Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Historia da Arte, Xeografía, Historia
Áreas: Dereito Administrativo, Historia da Arte, Música, Análise Xeográfica Rexional, Arqueoloxía, Prehistoria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
As Prácticas Académicas Externas (PAE) compóñense de 12 créditos de tipo obrigatorio. Desenvolveranse no segundo semestre, en horario de mañá, compatible coa docencia polas tardes, e haberá dúas quendas; a primeira, que comezará no mes de marzo e a segundo, no mes de xuño. As PAE son un elemento fundamental neste máster porque salientan o carácter profesionalizante que se lle quere imprimir ao programa e supoñen un primeiro contacto das/os estudantes cos contextos laborais nos que desenvolverán as súas carreiras.
Ademais, as PAE permitirán ás/os estudantes experimentar coa aplicación práctica dos contidos de tipo teóricos recibidos ao longo do curso, favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, persoais e metodolóxicas no marco laboral, así como participar en contornas de traballo colectivos e fomentar a responsabilidade e a toma de iniciativas orixinais e innovadoras no proceso de inserción laboral e de desenvolvemento de proxectos.
A materia ten unha orientación eminentemente profesionalizante, polo que o groso da materia está destinado a familiarizar aos estudantes cunha serie de recursos imprescindibles para abordar calquera proxecto futuro, tanto desde a investigación como desde a intervención sobre o patrimonio.
A bibliografía será definida en función do traballo proposto, da súa temática e obxectivos.
Competencias:
Comp01: Identificar a necesidade de adquirir máis coñecementos e asumir responsabilidades en canto á aprendizaxe continuada destes coñecementos.
Comp03: Traballar de maneira autónoma e con finalidades profesionais.
Comp04: Conceptualizar, desenvolver e difundir proxectos artísticos e culturais
Comp05: Analizar e desenvolver procesos de traballo e de planificar e xestionar os proxectos propios
Comp06: Mostrar capacidade de traballo en equipo
Comp07: Efectuar as actividades propias con responsabilidade social, honestidade intelectual e integridade científica
Coñecementos:
Con01: Expresar uns coñecementos e unha comprensión de carácter avanzado no campo de estudo.
Con 04: Enumerar os métodos e os procesos para facer fronte a aspectos, situacións e fenómenos complexos do campo de estudo.
Con 05: Expresar unha comprensión crítica e uns coñecementos altamente especializados, unha parte dos cales se sitúan na vangarda das correspondentes disciplinas artísticas e patrimoniais.
Con 07: Recoñecer os criterios de actuación para a adaptación dos proxectos artísticos e patrimoniais en situacións de cambio a partir do coñecemento das dinámicas e do papel dos distintos axentes do sector cultural.
Habilidades:
H/D04: Formular xuízos críticos, a miúdo con información incompleta ou limitada, incluíndo, no seu caso, a reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á solución proposta en cada caso.
H/D05: Propoñer novas alternativas de forma autónoma e creativa.
H/D06: Resolver problemas complexos na área de coñecemento, o campo científico ou a práctica profesional e resolvelos de maneira táctica, estratéxica e creativa.
H/D08: Xestionar proxectos artísticos e culturais na contorna profesional.
H/D09: Presentar en público proxectos e hipóteses de traballo sobre temas artísticos e patrimoniais.
H/D10: Difundir os resultados da investigación que contribúen ao coñecemento ante públicos especializados e non especializados.
Asignarase ás/os estudantes unha praza nunha das institucións, entidades privadas ou empresas (museos, fundacións, espazos culturais da administración, galerías, asociacións, empresas culturais etc.) cos que a Facultade de Xeografía e Historia ten convenios de colaboración vixentes. As/os estudantes incorporaranse ao seu posto o día sinalado e dispoñerán dunha dobre titoría académica e profesional. O titor profesional encargará unha serie de tarefas a realizar no período de desenvolvemento das PAE.
Desenvolveranse no segundo semestre, en horario de mañá, compatible coa docencia polas tardes, e haberá dúas quendas; a primeira, que comezará no mes de marzo e a segunda, no mes de xuño.
A avaliación será o resultado da suma da cualificación proporcionada polo titor profesional e a cualificación outorgada polo titor académico, a partir do desempeño que fagan as/os estudantes durante as PAE e da elaboración dunha memoria final.
O desenvolvemento do TFM terá unha carga de 12 créditos ECTS, que se traducen en 300 horas de traballo do estudantado