Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Desenvolver un proxecto de comisariado orixinal e individual, no plano teórico, de maneira íntegra.
- Comprender os contextos nos que se inscribe a práctica e a xestión do comisariado.
- Exercitar a visión espacial e arquitectónica en relación coas características das obras de arte e os discursos curatoriales e museográficos que as articulan.
- Identificar a figura do comisario na súa multiplicidade e comprender o seu papel na mediación de proxectos artísticos e culturais.
- Comunicar e difundir de maneira convincente proxectos curatoriales en cada unha das etapas da súa xestación.
Esta materia concíbese como un taller de comisariado. Ao longo de 13 semanas os estudantes desenvolverán un proxecto de comisariado individual en diálogo e debate cos seus compañer@s. Os proxectos desenvolveranse por etapas, baixo a supervisión do profesor e haberá unha presentación colectiva nas sesións finais do semestre.
O marco teórico de temas e problemas no que se desenvolverá o taller é o seguinte:
- O comisariado como medio para os historiadores da arte: a investigación como base e fundamento da práctica curatorial.
- A figura do comisario e a súa multiplicidade: independente vs. institucional.
- Análise dos contextos (históricos, xeográficos, culturais…) nos que se inscribe a práctica curatorial.
- Casos de estudo: exemplos de proxectos curatoriales presentados polo profesor en clases expositivas e interactivas.
- Definición e xustificación do tema ou idea curatorial: exposicións individuais e colectivas. Históricas e contemporáneas. A relación cos artistas.
- Elaboración dun dossier: texto xustificativo e elaboración dunha lista de obras. Posta en escena: planos, maquetas, recreacións 3D…
- O discurso da exposición.
- Da teoría á práctica: cronograma, transporte, montaxe e produción, orzamento.
- Presentación, plan de difusión (medios de comunicación) e actividades paralelas.
Bibliografía básica:
- VON BISMARCK, Beatrice, The Curatorial Condition (Berlín: Sternberg Press, 2023).
- FERNÁNDEZ, Olga, Exposiciones y comisariado. Relatos cruzados (Madrid: Cátedra, 2020).
- HOFFMANN, Jens (ed.), Ten Fundamental Questions About Curating (Milán: Mousse Publishing, 2013).
- OBRIST, Hans Ulrich, Breve historia del comisariado (Madrid: EXIT Publicaciones, 2008-2010).
Bibliografía complementaria:
- BISHOP, Claire, Radical Museology: What´s Contemporary in Museums of Contemporary Art? (Londres: Koenig, 2014).
- CARRILLO, Jesús, El museo, ¿un proyecto inacabado? (Madrid: La oveja roja, 2022).
- CALVO ULLOA, Ángel y CANELA, Juan (eds.), Desde lo curatorial. Conversaciones, experiencias y afectos (Bilbao: Consonni, 2020).
- GEORGE, Adrian, The Curator´s Handbook. Museums, Commercial Galleries, Independent Spaces (Londres: Thames and Hudson, 2015).
- GREENBERG, Reesa, FERGUSON, Bruce y NAIRNE, Sandy, Thinking About Exhibitions (Londres: Routledge, 1996).
- GUASCH, Anna María, El arte del siglo XX en sus exposiciones. 1945-1995 (Barcelona: Serbal, 1997).
- ESCHE, Charles, y VÕ, Chương-Đài, The Museum is Multiple (Eindhoven: Van Abbemuseum, 2024).
- HAXTHAUSEN, Charles W. (ed.), The Two Art Histories. The Museum and the University (New Haven: Yale, 2002).
- HENDRIKX, Bas (ed.), Queer Exhibition Stories (Amsterdam: Valiz, 2023).
- HOFFMANN, Jens, Show Time. The 50 Most Influential Exhibitions of Contemporary Art (Londres: Thames & Hudson, 2014).
- KONIJN, Fieke y ESNER, Rachel (eds.), Curating the Collection, Stedelijk Studies, #5, Fall 2017 (online: https://stedelijkstudies.com/journal-archive/issue-5-curating-the-colle…)
- OBRIST, Hans Ulrich, Ways of Curating (Nueva York: Farrar, Straus & Giroux, 2014).
- O´NEILL, Paul (ed.), Curating Subjects (Amsterdam: De Appel, 2007).
- O´NEILL, Paul, The Culture of Curating and the Curating of Culture(s), (Cambridge, Massachusetts: MIT Press, 2012).
- SMITH, Terry, Thinking Contemporary Curating (Nueva York: Independent Curators International, 2012).
- SANTOS MATEO, Juan José, Curadoría de Latinoamérica. 20 entrevistas a quienes cambiaron el arte contemporáneo (Murcia: Cendeac, 2018).
- STALLABRASS, Julian, “Rethoric of the Image”, Artforum, Marzo 2013.
- VV.AA., “Especial sobre comisariado”, Exit Express, nº. 21, verano de 2006.
- VV.AA., “The Curators”, Texte zur kunst, nº. 86, junio 2012.
Xerais:
- Expresar uns coñecementos e unha comprensión de carácter avanzado no campo de estudo.
- Coñecer amplamente a diversidade artística e a súa capacidade de adaptación a contextos e situacións culturais diferentes.
- Expresar unha comprensión crítica e uns coñecementos altamente especializados, unha parte dos cales se sitúan na vangarda das correspondentes disciplinas artísticas e patrimoniais.
Específicas:
- Enumerar os métodos e os procesos para facer fronte a aspectos, situacións e fenómenos complexos do campo de estudo.
- Interrelacionar a teoría e a práctica na creación de traballos persoais que sexan innovadores e avanzados do campo de estudos.
- Traballar de maneira autónoma e con finalidades profesionais.
- Conceptualizar, desenvolver e difundir proxectos artísticos e culturais.
- Mostrar capacidade de traballo en equipo.
O desenvolvemento da docencia da materia realizarase de acordo con os contidos do programa e constará dos seguintes elementos:
- Clases expositivas: sesións de 1:30h baseadas no formato da lección maxistral nas que se explicarán os distintos temas que figuran no programa co apoio de imaxes e recursos multimedia.
- Clases interactivas: sesións nas que os estudantes realizarán comentarios de texto e de materiais audiovisuais, postos á súa disposición polo profesor no campus virtual, organizaranse seminarios e programaranse visitas a exposicións, sobre temas relacionados coa materia.
- Visitas de profesionais: tentarase contar coa presenza de dous profesionais (comisarios, artistas, críticos…) que compartirán as súas experiencias co estudantado.
- Presentacións parciais do proxecto: programaranse 4 sesións ao longo do semestre para realizar presentacións e postas en común das distintas partes do proxecto de comisariado.
En total, serán 18 sesións de 1:30h cada unha (no curso 2025-26 pérdense dúas sesións non recuperables debido aos festivos de Entroido os días 16 e 17 de febreiro).
- Prácticas de campo (condicionadas a financiamento): realizaranse co estudantado prácticas de campo consistentes en visitas a museos, eventos expositivos importantes ou percorridos culturais. Ditas actividades poderán realizarse tanto en Santiago de Compostela como noutras localidades, se fose posible.
- Tutorización personalizada para solucionar dúbidas relacionadas coas explicacións teóricas, os exemplos de análises abordadas nas clases interactivas e para acompañar a evolución do proxecto individual.
- Dadas as características desta materia e a súa orientación como “taller”, os límites entre a docencia expositiva e interactiva serán permeables.
TIPO DE DOCENCIA, TOTAL HORAS/MATERIA
Doc. Expositiva ........................... 13,5
Doc. Interactiva ........................... 18
Titorización persoalizada .......... 4,5
Realizarase a partir da suma dos seguintes valores:
- Participación en clases expositivas e interactivas: 30%
- Desenvolvemento integral dun proxecto de comisariado: 70%
Debido a que a avaliación é continua, a asistencia á aula é obrigatoria. A falta de asistencia presencial continuada á aula, non xustificada, será obxecto de penalización na nota final da materia. Cada ausencia non xustificada penalizarase con 0,5 puntos. Os/as estudantes que falten a máis de 3 sesións (expositivas ou interactivas), sen xustificación, deberán presentar o proxecto de comisariado nunha data previa á do exame. A cualificación neste caso será inferior á do estudantado que seguise a materia na aula.
Segunda oportunidade:
Presentarase o proxecto de comisariado nunha data indicada polo profesor previa á do exame.
Dispensa:
Ao estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (Regulamento de Asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela; CG do 25/11/2024), avaliaráselle cunha proba final que supoñerá o 100% da cualificación final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
TEMPO PRESENCIAL DO/A ESTUDANTE: 31,5 horas
Asistencia ás clases expositivas: ............ 13,5 horas
Asistencia ás clases interactivas: ............ 18 horas
Titorías: ...................................................... 4,5 horas
TEMPO DE ESTUDIO E ACTIVIDADE PERSONAL: 76,5 horas
TOTAL: 112,5 horas
- Preparación da materia impartida a través dos apuntamentos recolleitos na aula e completalos valéndose da bibliografía recomendada, así como da información adicional fornecida polo profesor na aula virtual da materia.
- Asistencia ás sesións interactivas, algo imprescindible para a superación da materia.
- Lectura detida dos textos que se indiquen na aula.
- Visita ás exposicións que estean programadas en museos, galerías e fundacións galegas durante o desenvolvemento da materia.
- O estudantado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (análise de casos, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
Pedro De Llano Neira
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- pedro.dellano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |