Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte, Xeografía, Historia
Áreas: Historia da Arte, Análise Xeográfica Rexional, Arqueoloxía
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia pretende ofrecer ao estudantado unha introdución á definición do concepto, os métodos e as ferramentas das Humanidades Dixitais, facendo especial fincapé na relación desta disciplina de disciplinas coa arte, a xestión actual dos bens artísticos e o patrimonio cultural.
Os obxectivos plásmanse nos seguintes contidos:
- Que son as Humanidades Dixitais? Concepto, historia, paradigmas e multidisciplinariedade. A historia da arte e o mundo dixital.
- Bases de datos dixitais aplicadas ao patrimonio e os bens artísticos. Datos, metadatos, estándares e principios FAIR. Estandarización dos contidos segundo o sistema Iconclass. Repositorios e coleccións dixitais como recursos para a investigación e a xestión patrimonial.
-Os Sistemas de Información Xeográficas (SIG). Potencialidades e aplicacións para os estudos de historia da arte.
- Virtualización do patrimonio cultural dixital: ferramentas colaborativas, produtos interactivos e apps para a difusión e educación patrimonial, reconstrucións virtuais e emprego de sistemas audiovisuais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-Agustín Gámir, A. (2019). El giro espacial en las humanidades digitales y sus productos cartográficos, Biblio3W, Revista Bibliográfica de Geografía y Ciencias Sociales, Vol. XXIV. Núm. 1.275
-Calvo Gómez, J.L., Peirats Navarro, A. I. (Coords.) (2023). Humanidades Digitales y Patrimonio Cultural. Proyectos y tendencias. Tirant lo Blanch.
-Gold, M. K., Klein, L. F. (eds). (2016). Debates in the digital humanities. University of Minnesota Press.
-Golub, K., Liu, Y-H. (2021). Information and Knowledge Organisation in Digital Humanities: Global Perspectives.
- English Heritage (2017). Photogrammetric Applications for Cultural Heritage. Guidance for Good Practice. Swindon. Historic England. https://historicengland.org.uk/images-books/publications/photogrammetri…
- English Heritage (2018). 3D Laser Scanning for Heritage. Advice and guidance on the use of laser scanning in archaeology and architecture. Swindon. Historic England. https://historicengland.org.uk/images-books/publications/3d-laser-scann…
- Parcak, S. (2017, March 06). GIS, Remote Sensing, and Landscape Archaeology. Oxford Handbooks Online: https://www.oxfordhandbooks.com/view/10.1093/oxfordhb/9780199935413.001….
- Remondino, F., Campana, S. (2014). 3D Modeling in Archaeology and Cultural Heritage: Theory and Best Practices. Oxford: Archaeopress.
-Rodríguez Ortega, N. (2010). "La cultura histórico-artística y la Historia del Arte en la sociedad digital. Una reflexión crítica sobre los modos de hacer Historia del Arte en un nuevo contexto", Museo y Territorio, nº 2-3, 2009-2010, 9-26.
- Varios autores (2010). Patrimonio Industrial y paisaje. Patrimonio y Arqueología Industrial, TICCIH. CICEES, Gijón.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Aicardi, I., Chiabrando, F., Lingua, A.M., Noardo, F. (2018). Recent trends in cultural heritage 3D survey: The photogrammetric computer vision approach, Journal of Cultural Heritage 32: 257-266.
- Baca, M. (2006). Cataloging cultural objects: a guide to describing cultural works and their images. American Library Association, Chicago.
- Barsanti, S. G., Remondino, F., Visintini, D. (2013). 3D Surveying and Modelling of Archaeological Sites – some critical issues, ISPRS Photogrammetry, Remote Sensing and Spatial Information Sciences, September: 2–6.
-Bruzelius, C., Jacobs, H. (2017). “The Living Syllabus: Rethinking the Introductory Course to Art History with Interactive Visualization”, Art History Pedagogy & Practice, 2 (1), 2017.
- Butterworth, J., Pearson, A., Sutherland, P., Farquhar, A. (eds.). Remote Capture: Digitising Documentary Heritage in Challenging Locations. Cambridge: Open Book Publishers, 2018. https://doi.org/10.11647/OBP.0138
- Frischer, B., Dakouri-Hild, A. (2008). Beyond Illustration: 2D and 3D Digital Technologies as Tools for Discovery in Archaeology. Oxford: BAR International Series.
- Haynes, David (2018): Metadata for information management and retrieval: understanding metadata and its use. Facet.
-Lewi, H., Smith, W., vom Lehn, D., Cooke, S. (2020). The Routledge International Handbook of New Digital Practices in Galleries, Libraries, Archives, Museums and Heritage Sites. Routledge.
- Lillesand, T. M., Kiefer, R. W., Chipman, J. (2015). Remote Sensing and Image Interpretation. John Wiley & Sons.
- Ortiz Calderón, P., Pinto Puerto, F., Verhagen, P., Prieto, A. (2020). Science and Digital Technology for Cultural Heritage - Interdisciplinary Approach to Diagnosis, Vulnerability, Risk Assessment and Graphic Information Models. Proceedings of the 4th International Congress Science and Technology for the Conservation of Cultural Heritage (TechnoHeritage 2019), March 26-30, 2019, Sevilla, Spain.
-Pano Alamán, A. and Zotti, V. (Eds.) (2020). The Language of Art and Cultural Heritage: A Plurilingual and Digital Perspective. Cambridge Scholars Publishing.
-Parry, R. (ed.) (2010). Museums in a digital age. Routledge, London.
O estudantado será capaz de:
-Interrelacionar a teoría e a práctica na creación de traballos personais que sexan innovadores e avanzados do campo de estudos.
-Utilizar de maneira crítica as diversas fontes de información para formular traballos académicos.
-Executar ideas e conceptos complexos, aplicando as habilidades cognitivas, técnicas e creativas adquiridas.
-Resolver problemas complexos na área de coñecemento, no campo científico ou na práctica profesional e resolvelos de maneira táctica, estratéxica e creativa.
-Difundir os resultados da investigación que contribúen ao coñecemento ante públicos especializados e non especializados.
-Identificar a necesidade de adquirir máis coñecementos e asumir responsabilidades en canto a aprendizaxe continuada destes coñecementos.
-Traballar de maneira autónoma e con finalidades profesionais.
-Conceptualizar, desenvolver e difundir proxectos artísticos e culturais.
-Efectuar as actividades propias con responsabilidade social, honestidade intelectual e integridade científica.
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o estudantado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse cos docentes e co resto da clase.
Nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. As aulas interactivas estarán dedicadas a estudos de casos prácticos, traballos das materias que, nalgúns casos, serán defendidos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
Os docentes atenderán as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías individuais.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en dúas compoñentes:
1) Proba de avaliación de coñecementos e competencias: na data estabelecida polo centro, realizarase unha proba final presencial de avaliación (tipo test). Computará o 25% da nota final.
2) Entrega de traballos prácticos. Computará o 75% da nota final.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Incidencia que ten a asistencia a clase no sistema de avaliación (artigo 1.2 do regulamento aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024): a asistencia a clase (mínimo o 80% das horas) será preceptiva para superar a materia.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
O estudantado con dispensa académica de asistencia a clase terá que facer as mesmas probas que o resto dos/as estudantes, e estarán dispoñibles na aula virtual os materiais e o a información relevante para a realización dos traballos prácticos e da proba final. Estes traballos terán que ser entregados antes da realización do exame final.
En todas as modalidades de avaliación, para superar a materia é necesario acadar un 30% da nota máxima dos apartados 1 e 2 da avaliación, exame e traballos prácticos respectivamente.
Esta materia ten atribuídos 3 créditos (ECTS), o que equivale a unha carga de traballo de 75 horas, que se distribúen en 9 horas de clase expositiva, 12 horas de clase interactiva, 3 horas de titorías e 51 horas de traballo persoal.
A asistencia ás aulas será obrigatoria, salvo dispensa. A asistencia a clase (mínimo o 80% das horas) será preceptiva para superar a materia.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías, alén das preguntas na aula e o “Foro de titoría pública” activo na Aula Virtual.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: correo rai, Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases e titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Jose Carlos Sanchez Pardo
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Teléfono
- 881812561
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carme Lopez Calderon
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- carme.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 15 |