Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
En adecuación aos Resultados de Aprendizaxe pautados na Memoria do Título, formúlanse os seguintes obxectivos:
- Estudar a historia das migracións contemporáneas, atravesadas polos desafíos da interculturalidade, a igualdade de xénero e a integración da diversidade.
- Promover habilidades para o fomento e o respecto dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal, así como aos valores democráticos e da cultura de paz.
- Reflexionar e revisar criticamente as dinámicas socioculturais existentes, para poder aplicar as responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercizo profesional.
1) Desprazamentos, éxodos e exilios contemporáneos: historia e cultura.
2) Migracións contemporáneas e diversidade cultural.
3) Procesos de hibridación cultural na contemporaneidade.
4) Migracións contemporáneas e desigualdades sociais.
Casabona, Victoria & Guber, Rosana. Marginalidad e integración: una falsa disyuntiva. En L. J. Bartolomé (comp.) Relocalizados: Antropología social de las poblaciones desplazadas, 1985 (pp. 145-163).
Cid Fernández, Xosé Manuel; Domínguez Alberte, Xoán Carlos e Soutelo Vázquez, Raúl. Migracións na Galicia contemporánea: desafíos para a sociedade actual. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2008.
García Canclini, Néstor. Culturas híbridas: estrategias para entrar y salir de la modernidad. México D.F: Grijalbo, 1998.
García Canclini, Néstor. La Globalización imaginada. Buenos Aires: Paidós, 1999.
Gruzinski, Serge. El Pensamiento mestizo. Barcelona: Paidós, 2000.
Informe sobre las Migraciones en el Mundo, OIM, 2024.
Las Rutas de las Personas Esclavizadas, UNESCO, 1994 – actualidade.
Malgesini, Graciela e Giménez, Carlos. Guía de conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad. Madrid: Los Libros de la Catarata, 2000.
Núñez Seixas, Xosé M. Emigrantes, caciques e indianos: o influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930). Vigo: Xerais, 1998.
Poblet, Gabriela. Criadas de la globalización: servicio del hogar, género y migraciones contemporáneas. Icaria, 2024.
Soutelo Vázquez, Raúl. Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas: experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural, 1900-1960. Valga: Concello de Valga, 2005.
Wolf, Eric. Europa y la gente sin historia. Fondo de Cultura Económica, 2006.
Conforme ao recollido nos Resultados de Aprendizaxe da Memoria do Título, a través desta materia desenvolveranse determinadas Competencias:
Con05: Comprender a realidade contemporánea como atravesada polos desafíos da interculturalidade, a igualdade de xénero e a integración da diversidade.
H/D05: Adquirir habilidades para o fomento e o respecto dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal, así como aos valores democráticos e da cultura de paz.
Comp06: Competencia para aplicar as responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercizo profesional e para reflexionar e revisar criticamente as dinámicas socioculturais existentes.
Entre as metodoloxías didácticas previstas na Memoria do Título, utilizaranse as seguintes:
Resolución de problemas
Presentacións na aula
Estudos de casos
Debate
Aprendizaxe colaborativa
Metodoloxía baseada na investigación
Programaranse 10 horas de docencia expositiva presencial e 6 horas de docencia virtual síncrona. As horas de docencia non presencial síncrona figurarán nos horarios oficiais e transmitiranse pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona de forma que na súa transmisión por streaming se utilicen a rede de datos e os recursos tecnolóxicos institucionais. Este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona. Estas sesións de docencia non presencial síncrona serán utilizadas pola docente para realizar aquelas actividades que considere máis adecuadas para guiar e axudar ao alumnado no seu proceso formativo. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións de docencia síncrona poranse a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual. Contémplase a posibilidade de realizar prácticas de campo.
Todos os recursos e materiais planificados polo profesorado estarán dispoñibles para todo o alumnado a través da aula virtual, que será a vía preferente para todos os envíos e comunicacións entre o alumnado e o profesorado. Recórdase que a aula virtual e o correo electrónico institucional son as ferramentas oficiais habilitadas para envíos de actividades e comunicacións entre estudantes e docentes. O alumnado da modalidade híbrida deberá planificar e organizar coidadosamente o tempo dedicado semanalmente a cada unha das materias nas que está matriculado e debe entrar nas aulas virtuais, como mínimo, unha vez por semana para realizar o seguimento continuo e constante imprescindible nesta modalidade de ensinanza.
O profesorado deberá atender adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o profesorado non estea desfrutando dalgún permiso. Seguindo o regulamento das modalidades híbrida/virtual, habilitarase 1 hora de titoría virtual semanal para resolver dúbidas.
1. Participación na aula presencial ou virtual (20%)
2. Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.) individuais ou grupais (60%)
3. Exame (oral ou escrito, ou combinación de ambos os dous) (20%)
Para a segunda oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos ca en primeira oportunidade. No caso de que algún dos apartados da avaliación fose superado en primeira oportunidade, respectaranse as cualificacións obtidas e deberán recuperarse os apartados non superados.
O alumnado con dispensa de asistencia concedida oficialmente pola Facultade, deberá comunicar o recoñecemento da dispensa á docente, quen lle trasladará un plan de traballo específico, acorde ao sistema de avaliación continua proposto na materia. Para superar a materia, deberá realizar e superar as actividades e probas pautadas en dito plan.
No caso do alumnado que cursase a materia na anterior convocatoria, pode optar por repetir integramente a materia, e nese caso a súa avaliación será idéntica á do resto dos seus compañeiros/as, ou ben repetir unicamente as partes da avaliación que non superase, respectándoselle as notas obtidas nos restantes apartados da materia no curso inmediatamente anterior.
Atenderase ao estipulado no Regulamento de Asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (2024)
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas Presenciais: 10
Horas Non Presenciais Síncronas: 6
Horas Non Presenciais Asíncronas: 8
Horas de Traballo persoal: 51
Alba Diaz Geada
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982824722
- Correo electrónico
- alba.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
28.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
23.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |