Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao rematar esta materia, o/a estudante debe ser quen de:
• Coñecer o proceso de avaliación de proxectos.
• Ser capaz de analizar a viabilidade económico-financeira de calquera proxecto (innovador, tecnolóxico, de nova implantación, de mellora en procesos, produtos e servizos...).
• Coñecer as fontes de financiamento para os proxectos empresariais.
• Decidir a estrutura financeira máis apropiada para financiar calquera proxecto.
Tema 1: Avaliación dun proxecto de investimento: conceptos elementais
Tema 2: Plan de negocio: índice e criterios de valoración de investimentos
Tema 3: Análise e valoración económico-financeira: Ingresos e custos
Tema 4: Análise e valoración económico-financeira: Investimentos e financiamento inicial
Tema 5: Análise e valoración económico-financeira: Estados financeiros previstos
Tema 6: Análise e valoración económico-financeira: Análise de rendibilidade
Tema 7: Análise e valoración económico-financeira: Análise do risco
Tema 8: Principais fontes de financiamento empresarial a longo prazo
Tema 9: Principais fontes de financiamento empresarial a curto prazo
BREALEY, MYERS y ALLEN (2015): Principios de Finanzas Corporativas, 11ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2013): Modelos de Análisis y Valoración de Proyectos. ed. Andavira
Modeleva- Modelos Financieros en Excel (https://www.usc.gal/gl/investigar-na-usc/proxectos/modeleva )
Competencias específicas:
• CE1 – Comprensión crítica das diferentes teorías económicas da innovación e do desenvolvemento sustentable, do carácter multidimensional e global dos procesos de cambio económico e das súas crises, así como dos motores de ditos procesos.
• CE3 – Que o estudantado posúa coñecemento teórico e aplicado das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico para elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da sustentabilidade, economía circular e innovación.
• CE6 – Capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e xestionar programas e proxectos de I+D, economía circular, innovación ou desenvolvemento sectorial nos ámbitos propios de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial).
• CE7 – Adquirir o coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel no deseño e xestión de plans estratéxicos, programas e proxectos relacionados co desenvolvemento económico circular, a innovación e a sustentabilidade.
• CE8 – Capacidade para comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica, profesional, coa Administración Pública e coa sociedade en xeral sobre as diversas áreas de coñecemento no campo da sustentabilidade, economía circular e innovación.
Nas clases combinarase a exposición de contidos teóricos coa súa aplicación práctica e a análise de situacións reais. Prestarase especial atención ao manexo de programas informáticos específicos (follas de cálculo), polo que é imprescindible que o/a estudante desenvolva competencias no seu uso.
Está previsto que a docencia sexa presencial, aínda que poderá combinarse, de forma excepcional e xustificada, con docencia virtual ata un máximo do 10% das horas da materia.
O apoio titorial realizarase de forma presencial e virtual, empregando o correo electrónico, a mensaxería ou os foros da aula virtual e MS Teams como canles de comunicación telemática.
O sistema de avaliación será continuo e estará formado por dous elementos:
• Avaliación continua (AC): 70% (7 puntos) ao longo do curso:
o Exames teórico-prácticos dos contidos dos temas 1 a 7, a resolver na aula: 3 puntos
o Entrega da análise de viabilidade económico-financeira dun proxecto empresarial (antes do exame final): 4 puntos
• Exame final teórico-práctico (data oficial): 30% (3 puntos). Temas 8 a 9.
As probas de AC serán obrigatorias e liberatorias. As persoas que non superen as probas de AC poderán ser avaliadas novamente desa parte no exame final.
Para poder computar a nota de avaliación continua requirirase unha asistencia participativa mínima do 80% das clases.
A dispensa de asistencia está regulada polo "Regulamento de asistencia a clases nas ensinanzas". Para o estudantado con dispensa aprobada pola Comisión Académica do Máster, o sistema de avaliación consistirá nun exame final teórico-práctico (data oficial) que representará o 100% da nota (10 puntos) e abarcará todos os temas da materia (Temas 1 a 12).
O sistema de avaliación será o mesmo nas dúas convocatorias ordinarias.
Expositivas: 9
Interactivas:12
Titoría: 3
Lectura a bibliografía recomendada: 25
Estudo e realización de casos prácticos: 26
Total volumen de traballo: 75
Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases presenciais, así como o uso das titorías. É importante consolidar os coñecementos a medida que se imparten, dada a continuidade da materia e a conexión entre os temas. Deste xeito, obterase un maior aproveitamento dos contidos teóricos e prácticos.
Recoméndase ter coñecementos previos de contabilidade, finanzas e follas de cálculo.
O estudantado contará co apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso onde se ofrecerá a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico do estudantado e a revisión de cualificacións.
Sara Fernandez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811606
- Correo electrónico
- sara.fernandez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 4 |
29.04.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 4 |
17.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 4 |