Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Introducir ao estudante nas limitacións que presenta a utilización clínica de determinadas moléculas activas, consideradas problemáticas desde un punto de vista biofarmacéutico e farmacocinético.
- Proporcionar ao estudante unha visión actualizada e crítica acerca das principais barreiras existentes nas diferentes vías de administración, que se opoñen ao acceso das moléculas activas a circulación sistémica e/o ao seu lugar de acción.
- Describir as novas estratexias e os sistemas de liberación de moléculas activas máis innovadores deseñados coa finalidade de superar as devanditas barreiras.
- Discutir os mecanismos mediante os cales os sistemas descritos permiten mellorar as características biofarmacéuticas e farmacocinéticas dos fármacos que inclúen.
A) PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS (bloques temáticos fundamentais) (18h):
TEMA 1. Introdución. Vías de administración e sistemas de liberación de fármacos: Barreiras a superar e novas perspectivas na liberación avanzada de fármacos.
TEMA 2. Novos sistemas de administración oral de fármacos.
Tema 2.1. Sistemas de residencia gástrica prolongada.
Tema 2.2. Sistemas de liberación colónica.
Tema 2.3. Nanoestructuras para a administración oral de péptidos.
TEMA 3. Novos sistemas de administración bucal/na cavidade oral de substancias activas.
TEMA 4. Novas estratexias de administración de fármacos pola vía nasal:
Tema 4.1 Sistemas destinados á absorción nasal de fármacos.
Tema 4.2. Sistemas de liberación de fármacos ao cerebro vía “Nose-to-Brain”.
TEMA 5. Novas estratexias de administración pulmonar de fármacos.
Tema 5.1. Principais barreiras e novos sistemas de administración pulmonar.
Tema 5.2. Aplicacións dos sistemas micro-nanoestructurados.
TEMA 6. Novas estratexias de administración ocular de fármacos.
TEMA 7. Outros exemplos de aplicacións dos novos sistemas de administración.
Tema 7.1. Novos sistemas de administración en terapia génica.
Tema 7.2 Sistemas deas3nados a conseguir a vehiculización de fármacos antitumorais. Tema 7.3. Teragnosis e medicina personalizada.
TEMA 8. Aplicación de impresión 3D no desenvolvemento de sistemas de administración de fármacos/enxeñería de tecidos.
B) CLASES INTERACTIVAS (24h):
Realización e exposición dun traballo sobre un sistema de administración novo:
Os alumnos realizarán un traballo de revisión no que propoñerán un novo sistema de administración relacionado con algún dos temas da materia. Para iso consultarán diversas Bases de datos (indicadas a continuación).
Escribirán un informe sobre a proposta, que expoñerán oralmente #ante a clase nun tempo de 10-15 minutos, deixando a continuación 10 minutos para a discusión.
O traballo será realizado individualmente ou por un equipo de máximo 3 alumnos. Para a realización do traballo poderán ter titorías cos profesores da materia.
Seminarios de resolución de problemas específicos:
Poderanse incluír tamén unha serie de seminarios nos que se presentarán problemas específicos de vías de administración, fármacos, patoloxías ou terapias concretas, e discutiranse as posibles solucións atopadas polos alumnos nas publicacións científicas máis recentes.
Os alumnos utilizarán fundamentalmente a bibliografía proporcionada polas profesoras e a obtida en procuras bibliográficas nas bases de datos como Web of Science (WOS), SciFinder Scholar, SCOPUS, MEDLINE, ResearchGate, Google Scholar etc
RESULTADOS DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS:
• Comprender as limitacións que presenta a utilización clínica de determinados fármacos: CB6, CB7, CG1, CE1, CE3.
• Dispoñer dunha visión actualizada e crítica acerca das principais barreiras existentes no acceso dos fármacos: CB6, CG1, CE1, CE3, CE8.
• Coñecer as novas estratexias e sistemas de liberación de fármacos máis innovadores: CB6, CB7, CG1, CG2, CG10, CE1, CE3, CE8.
• Discernir os mecanismos mediante os cales os sistemas descritos permiten mellorar as características biofarmacéuticas e farmacocinéticas dos fármacos: CB6, CG1, CE1, CE3.
• Aplicar conceptos teóricos a casos prácticos: CB7, CB9, CG2, CG7, CE15.
• Traballar en equipo: CB7, CB9, CG8, CG9, CE6.
• Saber empregar as TICs para buscar información científica: CB10, CG3, CG6, CG10, CE6.
• Expoñer e defender un traballo sobre resolución de problemas aplicado a un tema específico: CB7, CB8, CB9, CG7, CG8, CG9, CG10, CE3, CE8, CE13, CE15.
CLASES EXPOSITIVAS, INTERACTIVAS, TITORÍAS:
A) CLASES EXPOSITIVAS:
- As Clases Expositivas serán impartidas de forma presencial.
- Utilizaranse presentacións en PowerPoint ou similar.
- O material didáctico será facilitado aos estudantes preferiblemente antes das clases a través do Campus virtual aos estudantes.
B) CLASES INTERACTIVAS:
- As Clases Interactivas serán presenciais.
- Os estudantes (individualmente ou en grupos de ata 3) realizarán un traballo no que propoñerán un novo sistema de administración. Escribirán un informe que incluirá: Resumo, Antecedentes, Obxectivo, Metodoloxía e Referencias bibliográficas; que presentarán oralmente e defenderán #ante a clase (tempo de presentación: 10-15 minutos, tempo de discusión: 10 minutos).
- Presentaranse problemas específicos para fomentar a discusión dos alumnos.
C) TITORÍAS PERSONALIZADAS:
- O obxectivo é orientar o traballo aplicado do alumno e a resolución de dúbidas.
CAMPUS VIRTUAL:
- O calendario, horarios, datas de exames, actividades e tarefas da materia xestionaranse a través do Campus Virtual, onde o estudante atopará toda a información necesaria relacionada coa impartición da materia.
- Os anuncios dirixidos ao estudantado realizaranse utilizando esta ferramenta.
- Ademais, os estudantes poderán consultar directamente cos profesores as dúbidas que poidan ter, ou suxerir calquera aclaración sobre a materia.
- É obrigatorio que o estudante faga uso da conta de correo RAI.
- A asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria.
- Establécese avaliación continua ao longo do curso e unha proba final específica complementaria á avaliación continua, que se realizará presencialmente.
• Asistencia e participación: 10%.
- En todo momento, terase en conta a participación/implicación do estudante ao longo do curso e a resolución dos problemas específicos expostos.
- Competencias avaliadas: CB6, CB7, CB8, CG1, CG9, CG10, CE1, CE3, CE8, CE9, CE15.
• Elaboración e presentación dun traballo (individual ou en grupos de ata 3 estudante): 50%.
- Os alumnos deberán participar obrigatoriamente na realización dun traballo e exposición da proposta nas clases interactivas, tras a elección dun tema consensuado cos profesores, o que representará un 50% da cualificación final (realización do traballo: 30%, exposición do mesmo: 10%, e respostas ás cuestións expostas: 10%).
- Competencias avaliadas: CB7, CB8, CB9, CG1, CG2, CG6, CG7, CG8, CG9, CG10, CE2, CE3, CE8, CE13, CE15.
• Proba final: 40%.
- A avaliación dos contidos teóricos completarase cun exame, que representará un 40% da cualificación final. O aprobado estará nunha cualificación de 5 sobre 10. O exame consistirá en preguntas tipo test de resposta única.
- Competencias avaliadas: CB6, CB7, CG1, CG2, CE8, CE15.
Horas de asistencia a clases expositivas: 18
Horas asistencias a clases interactivas: 24
Horas de titorías: 6 Horas de realización do exame: 2
Horas de traballo persoal do estudante: 100
HORAS TOTAIS: 150 horas (6 ECTs)
- O alumno debe orientar o estudo para comprender, razoar e relacionar os contidos da materia.
- Coñecemento de inglés básico e manexo de programas
- Manexo de fontes bibliográficas
PREVENCIÓN DA FRAUDE ACADÉMICA.
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na correspondente convocatoria, con independencia do proceso disciplinario que se poida iniciar contra o/a estudanteinfractor/a. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados obtidos de fontes de acceso público sen reelaboración ou reinterpretación e sen a debida cita de autorías e fontes.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
ASISTENCIA Á CLASE.
De acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, a asistencia a clase é obrigatoria.
USO DA CONTA RAI.
É obrigatorio que o estudantado faga uso da conta de correo RAI.
USO DA AULA VIRTUAL E ENTREGA DE TRABALLOS.
Os avisos, actividades e tarefas da materia xestionaranse a través da aula virtual. Os traballos realizados polo estudantado deberán entregarse tamén a través desta plataforma.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación cos traballos persoais ou en grupo que se realicen para a materia, deben terse en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; - Sempre que sexa posible, utilizar grapas no canto de encadernacións; - Imprimir a dobre cara e en calidade “aforro de tinta”; - Sempre que sea posible empregar follas en branco como separadores de capítulos ou partes; - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO.
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase o uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotián na aula como nos traballos académicos encomendados.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS.
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL.
Non se poderá utilizar o teléfono móbil na aula, agás cando se empregue como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, sendo o estudantado responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inadecuado.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE.
Debe terse en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é de carácter privado. Neste sentido, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS.
Pódese acceder á normativa de referencia “Política de Privacidade e Protección de Datos da USC” en:
https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Maria Del Carmen Remuñan Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815045
- Correo electrónico
- mdelcarmen.remunan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ignacio Insua Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
Martes | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
Mércores | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
Xoves | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |