Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Oferecer ao estudantando a proposta e o desenvolvemento dunha nova esfera e focaxe de estudo no ámbito da cultura, entendida como o modo em que as persoas ven, clasifican e interveñen no mundo. Interpretar o traballo de investigación na cultura e a súa potencial relevancia.
1. Estudos e Investigacións na Cultura. Unha nova disciplina? O literario e o cultural.
2. Cultura: comunidades, espazo público e territorio.
3. Cultura e comunidade: identidade, lealdade, patrimonio e cohesión colectivos. Marca(s) da comunidade.Sustentabilidade e afectividade identitarias.
4. A Cultura e o lugar, a cultura e o nacional, o cultural e intersistémico
5. Aproximación á Metodoloxía de investigación na Cultura.
6. Casos práticos. Deseño e avaliación dunha investigación.
7. Produción de coñecemento, aplicabilidade e transferencia nas investigacións na cultura..
8. Vías de aplicación das investigacións na cultura á actividade socio-económica.
Bibliografia básica (Teoría cultural):
Bourdieu, Pierre (1991), “Le champ littéraire”, Actes de la Recherche en sciences sociales, nº 89, pp. 3 46.
Bourdieu, Pierre, (1985): La distinction : critique sociale du jugement, Paris, Les Editions de Minuit.
Even-Zohar, Itamar (2005): Papers in Culture Research, www.tau.ac.il/~itamarez/. Último acesso, 2/04/2007.
Even-Zohar, Itamar (2007-2011), Polisistemas de Cultura: 2007-2010, Tel-Aviv, Laboratorio de Investigación de la Cultura, Univ. de Tel Aviv, 2007-2011.
Gramsci, Antonio (1977): Cultura y literatura. Selección y prólogo de Jordi Solé Tura. Barcelona: Península.
Hall, Stuart (2016): Cultural Studies, 1983. Durham and London, Duke University Press.
Hartley, J. e Potts, J. (2014). Cultural science: A natural history of stories, demes, knowledge and innovation, New York, Bloomsbury Academic.
Mesoudi, Alex Mesoudi (2011). Cultural Evolution: How Darwinian Theory Can Explain Human Culture and Synthesize the Social Sciences. Chicago, University of Chicago Press.
Torres Feijó, Elias (2012):” Reorientação dos estudos literários para a aplicabilidade e a transferência: da feitiçaria para a medicina e os capitais em jogo” http://ebooks.pucrs.br/edipucrs/anais/IIICILLIJ/Trabalhos/Palestras/fei…
Williams, Raymond (1977): Marxism and literature. Oxford – New York, Oxford University Press.
I. Competencias xerais:
- Que o estudantado pense con audacia en termos de inovación e relevancia.
-Posuir, comprender e saber aplicar os coñecementos que dan a oportunidade de ser orixinais no desenvolvimento e na aplicación de ideas, con frecuencia nun contexto de pesquisa.
-Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas em entornos novos ou pouco coñecidos, dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo, a literatura universal.
-Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrentarse à complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas ligadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambiguidades.
- Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
2. Competencias transversais:
- Que o estudantado teña unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodolóxicos no campo dos Estudos e Investigacións na Cultura.
-Que o estudantado poida aprofundar nos coñecementos xa adquiridos, enriquecéndose desde umha perspectiva interdisciplinar.
-Que o estudantado saiba utilizar as ferramentas metodolóxicas e técnicas para a súa profesionalización e xestión da información dos bens culturais e recursos humanos.
-Que o estudantado posúa os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver um espírito crítico e reflexivo, áxil e prático em relación a diferentes fenómenos culturais.
3. Competencias específicas:
-Que o estudantado sexa capaz de ampliar a noción de cultura, asi como a diversidade xenérica, social, cultural.
-Que o estudantado aborde o conceito de cultura dun modo aberto.
- Que o estudantado adquira unha ampla comprensión dos fenómenos culturais
- Que o estudantado se dote de ferramentas conceptuais e metodolóxicas para o deseño dunha actividade investigadora e profesional no ámbito da cultura.
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
1. O estudantado estará en disposición de ter unha perspectiva clara da cultura como o modo en que as sociedades organizan a súa vida.
2. O estudantado estará em disposición de entender a relevancia dunha boa investigación no ámbito da cultura e a súa eventual aplicabilidade.
3.O estudantado estará en disposición de incorporar á construción da súa metodoloxía de investigación ferramentas tiradas do polo teórico dos Cultural Studies así como de aplicar estas ferramentas á análise de diversas producións culturais, principalmente literatura, mais tamén doutros eidos creativos como cerámica, arte pictórica, banda deseñada ou cinema.
A metodoloxía escollida esixe a presenza continuada nas aulas, a participación activa nelas e a realización das lecturas e dos exercicios marcados. O obxectivo é que os e as estudantes aprendan a realizar traballos de investigación e documentación de forma autónoma e que mediante estes traballos amplíen os contidos proporcionados a través do seguimento do programa. Do mesmo xeito, preténdese desenvolver competencias, destrezas e habilidades relacionadas co traballo cooperativo e en equipo, debate e argumentación, comunicación oral e escrita, creatividade, iniciativa, toma de decisións e resolución de problemas.
Todos os materiais precisos para o seguimento da materia serán pendurados na Aula Virtual ou, a non ser posíbel, será indicada a forma de conseguilos. É imprescindíbel acompañar a Aula Virtual da cadeira. Está previsto o sistema de ensino-aprendizaxe a través de Aprendizaxe por Servizo (ApS)ou Aprendizaxe por Proxecto (ApP), que inclúe prácticas de campo.
1. Na avaliación final do estudantado aplicarase a ponderación de criterios xerais.
2. Para a calificación terá un papel importante a participación activa e informada, así como a realización das lecturas asignadas e o seu debate e outras propostas.
3. Tendo en conta as circunstancias de cada estudante, poderase solicitar a realización de traballos e/ou exame.
4. Na avaliación continua do estudantado terase en conta:
- Asistencia e participación en diferentes actividades das sesións (40% do total).
A asistencia é obrigatoria, polo que un número de ausencias sen xustificación do 25% das horas de ensinanza o, se for o caso, do indicado polos regulamentos de aplicación a este Mestrado, implican o reprobado final.
5. – A resolución dos exercicios indicados na aula e/ou a entrega de traballos que demostren a adquisición de coñecementos e habilidades (60% do total), podendo ser pedida a sua defensa oral na aula.
Nota: en función da eventual actividade de ApS ou ApP os traballos esixidos poderán ter un carácter colectivo; igualmente, poderá ser solicitado un traballo individual.
6. O sistema de avaliación para as persoas eximidas de asistir ás aulas incluirá os puntos 5 e 6, que se complementan coa entrega dun conxunto de traballos breves (1.500 palabras en promedio, 4 como máximo), vinculados coa materia.
7. O sistema de avaliación na segunda oportunidade será o mesmo que se aplica a quen tiver exención de asistencia ás aulas.
8. Para os casos de rendemento fraudulento de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das calificacións”.
A materia prevé un total de 24 horas docentes de que 4 son non presenciais.
Lingua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. Eventual e ocasionalmente, outros materiais e comunicacións poderán ser apresentados noutras linguas (español, francés, inglés, italiano, etc), sempre que a docente o considerar oportuno.
Elias Jose Feijo Torres
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- eliasjose.torres [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Venres | ||
|---|---|---|
| 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | D01-Seminario |
| 03.06.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | C02 |
| 03.06.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
| 01.07.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | C02 |
| 01.07.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FEIJO TORRES, ELIAS JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FEIJO TORRES, ELIAS JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FEIJO TORRES, ELIAS JOSE | Galego |