Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Enuméranse a continuación os obxectivos da materia, divididos en tres bloques temáticos:
I. Comprensión da loita pola igualdade de xénero como dinámica de fonda transformación cultural dende a Modernidade até a actualidade.
Ia. Coñecer os fitos fundamentais na historia da loita pola igualdade de xénero.
Ib. Reflexionar sobre as transformacións culturais e sociais derivadas da loita pola igualdade de xénero.
Ic. Comparar o mundo occidental e outras tradicións baixo a óptica da igualdade de xénero.
II. Coñecemento das políticas de xénero
IIa. Coñecer as principais institucións implicadas na loita pola igualdade de xénero no ámbito local, autonómico, estatal, europeo e mundial.
IIb. Coñecer as políticas desenvolvidas dende estas institucións a favor da igualdade de xénero (realizarase o estudo específico de diversos casos concretos).
IIc. Coñecemento de políticas de xénero no entorno próximo (universidade, municipio, escola, comunidade autónoma).
III. Capacitación para a xestión (e transformación) cultural
IIIa. Detectar actitudes contrarias á igualdade de xénero e deseñar ferramentas sociopsicopedagóxicas para modificar ditas actitudes.
IIIb. Interpretar os feitos culturais (literatura, filosofía, arte, música, etc.) dende un punto de vista de xénero.
IIIc. Deseñar programas culturais complementarios das políticas de xénero.
Tema 1. Historia da teoría feminista I: dende as orixes á primeira vaga.
Tema 2. Historia da teoría feminista II: a segunda e a terceira vagas.
Tema 3. Xestión cultural e xénero.
Tema 4. Análise de intervencións culturais con perspectiva de xénero.
Tema 5. Deseño e avaliación dunha intervención cultural concreta.
Bibliografía básica:
-Amorós, C. De Miguel, A. (2005): Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. Tomo 1. De la Ilustración al segundo sexo. Madrid: Minerva Ediciones.
-Amorós, C. De Miguel, A. (2005): Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. Tomo 2. Del feminismo liberal a la posmodernidad. Madrid: Minerva Ediciones.
-Beauvoir, S. (2015). El segundo sexo. Cátedra
-Llevadot, Laura (2022) Mi herida existía antes que yo. Barcelona, Tusquets Editores.
Bibliografía complementaria:
-Ander-Egg, E. & Aguilar, M.J. (2012), Como elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales, Buenos Aires: Lumen, 2012.
-Barona, F. (1999). Gestión cultural, una actitud de-vida: proyectos y gerencia. Cámara de Comercio de Cali (Colombia); Fundación ATMA.
-Firestone, S. (1976). La dialéctica del sexo. En defensa de la revolución feminista. Kairós.
- Gautier, A. (ed.) (2011). Mujeres y cultura, políticas de igualdad. Ministerio de Cultura.
-Jiménez , M., J. Gallego, I. (eds.), (2003). Españolas del siglo XX promotoras de la cultura. Servicio de Publicaciones, Centro de Ediciones de la Diputación de Málaga.
-López, C. M., Fernández, A., Fernández, A. (eds.) (2012). El protagonismo de las mujeres en los museos. Editorial Fundamentos.
-Mayayo, P. (2003). Historia de mujeres, historias del arte. Cátedra.
-Millett, K. (1995). Política sexual. Cátedra.
-Nochlin, L. (2007), “¿Por qué no han existido grandes artistas mujeres?”, en Karen Cordero, K. e Sáenz, I. (comp.), Crítica feminista en la teoría e historia del arte. México, UIA.
-Pastor, P. (2012) El género en la gestión cultural en Aragón. Observatorio de Cultura, Consejería de Cultura, Ayuntamiento de Zaragoza.
-Pizan, C. (2000). La ciudad de las damas. Siruela.
-Rodríguez, M. G. (2008) La gestión artístico-cultural y la mujer en España. Servicio de publicaciones de la Univ. de Málaga.
-Rodríguez, R. M. (2002) «¿Feminización de la cultura?» en Revista Debats 76,
Institució Alfons el Magnànim.
-Pollock, G. (2006) Encounters in the visual feminist Museum. New York: Routledge.
-Roselló, D. (2008), Gestión cultural: estudios de caso. Ariel.
-Roselló, D. (2011), Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel.
-VV. AA. (1993-1998) Breve historia feminista de la literatura española (en lengua castellana). Anthropos.
- Con05: Comprender a realidade contemporánea como atravesada polos desafíos da interculturalidade, da igualdade de xénero e da integración da diversidade.
- Comp03: Competencia para utilizar os fundamentos humanísticos da nosa cultura e os principais conceptos desenvolvidos nesta para o traballo en xestión cultural.
Os temas 1, 2 e 3, de carácter introdutorio, desenvolveranse mediante exposicións por parte do docente nas sesións interactivas presenciais. Colgaranse os materiais correspondentes no campus virtual.
O tema 4 desenvolverase de forma autónoma por parte do alumnado, co apoio do profesorado responsable da materia.
O tema 5 dedicarase a elaborar unha intervención cultural concreta de maneira individual.
De forma xeral, as clases divídense en dúas partes. A primeira hora estará dedicada á explicación de contidos por parte do docente e a segunda á presentación de exposicións orais por parte do estudantado. Os textos obxecto das exposicións estarán dispoñibles na aula virtual coa suficiente antelación.
Para as materias de tres créditos da modalidade híbrida programáronse 10 horas de docencia expositiva presencial e 6 horas de docencia virtual síncrona. Ademais, o alumnado disporá dunha hora de titoría virtual síncrona semanal.
Compromiso docente de atender adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso.
1. Avaliación Continua:
A avaliación continua é o sistema preferente de avaliación da materia.
1.1 Avaliación dos aspectos teóricos da materia:
O seguimento do estudantado realízase na aula mediante a participación relevante (20%) e a realización de exposicións (40%), que serán indicadas polo docente. Segundo isto, a asistencia a clase é preceptiva para realizar estes traballos de carácter teórico, que representan un 60% da nota final. Os traballos non se poden recuperar fóra da aula. Só nos casos nos que unha falta de asistencia puntual estea plenamente xustificada, o estudantado poderá recuperar o traballo correspondente mediante unha proba presencial en horario de titoría ou, en todo caso, segundo indique o docente responsable da materia.
O docente responsable da materia publicará unha listaxe na aula virtual coas notas do estudantado que superou a materia na modalidade de Avaliación Continua e, no seu caso, cos nomes do estudantado que debe realizar o exame oficial por non ter superado a Avaliación Continua.
1.2 Avaliación de aspectos prácticos da materia:
A avaliación desta parte consistirá na elaboración dun “Proxecto de intervención cultural dende unha perspectiva de xénero” (40% da nota final). O “proxecto” debe ser descrito pormenorizadamente nun Informe Técnico, cunha extensión de 3000-4000 palabras. Poderá incluír calquera material que se considere relevante. Debe contar necesariamente cos seguintes apartados:
A. Presentación do concepto de xénero sobre o que se pretende traballar
B. Presentación da intervención cultural prevista:
- Presentación dos motivos polos cales se elixe.
- Identificación do público ao que vai dirixida
- Enumeración dos obxectivos que se pretenden acadar.
- Produción: cronograma dos contactos que se deben establecer, as solicitudes hai que cursar (financiamento, locais), indicar como se vai contactar co público interesado, etc., etc., fixando tamén un calendario ou cronograma hipotético. Plan de financiamento: presuposto detallado, taxación dos custes (material funxible, transporte, publicidade, etc.). Exploración de fontes de financiamento (convocatorias de diversas institucións).
C. Relación das facetas da actividade prevista cos obxectivos propostos. Cronograma: planificación detallada no tempo tanto da actividade de xestión previa como da realización da mesma. Debe establecerse unha data hipotética para a realización de dita actividade que será diferente se se trata dunha actividade puntual (visita a un museo, concerto, obra de teatro) ou dunha actividade cunha duración no tempo (p. ex. exposición).
D. Avaliación externa da actividade: enquisa sobre a consecución dos obxectivos
Entrega: Segundo indique o docente responsable da materia na Aula Virtual.
É necesario obter unha nota mínima de 5 en cada unha das dúas probas para superar a materia.
Ponderación Avaliación Continua:
-Participación: 20% [Competencias avaliadas: Con05, Comp03]
-Exposicións: 40% [Competencias avaliadas: Con05, Comp03]
-Traballo escrito/exame: 40% [Competencias avaliadas: Con05, Comp03]
2. Avaliación Non Continua:
O estudantado que, por diversas razóns (estudantado con dispensa de asistencia a clase [contactar co docente], estudantado repetidor, estudantado que non superou a avaliación continua, etc.), non pode someterse ao sistema de avaliación preferente, será avaliado mediante a modalidade de Avaliación Non Continua. Este sistema consiste na realización de dúas probas, unha de carácter teórico e outra de carácter práctico:
A proba teórica é un exame de contidos que representa o 60% da nota final e que se levará a cabo durante o tempo establecido pola Facultade para o exame oficial. Esta proba consistirá en preguntas de desenvolver e/ou comentarios de texto.
A proba práctica consiste na realización do “Proxecto de intervención cultural dende unha perspectiva de xénero”, nos mesmos termos que se indican no apartado anterior (Avaliación de aspectos prácticos da materia). A proba práctica representa o 40% da nota final.
É necesario obter unha nota mínima de 5 en cada unha das dúas probas para superar a materia.
Todos os materiais para preparar as probas estarán dispoñibles na aula virtual.
Ponderación Avaliación Non Continua:
- Exame: 40% [Competencias avaliadas: Con05, Comp03]
- Traballo: 60% [Competencias avaliadas: Con05, Comp03]
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, traballos, etc.
Horas Presenciais: 10
Horas Non Presenciais Síncronas: 6
Horas Non Presenciais Asíncronas: 8
Horas de Traballo persoal: 51
(1) Lectura semanal
(2) Preparación do traballo coas tutorias
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
(4) Completar as clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas
(6) Realización semanal das tarefas programadas
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do estudantado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Delmiro Rocha Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 982824744
- Correo electrónico
- delmiro.rocha [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
25.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
18.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |