Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filoloxía Catalá, Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Reflexionar sobre as relacións entre a filosofía e a literatura máis aló da consideración dun diálogo interdisciplinar, que presupón xa o recoñecemento diferenciado dunha e outra en tanto que disciplinas susceptíbeis de relación.
Coñecer os fundamentos das respectivas concepcións de filosofía e de literatura que manexamos, e que dan lugar ao recoñecemento das respectivas disciplinas, así como da súa organización xerárquica.
Coñecer os máis relevantes cuestionamentos desta disposición xerárquica, así como das heterodoxas concepcións de filosofía e de literatura que a sustentan.
Adquirir unha mínima competencia para reconsiderar tanto o valor filosófico de textos literarios como o valor literario de textos filosóficos e, en relación a isto último, ser capaz de ensaiar novas lecturas de obras filosóficas xa coñecidas.
1. O paradigma da poética aristotélica e os límites entre filosofía e literatura
2. A dilución dos límites (i): filosofía e literatura no Romantismo
3. A dilución dos límites (ii): Kierkegaard, ou a existencia como filosofía e literatura
4. A dilución dos límites (iii): as poéticas contemporáneas
Básica:
Aristóteles, Poética, edición trilingüe de Valentín García Yebra, Madrid: Gredos, 1974.
Barthes, Roland, «De la obra al texto», en El susurro del lenguaje, trad. C. Fernández Medrano, Barcelona: Paidós, 1987, pp. 73-82.
Foucault, Michel, «¿Qué es un autor?», en Obras esenciales, Barcelona: Paidós, 1999.
Iser, Wolfang, «La estructura apelativa de los textos», en Estética de la recepción, Rainer Warning (ed.), Madrid: Visor, 1989, pp. 133-148.
Kierkegaard, Søren, Enten-Eller (Søren Kierkegaards Skrifter, vols. 2-3), Copenhaguen: GAD; Søren Kierkegaard Forskningscenteret, 2012 [tradución ao castellano: O lo uno o lo otro (Escritos de Kierkegaard, vols. 2-3, Madrid: Trotta, 2006-2007].
Kierkegaard, Søren, Afsluttende uvidenskabelig Efterskrift (Søren Kierkegaards Skrifter, vol. 7), Copenhaguen: GAD; Søren Kierkegaard Forskningscenteret, 2002 [tradución ao portugués: Pós-escrito às Migalhas filosóficas, 2 vols., Petrópolis: Vozes, 2013; 2016].
Lacoue-Labarthe, Philippe; Nancy, Jean-Luc, El absoluto literario. Teoría de la literatura del Romanticismo alemán, Buenos Aires: Eterna cadencia, 2012.
Parcero Oubiña, Oscar, «A literatura ante a filosofia», en Parcero Oubiña, Oscar; Perarnau Vidal, Dolors; Paula, Marcio Gimenes de (eds.), Heterodoxias: Filosofia e literatura, Vila Nova de Famalicão: Húmus, 2021.
Schlegel, Friedrich, Fragmentos, Barcelona: Marbot, 2009.
Sunyol, Víctor, El buit i la novel·la, Vic: Eumo Editorial, 1994.
_______ [Sebastià Morer], Cap a Tirèsies. Una introducció a Eva Aguilar, Víctor
Sunyol (ed.), Barcelona: Cafè Central i Eumo Editorial, 1997.
_______ Birnam, Barcelona: Labreu Edicions, 2014.
Complementaria:
Asensi, Manuel, Literatura y filosofía, Madrid: Síntesis, 1995.
Asensi, Manuel, Historia de la teoría de la literatura (2 vols.), Valencia: Tirant lo Blanch, 1998-2003.
Bajtín, Mijaíl M., Problemas de la poética de Dostoievski, Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1986.
Bajtín, Mijaíl M., La cultura popular en la Edad Media y en el Renacimiento. El contexto de François Rabelais, Madrid: Alianza, 1987.
Bajtín, Mijaíl M., Teoría y estética de la novela, Madrid: Taurus, 1989.
Bajtín, Mijaíl M., Estética de la creación verbal, México: Siglo XXI, 1982.
Barthes, Roland, «La mort de l’auteur», em Œuvres complètes, vol. 2, París: Seuil, 1995, pp. 491-495.
Beck, Philippe, «Logiques de l’impossibilité», en Poétique d’Aristote, París: Gallimard, 1996.
Behler, Ernst, German Romantic Literary Theory, Cambridge: Cambridge University Press, 1993.
Beristáin, Helena, Diccionario de retórica y poética, México: Porrúa, 2001.
Blanchot, Maurice, El espacio literario, Madrid: Paidós, 2004.
Blanchot, Maurice, El libro por venir, Madrid: Trotta, 2005.
Blanchot, Maurice, La parte del fuego, Madrid: Arena libros, 2007.
Blesa, Túa, Logofagias. Los trazos del silencio, Zaragoza: Annexos de Tropelías, 1998.
Cappelørn, Niels Jørgen; Deuser, Hermann, «Perspectives in Kierkegaard Research», Kierkegaard Studies Yearbook, 1996, pp. 1-14.
Cavaillé, Jean-Pierre, Descartes: a fábula do mundo, Lisboa: Instituto Piaget, 1996.
Close, Anthony, The Romantic Approach to Don Quixote, Cambridge: Cambridge University Press, 1978.
Derrida, Jacques, Márgenes de la filosofía, Madrid: Cátedra, 2008.
Eco, Umberto, «El lector modelo», en Lector in fabula. La cooperación interpretativa en el texto narrativo, Barcelona: Lumen, 1993.
Else, Gerald F., Plato and Aristotle on Poetry, Chapel Hill; London: University of North Carolina Press, 1986.
Friedrich, Hugo, Structure de la poésie moderne, trad. Michel-François Demet, París: Librairie Générale Française, 1999.
Garff, Joakim, «The eyes of Argus: The Point of view and Points of view on Kierkegaard’s Work as an Author», Kierkegaard. A Critical Reader, Jonathan Rée; Jane Chamberlain (eds.), Malden: Blackwell, 1998, pp. 75-102.
Halliwell, Stephen, Aristotle’s Poetics, Chapel Hill: University of North Carolina Press, 1986.
Hassan, Ihab, The Dismemberment of Orpheus: Toward a Postmodern Literature, Madison: Universiy of Wisconsin Press, 1982.
Havelock, Eric A., Preface to Plato, New York: Universal Library, 1967.
Highet, Gilbert, The Classical Tradition. Greek and Roman Influences on Western Literature, New York: Oxford University Press, 1985.
Iffland, James, De fiestas y aguafiestas: risa, locura e ideología en Cervantes y Avellaneda, Madrid: Iberoamericana, 1999.
Jegstrup, Elsebet (ed.), The New Kierkegaard, Bloomington: Indiana University Press, 2004.
Kierkegaard, Søren, Forord (Søren Kierkegaards Skrifter, vol. 4), Copenhaguen: GAD; Søren Kierkegaard Forskningscenteret, 2012 [tradución ao galego: Prólogos, Vigo: Galaxia, 2008].
Kierkegaard, Søren, Synspunktet for min Forfatter-Virksomhed (Søren Kierkegaards Skrifter, vol. 16), Copenhaguen: GAD; Søren Kierkegaard Forskningscenteret, 2012 [tradución ao inglés: The Point of View, Princeton: Princeton University Press, 1998].
Lanza, Diego (ed.), La poetica di Aristotele e la sua storia, Pisa: ETS, 2003.
Nancy, Jean-Luc, Calcul du poète, en Demande. Littérature et philosophie, París: Galilée, 2015, p. 111-141.
Newmark, Kevin, Irony on Occasion. From Schlegel and Kierkegaard to Derrida and de Man, New York: Fordham University Press, 2012.
Norris, Christopher, The Deconstructive Turn. Essays in the Rhetoric of Philosophy, Londres: Methuen, 1983.
Norris, Christopher, «Ficcions of Authority: Narrative and Viewpoint in Kierkegaard’s Writing» en The Desconstructive Turn: Essays in the Rethoric of Philosophy, Londres: Methuen & Co., 1984. pp. 85-106.
Nun, Catalin; Stewart, Jon (eds.), Kierkegaard’s Pseudonyms (Kierkegaard Sources, Resources and Reception, vol. 17), Farnham: Ashgate, 2015.
Parcero Oubiña, Oscar, Kierkegaard, A Coruña: Baía, 2009.
Parcero Oubiña, Oscar, «Loquere ut Videam: “ ‘Guilty?’ / ‘Not Guilty?’ ” and the Writing of Irony», en José Miranda Justo; Elisabete M. de Sousa; René Rosfort (eds.), Kierkegaard and the Challenges of Infinitude. Philosophy and Literature in Dialogue, Lisboa: Centro de Filosofia da Universidade de Lisboa, 2013, pp. 93-103.
Parcero Oubiña, Oscar, «La emancipación del prólogo en la Fenomenología del Espíritu», Anales del Seminario de Historia de la Filosofía, vol. 33/2, 2016, pp. 561-582.
Parcero Oubiña, Oscar, «Entre o mecanicismo e a novela da alma», en Oscar Parcero Oubiña; Martín González Fernández; Jorge Cendón Conde (eds.), L’Homme-Machine. Filósofos, Animais e Máquinas, Vila Nova de Famalicão: Húmus, 2019, pp. 249-275.
Perarnau Vidal, Dolors, «El punto de vista sobre mi actividad como escritor: tan sólo un punto de vista», Kierkegaardiana, vol. 23, 2004, pp. 95-102.
Perarnau Vidal, Dolors, «El temps de les distincions ha passat. El sistema l’ha vençut», Revista Portuguesa de Filosofía, 64, 2008, pp. 291-310.
Perarnau Vidal, Dolors, «O poema sem poeta. Pseudonímias, heteronímias e anonímias na identidade kierkegaardiana», en Parcero Oubiña, Oscar; Perarnau Vidal, Dolors; Paula, Marcio Gimenes de (eds.), Heterodoxias: Filosofia e literatura, Vila Nova de Famalicão: Húmus, 2021.
Pérez Parejo, Ramón, Metapoesía y crítica del lenguaje. (De la generación de los 50 a los novísimos), Cáceres: Universidad de Extremadura, 2002.
Poole, Roger, Kierkegaard: The Indirect Communication, Charlottesville: University of Virginia Press, 1993.
Poole, Roger, «Towards a Theory of Responsible Reading: How to Read and Why», Kierkegaard Studies Yearbook, 2002, pp. 395-442.
Schlegel, Friedrich, Sobre el estudi o de la poesía griega, Madrid: Akal, 1996.
Schleiermacher, Friedrich D. E., Monólogos (edición bilingüe), Barcelona: Anthropos, 1991.
Schoentjies, Pierre, La poética de la ironía, Madrid: Cátedra, 2003.
Warning, Rainer (ed.), Estética de la recepción, Madrid: Visor, 1989.
Zambrano, María, Filosofía y poesía, en Obras completas, vol. I, Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2015.
Zambrano, María, La confesión: género literario y método, en Obras completas, vol. II, Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2016.
BÁSICAS E XERAIS
CX2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
CX1 - Que os/as estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a achegas investigadoras.
CX3 - Que os estudiantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CX4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na busca de solucións.
CX5 - Que os/as estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de seren abordados e resoltos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados cona súa área de estudo.
CB8 - Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sin ambigüidades .
CB10 - Que os estudiantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
ESPECÍFICAS:
CE1 - Coñecer e comprender propostas filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
CE7 - Saber interpretar con criterio crítico medios de expresión como os baseados nas representacións icónicas, plásticas e literarias.
Combinaranse tres tipos de actividade:
1. Exposición, por parte dos profesores, dos contidos básicos da materia, que servirán como fundamento sobre o que desenvolver posteriormente o traballo levado a cabo en formato de seminario.
2. Análise conxunta de textos previamente indicados polos profesores. Os textos que sirvan de base para estas sesións serán organizados semanalmente e indicados coa antelación necesaria para que o alumnado poida levar a cabo a súa lectura de maneira autónoma con anterioridade á propia sesión de traballo, tomando como fundamento o marco común dos contidos previamente presentados polos profesores na parte expositiva.
3. Realización por parte de cada alumno/a dun pequeno traballo que afonde nalgunha cuestión particular de entre os contidos da materia.
A avaliación constará tamén de tres elementos, en correspondencia coa metodoloxía empregada:
1. Seguimento e asimiliación dos contidos, avaliado mediante as observacións dos profesores e exercicios que serán entregados para a súa elaboración de maneira non presencial. Este seguimento ha garantir a competencia lingüísitica: 25%.
2. Participación nas sesións de seminario: 25%. Avaliarase tanto o compromiso e disposición de traballo como a calidade das intervencións, que reflictan o nivel de implicación nas lecturas, feitas de maneira autónoma. Mediante a observación e rexistros dos profesores.
3. Elaboración do traballo individual: 50%.
O alumnado que estea exento de asistencia, consonte a normativa da USC ao respecto, deberá poñerse en contacto co profesor coordinador para fixar os procedementos de avaliación que substitúan aqueles que teñen carácter presencial.
No relativo á asistencia, o punto 2 do “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela” establece o seguinte:
Punto 2. O sistema de avaliación que se estableza na programación docente deberá respectar o disposto na memoria do título e a asistencia a clase poderá ter a seguinte incidencia:
a) Valorarse como un factor máis na avaliación continua.
b) Ponderarse na cualificación final ou parcial, nunha porcentaxe previamente establecida.
c) Ser preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames. Neste caso, na programación da materia deberase indicar a porcentaxe de presencialidade necesaria nas actividades docentes programadas e con anterioridade á realización das probas deberá publicarse un listado do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse.
d) Non ter ningunha valoración.
Seguindo o indicado como opción a), a asistencia será valorada como un factor máis na avaliación continua. Hase valorar en función das evidencias de seguimento, implicación e participación no transcurso das aulas. A mera presenza física nas aulas non será considerada un elemento a valorar positivamente.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas, distribuídas da seguinte maneira:
· Horas presenciais semanais: 3 horas, nun total de 9 horas de docencia expostiva e 12 horas de docencia interactiva: 21 horas en total.
· Titorías de grupo: 3 horas.
Total horas presenciais: 24
· Horas recomendadas para a lectura de textos (interactivas): 2 horas semanais.
· Horas de estudo, preparación de traballos, etc.: 5 horas semanais.
Total horas non presenciais: 51 horas
Total dedicación: 75 horas
- Detectar no inicio eventuais limitacións para planificar desde un primeiro momento unha axenda de traballo que garanta un bo resultado final.
- Levar un seguimento do traballo ao día.
- Participar nas sesións expositivas e interactivas.
- Traballar cos textos encomendados seguindo as pautas indicadas.
- Utilizar o recurso das titorías para consulta de dúbidas, explicacións adicionais, etc.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Oscar Parcero Oubiña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812519
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Dolors Perarnau Vidal
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Catalá
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- dolors.perarnau [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
Mércores | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
20.05.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
20.05.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |
01.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
01.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |