Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 16 Total: 34
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
- Coñecer os novos avances na organización celular e subcelular dos compoñentes do sistema visual.
- Comprender os procesos que orixinan e manteñen a arquitectura funcional dos compoñentes do sistema visual.
- Coñecer os fundamentos neurobiolóxicos do avellentamento, dexeneración e rexeneración do sistema visual.
- Ser conscientes de como os avances na bioloxía do sistema visual repercuten no coñecemento do seu funcionamento en condicións normais e de enfermidade e nas posibilidades de terapia.
- Coñecer como a bioloxía celular do sistema visual está imbricada con outras disciplinas da óptica.
- Ser capaz de obter e analizar a bibliografía axeitada para preparar a materia e para actualizar os coñecementos de forma autónoma.
* Docencia teórica (No presencial - Asíncrona) (16 horas). Poranse a disposición do alumnado os contidos do programa teórico utilizando diferentes formatos de presentación, que poderán estar acompañados de audio e/ou vídeos explicativos nun entorno on-line.
* Docencia interactiva seminario (Presencial) (16 horas). O alumnado, dirixido polo docente, fará exposicións orais e resolverá problemas e cuestións relacionadas cos contidos especificados no programa de Teoría.
BLOQUE 1 Bioloxía celular da visión.
Tema 1.- Tipos celulares implicados. Neurobioloxía da retina: fotorreceptores e fototransdución (2h).
Tema 2.- Transdución de sinais no sistema visual (2h).
BLOQUE 2 Evolución e desenvolvemento do sistema visual.
Tema 3.- Tipos de ollos. Evolución celular e molecular do sistema visual (2 h).
Tema 4.- Desenvolvemento do ollo: mecanismos de indución da formación do ollo. Morfoxénese do ollo. Alteracións do desenvolvemento do ollo (2 h).
BLOQUE 3 Bases celulares e moleculares do avellentamento e dexeneración do sistema visual.
Tema 5.- Bases celulares e moleculares do avellentamento na óptica do ollo e nas vías visuais (2 h).
Tema 6.- Procesos de neurodexeneración. Morte celular no sistema visual (2 h).
BLOQUE 4 Bases celulares e moleculares da neuroprotección e rexeneración no sistema visual.
Tema 7.- Neuroprotección. Rexeneración da retina. Rexeneración do nervio óptico (2 h).
Tema 8.- Fundamentos biolóxicos da terapia xénica e celular. Xeración do tecido retiniano a partir de células nai (2 h).
* Titorización en grupo reducido (Presencial) (2 horas)
Titoría 1. Exporanse as normas para o desenvolvemento das actividades dos seminarios (1 h).
Titoría 2. Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia (1 h).
Bibliografía básica
. Webvision. The Organization of the Retina and Visual System Kolb H, Nelson R, Fernández E, Jones B eds. http://webvision.med.utah.edu/. É un libro electrónico de libre acceso na Internet, que se actualiza constantemente. Para acceder ao libro por webvision en google ou seguir o enlace: http://webvision.med.utah.edu/.
. LUO, L. Principles of Neurobiology. Garland Science. New York, 2016.
. KANDEL, E.R., SCHWARTZ, J.H., JESSEL, T.M. (Eds). Principios de Neurociencia 4ª. edición. McGraw-Hill Interamericana, 2000.
Bibliografía complementaria
Artigos de investigación relacionados con cada un dos Temas recollidos no Programa de Teoría. Toda a bibliografía recomendada é de libre acceso en internet ou accédese a ela a través de Pubmed (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/) dende o dominio da USC.
Outro material de apoio
Dev Tutorials en http://11e.devbio.com/ Gilbert, SF and Barresi, M. Developmental Biology. Capítulo 26, Development and Evolution. Sinauer Associates, Sunderland MA, 2016.
Outra información na Internet
1.- Biblioteca da USC.
http://busc.usc.es
2.- Bibliografía sobre Bioloxía Celular.
http://www.cell-biology.com
http:// www.roberthooke.org.ok
http://cellbio.utmb.edu/cellbio/membrane.htm
http://www.microanatomy.net/index.asp
• Coñecementos
- Con01. Demostrar coñecementos desde distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
- Con03. Demostrar coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado.
- Con06. Afondar no estudio das ciencias básicas da visión, como ferramenta de coñecemento e de apoio á especialización profesional e investigadora.
- Con13. Demostrar coñecemento no estudo das ciencias básicas da visión, como ferramenta de coñecemento e de apoio á especialización profesional e investigadora.
• Habilidades e destrezas
- H/D01. Demostrar habilidades desde distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
- H/D04. Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
- H/D05. Adquirir a habilidade para o manexo de Tecnoloxías d Información e la Comunicación (TIC).
- H/D06. Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
• Competencias
- Comp01. Capacidade para aplicar distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
- Comp03. Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
- Comp06. Capacidade para transmitir os resultados da investigación a públicos especializados, académicos e xeralistas.
- Comp08. Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
. A primeira titoría (1 h) empregarase para explicar a metodoloxía do ensino e explicar as normas para o desenvolvemento das actividades dos seminarios.
. A profesora porá a disposición dos alumnos/as, a través do Campus Virtual, un cuestionario e unha presentación de apoio asociados a cada un dos 8 temas do Programa de Teoría. Cada cuestionario inclúe unha serie de preguntas e respostas que deben ser utilizadas como guión polo alumnado para preparar cada tema. Cada presentación de apoio inclúe textos e imaxes de apoio adicionais, así coma bibliografía específica para afondar nos contidos correspondentes ao tema.
. Todos os alumnos/as deberán ler e comprender a información dos cuestionarios e presentacións de apoio antes da sesión presencial de seminario correspondente a cada tema.
. Cada alumno/a deberá preparar a presentación dunha parte ou da totalidade dun tema seguindo o guión indicado no cuestionario, coa axuda dos textos, imaxes e bibliografía proporcionados na presentación de apoio. A profesora indicará a cada alumno/a o tema ou partes do tema a preparar.
. Durante as sesións presenciais de seminario correspondente a cada tema (2 h/tema), os alumnos/as exporán a parte ou totalidade do tema asignado. A profesora poderá solicitar a resposta ás preguntas do cuestionario tanto ao alumno/a que realiza a exposición coma aos restantes alumnos/as do curso, de tal forma que todo o alumnado participe en cada un dos seminarios. A profesora fará as aclaracións pertinentes para facilitar a comprensión da materia, axudar a relacionar distintos conceptos e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. A asistencia a estas sesións é obrigatoria e controlarase mediante listaxe.
. A última titoría (1 h) empregarase para resolver calquera dúbida sobre os contidos da materia que puidera persistir tralas sesións de seminario. A asistencia a esta sesión é obrigatoria.
. As dúbidas poderán resolverse tamén a través do Foro de dúbidas do Campus Virtual.
O alumnado será cualificado mediante avaliación continua combinada con proba final. Este sistema de avaliación será aplicado para as dúas oportunidades. Na segunda oportunidade haberá opción a realizar unha nova proba final pero non a repetir a avaliación continua.
A avaliación continua consistirá na exposición dunha parte ou da totalidade dun tema e na resposta ás preguntas do cuestionario. Cada alumno/a terá oportunidade de responder cinco preguntas dos distintos cuestionarios ao longo do curso. A media da avaliación continua nos 8 cuestionarios suporá o 30 % da cualificación final (20 % exposición; 10 % respostas ao cuestionario).
A asistencia ás sesións presenciais de titorías e seminarios é obrigatoria e suporá o 10% da cualificación final.
A proba final será complementaria á avaliación continua. Terá carácter presencial. Suporá o 60% da cualificación final e superarase cunha puntuación mínima de 4 sobre 10.
Para os casos de realización fraudulenta da probas por plaxio ou uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso), sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
As persoas que repitan a materia deberán superar novamente a avaliación continua e o exame final.
Horas presenciais, 20 h
Docencia interactiva seminario (Presencial): 16 h (2 horas por tema)
Titorización en grupo reducido (Presencial): 2 h
Realización do exame: 2 h
Horas de traballo persoal, 76,5 h
Docencia teórica (Non presencial - Asíncrona): 16 horas (2 horas por tema)
Preparación de exposición oral (1 tema): 16 horas
Resolución dos cuestionarios de cada tema: 40 h (5 h por tema)
Resolución de dúbidas a través do Foro de dúbidas no Campus Virtual: 4,5 h
. Consulta da bibliografía recomendada dos enlaces de internet que serán proporcionados coas presentacións dos distintos temas.
. Elaboración dos temas a partir dos cuestionarios e presentacións de apoio. Lectura e comprensión da información dos cuestionarios e presentacións de apoio antes da sesión presencial de seminario correspondente a cada tema.
. Asistencia e participación activa nas titorías e seminarios.
. Estudo e revisión semanal da materia.
. Facer uso frecuente do Foro de dúbidas para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
. Preparación para o exame final facendo uso dos temas elaborados a partir dos cuestionarios e material de apoio.
Eva Maria Candal Suarez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816947
- Correo electrónico
- eva.candal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | Aula 5 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 5 |
15.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
29.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |