Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 11.5 Clase Interactiva: 4.5 Total: 16
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Historia da Arte, Xeografía, Historia
Áreas: Dereito Administrativo, Historia da Arte, Música, Análise Xeográfica Rexional, Arqueoloxía, Prehistoria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten unha orientación eminentemente profesionalizante, polo que o groso da mesma está destinado a familiarizar ás/os estudantes cunha serie de recursos imprescindibles para abordar calquera proxecto futuro, tanto desde a investigación como desde a intervención sobre o patrimonio.
-Favorecer o desenvolvemento integrado dos coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos no título, coa composición polo estudantado de casos prácticos e desenvolvemento de proxectos.
-Avaliar as competencias xerais e específicas adquiridas no cursado do título.
-Avaliar a capacidade das/os estudantes para desenvolver un proxecto, contido e/ou reflexión orixinal e propios que faga referencia ao ámbito da xestión da arte e do patrimonio.
-Avaliar a capacidade de xeración e presentación de discursos e proxectos propios, críticos e orixinais do estudantado, na proposta, desenvolvemento e presentación de cuestións relativas aos contidos do título.
Deseño, elaboración e presentación do Traballo de Fin de Máster, o cal implica, polo menos, os seguintes procesos:
- Reflexión, identificación de cuestións e formulación de obxectivo(s) concreto(s) ao redor dun obxecto.
- Estruturación do proceso de investigación, produción ou desenvolvemento de discurso e/o contidos.
- Desenvolvemento dunha investigación teórica ou dunha proposta de proxecto profesional.
- Elaboración dun traballo completo e detallado do proceso.
- Exposición e defensa pública dos contidos resultantes.
A bibliografía será definida en función do traballo proposto, da súa temática e obxectivos
Competencias:
Comp02: Relacionar as novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación entre sí.
Comp03: Traballar de maneira autónoma e con finalidades profesionais.
Comp04: Conceptualizar, desenvolver e difundir proxectos artísticos e culturais
Contidos:
Con01: Expresar uns coñecementos e unha comprensión de carácter avanzado no campo de estudo
Con02: Coñecer amplamente a diversidade artística e a súa capacidade de adaptación a contextos e situacións culturais diferentes.
Con03: Seleccionar coñecementos avanzados dos principais métodos de investigación aplicables ao ámbito de traballo ou de aprendizaxe na práctica profesional.
Habilidades:
H/D01: Interrelacionar a teoría e a práctica na creación de traballos persoais que sexan innovadores e avanzados do campo de estudos.
H/D02: Utilizar de maneira crítica as diversas fontes de información para formular argumentos académicos.
H/D07: Demostrar un uso adecuado da metodoloxía, os materiais básicos e os procedementos necesarios para a investigación baseada na práctica e/o a teoría
H/D08: Xestionar proxectos artísticos e culturais na contorna profesional.
A Comisión Docente do máster establecerá o procedemento de asignación de titores de TFM, no mes de setembro/otubro, entre os profesores dispoñibles con docencia no máster. Nese momento decidirase un tema de investigación orixinal que se desenvolverá ao longo do curso a través de titorías regulares e entregas parciais de traballo. O titor asistirá ao estudante no deseño, desenvolvemento e confección final do traballo, así como nos aspectos de preparación da súa exposición pública. A orientación do TFM poderá ser práctica, teórica ou unha combinación de ambas. É dicir, poderá ter tanto un carácter profesionalizante –por exemplo, un proxecto de exposición que posteriormente se queira levar a cabo—ou un carácter académico; especialmente para aqueles sectores do alumnado que desexen orientar a súa carreira no ámbito da investigación, por exemplo, a través dunha tese doutoral.
En calquera caso, como metodoloxías empregadas de maneira usual se desatacan algunhas das seguintes:
- Traballo tutelado
- Aprendizaxe baseada en proxectos
- Estudo de casos
- Metodoloxía baseada na investigación
- Resolución autónoma de problemas
A avaliación do TFM dependerá da aprobación do titor do traballo realizado polo/la estudante e de unha defensa oral e pública ante tribunal.
O desenvolvemento do TFM terá unha carga de 6 créditos ECTS, que se traducen en 150 horas de traballo do/a estudante.