Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos xerais deste prácticum son os seguintes:
Que os e as estudantes poñan en práctica os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nas diversas materias do máster, incorporándoos nas distintas institucións, organizacións ou empresas ás que se incorporen ou na súa práctica laboral.
Confrontar estes coñecementos coa praxe, facéndose conscientes por unha banda das dificultades da súa posta en marcha en situacións reais de traballo e, por outro, enriquecéndoos cun constante proceso de retroalimentación entre reflexión e práctica.
Adquirir hábitos de traballo en equipo e de aprendizaxe a través da experiencia de persoas expertas nos diversos ámbitos laborais.
Incorporar, coa súa presenza, a perspectiva do director de actividades educativas na natureza adquirida durante a formación ás empresas, organizacións e institucións nas que se incorporen.
Visibilizar as capacidades adquiridas durante o master facendo operativas as estratexias e ferramentas para implementar a perspectiva do director de actividades educativas no medio natural.
Dar a coñecer a institucións, organizacións e empresas o perfil profesional de experto/a en estudos interdisciplinares no medio natural.
A realización do practicum terá lugar en contacto directo con institucións e organizacións educativas públicas e/ou privadas, seleccionadas pola comisión de docencia do master, que permitan o desenvolvemento experiencial, a media responsabilidade como máximo, de todos os contidos do master. Os convenios a asinar establecerán a forma operativa de desenvolvemento, tendo en conta os seguintes criterios xerais:
1.- Haberá actividades de desenvolvemento individual e outras de desenvolvemento colaborativo;
2.- Cada alumno/a disporá dun/ha profesor/a-titor/a de referencia que supervisará o conxunto das prácticas;
3.- Cada alumno/a disporá dun titor/a no centro de desenvolvemento que será a súa referencia directa;
4.- Poderá haber actividades de preparación conxunta previas á estancia no centro e de reflexión conxunta, posteriores a devandita estancia.
5.- O conxunto de documentación elaborada (xa sexa individual e/ou colectiva) poderá ser a fonte básica da elaboración do Traballo Fin de Máster.
Debido a que a temática das diferentes investigacións é moi ampla, a bibliografía específica de cada unha será consensuada con cada titor/a de prácticum.
Competencias básicas e xerais
CG5 Que o estudantado sexa capaz de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornas naturais; en concreto, saberá deseñar unha actividade educativa orixinal sobre unha contorna natural previamente elixida.
CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun xeito que deberá ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias específicas
CE6 Que o estudantado sexa capaz de coordinar e dirixir organizacións relacionadas coa educación en contornas naturais.
CE7 Que o estudantado sexa capaz de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
CE8 Que o estudantado desenvolva a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
CE9 Que o estudantado teña actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.
CE10 Que o estudantado teña coñecementos integrais sobre o que é un medio natural.
CE11 Que o estudantado adquira habilidades para a xestión, a toma de decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se poidan presentar na organización e desenvolvemento de actividades.
CE12 Que o estudantado sexa capaz de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais e desenvolver a capacidade de intercomunicación.
As horas que esixen da presenza do alumnado oriéntanse á preparación e/ou reflexión sobre a estancia formativa nas institucións de referencia.
A fase de estancia poderá ter visitas do supervisor/a de cada alumno/a.
En devandita estancia o alumno/a asumirá unha función plenamente profesional e a disposición das necesidades da institución de acollida.
O prácticum será valorado desde dúas instancias distintas:
1.- A supervisión do máster, que terá en conta a participación activa nas sesións previas e posteriores, a actitude de colaboración e a memoria e dossier de documentación recompilada. Esta valoración será do 50% do total.
2.- O/A titor/a da institución, que valorará, de acordo coa documentación proposta pola comisión do prácticum, o axuste ás competencias profesionais que debe asumir na estancia na institución en todos os elementos de desenvolvemento. Esta valoración será do 50% do total.
Para superar a materia é necesario acadar o aprobado nas dúas partes independentemente.
Dado o carácter eminentemente práctico da materia Prácticum, a superación da mesma require obrigatoriamente a asistencia ao centro de prácticas, cun mínimo de 100 horas presenciais. Polo tanto, non se contempla a posibilidade de dispensa de asistencia para esta materia.
TRABALLO PRESENCIAL
Clase presencial en grupo completo (Orientacións para a estancia e reflexións da mesma): 6 horas
Titorías individuais e/ou en grupo reducido: 6 horas
Recollida de documentación xeral da experiencia: 8 horas
TOTAL de horas de traballo presencial: 20 horas
TRABALLO PERSOAL
Estudo autónomo individual e/ou en grupo: 10 horas
Escrita de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia: 10 horas
Lecturas recomendadas e buscas bibliográficas: 10 horas
Estancia activa: 100 horas
As prácticas externas representan un momento clave de aprendizaxe no máster, xa que permiten aplicar, en contextos reais, os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do programa. Recoméndase ao alumnado asumir esta experiencia cunha actitude proactiva, responsable e comprometida, valorando a oportunidade de integrarse temporalmente nun equipo profesional e de contribuír ao seu funcionamento.
É importante manter unha disposición aberta á aprendizaxe, capacidade de adaptación, iniciativa e respecto polas dinámicas e valores da entidade de acollida. Estas cualidades resultan fundamentais para o desenvolvemento de competencias transversais como a toma de decisións, a resolución de conflitos, o traballo cooperativo e a xestión ética de actividades educativas na natureza.
Algún aspecto deste programa pode sufrir variacións conforme ás dispoñibilidades de tempos e espazos, ou importantes prioridades na formación básica. Estas variacións serán debidamente comunicadas ao alumnado en tempo e forma.
Responsabilidade mediambiental:
Nesta materia promoversase o consumo responsable no sentido de evitar o exceso de recursos consumidos ou os productos innecesariamente perxudiciais para a saúde do medio ambiente.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula e no centro de prácticas como nos traballos académicos encomendados.
Perspectiva intercultural:
Tentaremos fuxir de modelos etnocéntricos da infancia e a educación, aspirando a abranguer a comprensión da diversidade de ciclos vitais e modelos educativos.
Perspectiva dos coidados:
Todo proceso de aprendizaxe saudable necesita de seguridade e confianza para levarse a cabo. Nese sentido, é relevante que nos responsabilicemos en conxunto do benestar das diferentes persoas da aula e dos centros de prácticas, promovendo a disposición ó diálogo, a consideración cas necesidades das outras persoas e o fomento da empatía. Isto abrangue as dimensións da expresión verbal respectuosa, o coidado das instalacións para o respecto ó persoal de servizos e a promoción dun clima que permita a aprendizaxe, entre outras cuestións de civismo e ética persoal.
09.06.2026 18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 30 |
09.07.2026 16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 30 |