Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer diferentes modelos de cuestionarios no ámbito sanitario e as súas principais aplicacións.
- Desenvolver criterios propios para seleccionar cuestionarios.
- Coñecer as normas básicas de redacción dos ítems dun cuestionario.
- Interpretar adecuadamente as probas que informan sobre as propiedades psicométricas dun cuestionario no ámbito sanitario.
- Concepto, tipos e usos dos cuestionarios.
- Deseño de cuestionarios.
- Adaptación de cuestionarios.
- Medición da validez e fiabilidade dun cuestionario.
Bibliografía básica:
• Argimon Pallás JM, Jiménez Villa J. Métodos de investigación clínica y epidemiológica, 2019; 217-29.
• Casas Anguita J, Repullo Labrador JR, Donado Campos J. La encuesta como técnica de investigación. Elaboración de cuestionarios y tratamiento estadístico de los datos (I). Aten Primaria. 2003; 31: 527-38.
• Casas Anguita J, Repullo Labrador JR, Donado Campos J. La encuesta como técnica de investigación. Elaboración de cuestionarios y tratamiento estadístico de los datos (II). Aten Primaria. 2003; 31: 592-600.
• Meneses J, Barrios M, Bonillo A, Cosculluela A, Lozano LM, Turbany J, Valero, S. Psicometria. Barcelona: Editorial UOC; 2013.
Bibliografía complementaria:
• Burns KE, Duffett M, Kho ME, Meade MO, Adhikari NK, Sinuff T, et al. A guide for the design and conduct of self-administered surveys of clinicians. CMAJ. 2008; 179: 245-52.
• Czaja R, Blair J. Designing surveys. A guide to decisions and procedures. Thousand Oaks (CA): Sage Publications; 2005.
• Fowler FJ. Survey reseach methods. Thousand Oaks (CA): Sage Publications; 2009.
- Impulsar a realización de traballos de investigación que sexan relevantes no ámbito da sáude.
- Contribuir á familiarización coa lectura e interpretación de textos sobre calidade dos cuestionarios.
- Coñecer as bases dun proceso de medida.
- Saber empregar criterios psicométricos para seleccionar os ítems dun cuestionario.
Os contidos teóricos do programa desenvolveranse nas clases expositivas, realizándose unha abordaxe de aspectos máis prácticos na docencia interactiva mediante a realización de tarefas sobre casos reais que permitirán ao alumnado desenvolver, analizar e expoñer competencias adquiridas na docencia expositiva.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación continua (50%): a avaliación continua realizarase en base á entrega de exercicios propostos polo profesorado e/ou a presentación de traballo en clase de maneira individual ou en grupo reducido. Todos os traballos plantexados serán de carácter obrigatorio. Para que estas actividades consten na avaliación final e para que o alumnado teña dereito a presentarse ao exame final, deberá asistir como mínimo ao 75% das clases tanto expositivas como interactivas. Tamén deberá ter presentado con anterioridade ao exame os traballos obrigatorios. O profesorado rexistrará a asistencia á clase.
Exame final (40%): consistirá na resolución de cuestións prácticas e/ou teóricas sobre o contido da asignatura.
Autoavaliación (10%): consistirá na avaliación da percepción do progreso na materia.
O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o mesmo que na sesión ordinaria, o alumnado deberá ter cumpridos todos os requisitos de presencia e de presentación de exercicios e traballos que para a sesión ordinaria. Non procede ningunha presentación de traballos entre o exame da convocatoria ordinaria e a proba de xullo.
Traballo presencial (10h) e non presencial (síncrono -6h- e asíncrono -8h-):
- Expositiva: 10 horas
- Seminario: 6 horas
- Interactiva: 8 horas
Traballo persoal do estudante, non presencial:
Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario adicar ao estudo arredor de 1,5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
En relación á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria 1 hora para a revisión da clase e/ou realización de actividades planificadas.
- A asistencia e participación de maneira activa en todas as actividades presenciais é fundamental para o seguimiento e superación da materia
- O estudo e preparación dos temas de forma sistemática e continuada contribúe ao desensolvemento fluido da materia, así como á resolución de dúbidas durante toda a súa impartición e non só na fase final correspondente á avaliación.
- A preparación desta materia debería abordarse de maneira complementaria ás demáis asignaturas, de maneira integral ao plan de estudos.
ASISTENCIA A CLASE
Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A ensinanza desta titulación é de tipo presencial, sendo obrigatoria a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. En caso de falta por causa de forza maior, esta deberá ser xustificada en tempo e forma ao docente responsable da materia.
A asistencia como mínimo ao 80% das clases de seminario é preceptiva para poder presentarse ao exame final e poder superar a materia
Aplicarase a exención de docencia só nos casos determinados polo centro, no referente á docencia expositiva, pero non na interactiva.
ENTREGA DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DE DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS
Atendendo ao artigo 9.2.a do Estatuto do Estudante da USC e ao artigo 36 da Lei Orgánica do Sistema Universitario, nas clases expositivas e interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) salvo cando o autoricen expresamente os profesores. O alumnado responsabilizarase das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS
Para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo terase en conta o establecido no Protocolo de atención a persoas condiscapacidade (Área de Integración do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC). Realizaranse as debidas adaptacións metodolóxicase/ou adaptacións curriculares para dar resposta ás necesidades educativas do citado alumnado.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Silvia Novio Mallon
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | TEAMS |
19.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
29.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.02 |