Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 9 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é o de proporcionar ao estudante os coñecementos necesarios sobre as operacións unitarias e procesos que se empregan no acondicionamento de augas de uso urbano e industrial, na depuración de augas residuais ou no tratamento de lamas de depuradoras de augas.
Dentro dos obxectivos concretos destácanse: 1) Coñecer as características físico-químicas das augas e os métodos de caracterización dos contaminantes máis comúns en augas; 2) Coñecer a lexislación e normativa asociada ao tratamento dos contaminantes en augas residuais e acondicionamento de augas de proceso/potables; 3) Coñecer os distintos sistemas de tratamento físico, químico y biolóxico; 4) Seleccionar a tecnoloxía más axeitada para o tratamento ou acondicionamento de augas en función das características
das correntes a tratar.
Esta materia complementa os contidos de caracterización e tratamento de augas abordados na materia obrigatoria “Enxeñaría Ambiental”.
O programa da materia está dividido en 7 temas, distribuídos en 3 bloques temáticos, tal e como se detalla a continuación:
Bloque I: Propiedades da auga e acondicionamento
Tema 1. Propiedades e contaminantes da auga
Propiedades químicas da auga. Propiedades físicas da auga. Contaminantes da auga. Xestión de augas e planificación de
tratamentos.
Tema 2. Acondicionamento de augas e minimización de consumos
Fontes de abastecemento de augas. Potabilización de augas. Tratamento de augas de caldeiras. Tratamento de augas para
torres de arrefriamento. Minimización do consumo de auga na industria. Reutilización de augas.
Bloque II: Procesos de tratamento secundario de augas residuais
Tema 3. Procesos químico-físicos
Introdución. Coagulación-floculación. Precipitación química. Flotación. Reaccións de oxidación-redución.
Tema 4. Procesos biolóxicos anaerobios
Introdución aos procesos biolóxicos. Comparación dos procesos biolóxicos aerobios e anaerobios. Fundamentos microbiolóxicos
do proceso de dixestión anaerobia. Importancia da temperatura e da axitación. Dixestión anaerobia en augas residuais.
Principais reactores anaerobios. Predición de produción de metano e balances de DQO.
Tema 5. Procesos biolóxicos de eliminación de materia orgánica e nutrientes
Eliminación de materia orgánica. Proceso de lamas activadas. Procesos de biopelículas. Eliminación de nutrientes. Procesos
biolóxicos de eliminación de nitróxeno. Deseño de sistemas de eliminación de nitróxeno. Procesos biolóxicos de eliminación de
fósforo. Deseño de sistemas de eliminación de fósforo. Sistemas de aireación.
Tema 6. Tratamentos terciarios
Desinfección. Sistemas de filtración. Columnas de adsorción.
Bloque III: Liña de lamas
Tema 7. Operacións unitarias na liña de lamas
Espesamento de lamas. Estabilización de lamas. Deshidratación de lamas. Xestión de lamas de depuradoras.
Libros básicos
• Metcalf & Eddy Inc. Wastewater Engineering. Treatment and reuse (5ª Ed.) New York: Editorial Mc-Graw Hill Higher Education, 2014. ISBN: 978-1-259-01079-8.
Sinatura ETSE: A213 13 F
Libros complementarios
• Henze, M., van Loodsdrecht. M.C.M., Ekama, G.A. Brdjanovic, D. Biological Wastewater Treatment: Principles, modelling and design. London: IWA Publishing, 2020.
ISBN: 978-1-789-06037-9. Dispoñible en liña: https://iacobus.usc.gal/discovery/fulldisplay?docid=alma991013383861307…
• Nalco Chemical Company. The Nalco Water Treatment Handbook. New York. McGraw-Hill, 2009. ISBN 978-0-07-154883-0. Dispoñible en liña: https://www-accessengineeringlibrary-com.ezbusc.usc.gal/content/book/97…
• Ramalho, R.S. Tratamiento de Aguas Residuales. Barcelona. Editorial Reverte S.A., 1996. ISBN 84-291-7975-5. Sinatura ETSE: A213 16.
• Speece, R.E. Anaerobic biotechnology for industrial wastewaters.
Nashville: Archae Press, 1996. ISBN 0-9650226-0-9. Sinatura ETSE: 213 9
• Sperling, M.V. Biological wastewater treatment. Vol. 5: Activated sludge and aerobic biofilm reactors. London. IWA Publishing, 2007. ISBN 978-1-84-339165-4
Sinatura ETSE: 213 51
• López Vázquez, C. M., Buitrón Méndez, G., García Delgado, H. A. & Cervantes Carrillo, F. J. (coords.) (2017). Tratamiento biológico de aguas residuales: principios, modelación y diseño. Londres: IWA Publishing. ISBN 978-1-78040-913-9. Dispoñibel en liña: https://iwaponline.com/ebooks/book/707/Tratamiento-biologico-de-aguas-r…
Nesta materia o estudante adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou específicos da Enxeñaría Ambiental en particular.
De acordo co cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias Xerais
CG 7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas.
CG 11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Competencias Transversais
CT 6. Resolución de problemas.
CT 8. Traballo en equipo.
CT 11. Capacidade para comunicarse con expertos de outras áreas.
CT 16. Sensibilidade cara temas medioambientais.
CT 16. Aprendizaxe autónoma.
Competencias Específicas
CE 10. Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e de sustentabilidade.
Usarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación cos alumnos ofrecéndolles información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntes do profesorado así como artigos científico-técnicos), fomentando o estudo autónomo do estudante e o manexo de fontes bibliográficas en inglés.
Ao inicio do curso se facilitará aos alumnos o seguinte material no campus virtual da materia:
• GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia (galego, castelán, inglés).
• PLANIFICACIÓN DIARIA: unha guía onde se indicará a planificación detallada de actividades día a día.
• PRESENTACIÓNS: as presentacións-guía usadas polo profesor nas clases expositivas (formato pdf).
• PROBLEMAS: ficheiro pdf coa relación de problemas así como as súas resolucións (en algúns casos)
• MATERIAL COMPLEMENTARIO: para cada tema como lexislación relevante, artigos científicos, enlaces a páxinas web con contido de interese (produtos, empresas, etc.)
Docencia
• Clases expositivas e interactivas: As clases se realizarán combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como en forma de seminarios (realización de exercicios) onde o profesorado tratará de facer fincapé nos aspectos máis destacados do estado da arte, e onde se verificará a asimilación de contidos por parte dos alumnos. É por iso moi importante que o el alumno vaia traballando o material do que se dispón para promover a interacción profesor-alumno.
• Traballo en equipo: está planificada a realización dun traballo en equipo por parte dos alumnos, que presentarán oralmente na última sesión de titorías da materia.
• Titoría Grupal: Realizarase unha titoría grupal centrada na preparación do traballo en equipo.
• Titorías individualizadas: realizaranse a demanda do alumno presenciais ou eventualmente mediante a plataforma MS Teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta materia a ponderación da Avaliación Continua (AC) é dun 60%, correspondendo o 40% restante a unha proba final.
A cualificación do alumno é unha media ponderada entre o rendemento do mesmo nas partes nas que se avalía o mesmo: exame e rendemento na aula (participación e traballo cooperativo).
Actividades que comprende a Avaliación Continua (AC)
• Cuestionarios de seguimento: Cuestionarios cortos ao rematar un grupo de temas a realizar de forma individual.
• O traballo en equipo consistirá na exposición breve (en torno a 3-4’ máximo por persoa) en torno á presentación dun tren de tratamento de augas. Valorarase especialmente a información cuantitativa.
• Con “comportamento proactivo” se pretende valorar a actitude diaria de cada alumno en clase, en especial: a) mostra de que sigue ao día a materia e as discusións que se fan na aula; b) comentarios pertinentes sobre o tratado; c) motivación e actitude positiva en clase, entre outras. A realizar de forma individual.
Exame final (presencial)
• Este exame é obrigatorio e consta de dúas partes ben diferenciadas: preguntas de teoría e problemas numéricos a resolver para o que se poderían usar calculadora e formulario. É preciso que se obteña en ambas partes un mínimo de 3 sobre 10.
A consideración de “non presentado” terase se non se asiste ao exame final.
Aos que teñan que acudir á segunda oportunidade se lles conservarán as cualificacións obtidas na avaliación continua. No caso de non ter participado no traballo en equipo poderían optar a contestar preguntas adicionais.
Distribución da cualificación
Avaliación Continua 6 puntos
- Cuestionarios 3
- Traballo en equipo e titoría grupal 2
- Proactividade 1
Exame final 4 puntos
- Teoría (mín. 30%) 2
- Problemas (mín. 30%) 2
TOTAL 10 puntos
Aos estudantes repetidores se lles conservarán as cualificacións obtidas na avaliación continua se así o desexan. No caso de non ter participado no traballo en equipo poderían optar a contestar preguntas adicionais.
Avaliación de competencias
As competencias a desenvolver son:
• Xerais: CG7,CG11
• Transversais: CT6, CT8, CT11, CT16, CT19
• Específicas: CE10
Prevese a súa avaliación do seguinte xeito:
• Clases expositivas: CG7, CT16, CE10
• Clases interactivas: CG7, CG11, CT6, CE10
• Titoría grupal e traballo en grupo: CG7, CG11, CT6, CT8, CT11, CT19, CE10
• Cuestionarios e exames: CT11, CT19, CE10
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 4,5 ECTS (112,5 h de traballo total do alumno) que se reparten do xeito que se amosa na táboa. As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un cómputo del produto do factor polas actividades e total a carga de traballo que supón cada actividade.
Distribución das actividades formativas en horas totais e créditos ECTS
Actividade Presenciais (h) Traballo alumno (h) ECTS
Clases maxistrais___________28______________34,0____________2,5
Seminarios_________________9______________11,0____________0,8
Titorías grupo_______________1______________ 4,0____________0,2
Titorías individualizadas_______1______________ 2,0____________0,1
Exame e revisión____________ 5_____________ 17,5____________0,9
Total_____________________44,0____________ 68,5____________4,5
É moi recomendable que o alumnado curse a materia de Enxeñaría Ambiental.
É importante que os alumnos estuden previamente aqueles textos, documentos ou artigos que se vaian sinalando na guía docente. É imprescindible ter un dominio básico do idioma inglés.
Recomendase o uso do campus virtual como eixo vertebrador de todas as actividades a realizar na materia.
A materia impartirase en castelán e galego, aínda que parte do material entregado estará en inglés.
Francisco Omil Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816805
- Correo electrónico
- francisco.omil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alba Pedrouso Fuentes
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alba.pedrouso [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
08.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
08.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
29.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
29.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
30.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
30.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |