Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 22 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte, Música
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os procesos de recuperación e xestión dixital de coleccións fotográficas, audiovisuais e musicais.
- Familiarizarse cos sistemas de catalogación dixital dos arquivos audiovisuais e musicais.
- Realizar un ensaio audiovisual dixital a partir de materiais de arquivo.
- Explorar a potencialidade do patrimonio musical dentro do ámbito do turismo cultural.
1. Dinámicas de produción e consumo no ámbito fotográfico, audiovisual e musical.
2. Recomendacións e normas para o proceso de dixitalización contidas nos documentos en rede da FIAF (Federación Internacional de Arquivos Fílmicos) e da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.
3. Sistemas de catalogación e almacenaxe dixital.
4. Diferenza entre os procesos de conservación e de edición dixitais.
5. Introdución aos programas de edición (Avid Media Composer, Final Cut X, Adobe Premier Elements, Lightworks, Dá Vinci Resolve...) a través da realización de ensaios audiovisuais dixitais.
6. Normativa internacional para a catalogación de partituras: as fichas RISM
7. A edición musical: diferenza entre a 'transcrición' e a 'edición'. Emprego de programas informáticos específicos (Finale, Sibelius, MuseScore).
8. Creación de mapas sonoros: tipoloxías e programas informáticos específicos (Timemapper e Story Maps; Google by Maps). Realización de rutas musicais e turismo cultural.
9. Os procesos de recollida de música tradicional.
10. Do manuscrito ao atril: a recuperación do patrimonio musical para levalo á sala de concerto.
Bibliografía Básica
. González, José; Ezquerro, Antonio, Iglesias, Nieves; Gosálvez, José; Crespí, Joana. 1996. Normas internacionales para la catalogación de fuentes musicales históricas (Serie A/II, Manuscritos musicales, 1600-1850). Madrid, Arco/Libros, 1996.
· Fairbairn, Natasha; Pimpinelli, Maria Assunta and Ross, Thelma. 2016. The FIAF Moving Image Cataloguing Manual. Féderation internationale des archives du film.
· Fontaine, Gilles and Simone, Patrizia. 2016. The Exploitation of Film Heritage Works in the Digital Era. European Audiovisual Observatory.
Bibliografía Complementaria
. Aoki, K., Boyle, J., & Jenkins, J. 2017. Theft! A History of Music. Center for the Study of the Public Domain. University of Duke. https://web.law.duke.edu/musiccomic/
· Baptista, Tiago. 2017. O potencial crítico do ensaio audiovisual dixital. A Cuarta Parede 35. http://www.acuartaparede.com/o-potencial-critico-do-ensaio-audiovisual-…
· Grant, Catherine. 2014. The Shudder of a Cinephiliac Idea? Videographic Film Studies Practice as Material Thinking, Aniki: Portuguese Journal of the Moving Image 1 (1): 49–62. Doi: 10.14591/aniki.v1n1.59.
· González-Marín, L. A. 2014. Recuperación de patrimonio musical histórico: El largo camino desde el archivo al concierto, en La gestión del patrimonio musical. Situación actual y perspectivas de futuro, Actas del Simposio celebrado en Madrid del 19 al 21 de noviembre de 2014, dir. Antonio Álvarez Cañibano : 201-211. http://hdl.handle.net/10261/116100
· Jarczyk, Agathe; Kromer, Reto and Pfluger, David. 2017. Memoriav recommendations. Digital archiving of film and video: principles and guidance. Memoriav - Association for the Preservation of the Audiovisual Heritage of Switzerland.
· López-Calo, J., 1978. Rism-España: un proyecto ambicioso. Revista de Musicología, 1(1/2), pp.254-260.
· Marcos Recio, Juan Carlos. 2013. Gestión del patrimonio audiovisual en medios de comunicación. Síntesis.
· Silva-Gago, J., Raposo, D., Díaz-Gómez, M. and Berbel-Gómez, N., 2022. Cartografía visual: creación de narrativas visuales colaborativas a partir de conexiones acerca del barrio Nou Llevant-Soledat Sud de Palma. Arte, Individuo y Sociedad, 34(1), pp.275-293.
· Wallmuller, Julia. 2007. Criteria for the Use of Digital Technology in Moving Image Restoration. The Moving Image 7 (1): 78-91. https://doi.org/10.1353/mov.2007.0032
Competencias básicas:
- CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais:
- CX1. Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións.
- CX2. Aplicar o coñecemento fotográfico, audiovisual e musical na implementación de proxectos patrimoniais na contorna dixital.
- CX3. Utilizar de forma axeitada as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.
- CX4. Integrar destrezas de comunicación orientadas á mercadotecnia cultural en contornas emprendedoras.
- CX5. Traballar en equipas interdisciplinares en ámbitos empresariais de mercado e institucionais de xestión cultural.
- CX6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
Competencias transversais:
- CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico.
- CT3. Adquirir un compromiso ético coas diversas formas de comunicación en contornas dixitais.
- CT4. Comprender os valores de igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
Competencias específicas
- Coñecer os antecedentes históricos na conservación do patrimonio fotográfico, audiovisual e musical.
- Comprender os diferentes estadios necesarios na conservación e difusión do patrimonio fotográfico, audiovisual e musical.
- Proporcionar formación para manexarse de forma axeitada co patrimonio musical (documental e meramente sonoro), así como con programas accesibles de edición dixital de imaxes (Adobe Premier, DaVinci Resolve, Ciberlink Power Director 365).
- Capacidade para realizar propostas de conservación, difusión e transferencia do patrimonio fotográfico, musical e audiovisual.
O ensino desta materia combinará:
- Clases expositivas para explicar e desenvolver os elementos teóricos necesarios para entender a materia e desenvolver casos prácticos.
- Docencia interactiva tipo seminario para presentar casos prácticos a resolver polos estudantes coa axuda do profesor.
- Docencia interactiva tipo laboratorio para realizar casos prácticos para os que serán precisos programas informáticos, así como outros traballos a desenvolver no laboratorio. Os distintos problemas expostos resolveranse de xeito individual ou en grupos.
Actividades avaliábeis:
· Traballo en clases durante o módulo dedicado ao patrimonio fotográfico e audiovisual. Porcentaxe na nota final: 30% (3 puntos)
· Traballo en clases durante o módulo dedicado ao patrimonio musical. Porcentaxe na nota final: 30% (3 puntos)
· Traballo final, a realizar a partir da orientación dun único profesor da materia. Porcentaxe na nota final: 40% (4 puntos)
Segunda oportunidade: A nota nesta opción obterase a partir da entrega dun traballo final similar ao da primeira oportunidade.
Dispensa: os estudantes aos que se lles outorgue unha Dispensa de asistencia (seguindo a Instrución No. 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a exención de asistencia a aulas en certas circunstancias), serán avaliados para unha proba final específica que representará o 100% de la cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
Estudo da materia impartida e práctica persoal do alumno de elementos expostos nas clases: 85 horas
Realización de traballos: 40 horas
TOTAL: 125 horas
- O alumnado debe manter un ritmo de traballo constante que lle permita unha aprendizaxe progresiva e tamén detectar a tempo as dificultades que lle poidan xurdir no estudo e na práctica da materia.
- Débese asistir ás sesións e ser o máis participativo posíbel. Valórase especialmente tanto que sexa capaz de responder as preguntas que se fan habitualmente nas clases, como que expoña todo aquilo que non quedou claro na explicación ou que introduza novas formulacións.
- Lectura e estudo da bibliografía recomendada.
- Recoméndase, como estudo persoal, facer prácticas dos programas informáticos presentados, explicados e aplicados na aula.
- Uso e consulta habitual do campus virtual.
- Utilización das tutorías personalizadas.
Xose Ivan Villarmea Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ivan.villarmea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Montserrat Capelan Fernandez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- montserrat.capelan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sergio Camacho Fernandez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Correo electrónico
- sergio.camacho [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
29.05.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
05.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |