Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia 'Signo, representación, realidade' é unha materia troncal e obrigatoria (módulo I) do Máster universitario en Filosofía: Coñecemento e cidadanía, de tres créditos que, xunto as outras cinco materias deste módulo, pretenden proporcionar unha formación común aos estudantes.
Os obxectivos da materia son:
- Adquirir os coñecementos básicos e teóricos sobre as principais reflexións filosóficas contemporáneas sobre a representación sígnica ou semiose, orixinadas a partir do marco teórico da semiótica y da filosofía analítica.
- Desenvolver a reflexión acerca da representación científica, desde el punto de vista das súas conexións coas concepcións da verdade y da realidade procedentes dos modelos de representación sígnica anteriormente presentados.
- Aplicar a representación sígnica ao ámbito da acción, abordando as conexións entre ficción, virtualidade e realidade.
- Desenvolver destrezas relacionadas coa capacidade discursiva, tanto oral como escrita: presentar ideas con claridade, elaborar argumentacións, realizar observacións críticas, relacionar e estruturar coherentemente os contidos, etc.
Estes obxectivos concrétanse nos seguintes aspectos:
a) Entender o signo e a representación sígnica a través de semióticos sinalados como F. de Saussure, C.S. Peirce ou Ch. Morris.
b) Expoñer os signos como entidades illadas ou agrupadas e, se agrupadas, conformando regras (semiosis como inferencia en Peirce). Indicar o papel das regras recursivas na caracterización especie-especifica da linguaxe e da cognición humana.
c) Sinalar dous posibles asentos do signo: como entidade pertencente ao noso equipamento mental ou como algo que xorde da experiencia inmediata.
d) Mostrar aos signos ou marcas como evidencias sobre as que se asentan as nosas crenzas racionais (‘dispoñer de evidencias’ ou ‘ter razóns para crer’ poden considerarse expresións sinónimas).
e) Mostrar ás imaxes como un tipo de dato ou evidencia, así como as inferencias que permiten.
f) Analizar as neuroimáxenes como indicios de funcións cerebrais ou mentais, e amosar o valor e a limitación da información que proporcionan.
1. A representación sígnica ou semiose
1.1 Signos illados. Dimensións e modelos do signo (Sausurre, Peirce, Morris)
1.2 Signos estruturados. A linguaxe como conxunto estruturado de signos. Signos e regras: recursión.
1.3 Pragmática e signo: signo como entidade mental ou como representación da experiencia inmediata.
2. Signos, representación científica e verdade
2.1 Evidencia como signo, síntoma o índice.
2.2 Indicios e causalidade.
2.3 Evidencia como guía da verdade e soporte da ciencia.
3. A acción sígnica
3.1 Datos simples, complexos e sintéticos
3.2 O acceso cognitivo aos datos presentados en forma de neuroimaxes
3.3 As neuroimaxes como evidencias: inferencia próxima e distante
Bibliografía básica:
Berwick, R. C. y N. Chomsky, ¿Por qué solo nosotros? Evolución y lenguaje. Kairós, 2016
Calzavarini, F. & Celovani, G., ‘Abductive Reasoning in Cognitive Neuroscience: weak and strong reverse inference’, Synthese 200 (2), 2022, 1-26
Chomsky, N., ‘Human Language and other semiotics systems’, Semiotica, 25, 1-2, 1979, 31-43.
Chopra, S., L. Labache, E. Dhamala, E.R. Orchard. & A Holmes, ‘A Practical Guide for Generating Reproducible and Programmatic Neuroimaging Visualizations', OSF Preprints, 2023.
Delehanty, M., Why images? Medicine Studies, 2010, 2, 161-173
Everett, D. L., No duermas, hay serpientes. Vida y lenguaje en la Amazonía. Turner, 2014. Ver. orig. 2008, Cap. 15.
Fitch, W. T. & Hauser M. D., ‘Computational constraints on syntactic processing in a nonhuman primate’. Science, 303, 2004, 377–380.
Hauser, M. D. & Chomsky, N. & Fitch, W. T., ‘The Faculty of Language: What Is It, Who Has It, and How Did It Evolve?’, Science, vol. 298, 2002, 1569-1579.
Kelly, Th. ‘Evidence’, Stanford Encyclopedia of Philosophy, Jul. 28, 2014.
Klein, C., ‘Images are not the evidence in neuroimaging’, Brit. J. Phil. Sci. 2010, 61, 265-278.
McCabe, D. P. & Castel, A. D., ‘Seeing is believing: The effect of brain images on judgements of scientific reasoning’, Cognition, 2008, 107, 343-352.
Morris, C., Fundamento de la teoría de los signos. Ed. Paidós, 1985. Caps.1, 2 e 7
Peirce, Ch. S., ‘La fijación de la creencia’, (1877). En: Charles S. Peirce. El hombre, un signo (El pragmatismo de Peirce), Crítica, Barcelona, 1988, pp. 175-99. http://www.unav.es/gep/FixationBelief.html
Peirce, Ch. S., La ciencia de la semiótica, Ediciones Nueva Vision, Buenos Aires, 1974. págs 21-33, 45-62
Saussure, F. de, Curso de Lingüística General. Ed. Losada, 1945, Introducción, 3 e I.1.
Bibliografía complementaria:
Chomsky, N. What kind of creatures are we? Columbia University Press, 2016. V. española, Ariel, 2017.
Everett, D. L. "You drink. You drive. Yo go to jail. Where's recursion?". En LingBuzz (https://ling.auf.net/ lingbuzz/001141), 2010
Genon, S. et. al., ‘How to characterize the function of a brain region? Trends in Cognitive Science, April 2018, 22, 4, 350364
Hardcastle, V: G. & Stewart, C. M., ‘What do brain data really show? Philosophy of Science, 2002, 69, S72-S83.
Klein, C. ‘Philosophical Issues of neuroimaging’, Philosophy Compass, 2010, 5/2, 186-198.
Lalumera, E. & Fanti, S. (eds.), Philosophy of Advanced Medical Imaging, Springer, 2020.
Lowenthal, F. & Lefebvre, L. (eds.), Language and recursion. Springer, 2014.
Pearl, J. & D. Mackenzie, D., El libro del porqué. La nueva ciencia de la causa y el efecto. Pasado y presente, 2020
Peirce, Ch. S., ‘Carta a Lady Welby’, traducción de Ignacio Redondo, 2006 .Vers. orig. SS 22-36. http://www.unav.es/gep/ Welby12.10.04Espanol.html
Rodden, F. A., & Stemmer, B., ‘A brief introduction to common neuroimaging techniques’, Handbook of the Neuroscience of Language, Academic Press, 2008, 57-67
Roskies, A. L., Neuroimaging and Inferential Distance. Neuroethics, 2008, 1:19-30
Sinnott-Armstrong, W., A. Roskies, T. Brown and E. Murphy, ‘Brain images as legal evidence’, Episteme, 2008, 359-373
Fumagalli, A., ‘El índice en la Filosofía de Peirce’, Anuario Filosófico, 1996, (29), 1291-1311.
Van der Hulst, H., Recursion and Human language, De Gruyter Mouton, 2010.
Woodward, J., ‘Explanation, Invariance, and Intervention’, Philosophy of Science. Vol. 64: S26-S41, 1997 (Supplement. Proceedings of the 1996 Biennial Meeting of the Philosophy of Science Association. Part II: Symposia Papers (Dec.)).
1.Competencias xerais:
CX1 - Que os/as estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica das achegas
investigadoras.
CX2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
CX3 - Que os/as estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CX4 - Que os/as estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude creativa na procura de solucións.
CX5 - Que os/as estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
Competencias básicas:
CB1 - Que os/as estudantes posúan e comprendan aqueles coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3- Que os/as estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB5 - Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida auto-dirixido ou autónomo.
Competencias transversais:
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores en favor da iguladade de xénero.
Competencias específicas:
CE1 - Coñecer e comprender consideracións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser quen de analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
Tanto a docencia como a avaliación requiren plena competencia lingüística, oral e escrita, en calquera das linguas oficiais da USC, galego ou castelán.
(1) Aulas expositivas. Ofrecerase unha explicación dos temas do programa incidindo sobre todo naqueles aspectos que sexan centrais e que contribúan a que os/as alumnos/as formen o seu propio mapa conceptual do tópico. A exposición estará aberta á participación e ao debate e o propio alumnado poderá facerse cargo dalgunha presentación si o tema lle motiva e así llo suxire ao profesor.
(2) Clases interactivas
Favorecerase a participación do alumnado, propoñendo tarefas como as seguintes:
- Redaccións curtas sobre aspectos tratados nas aulas expositivas.
- Cuestionarios de preguntas.
- Uso de recursos audiovisuais e comentarios sobre os seus contidos.
(3) Traballo autónomo do alumnado.
- Resposta aos cuestionarios plantexados.
- Probas de resposta curta sobre as actividades explicativas ou interactivas programadas.
(4) Actividad titorial en grupo. A metade do cuadrimestre serán programadas titorías en grupo para por en común a experiencia formativa recibida ata ese momento e recoller suxerencias para a segunda parte do curso. Análise e implementación das mesmas.
(5) Aula virtual. La materia dispón de aula virtual, na que se poderá consultar os textos para as diferentes sesións, as probas a realizar e as cualificacións acadadas.
É posible superar a materia mediante: (1) avaliación continua ou (2) facendo o exame final. A avaliación continua require da asistencia a clase: 3 ou máis faltas de asistencia supón a perda desta modalidade de avaliación
(1) A avaliación continua constará de:
1.1 Cuestionarios ou probas breves sobre distintos bloques do temario.
1.2 Opcionalmente, un traballo de curso sobre algún aspecto do programa. O traballo deberá ser previamente admitido polo profesor e responderá o formato dun traballo filosófico analítico. Extensión máxima: 10 páxinas
As persoas que non superen ou que desexen optar pola avaliación continua farán o exame final da materia.
(2) O exame final constará de preguntas de resposta breve sobre o programa da materia.
Alumnado exento de asistencia a clase: deberá presentarse ao exame final.
2ª Oportunidade.
As persoas que non superen a materia na 1ª oportunidade poderán presentarse á segunda oportunidade, que consistirá nunha proba de preguntas de resposta breve sobre o temario expositivo ou interactivo.
Alumnado con exención de asistencia á clase: terá que presentarse ao exame final e a cualificación será a que consiga no exame.
Dimensións da avaliación
Avaliación continua:
1. Probas sobre distintos bloques do programa: 90 %
2. Traballo de curso: 10 %
Exame final:
O alumnado que non supere a materia ou que desexe mellorar a nota conseguida na avaliación continua poderá concorrer ao exame final, nese caso a nota definitiva será a do exame final. O exame final constará de preguntas de resposta breve. A data do exame pode consultarse na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/gl/centros/filosofia/exames
As competencias básicas e xerais, transversais e específicas son avaliadas en todos e cada un dos diferentes modos e dimensións da avaliación (1, 2 e 3). Na resolución de cuestionarios as competencias serán avaliadas en función da precisión coa que se responda. Nas probas escritas as competencias serán avaliadas atendendo á claridade coa que se responda así como a madurez e consistencia mostrada nas argumentacións.
Normas a ter en conta:
- Non será obxecto de avaliación continua quen non asista a clase ou non entregue as tarefas acordadas nas datas establecidas.
- O/a alumno/a debe atender ao código de boas prácticas da USC, que di que hai que traballar con honestidade intelectual e seriedade no contraste das citas, respectando o traballo dos demais, evitando plaxios ou apropiacións indebidas e actuando co máximo respecto á propiedade intelectual ou industrial. A non observancia desta norma conlevará non superar a materia nas dúas convocatorias anuais.
- E obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC. Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista segundo as recomendacións da USC.
-O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU).
Traballo presencial do/a alumno/a:
Clases expositivas: 9h
Clases interactivas: 12h
Titorías grupo: 3h
Horas totais presenciais: 24h
Traballo persoal del alumno/a:
Estudio individual del alumno/a: 20h
Presentación de traballos, tarefas, exposicións e realización de probas: 10h
Preparación de traballos, tarefas, exposicións e probas:15h
Outras tarefas: 6h
Horas totais de traballo persoal: 51h
Total: 75h
- Participación nas presentacións
- Preparación dos temas/textos seguindo as pautas indicadas.
- Consultar as dúbidas na aula ou nas titorías.
- Ler, pensar, debater e escribir.
Alejandro Sobrino Cerdeiriña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812534
- Correo electrónico
- alejandro.sobrino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Sala Hipatia |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Sala Hipatia |
13.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
13.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
28.05.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
28.05.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |