dereito a exame
Diego Gomez Diaz
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- diego.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
09.01.2026 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A3 |
09.01.2026 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A4 |
25.06.2026 16:00-20:30 | Grupo de exame | Aula A2 |