Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 45 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Física, Xeografía Humana
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O1. Entender e explicar as regras de funcionamento dos territorios a diferentes escalas.
O2. Entender as relacións entre o sistema natural e o medio humano.
O3. Estudar os fundamentos que artellan a Xeografía como ciencia, as súas relacións con outras ciencias, os seus conceptos básicos e as fontes empregadas na análise xeográfica.
O4. Coñecer os elementos e comprender os procesos que explican o funcionamento da paisaxe, desde a óptica xeográfica.
O5. Obter os coñecementos básicos sobre o significado e contido da Xeografía Física.
O6. Coñecer a diversidade de formas do relevo existentes no planeta e a súa influencia no comportamento humano.
O7. Coñecer a diversidade climática e a súa influencia no comportamento humano.
O8. Valorar o papel do home como factor bioxeográfico.
O9. Obter os coñecementos básicos sobre o significado e o contido da Xeografía Humana.
O10. Coñecer as etapas principais da ocupación humana do medio.
O11. Coñecer a evolución da poboación humana no mundo a escala temporal e espacial.
O12. Valorar o papel das cidades e do mundo rural no mundo actual.
I. A Xeografía Física dentro da Xeografía. Concepto e obxecto de estudo. A Terra como sistema.
II. O relevo. As diferentes formas do relevo. O control estrutural das formas. O control litolóxico. Os procesos morfoxenéticos e a súa distribución no tempo e no espazo. Os solos.
III. O clima. O sistema climático. A estrutura e a composición da atmosfera. O balance enerxético da Terra (radiación e temperatura). O balance hídrico no planeta (humidade e precipitacións). A circulación xeral da atmosfera (presións e ventos). O mosaico climático do globo.
IV. A resposta das sociedades ao Cambio Ambiental: da adaptación ao colapso.
V. A Xeografía Humana dentro da Xeografía. Concepto e obxecto de estudo. O espazo xeográfico. Configuración político-territorial do mundo actual.
VI. A poboación. Evolución. Fluxos migratorios. Poboación e recursos.
VII. O espazo rural. O espazo agrario e a súa evolución. As transformacións recentes do medio rural.
VIII. A urbanización. As cidades na actualidade.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
-AZCÁRATE LUXÁN, B., AZCÁRATE LUXÁN, M. V. & SÁNCHEZ SÁNCHEZ, J. (2019). Geografía regional del mundo: Desarrollo, subdesarrollo y países emergentes. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
-CUADRAT, J. M. & FERNÁNDA PITA, M. (1997). Climatología. Cátedra.
-FAGAN, B. (2018). El gran calentamiento: Cómo influyó el cambio climático en el apogeo y caída de las civilizaciones. Gedisa Editorial.
-FARINÓS, J. & OLCINA CANTOS, J. (Eds./Coords.) (2017). Geografía Regional de España: Espacio y comunidades. Universitat de València/Tirant Humanidades.
-FERNÁNDEZ CUESTA, G. (Dir.) (2019). Atlas de Geografía Humana de España. Paraninfo.
-GUTIÉRREZ ELORZA, M. (2008). Geomorfología. Prentice Hall.
-MURPHY, A. (2018). Geografía: ¿Por qué importa? Alianza Editorial.
-PIÑEIRA MANTIÑÁN, M. J. & SANTOS SOLLA, X. M. (Coords.) (2011). Xeografía de Galicia. Xerais.
-ROMERO, J. (Coord.) (2007). Geografía Humana: Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Ariel.
-ROMERO, J. (Coord.) (2016). Geografía Humana de España. Universitat de València/Tirant Humanidades.
-SERRANO NOTIVOLI, R., OLCINA CANTOS, J. & MARTÍN VIDE, J. (2024). Cambio climático en España. Tirant Humanidades.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
-BAILLY, A. & BÉGUIN, H. (2001). Introduction à la Gèographie Humaine. Armand Colin.
-CARRERA, C. et al. (1998). Trabajos prácticos de Geografía Humana. Síntesis
-CIATTONI, A. & VEYRET, Y. (2003). Les fondamentaux de la Géographie. Armand Colin.
-HAGGETT, P. (1988). Geografía: Una síntesis moderna. Omega.
-HIERNAUX, D. & LINDÓN, A. (Dirs.) (2006). Tratado de Geografía Humana. Anthropos.
-HOLLOWAY, S.L., RICE, S. P. & VALENTINE, G. (2003). Key Concepts in Geography. Sage.
-HOLT JENSEN, A. (1992). Geografía: Historia y conceptos. Vicens Vives.
-JOHNSTON, R. et al. (2000). The Dictionary of Human Geography. Blackwell.
-LEWIS, M. W. & WIGEN, K. E. (1997). The Myth of Continents: A Critique of Metageography. University of California Press.
-LÓPEZ PALOMEQUE, F. & PLAZA GUTIÉRREZ, J. I. (Eds./Coords.) (2019). Geografía de Europa: Estructura, procesos y dinámicas territoriales. Universitat de València/Tirant Humanidades.
-MARSHALL, T. (2020). El mundo explicado en 12 sencillos mapas. GeoPlaneta.
-MARTÍN VIDE, J. (1984). Interpretación de los mapas del tiempo. Keples.
-MARTÍN VIDE, J. (1991). Climatología analítica. Síntesis.
-MARTÍN VIDE, J. & OLCINA CANTOS, J. (1996). Tiempos y climas mundiales. Oikos-Tau.
-MATA OLMO, R. & SANZ HERRÁIZ, C. (Dirs.) (2003). Atlas de los paisajes de España. Ministerio de Medio Ambiente.
-MAYHEW, S. (1997). Dictionary of Geography. Oxford University Press.
-NOGUÉ, J. & ROMERO, J. (Eds.) (2006). Las otras geografías. Tirant Lo Blanch.
-STRAHLER, A. N. & STRAHLER, A. H. (1989). Geografía Física. Omega.
-TARBUCK, E. J. & LUTGENS, F. K. (2008). Ciencias de la Tierra: Una introducción a la Geología Física. Pearson/Prentice Hall.
-ZÁRATE, M. & RUBIO, M. (2006). Glosario y prácticas de Geografía Humana. Ramón Areces.
-ZÁRATE, M. & RUBIO, M. (2011). Paisaje, Sociedad y Cultura en Geografía Humana. Ramón Areces.
COMPETENCIAS XERAIS:
CX1. Coñecer o papel das belas artes, a historia e as teorías da paisaxe, así como as tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta.
CX3. Coñecer a xeografía física e humana, o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación da paisaxe.
CX5. Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións.
CX6. Coñecer os problemas físicos e ambientais; os factores hidrolóxicos e climáticos; a edafoloxía e a calidade vexetal que determinan a paisaxe.
CX8. Comprender as relacións entre o territorio, a cultura, a economía, o clima, as persoas e as edificacións.
COMPETENCIAS BÁSICAS:
CB1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar nun nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vacación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficias da comunidade autónoma. Capacidade de análise e síntese. Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT4. Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
CT5. Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
CT6. Capacidade de xestionar tempos e recursos, desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas e establecer prazos e cumprilos. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
CT8. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE6. Coñecementos dos fundamentos da xeografía física e humana aplicados á paisaxe.
CE8. Coñecemento científico e técnico sobre a paisaxe: xeoloxía, edafoloxía, climatoloxía, xeomorfoloxía.
CE14. Capacidade para a combinación dos problemas sociais, ambientais e económicos relacionados coa paisaxe.
Clases expositivas, nas que se desenvolverán os contidos teóricos referentes aos temas previstos. Utilizaranse medios audiovisuais e facilitarase aos estudantes, a través do Campus Virtual da USC, o material básico para o seguimento das clases teóricas, así como material complementario (textos, gráficos, táboas, mapas, etc., de uso habitual na materia) para fomentar a participación e a discusión durante a clase. Tamén se empregarán recursos informáticos por medio de enlaces a páxinas web. Competencias traballadas: CX1, CX3, CX5, CX6, CX8, CE6 e CE8.
Clases interactivas, que estarán dedicadas ao estudo de casos prácticos, exercicios, proxectos e/ou traballos. Estas actividades realizaranse de forma individual ou en grupo, dependendo dos obxectivos de aprendizaxe e habilidades a conseguir. As actividades poderanse desenvolver mediante a entrega de traballos escritos ou como exposición oral na aula. Todas as entregas faranse a través do Campus Virtual. Haberá unha programación de entregas, que permitirá organizar o tempo de estudo. Competencias traballadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8 e CE14.
Saída de campo, que estará destinada a practicar a análise xeográfica sobre o terreo. De levarse a cabo, o alumnado deberá realizar unha tarefa posterior derivada desta actividade. Competencias traballadas: CB2, CB4, CT3, CT4, CT5 e CE14.
Titorías, individuais ou en grupo, de xeito presencial ou virtual, para atender dúbidas que poidan xurdir durante a exposición dos contidos teóricos ou durante a elaboración das prácticas.
Realización dunha proba obxectiva e presencial para a avaliación dos coñecementos teóricos expositivos (exame), na data oficial establecida pola USC. Competencias avaliadas: CX1, CX3, CX5, CX6, CX8, CE6 e CE8. Esta parte computará o 30% da nota final.
Avaliación continua das actividades prácticas interactivas, que poderán ser individuais ou en grupo. Terase en conta a asistencia e a participación activa do alumnado na aula. O traballo derivado da saída da campo, de se realizar, será avaliado dentro deste apartado interactivo. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8 e CE14. Esta parte computará o 70% da nota final.
Para aprobar a materia, a suma de ambas partes debe acadar o 50% da nota. Así mesmo, débese ter un mínimo dun 30% en cada unha das partes (expositiva e interactiva) para facer media.
O sistema de avaliación é o mesmo, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. De cara á segunda convocatoria, o alumnado poderá presentase só a aquelas partes que teña pendentes. O alumnado repetidor será avaliado cos mesmos criterios, xa que non se gardan as notas dun curso académico para outro.
O alumnado con dispensa académica deberá realizar entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa. Ademais, a proba para a avaliación dos coñecementos teóricos será presencial e obrigatoria.
Docencia (expositiva e interactiva): 60 horas.
Saída de campo: 10 horas.
Traballo persoal do alumnado: 90 horas.
Asistir a clase de xeito regular e participar nas mesmas.
Traballar de xeito continuo ao longo do curso.
Ler a bibliografía recomendada.
Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Revisar o Campus Virtual para estar ao día coa materia e as tarefas.
Usar titorías para resolver dúbidas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Marcos Carmelo Valcárcel Díaz
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Teléfono
- 881812676
- Correo electrónico
- marcos.valcarcel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandro Otero Varela
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alejandrootero.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia