Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Esta materia ten como obxectivo cartografar, describir e analizar as prácticas artísticas máis recentes a partir dun dobre eixo histórico e discursivo.
- Por mor disto, esixirase que os estudantes saiban enmarcar a obra de arte nos contextos nos que se xestou e relacionala con outras formas de expresión cultural.
- Relacionar estas prácticas artísticas coas distintas teorías e discursos propios da contemporaneidade.
- Que o/a estudante adquira os fundamentos metodolóxicos e críticos básicos que lle permitan introducirse no exercicio da actividade investigadora.
- Post-conceptualismo e a estética relacional. A documenta de Kassel e o proxecto escultórico de Münster de 1997.
- Globalización e bienales. O “boom” da industria cultural nos anos previos á crise de 2008.
- Novo institucionalismo: feminismo e estéticas LGTBi. Memoria histórica, arquivo e revisións da modernidade.
- Prácticas activistas (de Seattle ao 15M) e espacios alternativos na península ibérica.
- Arte na era do Antropoceno: as prácticas artísticas recentes dende o punto de vista da paisaxe, o territorio e os retos medioambientais.
- Teorías e prácticas decoloniais: a globalización dende a perspectiva subalterna.
Bibliografía básica:
- BORJA-VILLEL, Manuel, Campos Magnéticos. Escritos de arte y política (Madrid: Arcadia, 2020).
- BOURRIAUD, Nicolás, Relational Aesthetics (Dijon: Les presses du réel, 1998).
- GUASCH, Anna María, El arte en la era de lo global, 1989-2015 (Madrid: Alianza Forma, 2016).
- DEMOS, TJ, Decolonizing Nature. Contemporary Art and the Politics of Ecology (Berlín: Sternberg Press, 2016).
Bibliografía complementaria:
- AGUIRRE, Peio, “Fortunas de la llamada Estética Relacional”, Campo de relámpagos, publicado 2017-09-10. http://campoderelampagos.org/critica-y-reviews/9/9/2017
- ALIAGA, Juan Vicente y MAYAYO, Patricia, Genealogía feministas en el arte español: 1960-2010 (León: MUSAC-This Side Up, 2013).
- BISHOP, Claire, Artificial Hells: Participatory Art and the Politics of Spectatorship (Londres: Verso Books, 2011).
- BUCHLOH, Benjamin H. D., “Farawell to an Identity”, Artforum, Diciembre 2012.
- BUCHMANN, Sabeth, MICHALKA, Matthias, KRAUS, Karola, To Expose, to Show, to Demonstrate, to Inform, to Offer: Artistic Practices Around 1990 (Colonia: Walther Konig, 2016).
- DELISS, Clementine, El museo metabólico (Madrid: Caniche Editorial, 2021).
- DÍAZ BRINGAS, Tamara, Todas las vidas (Bilbao: Consonni, 2024).
- FANEGO, Pablo, y DE LLANO NEIRA, Pedro (eds.), El medio es el museo (Vigo: MARCO, 2009).
- FRASER, Andrea, “The Institution of Critique”, Artforum, Septiembre 2005.
- FOSTER, Hal, The Return of the Real (Cambridge, Massachusetts: MIT Press, 1996).
- GÓMEZ BARRIS, Macarena, The Extractive Zone. Social Ecologies and Decolonial Perspectives (Duke University Press, 2017).
- GRAW, Isabelle, High Price. Art Between the Market and Celebrity Culture (Berlín: Sternberg Press, 2009).
- GRONLUND, Melissa, Contemporary Art and Digital Culture (Londres: Routledge, 2017).
- HOPFENER, Birgit Hopfener y TIAMPO, Ming, “Worlding Global Art Histories”, Texte zur Kunst ("Art History Update”), nº. 128, diciembre de 2022.
- KWON, Miwon, One Place After Another. Site-Specific Art and Locational Identity (Cambridge: MIT Press, 2002).
- LATOUR, Bruno, Facing Gaia. Eight Lectures on the New Climatic Regime (Cambridge and Boston: Polity Press, 2017).
- LEMOS, Sofía (ed.), Meandering. Art, Ecology, and Metaphysics (Berlín: Sternberg Press, 2024).
- MARTÍNEZ, Chus, The Complex Answer (Berlín: Sternberg Press, 2023).
- MBEMBE, Achille, On the Postcolony (University of California Press, 2001).
- MÖNTMANN, Nina, Art and Its Institutions. Current Conflicts, Critique, and Collaborators (London: Black Dog Publishers, 2006).
- MOSCOSO, Manuela (ed.), The Stomach and the Port – Liverpool Biennial (Liverpool, 2021).
- SHEIKH, Simon, “The Politics of Art and the Process of Biennalization”, Texte zur Kunst, nº 80, diciembre 2010.
- TUCK, Eve, and TANG, K. Wayne, “Decolonization is not a metaphor”, in Decolonization, Indigeneity, Education, and Society I, no. 1 (2012).
- VV.AA., “How Art has Changed?”, Frieze, octubre de 2005.
- VV.AA., “Political Art”, Texte zur kunst, 80, diciembre de 2010.
- VACCARO, Jeanne in conversation with P. Staff and Kiyan Williams, “The Moon is Trans: On Cultivating an Aesthetics of Reaching”, Texte zur Kunst, nº 129 (“Trans Perspectives” issue), March 2023.
- VERGÉS, Françoise, Decolonizar o museu (Lisboa: Orfeu Negro, 2024).
- VINDEL, Jaime, Estética fósil. Imaginarios de la energía y crisis ecosocial (Barcelona: Arcadia, 2020).
Xerais:
- Expresar uns coñecementos e unha comprensión de carácter avanzado no campo de estudo.
- Coñecer amplamente a diversidade artística e a súa capacidade de adaptación a contextos e situacións culturais diferentes.
- Expresar unha comprensión crítica e uns coñecementos altamente especializados, unha parte dos cales se sitúan na vangarda das correspondentes disciplinas artísticas e patrimoniais.
Específicas:
- Interrelacionar a teoría e a práctica na creación de traballos persoais que sexan innovadores e avanzados do campo de estudos.
- Utilizar de maneira crítica as diversas fontes de información para formular argumentos académicos.
- Presentar en público proxectos e hipóteses de traballo sobre temas artísticos e patrimoniais.
- Mostrar capacidade de traballo en equipo.
O desenvolvemento da docencia da materia realizarase dacordo con os contidos do programa e constará dos seguintes elementos:
- Clases expositivas: sesións de 1:30h baseadas no formato da lección maxistral nas que se explicarán os distintos temas que figuran no programa co apoio de imaxes e recursos multimedia.
- Clases interactivas: nelas os estudantes realizarán comentarios de texto e de materiais audiovisuais, postos á súa disposición polo profesor no campus virtual, organizaranse seminarios, programaranse visitas a exposicións e desenvolveranse traballos academicamente dirixidos, en grupos reducidos, sobre temas da materia.
- Prácticas de campo (condicionadas a financiamento): realizaranse co estudantado prácticas de campo consistentes en visitas a museos, eventos expositivos importantes ou percorridos culturais. Ditas actividades poderán realizarse tanto en Santiago de Compostela como noutras localidades, se fose posible.
- Tutorización personalizada para solucionar dúbidas relacionadas coas explicacións teóricas ou cos exemplos de análises abordadas nas prácticas.
Nas clases expositivas e interactivas explicaranse aqueles aspectos que se consideren máis relevantes das materias que aparecen na sección de contidos, sendo en todo caso a totalidade do contido do programa obxecto de avaliación. Na dinámica das clases fomentarase a participación do estudantado e tentarase fomentar o pensamento crítico con respecto aos contidos.
TIPO DE DOCENCIA, TOTAL HORAS/MATERIA
Doc. Expositiva ........................... 9
Doc. Interactiva ........................... 12
Titorización personalizada .......... 3
Realizarase a partir da suma dos seguintes valores:
- Participación en clases expositivas e interactivas: 30%
- Traballo de grupo: (50%)
- Exame test: 20%
A participación nas clases expositivas e interactivas será avaliada de maneira continua ata un máximo de 3 puntos sobre 10. Nas últimas tres ou catro sesións interactivas organizaranse presentacións do traballo de grupo e dedicarase tempo a un breve exame tipo test. O traballo de grupo será cualificado cun máximo de 5 puntos sobre 10. O exame tipo test, 2 puntos sobre 10.
Debido a que a avaliación é continua, a asistencia á aula é obrigatoria. A falta de asistencia presencial continuada á aula, non xustificada, será obxecto de penalización na nota final da materia. Cada ausencia non xustificada penalizarase con 0,5 puntos. Os/as estudantes que falten a máis de 3 sesións (expositivas ou interactivas), sen xustificación, deberán realizar un exame de todos os temas tratados na materia.
Segunda oportunidade:
Realizarase un exame de todos os temas tratados na materia.
Dispensa:
Ao estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (Regulamento de Asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela; CG do 25/11/2024), avaliaráselle cunha proba final que supoñerá o 100% da cualificación final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións da USC. A redacción parcial ou total de traballos de curso empregando IA será considerada como plaxio.
TEMPO PRESENCIAL DO/A ESTUDANTE: 24 horas
Asistencia ás clases expositivas: ............ 9 horas
Asistencia ás clases interactivas: ............ 12 horas
Titorías: ...................................................... 3 horas
TEMPO DE ESTUDIO E ACTIVIDADE PERSOAL: 51 horas
TOTAL: 75 horas
- Preparación da materia impartida a través dos apuntamentos recolleitos na aula e completalos valéndose da bibliografía recomendada, así como da información adicional fornecida polo profesor na aula virtual da materia.
- Asistencia ás sesións interactivas, algo imprescindible para a superación da materia.
- Lectura detida dos textos que se indiquen na aula.
- O estudantado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (análise de casos, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
Pedro De Llano Neira
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- pedro.dellano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |