Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Estudo das interaccións entre literatura en lingua inglesa e outras manifestacións artísticas no contexto anglófono como pintura, teatro, televisión ou cine. Análise das diferenzas e similitudes temáticas e estéticas; estudo das particularidades, posibilidades e límites das diferentes linguaxes empregadas; exemplos de incorporación de aspectos dunha disciplina artística noutra diferente, contextualizados no caso dos países de fala inglesa.
A materia fai especial fincapé na aplicabilidade dos contidos en ámbitos profesionais como a crítica cultural, ou a xestión de contidos culturais para o cal proporciónase aos estudantes un vocabulario crítico apropriado e ensínaselles a comentar manifestacións artísticas e a escribir reseñas sobre as mesmas.
Esta materia ocúpase de iniciar aos estudantes nas perspectivas e métodos de investigación máis relevantes para o estudo avanzado das manifestacións artísticas —en especial de textos fílmicos, televisivos, teatrais e pictóricos— creados nos diversos ámbitos de produción en lingua inglesa. Polas súas competencias específicas e o seu obxecto de estudo, esta materia permitiralle ao alumno asimilar as diversas aproximacións críticas ao estudo de textos audiovisuais e artísticos en lingua inglesa e adquirir ferramentas que lle permitan demostrar a súa capacidade para aplicar ditas aproximacións na análise de textos, autores e períodos específicos.
Os contidos da materia son susceptibles de modificacións de acordo coas necesidades e intereses do estudantado. Daranse detalles sobre as lecturas e visionamentos obrigatorios na primeira sesión do curso, e por medio da aula virtual ou outras comunicación cos estudantes via internet
Programa
1. Cine e literatura (Novela, narrativa breve, teatro)
2. TV e literatura (biografía, novela, teatro)
Os contidos serán especificados con máis detalle na aula virtual
Bibliografía básica
BRANIGAN, Edward Narrative Comprehension and Film. London & New York: Routledge, 1992
CARTMELL, Deborah and Imelda WHELEHAN (eds.) 1999 Adaptations: from text to screen, screen to text London: Routledge
CASCAJOSA VIRINO, Concepción 2006: El espejo deformado: versiones, secuelas y adaptaciones en Hollywood. Sevilla: U de Sevilla
CAHIR, Linda Costanzo Literature into Film: Theory and Practical Approaches McFarland & Co Inc, 2006
DAVIDSON, Phebe Lewinston (ed.) 1997 Film and literature: points of intersection New York: The Edwin Mellen Press, cop.
ELLIOTT, Kamilla Rethinking the novel/film debate Cambridge: Cambridge University Press, 2003. Bibl de Fil
FRA LÓPEZ, Patricia Cine y literatura en F. Scott Fitzgerald: del texto literario al guión cinematográfico. Santiago: Universidade de Santiago- Servicio de Publicacións, 2002.
GAUDREAULT, André & François Jost El relato cinematográfico: cine y narratología. París: Méridiens Klincksieck. 1988
GIDDINGS Robert & Chris WENSLEY 1990 Screening the Novel: The Theory and Practice of Literary Dramatization. London: MacMillan.
GÓMEZ VILCHES, José 1998 Cine y literatura. Diccionario de adaptaciones de la literatura española Málaga: Ayuntamiento de Málaga.
MCFARLANE, Brian Novel to Film: An Introduction to the Theory of Adaptation. Oxford: Clarendon Press. 1996.
MÍNGUEZ ARRANZ, Norberto 1998 La novela y el cine. Análisis comparado de dos discursos narrativos Valencia: Ediciones de la Mirada.
MORRISSETTE, Bruce Novel and film. Essays in two genres. Chicago & London: The U of Chicago Press, 1985
PÉREZ BOWIE, José Antonio (ed.) La Adaptación cinematográfica de textos literarios: teoría y práctica Salamanca : Plaza Universitaria Ediciones, 2003.
—— Leer el cine: la teoría literaria en la teoría cinematográfica Salamanca : Ediciones Universidad de Salamanca, 2008
PEÑA-ARDID, Carmen 1999 (3ª ed. 1992, 1ª ed) Literatura y cine: una aproximación comparativa. Madrid: Cátedra.
SÁNCHEZ NORIEGA, José Luis (2000) De la literatura al cine: Teoría y análisis de la adaptación Barcelona: Piados
SANDERS, Julie Adaptation and appropriation Abingdon & New York: Routledge, 2005
STAM, Robert 2005 Literature through film: realism, magic and the art of adaptation Malden, MA: Blackwell.
——& Alexandra Raengo (eds.) 2005 Literature and film: a guide to the theory and practice of film adaptation Malden: Blackwell.
——2004: A companion to literature and film. Malden, MA: Blackwell.
Bibliografía complementaria.
PROPORCIONARÁSE AOS ESTUDANTES A BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA CORRESPONDENTE AOS DIFERENTES AUTORES E OBRAS DO PROGRAMA NA AULA VIRTUAL
COMPETENCIAS XENÉRICAS ["Memoria do Master Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións, 2ª edición", pp. 6-7: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf)
G01 - Capacidade para profundar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios de dita área de estudio.
G02 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no entorno multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G04 - Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuicios en función de criterios, de normas externas ou de reflexións personales, para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertiente escrita como oral.
G05 - Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06 - Capacidade para adquirir un espíritu crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E09 - Coñecemento dos principais modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
E10 - Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono.
E11 - Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
E13 - Coñecemento das relacións entre as principais manifestacións artísticas e literarias no ámbito anglófono.
-Clases presenciais, teóricas e prácticas
-Visionamento de textos artísticos (fílmicos, televisivos, pictóricos).
-Análise e comentario de textos
-Clases de carácter interactivo (presentacións por parte da profesora e/ou dos estudantes e posterior debate).
No caso en que sexa necesario, proveeráse aos estudantes duhnas nocións básicas para realizar o análise de textos audiovisuais
*Participación activa na clase. (Competencias avaliadas: G01, G02, G05, E09, E11, E13)
*Elaboración de traballos prácticos (80%) (Competencias avaliadas: G02, G04, G05, G06, E13)
*A avaliación será a mesma para as convocatorias de maio e xullo
ASISTENCIA
Salvo para o estudantado exento, asistir ao 75 % das horas totais da materia é OBLIGATORIO para presentar as actividades de avaliación continua. Para controlar a asistencia, levaráse a cabo un rexistro de asistencia en cada sesión. Para que poida computarse como tal, é necesario permanecer na aula ata a finalización da clase, salvo en casos xustificados como unha indisposición física transitoria.
A xustificación das faltas de asistencia a clase están recollidas en el artículo 3.2. del "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grado y master da USC", aprobado o 25 de novembro de 2024. A acreditación das causas xustificadas para non asistir a clase realizaránse nun prazo de 5 días hábiles. Proporcionaráse ao estudantado máis detalle na aula virtual
AVALIACIÓN DO ESTUDANTADO EXENTO DE ASISTENCIA E REPETIDORES
No caso de estudantes EXENTOS de asistencia con certificado oficial, terán que poñerse en contacto co profesorado e negociar a realización dunha proba oral ou escrita ao final do semestre de docencia. Os mesmos criterios aplicaránse aos alumnos repetidores
USO DA LINGUA INGLESA
Valoraráse globalmente a corrección no uso da lngua inglesa.
A acumulación de erros gramaticais, ortográficos, etc. suporá unha penalización na nota final de ata 3 puntos.
FRAUDE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión de cualificacións (artigo 16): "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo fraude, tanto de copia e o "cut and paste" (tanto nas presentacións e actividades por escrito coma no examen) serán penalizados cun SUSPENSO na materia, independentemente da nota que se obtivera en calquera outra proba de avaliación. Asimesmo, poderanse tomar as medidas disciplinarias establecidas.
O tempo adicado ao estudio desta materia poderá variar dunha semana para outra, aínda que a estimación media é de 8-10 horas á semana, tempo que inclúe a realización de actividades e traballos.
a) Número total de horas= 75
b) Máximo de traballo presencial na aula = 14
c) Máximo de traballo a través da plataforma virtual = 10
d) Traballo persoal do alumno = 51
Lectura atenta e analítica das obras narrativas ou audiovisuais do programa
Para máis información poden contactar coa profesora encargada da materia:
Patricia Fra López, patricia.fra [at] usc.es (patricia[dot]fra[at]usc[dot]es)
ORDENADORES PORTÁTILES, TABLETAS, TELÉFONOS MÓBILES E DISPOSITIVOS SIMILARES poderán empregarse durante o desenvolvemento das clases SÓ E UNICAMENTE PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS RELACIONADAS COA APRENDIZAXE DA MATERIA ESPECÍFICA QUE SE ESTÁ A IMPARTIR, E EN NINGÚN CASO DEBE PERTURBAR O BO DESENVOLVEMENTO DO ENSINO E DA APRENDIZAXE, a xuízo da docente.
NON ESTÁ PERMITIDO CONSUMIR COMIDA NA AULA DURANTE O DESENVOLVEMENTO DAS CLASES.
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para a axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas). https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Patricia Fra Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811879
- Correo electrónico
- patricia.fra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C06 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C06 |
26.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
26.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C06 |
07.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C06 |
07.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C06 |