Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxía Galega e Portuguesa, Literatura Española
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender os principais conceptos teóricos vinculados á literatura como patrimonio cultural.
- Analizar a xénese histórica dos procesos de patrimonialización literaria e a súa relación coa construción das identidades culturais e nacionais.
- Estudar o papel dos axentes institucionais, das políticas culturais e dos discursos hexemónicos na transformación da literatura en patrimonio cultural.
- Identificar e examinar os dispositivos e soportes da patrimonialización literaria, incluíndo a autoría, os arquivos, as bibliotecas, os museos literarios, as casas museo e as topografías literarias.
- Explorar criticamente a construción simbólica do patrimonio literario e os seus usos políticos, educativos, identitarios e económicos na contemporaneidade.
- Analizar os conflitos, exclusións e límites inherentes aos procesos de patrimonialización, atendendo especialmente ás perspectivas de xénero.
- Avaliar estratexias de visibilización e activación do patrimonio literario en linguas e culturas minorizadas, así como os riscos de esencialización, banalización e mercantilización.
- Coñecer os novos soportes dixitais e as prácticas contemporáneas de mediación cultural aplicadas ao patrimonio literario.
- Analizar o papel das cátedras institucionais a partir da Cátedra Valente de Poesía e Estética.
1ª PARTE. ASPECTOS XERAIS DA PATRIMONIALIZACIÓN
1. Marco conceptual: literatura, patrimonio e memoria
1.1. A literatura como ben cultural patrimonializable
1.2. Xénese da patrimonialización literaria nos séculos XIX e XX
2. Políticas e axentes da patrimonialización literaria
2.1. Políticas culturais e marcos institucionais
2.2. Axentes e institucións patrimonializadoras
3. Soportes, dispositivos e prácticas da patrimonialización literaria
3.1. Autoría e memoria literaria: escritores/as como iconas culturais
3.2. Soportes materiais do patrimonio literario
4. Conflitos, debates e límites da patrimonialización literaria
4.1. Canon, exclusións e revisións críticas
4.2. Literaturas en linguas minorizadas
5. Activación social e dixitalización do patrimonio literario
5.1. Activación social e usos contemporáneos
5.2. Dixitalización e novos soportes patrimoniais
2ª PARTE: A CÁTEDRA VALENTE DE POESÍA E ESTÉTICA
6. José Ángel Valente: aproximación patrimonial integral
6.1. José Ángel Valente: do neno da guerra ao proceso en Consello de Guerra
6.2. A poesía de José Ángel Valente: elexía, subversión, disolución e non discurso
6.3. A narrativa de José Ángel Valente: contra todo poder
6.4. O ensaio de José Ángel Valente: literatura e coñecimento; arte e vangarda; cultura, sociedade, política e memoria; filosofía e mística
6.5. O legado da Cátedra Valente de Poesía e Estética
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Assmann, Aleida (2011). Cultural Memory and Western Civilization: Functions, Media, Archives. Cambridge: Cambridge University Press.
Cátedra Valente. XXV Aniversario. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2025.
Giaccardi, Elisa (ed.) (2012). Heritage and Social Media. Londres: Routledge.
González Millán, Xoán (1995). Resistencia cultural e diferenza histórica. A experiencia da subalternidade galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Guillory, John (1993). Cultural Capital: The Problem of Literary Canon Formation. Chicago: University of Chicago Press.
Kirshenblatt Gimblett, Barbara (1998). Destination Culture: Tourism, Museums, and Heritage. Berkeley: University of California Press.
López, Teresa; Pardo, María do Cebreiro (eds.) (2011). Canon, autoría e lectura na literatura galega contemporánea. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
López Silva, Carlos (2014). Literatura, nación e memoria cultural. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
Pozuelo Yvancos, José María (2004). Canon y literatura española. Madrid: Cátedra.
Rodríguez Fer, Claudio (ed.) (2012). Valente vital (Galicia, Madrid, Oxford). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
Rodríguez Fer, Claudio (ed.) (2014). Valente vital (Ginebra, Saboya, París). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
Rodríguez Fer, Claudio (ed.) (2017). Valente vital (Magreb, Israel, Almería). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
Smith, Laurajane (2006). Uses of Heritage. Londres: Routledge.
Valente, José Ángel (2006). Obras completas I. Poesía y prosa. Edición e introdución de Andrés Sánchez Robayna. Barcelona: Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores.
Valente, José Ángel (2008). Obras completas II. Ensayos. Edición de Andrés Sánchez Robayna e recopilación e introdución de Claudio Rodríguez Fer. Barcelona: Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores.
Valente, José Ángel (2011). Diario anónimo (1959–2000). Edición e introdución de Andrés Sánchez Robayna. Barcelona: Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Fernández Quesada, Nuria (ed.) (2000). Anatomía de la palabra. Madrid: Pre Textos.
Hernández, Teresa (ed.) (1995). El silencio y la escucha: José Ángel Valente. Madrid: Cátedra / Ministerio de Cultura.
Rodríguez Fer, Claudio (ed.) (1992). José Ángel Valente. Madrid: Taurus, El Escritor y la Crítica.
Rodríguez Fer, Claudio (ed.) (1994). Material Valente. Gijón: Júcar.
Rodríguez Fer, Claudio (ed.) (2008). Valente: el fulgor y las tinieblas. Lugo: Axac.
Rodríguez Fer, Claudio (ed.) (2018). Valente infinito (Libertad creativa y conexiones interculturales). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
Con02: Adquirir aqueles coñecementos básicos de determinadas realidades do pasado que converteron en clave para accións de xestión cultural de diverso tipo
H/D05: Adquirir habilidades para o fomento e o respecto dos Dereitos Humanos e dos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal, así como aos valores democráticos e da cultura de paz
Comp08: Competencia para ler, interpretar e producir textos académicos de certa complexidade e pertinentes para a xestión cultural, tanto nas linguas da comunidade como en linguas internacionais.
A materia desenvolverase mediante unha combinación de docencia expositiva presencial (10h) e docencia non presencial síncrona (6h), de acordo coa Memoria de verificación do título e co horario oficial aprobado pola Xunta de Facultade.
A docencia expositiva presencial estará orientada á presentación dos marcos teóricos, conceptuais e históricos fundamentais da materia. Estas sesións combinarán explicacións maxistrais, comentario de textos e materiais relevantes, análise de exemplos significativos e a introdución de cuestións para a reflexión crítica colectiva.
A docencia non presencial síncrona desenvolverase a través da ferramenta institucional de videoconferencia MSTeams, garantindo o seguimento a distancia da actividade docente. A Facultade habilitará un espazo dotado da infraestrutura tecnolóxica necesaria para a súa transmisión por streaming, que poderá ser gravada. Este espazo estará tamén dispoñible para o estudantado que desexe seguir as sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto modifique a natureza non presencial destas actividades.
De acordo coas metodoloxías docentes recollidas na Memoria do título, a materia combinará:
• clases expositivas,
• análise e comentario crítico de textos,
• debates dirixidos,
• actividades formativas orientadas á reflexión crítica e á aplicación dos contidos,
• e o uso de recursos audiovisuais e dixitais para a mediación cultural.
Todos os recursos e materiais empregados na materia (presentacións, esquemas, textos, fontes documentais, vídeos ou outros materiais de apoio) estarán dispoñibles para o estudantado a través da aula virtual. A aula virtual e o correo electrónico institucional constitúen as canles oficiais de comunicación entre profesorado e estudantado, así como para a entrega e seguimento das actividades propostas. O estudantado da modalidade híbrida deberá acceder á aula virtual, como mínimo, unha vez por semana para realizar un seguimento continuo da materia.
O profesorado comprométese a atender as consultas do estudantado a través do correo electrónico institucional, garantindo unha resposta nun prazo máximo de 48 horas nos días lectivos e a resolución das consultas nun prazo non superior a sete días lectivos, sempre que non se atope en período de permiso ou ausencia regulamentaria.
A avaliación da materia será continua, baseada na combinación de actividades realizadas ao longo do curso e dunha proba final escrita. Os instrumentos de avaliación adecúanse aos contidos e ás metodoloxías propias de cada unha das partes da materia, de acordo cos seguintes criterios:
1ª Parte. Aspectos xerais da patrimonialización
• Actividades a través da plataforma virtual: 30 %
• Exame: 20 %
2ª Parte. A Cátedra Valente de Poesía e Estética
• Traballos escritos: 10 %
• Exposición oral: 10 %
• Actividades a través da plataforma virtual: 10 %
• Exame: 20 %
O exame será único, pero constará de dúas partes diferenciadas, correspondentes a cada un dos bloques da materia. O peso total do exame na cualificación final será do 40 % (20%+20%).
A presentación dunha tarefa fóra de prazo ou a súa non presentación será cualificada con 0 puntos.
CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS
O alumnado con dispensa de asistencia compensará a súa ausencia mediante a realización dun traballo acordado previamente co profesorado. Polo demais, será cualificado de acordo cos criterios xerais establecidos para a materia.
Na segunda oportunidade, o alumnado será cualificado tendo en conta os mesmos criterios da primeira oportunidade, podendo entregar para esta ocasión aqueles traballos que non fosen presentados ou modificar aqueles que tivesen sido cualificados negativamente.
O alumnado repetidor poderá optar entre:
• Ser avaliado segundo os criterios xerais da materia.
• Realizar un exame final único, que suporá o 100 % da cualificación final.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de avaliación, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións da Universidade de Santiago de Compostela".
Horas Presenciais: 10
Horas Non Presenciais Síncronas: 6
Horas Non Presenciais Asíncronas: 8
Horas de Traballo persoal: 51
Ana Gloria Chouciño Fernandez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- anagloria.choucino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Noemi Basanta Llanes
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- noemi.basanta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| 27.05.2027 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| 21.06.2027 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASANTA LLANES, NOEMI | Galego |
| CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASANTA LLANES, NOEMI | Galego |
| CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASANTA LLANES, NOEMI | Galego |
| CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA | Galego |