Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Como o seu nome indica, Linguas internacionais para a comunicación cultural: inglés, se deseñou para facilitarlle ao alumnado a posibilidade de practicar e de mellorar a súa competencia comunicativa na lingua inglesa. O alumnado que participe activamente nesta materia obrigatoria de tres créditos ECTS debe observar certo progreso no seu coñecemento e uso da lingua inglesa, en textos escritos, e máis especificamente, na súa produción oral. Esta materia forma parte do programa de Máster en Servizos Culturais que ten como finalidade, a nivel xeral, formar e preparar ao alumnado para o ámbito laboral profesional e asegurar a súa capacidade para servir de ligazón cultural nas diferentes actividades que require a xestión e promoción de servizos relacionados coa cultura e o patrimonio cultural, e, a nivel máis específico, mellorar a súa capacidade para realizar esta actividade con éxito no idioma inglés.
Por tanto, o obxectivo central desta materia é que os estudantes practiquen o uso da lingua inglesa para así mellorar o seu coñecemento, comprensión e uso do idioma inglés relacionado co campo da cultura é do patrimonio cultural. O traballo realizado nesta materia iniciarase no nivel B.2.1, ou nivel intermedio superior, segundo establece o Marco Común Europeo de Referencia (2001). De acordo coas indicacións do mesmo, neste curso o alumno será responsable de:
--aumentar o seu vocabulario,
--recoñecer e utilizar máis estruturas parecidas ás dun falante nativo de inglés
-- mellorar o seu coñecemento de como falar en público
--mellorar o seu nivel de inglés falado
--planificar un evento cultural
Esta materia tamén funciona como unha materia ESP, o (English for special purposes) na que o alumnado utilizará o idioma inglés como unha ferramenta para traballar contidos específicos do campo dos servizos e industrias culturais. Realizaranse determinadas tarefas para a práctica do inglés como: presentacións orais e a planificación dun evento cultural en inglés.
CONTIDO
Bases teóricas para a planificación e realización dunha presentación oral.
Vocabulario e estratexias pragmáticas utilizadas para facer máis eficiente e efectiva a produción oral.
Vocabulario e coherencia en documentos escritos que se usan para a planificación e execución de eventos culturais a nivel profesional.
A organización de eventos culturais.
Libro de texto para esta materia:
Powell, Mark. 2011. Dynamic Presentations. Cambridge: Cambridge University Press.
Manuais de guía:
En inglés:
---- Bradbury, Andrew. 2006. Successful presentation skills. London: Kogan Page.
---- Collins, Phillip. 2012. The art of speeches and presentation: the secrets of making people remember what you say. Chichester: Wiley.
---- Ellis, Mark, Nina O’Driscol e Adrian Pilbeam. 1985. Professional English: Communication skills for professionals working in business, industry and international organisation. Essex: London.
---- Locher, Miriam. 2004. Power and politeness in action: disagreements in oral communication. New York: M. de Gruyter.
---- Kushner, Malcolm. 2007. Public speaking & presentations for dummies. Chichester: John Wiley & Sons, cop.
----Peck, John and Martin Coyle.1999. The Student’s Guide to Writing: Grammar Punctuation and Spelling. Houndmills: Macmillan.
----Strunk, William Jr. 2018. The elements of style. 1st Ed. Vancouver: Spectrum Ink Publishing.
----Zinsser, William. 2016. On writing well: the classic guide to writing nonfiction, 7th Ed. New York: Harper Perennial.
En castelán:
---- Briz Gómez, Antonio. 1998. El español coloquial en la conversación. Esbozo de pragmagramática. Barcelona: Editorial Ariel, S. A.
---- Catta, René-Salvator. 1972. Cómo hablar en público. Bilbao: Mensajero, D.L.
---- Couto Rodríguez, Manuel. 2002. Cómo hablar bien en público: comunicar, persuadir y convencer con palabras. Barcelona: Gestión 2000, D.L.
---- Estulin, Daniel. 2000. Cómo realizar con éxito presentaciones en público. Madrid: Instituto Superior de Técnicas y Prácticas Bancarias, D.L.
----- Fernando de Manuel Dasí, Rafael Martínez-Vilanova Martínez. 2007. Habilidades de comunicación para directivos. Edición 3ª ed. rev. y act. Pozuelo de Alarcón (Madrid): Esic.
---- Guix, Xavier. 2005. Mientras me miran: hable en público sin perder la calma. Barcelona: Granica.
---- Janner, Greville. Cómo hablar en público: (incluye un compendio de modelos de discursos y de anécdotas para contar) Bilbao: Ediciones Deusto, D.L. 1993
---- Jensen, Sonja. 2008. Cómo presentar para convencer: guía para cautivar e inspirar al público. Barcelona Bresca Profit.
---- Lucas, Adolfo. 2008. El poder de la palabra: técnicas para hablar en público. Barcelona: Ariel.
---- Palomares, José María. 2000. Hablar en público en una semana. Barcelona: Gestión.
---- Pike, Robert W. 2007. Presentaciones eficaces: [conozca los trucos y secretos para hacer de sus presentaciones armas de éxito en su trabajo]. 2ª Edición. Madrid: Fundación Confemetal.
---- Puchol, Luis. 2005. Hablar en público: nuevas técnicas y recursos para influir a una audiencia en cualquier circunstancia. Madrid: Díaz de Santos.
Ademais dos obxectivos previstos anteriormente sobre a práctica da lingua inglesa e o progreso persoal do alumnado no seu propio uso do idioma inglés, o programa de estudos oficial do Máster en Servizos Culturais enumera certas competencias no plan de estudos:
CON10: Coñecer as características da linguaxe académica e da norma estándar na oralidade e a escritura, dunha das tres linguas internacionais presentes no plan de estudos, centrándose no ámbito da xestión cultural.
COMP07: Competencia para utilizar instrumentalmente as linguas da comunidade e internacionais no ámbito da xestión cultural, tanto no deseño de materiais escritos como na comunicación oral.
COMP08: Competencia para ler, interpretar e producir textos académicos de certa complexidade e pertinentes para a xestión cultural, tanto nas linguas da comunidade como en linguas internacionais.
Para esta materia de 3 ECTS, programáronse 10 horas de docencia expositiva / interactiva presencial e 6 horas de docencia virtual síncrona.
Como parte da explicación teórica, durante as sesións de docencia expositiva presencial, o profesorado encargado ofrecerá presentacións sobre os contidos do programa. O alumnado debe asistir a clase nas datas e horario programados. O alumnado poderá facer uso dos recursos e materiais utilizados nestas sesións oficiais que estarán dispoñibles na aula virtual. O alumnado tamén realizará actividades prácticas como: análise e comentario das lecturas asignadas, presentacións orais na aula, traballo en grupo, preparación dun dossier, entre outros. As sesións de docencia virtual síncrona realízanse do mesmo xeito, para que o alumnado pode participar na aula ou mediante a tecnoloxía do streaming.
O profesorado encargado propoñerá actividades complementarias a realizar fora da aula sobre aqueles aspectos lingüísticos que requiran unha práctica máis intensa con outros recursos como a práctica individual de pronuncia, así como actividades breves sobre aspectos da comunicación relacionados cos temas presentados en clase. As tarefas mencionadas anteriormente deberían axudar ao alumnado para practicar o seu inglés, así como as estratexias de comunicación que se estudan.
Para a realización das actividades realizadas fora da aula utilizarase a plataforma en liña da USC para acceder a determinados recursos dixitais como as lecturas asignadas, e tamén para entregar traballos e acceder a comentarios e cualificacións. Deste xeito, a aula virtual do Campus Virtual da USC será a plataforma principal do proceso formativo. Estas tarefas e actividades prácticas previstas para a avaliación continua deberán entregarse tal e como se indica na aula virtual. Tamén se pode utilizar como medio adicional de avaliación e titoría para o alumnado.
O alumnado, pola súa banda, debe planificar e organizar coidadosamente o tempo dedicado semanalmente a esta materia, polo que debe entrar na aula virtual de modo regular para realizar o seguimento continuo e constante que require este tipo de ensino.
As sesións de titoría realízanse mediante o uso do streaming nas datas e horario programados, e proporcionarán unha opción eficiente para que o profesorado encargado e o alumnado manteñan un contacto directo. Isto, á súa vez, permitirá avaliar o progreso do alumnado durante o curso, incluíndo o seu nivel de interiorización dos contidos e as habilidades nas que se centrou na aula, e proporcionará a oportunidade de solicitar e dar un asesoramento personalizado que permitirá a cada estudante alcanzar mellor os obxectivos da materia. As titorías realizaranse en grupos ou individualmente a través de Microsoft Teams durante o semestre, o correo electrónico tamén se pode utilizar segundo as necesidades individuais de cada estudante que serán respondidas en 48 horas (dentro do horario lectivo), a non ser que o profesorado encargado dispoña dun permiso especial. O profesorado encargado tamén poderá utilizar as titorías para confirmar que o alumnado realizou as tarefas complementarias asignadas que se planificaron para o estudo autónomo.
Finalmente, o traballo realizado neste programa de grao é unha forma de preparar mellor ao alumnado para o seu futuro profesional e implementarase unha ética laboral profesional para as tarefas levadas a cabo nesta materia. De aí, todos os traballos escritos deben estar mecanografadas e a dobre espazo. Todas as actividades que se entreguen deberán incluír as fontes bibliográficas e dixitais consultadas, segundo un método académico establecido de citación bibliográfica. Asemade, TODO O TRABALLO ASIGNADO DEBE SER ENTREGADO EN PRAZO PARA SER CONSIDERADO PARA A NOTA FINAL.
Debido á natureza sumamente práctica desta materia, non é posible a dispensa da asistencia.
A avaliación desta materia baséase (1) na avaliación continua do alumnado ao longo do cuadrimestre, na aula e na aula virtual, e (2) na avaliación do Proxecto Final que ser presentará na Facultade de Humanidades* na data do exame oficial, e de acordo coas seguintes oportunidades de exame.
Para a cualificación final teranse en conta os seguintes elementos para ambas as oportunidades de exame (primeira e segunda.)
AVALIACIÓN DE PRIMEIRA OPCIÓN:**
--Participación activa (na clase o) en na aula virtual e preparación fora da aula: 10%
--Avaliación continua do traballo asignado: 40%
--Dossier escrito do Proxecto final: 15%
--Presentación oral do Proxecto final:* 35%
* A realización da presentación oral final é obrigatoria e faise en lugar dun exame final, por tanto, o alumnado debe estar fisicamente presente na Facultade de Humanidades na data do exame final para esta materia de acordo co calendario oficial publicado pola Facultade para tal fin.
Asemade, para a súa avaliación, todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital*. Véase ADVERTENCIA IMPORTANTE abaixo.
**En todo caso, para todas as convocatorias de exame, o alumnado debe aprobar todos os apartados indicados enriba para aprobar a materia.
*ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumno infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumno obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquera tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumno cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. Os alumnos suspensos por plaxio non poderán presentarse á segunda oportunidade.
AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPCION:
O alumnado que supera un apartado da lista enriba de primeira opción pode gardar esta nota para o período de exame de segunda opción, en tal caso o sistema de avaliación está indicado enriba. De este xeito, para poder presentar o seu proxecto final, o alumnado debe aprobar previamente a sección de avaliación continua desta materia.
ALUMNADO REPETIDOR:
Se alguén ten que repetir esta materia é ten aprobada a parte de avaliación continua, conservará a nota de avaliación continua recibida ao longo do curso anterior.
Como consta na Memoria da titulación, está previsto que o alumnado dedique un total de 75 horas a esta materia de tres créditos ECTS. Á parte das sesións de clase, titorías e exame, levaranse a cabo 51 ao traballo autónomo e preparatorio fora da aula (3-4 cada semana e 25 horas para a realización do proxecto final).
O traballo que leve a cabo para esta materia deberá realizarse de acordo cos estándares e especificacións que establezan o profesorado encargado. Dado que esta materia e parte da preparación do alumnado para o seu futuro profesional, todas as tarefas asignadas deben completarse segundo as instrucións e entregarse en prazo.
As aproximacións das horas de estudo e traballo individual que aparecen no programa desta materia poden diferir lixeiramente; isto dependerá do nivel de dominio do inglés de cada individuo cando comece o curso. Calculouse o tempo necesario para preparar e presentar estas actividades dun modo adecuado para as persoas que teñen un nivel B.2.1. ou nivel intermedio superior de inglés, tal e como o establece o Marco Europeo Común de Referencia (MECR en inglés). Durante esta materia o alumnado realizará traballo no nivel B2.2 do MARCO, por iso, esta materia pode resultar máis difícil para o alumnado que non alcanzou o nivel B.2.1. As tarefas asignadas cualificaranse tanto polo contido como pola calidade da escritura. Penalizaranse cando son de mala calidade (por exemplo, gramática incorrecta, palabras mal escritas, pronuncia incorrecta, etc.)
O alumnado debe ter un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B2.1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas para acceder a esta materia. Ao longo do cuadrimestre o alumnado realizará o seu traballo no nivel B2.2 do MARCO.
Para levar a cabo esta materia con éxito, o alumnado debe participar activamente na aula virtual e nas actividades asignadas polo profesorado encargado de xeito habitual. Ademais, será necesaria unha certa dedicación ás horas de estudo autónomo indicadas con anterioridade e unha aplicación das mesmas, para que o alumnado interiorice o léxico e as estratexias pragmáticas que deberían axudarlles a prepararse e falar con éxito en público.
A titulación de Máster percíbese como un paso máis para completar cara ao futuro profesional. Por iso, aplicarase a ética laboral a todo o traballo realizado nesta materia; de alí, as tarefas asignadas deben entregarse en prazo para recibir una cualificación. Todo el traballo escrito para esta materia se terá que entregar pasado a maquina a dobre espazo e debe citar as fontes de acordo cos estándares académicos para a cita bibliográfica e dixital.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación”. Véase a ADVERTENCIA IMPORTANTE na sección “SISTEMA DE AVALIACIÓN” enriba.
Jodee Anderson Mcguire
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 14 |
12.01.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
15.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |