Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Integrar os factores naturais no coñecemento histórico.
2. Coñecer os procesos históricos de degradación e de protección da paisaxe e da natureza.
3. Reflexionar sobre os recursos naturais como fonte de conflitos sociais e políticos.
4. Reparar na potencialidade da Historia Ambiental como ferramenta para a posta en valor da paisaxe e como apoio para a dotación de novos usos da natureza.
5. Ser capaces de comunicarse e definir con rigor o vocabulario específico da Hª. Ambiental.
6. Organizar, deseñar e desenvolver de actividades educativas na natureza e ao aire libre.
Unidade Didáctica 1: Historia Ambiental. Definicións e praxes
1.1 Que é a Historia Ambiental? Unha nova mirada cara a relación entre a sociedade e a natureza.
1.2 Fontes, metodoloxías e tendencias da Historia Ambiental.
Unidade Didáctica 2. Movementos sociais contemporáneos verdes.
2.1 As mil caras do pensamento verde: Conservacionismo, Preservacionismo, Ambientalismo.
2.2 Unha resposta á crise ecolóxica no século XX: Ecoloxismos. Pensamento e Movemento sociais.
2.4 Salto á política: os Partidos Verdes.
Unidade Didáctica 3. Conflitos ambientais no mundo contemporáneo.
3.1 Novas visións do conflito social dende a Historia Ambiental.
3.2 Conflitividade socioambiental: teorías e metodoloxías.
3.3 Voces subalternas
Unidade Didáctica 4. Dinámica evolutiva dos ecosistemas e agroecosistemas.
4.1 Formas de apropiación socioambiental da natureza. Do "modo de uso campesiño" ao "modo de uso industrial".
4.2 Da natureza como recurso á natureza como paisaxe: debete arredor das medidas proteccionistas.
4.3 Paisaxes impostas
Básica:
AGNOLETTI, M. ; EMANUELI, F. (ed.) (2026), Biocultural diversity in Europe, Nova York, Springer
ALTIERI, M.A. (2028), Agroecology: the science of sustainable agriculture, Barkeley, CRC Press
DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, F., (2006), La cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura 1750-1972, Vigo, Galaxia
GONZÁLEZ DE MOLINA, M., (1993), Historia y medio ambiente, Madrid, Eudema
MCNEIL, J.R., (2003), Algo nuevo bajo el sol. Historia medioambiental del mundo en el siglo XX, Madrid, Alianza Editorial
ORTEGA CANTERO, N., (ed.), (2003), Estudios sobre historia del paisaje español, Madrid, Libros de la Catarata
TOLEDO, V.; BARRERA-BASSOL, N., (2008), La memoria biocultural. La importancia ecológica de los saberes tradicionales, Icaria.
Complementaria:
ANTROP, M. (2005). "Why landescapes of the past are important for the future", Landescape Urban Planing, 70 (1-2), pp. 21-35
BERTOLOMEU-SÁNCHEZ, J.R. (2021), Tóxicos, pasado y presente : pensar históricamente un mundo tóxico, Barcelona, Icaria
CÁNCER, L.A., (1999), La degradación y la protección del paisaje, Madrid, Cátedra
COLLANTES, F.; PINILLA, V. ( 2019), ¿Lugares que no importan? La despoblación de la España rural desde 1900 a nuestros días, Zaragoza, PUZ.
CASADO DE OTAOLA, S. (1997), Los primeros pasos de la Ecología en España. Madrid: Amigos de la Residencia de Estudiantes/Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
FOLCHI, M. "Conflictos de contenido ambiental y ecologismo de los pobres: no siempre pobres, ni siempre ecologistas», Ecología Política, 22, 2001, p. 79-100
FUENTES COLMEIRO, R., (2006), Agrosistemas sostenibles y ecológicos, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela
GONZÁLEZ DE MOLINA, M.; MARTÍNEZ ALIER, J., (ed.) (2001), Naturaleza transformada, Barcelona, Icaria
GONZÁLEZ DE MOLINA, M. et al. "Los conflictos ambientales como conflictos sociales. Una mirada desde la ecología política y la historia", Ecología Política, 50, 2015, p. 31-45.
IRIARTE GOÑI, I; INFANTE AMATE, J. (ed.). (2024), Impactos ambientales del crecimiento económico en España. Una perspectiva histórica, Zaragoza, PUZ
MARTÍNEZ ALIER, J., (2005), El ecologismo de los pobres, Barcelona, Icaria
MYTTING, L. (2016), El libro de la madera. Una vida en los bosques, Alfaguara
NORGAARD, R. (1995), Development Betrayed. The end of profess and a coevolutionary revisioning of the future, Rotuledge Press.
ORTEGA SANTOS, A.; MOLINA AGUADO, A., (2011), Oasis. Agua, Biodiversidad y Patrimonio, Granada, Editorial Atrio
RADKAU, J., (1993), "Que es la Historia del Medio Ambiente?", en Historia y Ecología, Ayer, 11, pp. 119-146
RIECHMAN, J., (2003), Cultivar la T(t)ierra. Políticas agrarias y alimentarias para entrar en el siglo XXI, Barcelona, Icaria
SABIO ALCUTÉN, A., (ed.), (2002), Naturaleza y conflicto social, Ayer, 46
SHIVA, V., (2004), Las guerras del agua. Un recurso cada vez más escaso asediado por los poderosos, Barcelona, Icaria
SIEFERLE, R.P. (2001): “Qué es la Historia ecológica?”, en GONZÁLEZ DE MOLINA, M. & MARTÍNEZ ALIER, J. (ed.), Naturaleza Transformada, Madrid, Ed. Icaria, pp. 31-55
SOTO FERNÁNDEZ, D. (2006), Historia dunha agricultura sustentábel. Transformacións produtivas na agricultura galega contemporánea, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia
SIGURDARDÓTTIR, S, Heida (2020), Una pastora en el fin del mundo, Capitán Swing
WORSTER, D. (1988), The Ends of the Earth. Perspectives on Modern Environmental History, Cambridge University Press
-BÁSICAS E XERAIS:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
-ESPECÍFICAS:
CE8 - Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
1) Aulas expositivas
O obxectivo das sesións expositivas é o desenvolvemento dos contidos incluídos no programa do curso. Estes contidos complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas. Nas clases expositivas presentarase unha síntese actualizada do conxunto de saberes acumulados en torno á relación entre sociedade e natureza en perspectiva histórica.
2) Aulas interactivas
O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar, profundar e discutir algúns aspectos concretos da materia.
Favorecerase a aprendizaxe autónoma. Nas aulas interactivas o alumnado traballará de maneira individual ou en pequenos grupos a partir de diferentes materiais propostos pola docente (textos, audiovisuais, fotografías, etc.) e distintas metoloxías (debate oral, comentario escrito colectivo, asistencia a conferencias, etc.). Tamén cabe traballar a partir de lecturas obrigatorias (artigos científicos e/ou capítulos de libro con información actualizada).
3) Actividade Titorial
As titorías individuais utilizaranse para o seguimento dos contidos teóricos, apoio ao desenvolvemento as tarefas, así como para recomendar bibliografía de apoio e material adicional, resolver dúbidas ou revisar comentarios e correccións.
As titorías grupais programaranse a demanda do alumnado.
4) Saídas de campo
Está prevista a saída na que os/as alumnos/as deben descubrir, sinalar e explicar o impacto humano e a súa evolución no tempo e, á súa vez, as pegadas do mesmo que quedan na paisaxe.
Realizarase, cando menos, unha saída prevista no horario e terá como destino a colonización de Terra Chá (Lugo). Ao longo do cuadrimestre poden xurdir oportunidades de formación que supoñan saír da aula da facultade para acudir a exposicións, ciclos de conferencias, etc.) e tamén se contemplará, se é o caso, a realización doutras saídas pola contorna dentro do horario da materia.
O alumnado ten a responsabilidade de adecuar ás condicións climáticas e orográficas das saídas propostas a súa vestimenta e calzado.
A avaliación é continuada.
Toda a actividade é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións expostas nas aulas, conclusións das lecturas, exercicios de observación na excursión mediante procedementos establecidos previamente, comentarios derivados das lecturas e o material audiovisual visionado ou o exercicio escrito final, no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas.
-Asistencia e participación:o esforzo continuado da realización das diferentes actividades comentadas repecutirá na cualificación final ata un 20%.
-Presentación de informes orais ou escritos: entregarse un traballo individual ou grupal sobre algunha temática relacionada directamente cos contidos da mataria, según se indique ao comezo do curso, en cuxa avaliación se terá en conta o aproveitamento das lecturas, os exercizos de observación nas saídas de estudos, comentarios derivados das lecturas e o material audiovisual visionado, etc. Este traballo suporá o 50% da cualificación final.
-Proba obxectiva: Exame que se realizará na data oficial marcada polo centro e que suporá o 30% da cualificación final.
As actuacións da docente rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). A realización de prácticas fraudulentas pode conlevar o suspenso na primeira e na segunda oportunidade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As/os estudantes que teñan dispensa de asistencia por traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para superar a materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas ao aire libre que están sinaladas no programa e horario de clases ou a entrega dun informe escrito seguindo as directrices dadas pola docente que compense a ausencia.
Todo alumno/a terá dereito á realización dun exame final como fórmula para establecer un diagnóstico sobre os logros alcanzados na materia en caso de non poder ser avaliado/a de maneira contínua sempre que conte coa dipensa oficial da USC.
O alumnado en segunda oportunidade e repetidor será avaliado cos mesmos criterios que o alumnado de primeira matrícula e primeria oportunidade.
TRABALLO PRESENCIAL
Clase presencial : 8 horas
Clases prácticas: 8 horas
Titorías individuais: 2 horas
Realización de exámenes: 2 horas
Outras tarefas propostas pola docente (saídas de campo): 7 horas
TOTAL horas de traballo presencial: 27 horas
TRABALLO PERSOAL
Estudo autónomo individual ou en grupo: 11 horas
escritura de exercicios e traballos: 15 horas
lecturas recomendadas e búsquedas bibliográficas: 15 horas
asistencia a actividades recomendadas: 3 horas
outras tarefas propostas: 4 horas
Total de horas de traballo persoal do alumnado: 48 horas
Participar activamente nos debates propostos nas aulas teóricas e prácticas,así como nas actividades e visitas programadas.
ASISTENCIA A CLASE
Fixada polo Consello de Goberno da USC no Regulamento de Asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (2024)
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Para os casos de realización fraudulenta de tarefas ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de calificacións: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade-proteccion-datos
Ana Cabana Iglesia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
13.01.2026 18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
30.06.2026 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |