Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia son os seguintes:
- Fomentar o debate en torno á arte en espazos públicos
- Proporcionar ferramentas teóricas para afondar no debate arte-sociedade
- Analizar o papel que xoga a arte e os procesos culturais na construción da imaxe da cidade
- Proporcionar materiais de análise teórica e histórica para afondar nos debates actuais arredor dos monumentos (memoria histórica, descolonización, etc.).
1.- Debates en torno á arte pública a inicios do novo milenio
2.- Monumentos, contramonumentos e resignificacións
3.- Espectáculo e cultura na cidade: produción, consumo, resistencia (debates en torno ás formas culturais)
4.- Intervencións, accións artísticas e reapropiación do espazo público.
BÁSICA
Bishop, C.: Infiernos artificiales, arte participativo y políticas de la espectaduría. Ciudad de México: Taller de Ediciones Económicas, 2016.
Freedberg, David: Iconoclasia. Historia y psicología de la violencia contras las imágenes Sans Soleil, 2018.
Yúdice, G.: El Recurso de la cultura. Usos de la cultura en la era global. Barcelona: Gedisa, 2002.
COMPLEMENTARIA
Brissac Peixoto, N.: Arte/cidade. Zona leste. Máquinas urbanas. Santiago de Compostela: Dardo, 2011.
Camnitzer, L.: Didáctica de la liberación. Arte conceptualista latinoamericano. Murcia: CEADEAC, 2009.
Clark, T. J.: Imagen del pueblo. Gustave Courbet y la Revolución de 1848. Barcelona: Gustavo Gili, 1981.
Decter, J. & Draxler, H.: Exhibition as Social Intervention. ‘Culture in Action’, 1993. London: Afterall Books, 2014.
Deutsche, R.: Agorafobia. Barcelona: MACBA, Quaderns Portàtils, nº 12, 2008.
Doherty, C. (ed.): Situation. London & Cambridge (Mass.): Whitechapel Gallery / The MIT Press, 2009.
Duque, F.: Arte público y espacio político. Madrid: Akal, 2001.
Hebdige, D.: Subcultura. El significado del estilo. Barcelona: Paidós, 2013.
Helguera, P.: Education for Socially Engaged Art. A Materials and Techniques Handbook. New York: Jorge Pinto, 2011.
Mitchell, W. J. T.: ¿Qué quieren las imágenes? Una crítica de la cultura visual. Sans Soleil Ediciones, 2017.
Ramírez, J.: Utopías artísticas de revuelta: Claremont Road, Reclaim the Streets, la Ciudad de Sol. Madrid: Cátedra, 2014.
Sección inglesa de la Internacional Situacionista: La revolución del arte moderno y el moderno arte de la revolución. Logroño: Pepitas de calabaza, 2007.
Tenorio Trillo, Mauricio: La historia en ruinas. El culto a los monumentos y a su destrucción. Madrid: Alianza Editorial, 2022.
Tunzelmann, Alex von: Fallen Idols: Twelve Statues That Made History. Headline Publishing Group, 2021.
Zukin, S.: The Cultures of Cities. Oxford: Blackwell, 1996.
- Desenvolver habilidades para realizar traballos escritos.
- Desenvolvemento de habilidades argumentativas en relación a controversias na arte pública.
- Capacidade para xestionar fontes de recursos visuais e en liña sobre a arte contemporánea.
- Manexar con solvencia os termos e conceptos clave en relación a disputas no espazo público.
- Fomentar o debate sobre a presenza e o uso da arte en contextos urbanos.
Haberá dous tipos de clases: unha con énfase na presentación de temas -por parte do profesor-, con debates entre os estudantes participantes; e outra dedicada ao traballo práctico (sesións interactivas). Nesta, o desenvolvemento pode variar segundo o material que se trate: conceptos, textos de referencia ou análise de obras de arte e accións relacionadas coa arte pública.
Para as sesións interactivas, os materiais serán proporcionados aos estudantes en forma de textos dixitalizados e recursos en liña, cunha serie de preguntas ou elementos a considerar previamente. Fomentarase a participación activa dos estudantes desde o principio.
En grupos de dous ou tres, os estudantes deberán facer un traballo a modo de ensaio para o que aproveitarán parte dos materiais comúns proporcionados polo profesor, ademais de outros recursos ou fontes que deberán atopar tras unha pequena investigación.
A avaliación desta materia vaise levar a cabo a partir da asistencia e participación do alumnado na aula, e da presentación de traballos escritos. O alumnado deberá demostrar de xeito oral e escrito as habilidades discursivas nas dúas linguas co-oficiais de Galicia (galego e castelán), atendendo ao uso da palabra como principal ferramenta do pensamento filosófico. Non se contempla a realización de proba final.
Estes son os elementos a considerar para a avaliación:
- Asistencia e participación en seminarios. O alumnado contará cos materiais con tempo suficiente e deberá incidir nas cuestións indicadas polo profesor nun guión previo. Valorarase a fondura das reflexións do alumnado, así como a pertinencia en relación aos debates suscitados. (50 %). Vaise pasar lista na aula todas as semanas, e a asistencia contará cun 20% da nota final.
- Realización dun traballo escrito, a modo de ensaio. Este realizarase en grupos de dúas ou tres persoas, e tratará sobre intervencións sobre obras de arte pública que deran lugar a controversias e debates públicos vinculados a cuestións políticas e sociais (identidade de xénero, guerras e memoria histórica, procesos de colonización, etc.). Trátase de analizar as conexións entre arte e sociedade a partir de casos de estudo de obras que deron lugar a controversias e polémicas. Ao comezo do curso daranse indicacións sobre a extensión máxima (en ningún caso máis de 12 páxinas en total) e cuestións de estilo, e indicaranse as datas de presentación. Debe ser presentado de xeito oral cara ao final do período lectivo (50 %).
Segunda oportunidade. Establécese unha segunda oportunidade na que o alumnado deberá presentar dous traballos: un primeiro de desenvolvemento dun dos temas do programa, e outro que será similar ao proposto para a primeira oportunidade (análise de casos relativos á arte pública e debates sociais), pero que se fará individualmente. As instrucións para estes traballos serán proporcionadas con antelación suficiente polo profesor.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará dunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia ten asignados 3 créditos ECTS, que se corresponden con 75 horas de traballo do alumnado. Seguindo as recomendacións indicadas para este tipo de créditos, un terzo se corresponde a horas presenciais e dous terzos a non presenciais. A distribución será como sigue:
24 horas presenciais, que se reparten en
- horas de clases expositivas: 12
- horas de clases interactivas: 8
- horas de titorías: 4
51 horas non presenciais, que se reparten en
- lecturas e estudio dos materiais proporcionados para as clases interactivas: 25 horas
- realización do traballo final: 26 horas en total, no semestre.
A asistencia a clases interactivas é obrigatoria, debéndose xustificar as ausencias.
Sempre que haxan dúbidas sobre os contidos vistos na aula, materiais para o estudo ou sistema de avaliación, é bo que os alumnos asistan a titorías ou pregunten ao profesor.
As lecturas, tarefas para interactivas, exposicións, e o traballo final débense ter listos dentro dos prazos previstos.
Miguel Anxo Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812601
- Correo electrónico
- miguelanxo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
28.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
28.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |
11.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |
11.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |