Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán (72.97%), Galego (27.03%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Explorar os paradigmas teóricos e críticos arredor dos conceptos de historia, memoria, vinculándoos aos contextos contemporáneos de achegamento ao pasado e examinando a súa relación coa linguaxe e a ideoloxía. Coñecer casos concretos de aplicación do seu uso
2. Coñecer diferentes aproximacións á relación entre literatura, cultura, xénero e nación, explorando as súas formas de interseccionalidade á hora de delimitar canons e paradigmas
3. Reflexionar sobre as dinámicas da conmemoración e da posteridade relacionadas co feito literario e cultural no contexto actual
Os contidos xerais da materia estrutúranse arredor dos eixes da crítica literaria e cultural, as relacións entre texto e historia, as alternativas metodolóxicas contemporáneas e a aplicación da análise crítica en contextos académicos e sociais. Neste marco, o programa específico que se desenvolve no presente curso propón un percorrido por unha serie de problemas e corpus representativos que permiten abordar estes grandes núcleos desde unha perspectiva concreta, situada e rigorosa. A través do estudo das nocións de historia, memoria, xénero e nación, que artellan unha perspectiva sobre as lecturas contemporáneas do pasado en clave de historia cultural, preténdese fomentar unha comprensión crítica das ligazóns entre teoría, historia, forma e política. Cada bloque temático articula cuestións metodolóxicas e epistemolóxicas con casos de análise que permitirán ao alumnado aplicar e discutir os enfoques presentados, favorecendo así unha integración efectiva entre reflexión teórica e práctica investigadora.Os contidos concretos, daquela, establécense así:
Parte I (Margarita García)
1. Lecturas contemporáneas do pasado. Literatura e historia cultural
1.1. Aproximacións teórico-críticas á tradición cultural e literaria Formas da modernidade e da postmodernidade. Historia e memoria
1.2. Historia e representación. Posibilidades e límites da palabra e da imaxe.
2. Poéticas e políticas da conmemoración
2.1. Elexía, xenealoxía e posteridade
2.2. Monumentos, panteóns e epitafios. Análises de casos
Parte II (Antía Tacón)
3. Literatura, cultura e xénero.
3.1. Qu’est-ce qu’une auteure? Unha mirada feminista sobre a “función-autor”.
3.2. Mulleres e campo cultural. Do Barroco á Bauhaus.
4. Literatura, canon e historiografía nacional
4.1. Construción das Literaturas Nacionais. A nación como “comunidade imaxinada”.
4.2. O concepto de “comunidade interliteraria” e o caso ibérico. Bi- e poliliterariedade.
4.3. “As a woman I have no country”. O carácter efémero da fama literaria feminina: as escritoras perante a historiografía literaria.
T. 1 e 2
Bibliografía básica
Adorno, T. & Horkheimer, M. Fragmentos de Dialéctica de la Ilustración. 1944.
Bennett, A. “On Posterity”. The Yale Journal of Criticism, 12.1, 1999, pp. 131-144.
Bloom, H. “Introduction”. The Anxiety of Influence: A Theory of Poetry. Oxford UP, pp. 5-16
Calinescu. M. “Introduction”. Five Faces of Modernity: Modernism, Avant-garde, Decadence, Kitsch, Postmodernism. Duke UP, 1987.
Didi-Huberman, G. “Quatre bouts de pellicule arrachés à l’enfer”. Images malgré tout. Minuit, 2003, pp. 11-28.
Felman, S. & Laub, D. “Foreword”. Testimony: Crises of Witnessing in Literature, Psychoanalysis, and History. Routledge, 1992, pp. Xiii-xx
Hühn, Peter. “Lamenting the Death of Poets”. Facing Loss and Death: Narrative and Eventfulness in Lyric Poetry. De Gruyter, 2016, pp. 193-225.
Jameson, F. Fragmentos de The Cultural Logic of Late Capitalism. 1991.
Levi, P. “La comunicación”. Trilogía de Auschwitz. 1946.
Lyotard, J.F. Fragmentos de The Postmodern Condition. 1979
Bibliografía complementaria
Agamben, Giorgio [1998]. Lo que queda de Auschwitz. El archivo y el testigo. Homo Sacer III. Tradución de Antonio Gimeno. Pretextos, 2002.
Agamben, Giorgio [2009]. ¿Qué es lo contemporáneo?. Tradución de Cristina Sardoy. Adriana Hidalgo, 2011. Benjamin, Walter [1928]. El origen del ‘Trauerspiel’ alemán. Obras I, v. 1. Abada, 2008, pp. 217-459.
Benjamin, Walter [1942]. Sobre el concepto de historia. Obras I, v. 1. Abada, 2008, pp. 303-318.
Blesa, Túa. Logofagias. Los trazos del silencio. Universidad de Zaragoza, 1998.
Boym, Svetlana. The Future of Nostalgia. Basic Books, 2001. Calabrese, Omar. La era neobarroca. Cátedra, 1989. Calinescu, Matei [1977]. Cinco caras de la modernidad. Modernismo. Vanguardia. Decadencia. Kitsch. Postmodernismo. Tradución de Francisco Rodríguez Martín. Tecnos, 2003.
Clewell, Tammy. “Mourning Beyond Melancholia: Freud’s Psychoanalysis of Loss”. Journal of the American Psychoanalytic Association, 52.1, 2004, pp. 43-67.
Didi-Huberman, Georges [2003]. Imágenes pese a todo. Memoria visual del Holocausto. Tradución de Mariana Miracle. Paidós, 2004.
Eco, Umberto (et al.) [1973]. La nueva Edad Media. Tradución de Carlos Manzano. Alianza, 2004.
Felman, Soshana y M.D. Laub. Testimony: Crises of Witnessing in Literature, Psychoanalysis, and History. New York: Routledge, 1992.
Gómez Toré, José Luis. El roble de Goethe en Buchenwald. Glosas en torno a un texto de Joseph Roth. Libros de la resistencia, 2015.
Hutcheon, Linda. The Politics of Postmodernism. Routledge, 2003.
Jameson, Fredric. El postmodernismo revisado (Lecturas). Edición de David Sánchez Usanos. Abada, 2012.
Jauss, Hans Robert [1989]. Las transformaciones de lo moderno. Estudios sobre las etapas de la modernidad estética. Tradución de Ricardo Sánchez Ortiz de Urbina. Visor, 1995, pp. 63-92.
Lacoue-Labarthe, Philippe [1986]. La poesía como experiencia. Tradución de José Francisco Megías. Arena Libros, 2006.
Ramazani, Jahan. Poetry of mourning: The modern elegy from Hardy to Heaney. University of Chicago Press, 1994.
Žižek, Slavoj. Primero como tragedia, después como farsa. Tradución de J.M. Amoroto Salido. Abada, 2011.
T. 3 e 4
Bibliografía:
Anastácio, Vanda (2011). O que é uma autora? Reflexões sobre a presença feminina no campo cultural luso-brasileiro antes de 1822. Matraga, 18(29), 215-224.
Anderson, Benedict (1983). Imagined communities: Relections on the origin and spread of nationalism. Verso.
Baranda, Nieves (2005). Cortejo a lo prohibido. Lectoras y escritoras en la España moderna. Arco Libros.
Bourdieu, Pierre (1991). Le champ littéraire. Actes de la Recherche en Sciences Sociales, 89, 3-46. Cabo Aseguinolaza, Fernando; Abuín González, Anxo; Domínguez Prieto, César (Eds.). (2010). A Comparative History of Literatures in the Iberian Peninsula, 1. John Benjamins.
Casas Vales, Arturo (2000). Problemas de Historia Comparada: la comunidad interliteraria ibérica. Interlitteraria, 5, 56-75.
Casas Vales, Arturo (2003). Sistema interliterario y planificacion historiográfica a propósito del espacio geocultural ibérico. Interlitteraria, 8, 68-97.
Chartier, Roger (2000). Qu’est-ce qu’un auteur? Révision d’une généalogie. Bulletin de la Société française de Philosophie, 94(4), 1-37.
Domínguez Prieto, César (2005). Os horizontes da teoría interliteraria na Península Ibérica: recepción e campo de probas. Boletín galego de literatura, 34, 2.º semestre, 37-65.
Domínguez Prieto, César (2012). Dyonýz Ďurišin and a system theory of World Literature. En Theo D’Haen, David Damrosch e Djelal Kadir (Eds.), The Routledge Companion to World Literature (pp. 99-107). Routdledge.
Domínguez Prieto, César; Abuín González, Anxo; Sapega, Ellen (Eds.). (2016). A Comparative History of Literatures in the Iberian Peninsula, 2. John Benjamins.
Ďurišin, Dionýz (1989). Theory of Interliterary Process. (Trad. Jessie Kocmanová). Veda. (Trabajo originalmente publicado en 1988).
Foucault, Michel (1994). Qu’est-ce qu’un auteur? En Dits et Écrits I (1954-1969) (pp. 789-820).
Greer, Germaine (1974). Flying Pigs and Double Standards. Times Literary Supplement, (3777), 784-785.
- Comprensión da encrucillada actual da crítica literaria e a análise da cultural, mediante o afondamento dalgunas das súas manifestacións máis relevantes.
- Adquirir o hábito e métodos para as análises interdisciplinarias (imprescindíbeis na ‘lectura das linguaxes da cultura’).
A materia desenvolverase mediante a presentación dos contidos fundamentais do seminario a través de explicacións das profesoras, acompañadas da distribución dunha bibliografía xeral e da recomendación de lectura e estudo dun corpus teórico-crítico básico que posteriormente será analizado en sesións de debate.
Os temas 1 e 2 serán responsabilidade da profesora Margarita García Candeira. Os temas 3 e 4 serán impartidos pola profesora Antía Tacón García. Nas primeiras semanas reservarase un tempo para a presentación da segunda sección da materia.
A Aula Virtual será un elemento importante no desenvolvemento da docencia.
Efectuarase a partir da continuidade no seguimento do curso e da participación activa e rigorosa no conxunto dos debates que se desenvolvan. Valorarase de maneira particular a incorporación de perspectivas innovadoras e orixinais, fundamentadas en lecturas e reflexións propias e na asimilación crítica da información fornecida polo profesorado. Estes factores valoraranse cun 20 % da nota final. A asistencia deberá ser, alomenos, ao 75% das sesións, ou non será computada na nota final.
Ademais, cada estudante presentará oralmente un traballo académico por parellas, referido a algún dos bloques do programa.
Cada alumno/a acordará baixo cal das profesoras da materia fará a exposición oral dese traballo, que estará relacionado coa respectiva parte do programa da que se ocupou esa profesora. En todo caso, deberá tenderse a un reparto equilibrado dos traballos entre as dúas profesoras. A exposición valórase nun 60% da nota final. Cada estudante entregará ademais á profesora unha copia en PDF da presentación coa que ilustrará a súa exposición (sexa esta en power point, prezzi ou calquera dos soportes existentes), que se valorará cun 20%. A data límite de entrega deste soporte será a data de fin de avaliación continua da materia, o 19 de decembro de 2027. A docente en cuxo bloque se teña realizado a exposición e que reciba o soporte será quen propoña a cualificación para o/a alumno/a neste apartado.
A Aula Virtual albergará unhas precisións sobre as características básicas tanto da exposición oral como da presentación que a acompañe, e que deberán ser seguidas para a correcta valoración desta actividade.
Todo o anterior é válido por igual para as dúas oportunidades de cada convocatoria. Á marxe do sinalado, os casos que presenten especificidades non mencionadas nesta programación serán sometidos ao criterio da comisión académica do Mestrado, que será quen colexiadamente fixe a norma oportuna de aplicación.
A avaliación para o alumnado con dispensa de docencia emitida polo Decanato consistirá tamén nunha exposición e na entrega dun soporte escrito en PDF derivado da presentación (na data oficial marcada pola Faculdade) que representará o 100% da avaliación da materia, do cal o 80% corresponderá á exposición oral e o 20% ao PDF que se entregue.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Nun ámbito de docencia presencial a estimación é a seguinte:
- Presentación das sucesivas partes da materia e da súa organización: 1/2 hora presencial para cada unha das partes.
- Titoría personalizada: 3 horas presenciais.
- Exposicións teóricas e metodolóxicas a cargo do profesor: 42 horas presenciais.
- Lecturas complementarias: 36 horas de traballo autónomo.
- Preparación das intervencións na aula: 9 horas de traballo autónomo.
- Traballo en grupo á marxe das sesións conxuntas: 12 horas de traballo autónomo.
- TOTAL: 110 h.
Aconséllase tanto a consulta dos materiais de referencia facilitados na Aula Virtual como o uso do horario de atendimento do profesorado.
No sitio http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado.html figura a información relativa ás titorías do profesorado da materia así como ao lugar no que estas se atenden.
Margarita Garcia Candeira
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- margarita.garcia.candeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antía Tacón García
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811974
- Correo electrónico
- antia.tacon.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
| Martes | ||
|---|---|---|
| 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D11 |
| Mércores | ||
| 18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | D11 |
| 14.01.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | C01 |
| 14.01.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
| 13.05.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | C01 |
| 13.05.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA CANDEIRA, MARGARITA | Castelán |
| Tacón García, Antía | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA CANDEIRA, MARGARITA | Castelán |
| Tacón García, Antía | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA CANDEIRA, MARGARITA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA CANDEIRA, MARGARITA | Castelán |