Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1º) Asimilar os principios teóricos nos que se fundamenta o modelo de desenvolvemento local e territorial
2º) Identificar e analizar os principais recursos e axentes que interveñen nos procesos de desenvolvemento local.
3º) Introducir ao alumnado nas técnicas de análise territorial e na metodoloxía propia da planificación estratéxica, orientada á posta en marcha de iniciativas de desenvolvemento e á coordinación de institucións e de entidades implicadas no desenvolvemento local.
4º) Propiciar o coñecemento das principais estratexias de cooperación territorial aplicadas á planificación, xestión e ordenación do territorio.
5º) Coñecer o papel que desempeña o desenvolvemento local como peza fundamental para impulsar o desenvolvemento e a diversificación produtiva dun territorio.
6º) Resaltar as posibilidades de integración laboral que ofrece o desenvolvemento local, e máis concretamente a figura de Axente de Desenvolvemento Local (ADL), como actividade profesional necesaria para dinamizar o territorio e impulsar o aproveitamento dos seus recursos e potencialidades.
TEMA I. A CULTURA E O DESENVOLVEMENTO LOCAL E TERRITORIAL
1. Bases teóricas
2. A territorialización do desenvolvemento
3. Os retos contemporáneos do desenvolvemento local e territorial
4. A identidade cultural como factor estratéxico
TEMA II. OS RECURSOS E AXENTES DO DESENVOLVEMENTO LOCAL
1. Os recursos para o desenvolvemento local
2. Os axentes do desenvolvemento
3. A participación cidadá no desenvolvemento local
TEMA III. A PLANIFICACIÓN DO DESENVOLVEMENTO LOCAL E AS ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN
1. Delimitación espacial do territorio
2. Análise e diagnóstico territorial do medio
3. Plans estratéxicos de desenvolvemento
4. Selección, xestión e execución de proxectos e iniciativas
5. Avaliación do proceso de desenvolvemento
6. As estratexias de ordenación e cooperación territorial en Galicia
Adán, A. D. (2013). La articulación del sistema urbano de Galicia. Ciudad y Territorio Estudios Territoriales, XLV(178), 669-685. Disponible en: https://recyt.fecyt.es/index.php/CyTET/article/view/76267/46635
Alburquerque, F. (2003). Teoría y práctica del enfoque del desarrollo local. Instituto de Economía y Geografía. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Madrid, 1-24.
Alonso, G. J. (2013). Revisión del concepto de desarrollo local desde una perspectiva territorial. Revista Líder, 15(23), 9-28. Disponible en: https://revistaliderchile.ulagos.cl/index.php/liderchile/article/view/2…
Barquero, A. V. (2005). Las nuevas fuerzas del desarrollo. Antoni Bosch Editor. Disponible en: https://www.ucipfg.com/Repositorio/MGTS/MGTS14/MGTSV-05/semana5/complem…
Barquero, A. V. (2007). Desarrollo endógeno. Teorías y políticas de desarrollo territorial. Investigaciones Regionales = Journal of Regional Research, (11), 183-210. Disponible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2500824
Doval Adán, A. (2013). La implantación de nuevas estrategias de gestión y ordenación territorial. En: La articulación del sistema urbano de Galicia. Ciudad y Territorio Estudios Territoriales, XLV(178), 669-685. Madrid.
Ertoldi, M., Fioretti, C., Guzzo, F., Testori, G., De Bruijn, M., Ferry, M., Kah, S., Servillo, L. A., & Windisch, S. (Eds.). (2022). Handbook of territorial and local development strategies (EUR 31263 EN). Publications Office of the European Union. https://doi.org/10.2760/133519
Flores Ruiz, D., & Barroso González, M. D. L. O. (2010). Teoría y estrategias de Desarrollo Local. Universidad Internacional de Andalucía. Disponible en: https://core.ac.uk/download/pdf/223061164.pdf
García-Delgado, F.J., Hernández-Hernández, M., Martínez-Puche, A., Hortelano Mínguez, L.A., & Zapata Hernández, V.M. (2024). (Con)textos de desarrollo local. Dos décadas de Geografía aplicada (2003-2023). Asociación Española de Geografía (AGE)-Grupo de Trabajo de Desarrollo Local de la Asociación Española de Geografía (GTDL-AGE). Disponible en: https://www.age-geografia.es/site/publicaciones/dl/2024/lc.pdf
Lois González, R. C,. Adrey Vázquez, J. A. (2010). Breve Xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra. Vigo
Martinell, A. (2010). Cultura y desarrollo. Un compromiso para la libertad y el bienestar. España: Editorial Siglo XXI. Disponible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=447684
Martinell, A. (2020). Cultura y Desarrollo Sostenible, Aportaciones al debate sobre la dimensión cultural de la Agenda 2030. Periferica, 16, 51-61. Disponible en: https://reds-sdsn.es/wp-content/uploads/2020/04/REDS_Cultura-y-desarrol…
Pertoldi, M., Fioretti, C., Guzzo, F., Testori, G., De Bruijn, M., Ferry, M., Kah, S., Servillo, L. A., & Windisch, S. (Eds.). (2022). Handbook of territorial and local development strategies. Luxembourg: Publications Office of the European Union. Disponible en: https://publications.jrc.ec.europa.eu/repository/handle/JRC130788
Pike, A., Rodríguez-Pose, A., & Tomaney, J. (Eds.). (2011). Handbook of local and regional development (pp. 59-73). London: Routledge.
Savall, N. V., Lizan, C. H., & Pérez, J. E. (2022). Innovación social y desarrollo en territorios rurales. Algunos ejemplos de buenas prácticas. Mediterráneo económico, (35), 299-316. Disponible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=8402906
Comp04 - Competencia para deseñar propostas que contribúan á dinamización do territorio e á diversificación produtiva das comunidades, tanto en espazos urbanos como rurais TIPO: Competencias
Con07 - Coñecer e identificar os principais recursos, axentes e actores que interveñen nos procesos do desenvolvemento local e territorial TIPO: Coñecementos ou contidos
Con12 - Coñecer as características fundamentais dun proxecto cultural en función das súas finalidades e destinatarias/os TIPO: Coñecementos ou contidos
Nesta materia as horas de ensino distribúense do seguinte xeito: 10 horas de docencia expositiva presencial e 6 horas de docencia virtual síncrona. Ademais, programarase 1 hora de titoría virtual, que será comunicada ao comezo do semestre.
Nas sesións expositivas presentaranse os contidos fundamentais da materia, empregando materiais bibliográficos e ferramentas tecnolóxicas: presentacións en PowerPoint, recursos dixitais e outros. Utilizarase o Campus Virtual tanto para compartir materiais como para asignar tarefas ao alumnado.
Durante as sesións virtuais síncronas, o alumnado resolverá exercicios relacionados co aprendido nas clases expositivas. Para isto, deberase utilizar os contidos das sesións expositivas, a bibliografía recomendada e a información obtida noutras fontes suxeridas ou que se atopen por iniciativa propia. Estas sesións poderán incluír actividades como resolución de problemas/exercicios, presentacións na aula de proxectos, estudos de casos, debates e metodoloxías de aprendizaxe baseada en proxectos.
Nesta materia combinaranse diferentes métodos de ensino: clases maxistrais, resolución de problemas/exercicios, presentacións na aula de proxectos, estudos de casos, debates e metodoloxías de aprendizaxe baseada en proxectos.
O alumnado deberá facer uso das ferramentas institucionais (aula virtual e correo electrónico) para a entrega de actividades e comunicación co profesorado. A resposta ás consultas do estudantado farase nun prazo máximo de 48 horas en días lectivos e resolver todas as dúbidas nun período non superior a sete días lectivos, agás situacións excepcionais de permiso ou ausencia xustificada.
Os criterios de avaliación atenderán ao estipulado no Regulamento de Asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (2024).
Na avaliación desta materia aplicaranse os seguintes criterios:
Primeira oportunidade
A participación activa nas sesións suporá ata o 10% da nota final.
As actividades de avaliación continua representarán o 70% da cualificación total. Estas inclúen a entrega de tarefas, exposicións de proxectos, entre outras. Todas estas actividades teñen carácter obrigatorio para poder superar a materia. As entregas fóra de prazo están suxeitas a unha redución da cualificación dese traballo.
Realizarase un exame escrito que constituirá o 20% restante da cualificación. Esta proba tamén é de carácter obrigatorio para aprobar a materia.
Segunda oportunidade
Conservarase a nota acadada por participación durante o período lectivo, ata un máximo do 10% da cualificación final.
O alumnado deberá elaborar e presentar novamente aquelas tarefas nas que obtivese avaliación negativa na primeira entrega, ou ben as non presentadas no prazo establecido. As entregas fóra de prazo están suxeitas a unha redución da cualificación dese traballo. Esta nota, xunto coa das tarefas ou probas xa superadas anteriormente, representará o 70% da cualificación final. A presentación destas tarefas non entregadas ou non superadas é requisito obrigatorio para aprobar a materia.
Ademais, realizarase unha proba escrita obrigatoria na data fixada pola Facultade de Humanidades, que suporá o 20% da cualificación.
O alumnado que xa cursou a materia en convocatorias previas sen superala deberá cumprir os mesmos requisitos ca o alumnado que a cursa por primeira vez.
O alumnado con DISPENSA DE ASISTENCIA concedida tamén será avaliado mediante avaliación continua e exame. O 60% da nota final corresponderá ás actividades e traballos programados, mentres que o 40% restante virá determinado pola nota do exame obrigatorio, que se realizará na data establecida pola Facultade. O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia, deberá poñelo en coñecemento da docente que lle dará as indicacións do proxecto de traballo.
NOTA: Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Horas Presenciais: 10
Horas Non Presenciais Síncronas: 6
Horas Non Presenciais Asíncronas: 8
Horas de Traballo persoal: 51
TOTAL: 75
A asistencia ás clases presenciais, a participación nas sesións e a realización das tarefas prácticas.
A dedicación continuada ó estudo da materia.
Maria Inês Gusman Correia De Araújo Barbosa
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- mariains.gusman [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
29.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
03.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |