Créditos ECTS Créditos ECTS: 2
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 34 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 8 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia constitúe unha aproximación ao ámbito das finanzas, coa que se pretende que o estudantado adquira un conxunto de nocións introdutorias ou xenerais sobre esta disciplina. O principal obxectivo a alcanzar é que os estudantes manexen conceptos financeiros desde unha perspectiva práctica que poidan resultarlles útiles nas súas relacións no mundo empresarial e no tratamento das súas posibles decisións de investimento e financiamento.
Tema 1: O valor do diñeiro no tempo
1. Capital financeiro: postulados
2. Operación financeira
3. Capitais equivalentes e leis financeiras
4. Leis financeiras de capitalización
5. Leis financeiras de desconto: Lei de desconto composta
6. Tipos de interese equivalente
Tema 2: Rendas e valor
1. Introdución: Suma financeira e vencemento común
2. Definición e elementos dunha renda
3. Clasificación das rendas
4. Metodoloxía para a valoración financeira de rendas
5. Aplicación práctica de valoración financeira de rendas: Valoración de activos financeiros
Tema 3: Os préstamos: sistemas e cadros de amortización
1. Introdución
2. O cadro de amortización: magnitudes
3. Sistemas de amortización
3.1. Sistema italiano ou de cotas decrecentes ou de cota de amortización constante
3.2. Sistema de cotas constante ou francés
3.3. Sistema americano
Tema 4: A contorna das decisións financeiras: introdución ao sistema financeiro
1. Introdución ao sistema financeiro
2. Os axentes económicos
3. Os activos financeiros
4. Os axentes mediadores e intermediarios
5. Os mercados financeiros
Tema 5: A función financeira da empresa: Investimento
1. ámbito de estudo das finanzas
2. O obxectivo financeiro da empresa e as decisións financeiras
3. Definición, características e tipoloxía do investimento
4. O Valor Actual Neto (VAN)
5. A Taxas Interna de Rendibilidade (TIR)
6. O prazo de recuperación
Tema 6: A función financeira da empresa: Financiamento
1. Introdución
2. Os recursos propios
2.1. As accións
2.2. As reservas
3. Os recursos alleos
3.1. Tipoloxía
3.2. Condiciones económicas: o custo de financiamento
BREALEY, MYERS y MARCUS (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas, 5ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España. Libro básico para los contenidos teóricos de la materia.
BREALEY, MYERS y ALLEN (2015): Principios de Finanzas Corporativas, 11ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
NAVARRO ARRIBAS, E. (2019): Matemáticas de las Operaciones Financieras. Ed. Pirámide.
PINDADO, J. (Coord.) (2011): Finanzas Empresariales, Paraninfo, Madrid
Esta materia de nivelación resulta fundamental para o adecuado aproveitamento académico das materias obrigatorias e optativas da titulación.
Pretende homoxeneizar os coñecementos previos dos estudantes, en particular daqueles que non cursaron esta materia previamente.
As competencias da materia son as recollidas na Memoria da Titulación. En concreto:
CG06 - Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG09 - Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CB07 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB09 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CT03 - Capacidade de análise e síntese
CE06 - Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa.
CE07 - Capacidade para realizar a xestión económica-financeira dunha empresa.
Nas clases compaxinaranse sesións expositivas e actividades prácticas dos estudantes. As sesións expositivas teñen como obxectivo a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma. Nas actividades prácticas trátase de que o estudante aplique os conceptos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas consistirán na realización de exercicios, comentarios de artigos relacionados coa materia, análise e exposición de tarefas propostas e casos prácticos relacionados co ámbito da materia.
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que se poderán realizar tamén de maneira virtual, tanto sincrónica (a través da plataforma institucional MS Teams) como asincrónica (campus virtual ou correo electrónico institucional). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle. Poderanse habilitar tarefas na aula virtual da materia con data e hora límite para a entrega de casos, traballos ou exercicios.
A participación activa e continuada nas actividades propostas, ademais de ser sometida a avaliación para a nota final, permitirá aos estudantes alcanzar os obxectivos da materia. Para superar a materia, o estudante terá que asistir polo menos ao 80% das actividades docentes programadas.
A avaliación consistirá en dous partes:
Avaliación continua (50% da cualificación final) que consistirá en:
– A realización de tarefas prácticas propostas na aula, representarán o 25% da cualificación final. Estas tarefas incluirán a entrega de documentación escrita e presentacións orais nas que o estudantado expoña a actividade proposta: realización de exercicios, comentarios sobre artigos, traballos, etc.
– A realización de probas sincrónicas propostas na aula que supoñerán un 25% da cualificación da avaliación continua. Consistirá en probas, en xeral, de tipo test, exercicios e/o de preguntas breves relacionadas cos contidos da materia e aspectos tratados.
Exame final ou proba final (50% da cualificación final). Esta proba de carácter obrigatorio realizarase nas datas establecidas no calendario de probas de 1ª e 2ª oportunidade. Poderá consistir en tipo test, exercicios e/o preguntas breves.
En caso de non superar a avaliación continua, poderá ser recuperada na proba final obrigatoria.
A dispensa de asistencia está regulada polo “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e master. Os estudantes que teñan concedida unha exención de asistencia a clase serán avaliados cunha proba ou exame final que será do 100% da nota
Para os casos de execución fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
En canto á avaliación de competencias:
a) Nas probas e no exame final poderán avaliarse: CB07, CB09, CT03, CE06
b) Na realización de tarefas asincrónicas poderán avaliarse: CG06, CG09, CB09, CT03, CE06, CE07
A materia é de 2 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo distribúense do seguinte modo:
Traballo presencial na aula (horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titoría e avaliación): 20 horas. Das cales:
– Docencia expositiva: 8h
– Docencia interactiva/ de seminario/ laboratorio (aula de informática, talleres etc.)/ etc.): 6h
– Titorías: 2h
– Outras sesións con profesor. Avaliación: 4h
Traballo presencial do estudante: 30 horas. A distribución inclúe o estudo autónomo individual ou en grupo (20 horas); escritura de exercicios, conclusións e outros traballos relacionados coa materia (6 horas); e lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar (4 horas).
Dado que se trata dunha materia de nivelación de poucas horas de duración recoméndase:
– Asistencia e participación activa na aula.
– Antes de cada clase o alumno debe preparar as liñas xerais de cada un dos temas que serán obxecto de desenvolvemento.
– Estudo continuado da materia dada a estreita relación entre os seus distintos contidos.
– Consulta das referencias bibliográficas e resolución de casos prácticos alternativos aos resoltos en clase.
– Para o seguimento e preparación da materia recoméndase a utilización do campus virtual da USC e a comunicación continua co profesor, a través das titorías persoais ou das ferramentas de comunicación virtuais.
– É recomendable estar familiarizado no uso da folla de cálculo Excel.
Sara Fernandez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811606
- Correo electrónico
- sara.fernandez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Martes | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Mércores | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Xoves | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
Venres | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
12.01.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
12.01.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
09.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
09.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |