Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O.E1- Discriminar auditivamente os elementos que compoñen a paisaxe sonora —a través dos procesos de percepción e de escoita
consciente— para a comprensión da súa significación en relación ao medio ambiental e o seu contexto sociocultural.
O.E2- Analizar a representación sonora dos diferentes modelos expresivos, que favoreza o estudo da súa evolución o longo do
tempo, a súa arquitectura na configuración de contornas culturais e espaciais, así como, o seu impacto na linguaxe musical.
O.E3- Profundar nas investigacións sobre o concepto de espazo sonoro —e as súas achegas— para o desenvolvemento da
relación da literatura existente, e a análise auditivo da contorna acústica desde a súa perspectiva artística, cultural e
pedagóxica.
OuE4- Explorar as posibilidades sonoras, tanto en formatos dixitais como analóxicos, que permitan a elaboración de materiais
propios desde a experimentación, a asociación e a representación de espazos, emocións e ideas, vinculados aos
procesos de creación.
O.E5- Deseñar propostas educativas en contextos naturais que promovan a implementación dos principios curriculares, a partir
do contacto directo coa contorna sonora, a integración da exploración sensorial e a expresión creativa.
BLOQUE 1. Percepción e espazo sonoro (OE1)
C1.1- Procesos sensoriais: captación de estímulos acústicos e o fenómeno sonoro.
C1.2- Procesos cognitivos: interpretación, recoñecemento, comparación e memoria na recepción sonora.
C1.3- Procesos afectivos: reacción emocional #ante os estímulos sonoros. Obxectivación e subjetivismo na resposta afectiva.
C1.4- Procesos culturais: codificación simbólica, normas sociais de escoita e hábitos sonoros.
BLOQUE 2. A paisaxe sonora (OE2; OE3)
C2.1- Compoñentes da paisaxe sonora: teoría da paisaxe sonora e os seus principais representantes.
C2.2. Reflexión crítica da contorna acústica.
- Hi-fi vs. O-fi: Ambientes sonoros onde os detalles son claramente perceptibles (alta fidelidade) vs. espazos
sobrecargados (baixa fidelidade).
- Sons crave (keynotes): Sons permanentes que forman parte do fondo (ex. o ruído do tráfico, o vento).
- Sinais sonoros (sound signals): Sons destacados e significativos (campá, voz, sirena).
- Marcas sonoras (soundmarks): Sons identitarios dun lugar (unha fonte, unha igrexa, un canto de ave específico). O
caderno sonoro e a arquitectura das cidades.
C2.3- A imitación da natureza na composición musical e a súa influencia na expresión artística. Referencias de obras e
artistas da arte sonoro e a música experimental (John Cage, Hildegard Westerkamp, Pierre Schaeffer, Murray
Schafer, entre outros).
BLOQUE 3. A composición na aula (OE4)
C3.1- Fontes sonoras naturais, humanas, tecnolóxicas. Calidades do son.
C3.2- Introdución á gravación e manipulación básica de son (Software básico de edición e composición: Audacity,
Soundtrap, BandLab).
C3.3- Procesos de creación: Experimentación, o xogo sonoro e a organización de sons en estruturas rítmicas,
melódicas, narrativas ou espaciais na produción de significados.
C3.4- Deseño de micro-pezas sonoras ou paisaxes sonoras.
C3.5- Reflexión sobre as fases do proceso creativo e xustificación da toma de decisións compositivas nas propostas
elaboradas.
BLOQUE 4. A expresión musical no deseño curricular (OE5)
C4.1- Os principios curriculares nas disciplinas artísticas e a súa adaptación ás propostas didácticas no aire libre.
C4.2- Os procesos metodolóxicos relativos á didáctica da percepción sonora e a súa experiencia sensible. Características e
planificación do seu ensino- aprendizaxe.
C4.3- Criterios de selección e creación de materiais didácticos en relación á súa idoneidade didáctica.
C4.4- A avaliación dos procesos artísticos na área de expresión musical. Posibilidades e limitacións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Espinosa, S. (2006). Ecología acústica y educación. Bases para el diseño de un nuevo paisaje sonoro. Graó.
Johnson, D.H. (Ed.) (1995). Bone, Breath &Gesture. Practices of Embodiment. North Atlantic Books.
Schafer, R.M. (2013). El paisaje sonoro y la afinación del mundo. Intemedio.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Buzzarté, M. y Bickley, T. (Eds.) (2012). Anthology of Essays on Deep Listening. Deep Listening Publications.
Cox, T. (2014). The Sound Book. The Science of the Sonic Wonders of the World. W.W. Norton & Company.
Hakell, D.G. (2014). En un metro de bosque: un año observando la naturaleza. Turner.
Hendy, D. (2013). Noise. A human history of sound and listening. Profile Books.
Krause, B. (2021). A grande orquestra animal: á busca das orixes da música nos espazos salvaxes do planeta. Kalandraka.
Maitland, S. (2010). Viaje al silencio. Alba.
Mathieu, W.A. (1991). The listening book. Discovering your own music. Shambhala Publications.
Oliveros, P. (2019). Deep Listening. Una práctica para la composición sonora. Edictoràlia.
Schaeffer, P. (1996). Tratado de los objetos musicales. Alianza.
Schafer, R. M. (1998). Limpieza de oídos: Notas para un curso de música experimental. Ricordi Americana.
Schafer, R. M. (1998). El nuevo paisaje sonoro: Un manual para el maestro de música moderno. Ricordi Americana.
RECURSOS WEB
http://www.escoitar.org
http://www.eumus.edu.uy/ps/txt/werner.html
http://www.catpaisatge.net/dossiers/psonors/esp/bibliografia.php
http://www.artesonoro.net/artesonoroglobal/artesonorohistoria.html
http://www.uclm.es/cdce/sarmiento-clase/BiblioDisco/A2B2U3.html
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas
novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE8 - Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a
realización de actividades.
CE9 - Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais
primigenios.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
- Desenvolver unha escoita atenta da contorna.
- Coñecer os elementos básicos da gravación e a súa manipulación en computador.
- Aprender a realizar mapas sonoros.
O deseño metodolóxico da materia desenvolverase a partir da exposición teórica, exploración activa, traballo de campo, uso de tecnoloxía e creación artística, co obxectivo de que o alumnado comprenda, experimente e produza a súa propia paisaxe e mapa sonoro. Neste sentido, distínguense as seguintes fases de traballo:
1. Fase Inicial:
- Clase expositiva dialogada con exemplos auditivos.
- Análise de fragmentos de obras sonoras ou rexistros reais.
- Lectura guiada de textos breves con discusión.
2. Fase de Exploración sonora da contorna:
- Escucha consciente e pautas para escóitaa activa. Identificación de fontes sonoras e o seu valor cultural ou simbólico.
- Deseño de instrumentos para o rexistro da contorna acústica con sentido crítico e sensible.
- Técnicas de gravación de campo (microfonía, planos sonoros, niveis).
3. Fase de Experimentación e creación sonora:
- Manexo básico de ferramentas para capturar e editar son. Introdución a apps ou software de gravación e edición (Audacity,
BandLab, Soundtrap, Reaper).
- Selección de sons representativos.
- Compoñer material sonoro ou mapa sonoro que represente un lugar, unha emoción ou unha narrativa.
4. Fase de Reflexión e aplicación didáctica:
- Presentación grupal das creacións sonoras e escoita colectiva sobre o vivido e aprendido.
- Análise das propostas realizadas para a reflexión do proceso creativo e as súas posibilidades no ensino artístico.
- Avaliación participativa do proceso creativo sobre a comprensión profunda do concepto de paisaxe sonora, así como sobre
a intención estética, expresiva e pedagóxica do proxecto artístico-educativo.
Seguindo a ficha da materia na Memoria do Máster e as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura da USC, a avaliación da materia tomará en consideración os seguintes aspectos:
A avaliación levarase a cabo de forma continua e terá unha finalidade formativa, entendida como un proceso que permite acompañar, mellorar e orientar a aprendizaxe ao longo do desenvolvemento da materia. Teranse en conta non só os produtos finais, senón tamén o compromiso, a participación e a progresión individual e colectiva.
1. PARTICIPACIÓN NA AULA (15%). Rexistro de asistencia e escala de observación
- Control de asistencia regular ás sesións presenciais.
- Participación activa nas actividades prácticas e nas discusións teóricas.
- Disposición para traballar en equipo, colaborar e compartir reflexións.
2. ELABORACIÓN DE INFORMES INDIVIDUAIS (25%). Rúbrica de informes (claridade, reflexión, fundamentación).
- Lectura crítica de textos teóricos vinculados co paisaxe sonoro, a educación sensorial, a música como recurso didáctico ou
arte sonora.
- Elaboración de informes breves sobre actividades, audicións ou camiñadas sonoras.
- Capacidade para relacionar os conceptos teóricos coa práctica vivida no curso.
3. ELABORACIÓN DO PROXECTO SONORO (60%). Rúbrica de avaliación
- Creación dun proxecto sonoro que integre os contidos traballados: teoría do paisaxe sonoro, exploración do entorno, uso
de ferramentas de gravación e edición, expresión creativa.
- Deberá incluír unha fundamentación teórica, unha descrición do proceso, materiais empregados e unha reflexión final.
- Atenderase a orixinalidade artística e as súas posibilidades didácticas.
- Presentación oral e/ou exposición final.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
- O alumnado con exención de docencia, contactará coa docente da materia para concretar a planificación do traballo tendo
en conta os criterios de avaliación, as actividades previstas, e o contexto do alumno.
- O alumnado que asista a menos do 80% das actividades presenciais, só poderá puntuados nos apartados 2 e 3.
- O alumnado que non supere a materia no período ordinario, disporá dunha segunda oportunidade no período
extraordinario.
*Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Esta materia segue o sistema de avaliación C) para a primeira convocatória ordinaria (Xaneiro), o que significa que a asistencia é “preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames. (...) con anterioridade á realización das probas deberá publicarse un listado do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse”. O alumnado que non acade o 80% de asistencia nas sesións, só poderá examinarse na segunda convocatoria (Xuño-Xullo).
TRABALLO PRESENCIAL (horas)
Clase presencial en grupo completo: 8
Clases prácticas: 8
Titorías: 2
Traballo presencial (otras tarefas): 9
TOTAL horas de traballo presencial: 27
TRABALLO PERSOAL (horas)
Estudo autónomo individual: 11
Lecturas recomendadas e escoitas: 11
Realización da paisaxe sonora 16
Asistencia a actividades recomendadas: 10
TOTAL horas de traballo persoal do alumnado: 48
Esta materia permitirá aos alumnos tomar conciencia do ámbito sonoro aprendendo a manexar o son como un elemento fundamental da nosa relación cos ámbitos, entendendo que o son é tamén patrimonio que debe preservarse e vivirse con conciencia deste. As paisaxes sonoras non soamente se encontran na natureza, senón que entendemos que ámbitos sonoros privilexiados os encontramos nas cidades. Será valorado unha actitude positiva cara á materia, xa que a escoita persoal é fundamental para todo o proceso.
Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Maria Isabel Romero Tabeayo
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 982821057
- Correo electrónico
- isabel.romero.tabeayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 30 |
14.01.2026 16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
29.06.2026 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |