Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán (50%), Galego (50%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxía Galega e Portuguesa, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Que o alumnado teña un coñecemento xeral das principais correntes actuais da teoría e crítica literarias.
2. Que o alumnado adquira a capacidade de aproximarse, conceptual e especulativamente, ao dominio literario e artístico.
3. Fornecer unha revisión crítica do canon.
4. Propiciar o desenvolvemento de ferramentas conceptuais para un achegamento autónomo á reflexión e á análise do feito literario.
1. Sobre a teoría literaria na actualidade: poscrítica e posteoría.
2. Da teoría secular ao posecularismo: encrucilladas e debates sobre a nova condición da teoría.
3. Son materialistas os novos materialismos?: subxectividade e ideoloxía nas novas prácticas teóricas.
4. Cultura e poshumanismo: natureza, xénero e texto.
5. Ecocrítica, ecofeminismo e posthumanismo na poesía galega.
Bibliografía básica:
Braidotti, Rosi, Lo posthumano, Herder, Barcelona, 2025.
Felski, Rita, «Postcritique: Past Influences and Present Conjunctures». Media Theory, 7/1 (2023), pp. 329-342.
Gefen, Alexandre, «Où en est la théorie littéraire?», Recherche littéraire / Literary Research, 38 (2022), pp. 125-140.
Habermas, Jürgen, Mundo de la vida, política y religión, Trotta, Madrid, 2015.
Jiménez Heffernan, Julián, La dialéctica. Variaciones sobre un tema de Fredric Jameson, Abada, Madrid, 2021.
Monográfico sobre políticas de la literatura, Theory Now, 7/1 (2024)
Said, Edward, Humanismo y crítica democrática. Debate, Brcelona, 2006.
A bibliografía complementaria e específica será facilitada durante o desenvolvemento da materia.
1. Competencias xerais
1.1 Capacidade crítica e analítica.
1.2 Pensamento crítico e autónomo: Fomentar a capacidade de pensar de maneira crítica, independente e reflexiva sobre os textos literarios e culturais.
1.3 Traballo en equipo e colaboración: Desenvolver habilidades de traballo en equipo para a investigación e discusión colaborativa sobre os temas tratados no programa, respectando a diversidade de enfoques e opinións.
1.4 Comunicación efectiva: Ser quen de comunicar ideas complexas de maneira clara e persuasiva, tanto de forma oral como escrita, no contexto académico e público.
1.5 Xestión da información: Adquirir habilidades para xestionar e organizar a información bibliográfica e teórica de xeito eficiente, aplicando ferramentas dixitais e recursos académicos na investigación.
2. Competencias específicas
2.1 Comprensión activa dos eixes que articulan o horizonte teórico actual no ámbito da literatura e da cultura.
2.2 Aplicación de teorías literarias: Ser quen de aplicar as principais teorías e enfoques á análise de textos literarios e culturais.
2.3 Avaliación crítica de textos teóricos: avaliar e revisar as achegas teóricas contemporáneas, con énfase na orixinalidade, relevancia e rigor académico.
Traballo expositivo e interactivo, persoal e colectivo, na aula, baseado, fundamentalmente, nas lecturas concretas da bibliografía primaria, e traballo persoal do alumnado sobre outras lecturas e outras actividades propostas.
Efectuarase a partir da continuidade no seguimento do curso e da participación activa e rigorosa no conxunto dos debates que se desenvolvan. Valorarase de maneira particular a incorporación de perspectivas innovadoras e orixinais, fundamentadas en lecturas e reflexións propias e na asimilación crítica da información fornecida polo profesorado. Cabe a posibilidade de que o estudantado realice exposicións. O valor destes factores —participación e exposicións— alcanzará o 40 % da cualificación final da materia e o resultado obterase da media das notas alcanzadas en cada un dos dous sectores do programa.
Ademais, cada estudante presentará un traballo académico individual (60% da cualificación final), ben referido a algún dos bloques do programa ben de carácter transversal, cunha extensión de entre 4.000 e 4.500 palabras, incluídas xa neste cómputo a bibliografía e as notas a rodapé.
Cada alumno/a acordará a cal dos docentes da materia entregará ese traballo, que estará relacionado coa respectiva parte do programa da que se ocupase o/a docente. En todo caso, deberá tenderse a un reparto equilibrado dos traballos entre os profesores. A data límite de entrega do traballo fixarase oportunamente. O docente que reciba o traballo será quen propoña a cualificación para a alumna ou o alumno neste apartado, que suporá, segundo foi indicado, o 60% da nota da materia.
Todo o anterior é válido por igual para as dúas oportunidades de cada convocatoria. Á marxe do sinalado, os casos que presenten especificidades non mencionadas nesta programación serán sometidos ao criterio da comisión académica do Máster, que será quen, colexiadamente, fixe a norma oportuna de aplicación.
OBSERVACIÓN IMPORTANTE:
O profesorado resérvase o uso de entrevistas orais individuais en caso de dúbidas e/ou necesidade de comentario dalgún extremo dos exercicios orais ou escritos de avaliación, que poderán ter incidencia na cualificación definitiva.
A avaliación para o alumnado con dispensa de docencia emitida polo Decanato consistirá nun exame (na data oficial marcada pola Facultade) que representará o 100% da avaliación da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A materia prevé un total de 20 horas presenciais máis 55 horas de traballo individual polo alumnado.
1) Traballar en grupo.
2) Preparar os seminarios seguindo as indicacións do profesorado.
3) Atender á Aula Virtual.
4) Consultar co profesorado a marcha das presentacións e do traballo escrito.
A lingua de docencia será galego ou castelán, segundo escolla dos docentes. O estudantado poderá facer uso de calquera das linguas oficiais da USC nas súas intervencións orais e escritas. Cando non se conte con tradución ao galego/português e español das lecturas obxecto de discusión, farase uso de traducións ao inglés, francés e italiano, polo que o estudantado debe estar preparado para estes usos. Malia que o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018 esixe ao alumnado procedente de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español un nivel de lingua galega Celga II ou española B2, en canto mestrado de investigación en literatura e cultura ditos niveis son claramente insuficientes e aconséllase posuír niveis superiores.
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
Maria Xesus Nogueira Pereira
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- mariaxesus.nogueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Fernando Cabo Aseguinolaza
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811807
- Correo electrónico
- fernando.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | C04 |
| Venres | ||
| 18:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
| 19.01.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | C03 |
| 19.01.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
| 19.05.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | C02 |
| 19.05.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CABO ASEGUINOLAZA, FERNANDO | Castelán |
| NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CABO ASEGUINOLAZA, FERNANDO | Castelán |
| NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CABO ASEGUINOLAZA, FERNANDO | Castelán |
| NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CABO ASEGUINOLAZA, FERNANDO | Castelán |
| NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS | Galego |