Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao cursar esta materia o estudantado debe alcanzar os seguintes resultados de aprendizaxe:
- Comprensión do sistema de información contable dende unha perspectiva interdisciplinar.
- Aplicar a información de custos a distintas situacións/escenarios de toma de decisións e manexar a idea de custos diferentes para situacións/decisións/propósitos diferentes.
- Aprender a elaborar, presentar e analizar informes que sirvan de base para a resolución de problemas e a toma de decisións empresariais.
- Inserir a información de custos e rendementos na actuación integral da organización e relacionar os seus contidos cos das distintas actividades propias da xestión empresarial.
- Coñecemento e comprensión do papel da información contable como mecanismo para a avaliación e o control. Coñecer as implicacións da descentralización e delegación de autoridade para a contabilidade de custos.
(1) A Contabilidade de xestión e as súas relacións coa filosofía de xestión empresarial e outros sistemas de información contable.
(2) Xestión estratéxica de custos.
(3) Cálculo de custos e xestión baseada nas actividades.
(4) Estrutura informativa básica para o control organizativo: presupostación e control presupostario.
(5) A medición e avaliación do rendemento. Cadros de mando
Material dispoñible no Campus Virtual (transparencias utilizadas polos profesores como guión en clases e boletíns que conteñen exercicios relativos a cada tema).
Bibliografía Básica:
AIBAR GUZMÁN, B. e AIBAR GUZMÁN, C. (2022): Contabilidad de costes y Gestión: teoría y práctica. Garceta, Madrid.
HORGREN, C.T.; DATAR, S.M. y RAJAN, M. V. (2012): Contabilidad de costos. Un enfoque gerencial (14ª edición), Pearson, México.
REQUENA RODRÍGUEZ, J. M. y VERA RÍOS, S. (2009): Contabilidad interna (Contabilidad de costes y de gestión). Cálculo, análisis y control de costes y resultados para la toma de decisiones (3ª edición). Ariel Economía, Barcelona. Madrid.
Bibliografía Complementaria:
AECA: serie Principios de Contabilidad de Gestión.
ELDENBURG, l y WOLCOTT, S. (2005): Cost Management: Measuring, Monitoring, and Motivating Performance. Wiley
GARRISON, R.; NOREEN, E. y BREWER, P. (2007): Contabilidad administrativa. McGraw-Hill. (edición en castellano de Managerial Accounting)
KAPLAN, R.S. y ATKINSON, A.A. (1998): Advanced Management Accounting, Prentice Hall, New Jersey
WEYGANDT, J.J.; KIESO, D.E. y KIMMEL, P.D. (2008): Managerial Accounting (4ª edición).Wiley
Na Guía Docente suministrarase bibliografía adicional sobre cada tema.
Competencias Básicas e Xerais:
G1 - Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito financeiro e contable da empresa, en situacións de incerteza que emulen á realidade, así como para xestionar a información.
G2 - Capacidade para elaborar e defender argumentos sobre cuestións especializadas e resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do coñecemento adquirido sobre a realidade financeira e contable da empresa, as teorías, os modelos e os métodos axeitados
G3 - Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión financeira e contable e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
G4 - Capacidade de traballo en equipo e desenvolvemento de habilidades directivas. A toma de decisións leva consigo determinados riscos que é fundamental tomar de forma consciente. Esta toma de decisións require a integración da información achegada por persoas con distintos puntos de vista e información que pode resultar dispar ou responder a obxectivos diferentes. O/a alumno/a, deberá ser capaz de integrar estes puntos de vista distintos, desenvolvendo as habilidades sociais para interactuar como membro dun equipo de traballo.
G5 - Capacidade crítica e autocrítica. O/a alumno/a ha de ser capaz de formarse un criterio propio, integrando os coñecementos adquiridos, para determinar as bases sobre as que asentar os seus posicionamentos.
G6 - Capacidade de aprendizaxe autónoma para que o alumno poida seguir actualizándose constantemente no ámbito financeiro e contable, no que xorden continuamente novas teorías e prácticas.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida auto-dirixido ou autónoma.
Competencias Transversais:
T1 - Organización e planificación.
T2 - Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
T3 - Traballo en equipo.
T4 - Sentido ético.
T6 - Creatividade e capacidade innovadora.
Competencias específicas:
E2 - Capacidade para identificar as relacións existentes entre estratexia e competitividade, podendo alegar en cada caso, elementos de xuízo para a determinación as mellores opcións posibles.
E3 - Capacidade para analizar a información pertinente para comprender as implicacións financeiras dos negocios internacionais.
E4 - Capacidade para integrar a ética na xestión como valor recollido nos Códigos de Conduta, co obxectivo financeiro da empresa e a capacidade de xerar valor dunha forma sostible.
E5 - Capacidade para identificar e analizar a estrutura de custos e os procesos operativos e financeiros fundamentais na empresa, combinando datos cuantitativos e aspectos cualitativos da realidade analizada.
E6 - Capacidade para analizar a interrelación existente entre as alternativas de investimento e financiamento na empresa, integrando coñecementos financeiros e contables.
E8 - Coñecemento e comprensión do papel da información contable como mecanismo para a avaliación e o control.
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial, aínda que as titorías poderán realizarse tanto de forma presencial como virtual.
Ao longo do curso incidirase especialmente na resolución de problemas a través da aplicación dos coñecementos subministrados a distintos casos e problemas coa finalidade de que o estudantado aprenda a: identificar e resolver problemas non estruturados; buscar solucións creativas; integrar os coñecementos adquiridos e realizar análises críticas. Para lograr estes obxectivos, o estudantado dispoñerá coa debida antelación dos exercicios que se resolverán nas sesións de aula así como de solucións de exercicios e problemas "tipo" e de bibliografía de apoio á que acudir en caso de dúbidas.
Nas sesións dedicadas a clases teórico - prácticas realizarase a exposición teórica dos contidos básicos de cada tema seguindo unha lóxica que permite aumentar progresivamente os coñecementos do estudantado. Tras a exposición dos fundamentos teóricos do tema (ou, ás veces, de forma simultánea), realizarase a aplicación destes a "supostos" da realidade, cun dobre obxectivo: por un lado, ilustrar as explicacións teóricas e facilitar a comprensión e asimilación por parte do estudantado dos coñecementos impartidos e, por outro lado, favorecer o achegamento ao ámbito empresarial real.
Nas sesións interactivas formularanse ao estudantado cuestións teóricas a analizar e discutir ou exercicios curtos a resolver e presentar en clase coa finalidade de lograr unha maior implicación e a participación activa en clase.
Estas actividades compleméntanse co traballo persoal que o estudantado deberá dedicar a cada unha delas.
Todo o material de apoio á docencia atópase na Aula Virtual da materia. Esta materia conta cunha Guía Docente na Aula Virtual na que se inclúe información detallada sobre: programa, profesorado, calendario con datas cLave, tipos de probas a realizar e criterios de avaliación.
Considérase moi importante a participación activa e continua nas actividades propostas durante o curso.
INSTRUMENTO: Avaliación continua. Participación en clase. Resolución de exercicios e realización de traballos e probas de carácter presencial . PESO: 50%. O alumnado deberá asistir, a lo menos, ao 80% das horas de clase.
INSTRUMENTO: Exame Teórico-práctico. PESO: 50%.
A relación das diferentes actividades evaluables ao longo do curso, sua ponderación e seguemento se indicarán na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comenzo do curso.
NOTAS XERAIS:
O sistema de avaliación é o mesmo en ambas oportunidades de exame (decembro/xaneiro e xuño/xullo) e para todos os alumnos/as.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e másters), avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de cualificaciones.
Sesións expositivas: 18 horas
Sesións interactivas: 24 horas
Titorías de grupos moi reducidos: 6 horas
Estudo autónomo: 40 horas
Actividades na biblioteca (lecturas recomendadas,….): 10 horas
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 15 horas
Resolución de exercicios e preparación de casos: 35 horas
Avaliación: 2 horas (exames oficiais).
Total volume de traballo: 150 horas (6 créditos ECTS)
Considérase recomendable que, previo ao inicio do curso, o estudantado repase as nocións básicas de Contabilidade de Custos adquiridas previamente.
Antes de comezar o estudo de cada tema, recoméndase que o estudantado realice a lectura do material correspondente ao mesmo que se lle entregará previamente (no Campus Virtual) así como dalgunhas lecturas recomendadas especificamente polo profesorado por considerarse particularmente ilustrativas dos aspectos que serán obxecto de análise. Con iso preténdese dinamizar o ensino e favorecer a asimilación dos conceptos por parte do estudantado.
Despois da análise de cada tema en clase, recoméndase que o estudantado resolva as cuestións de análise e os exercicios prácticos propostos polo profesorado, co fin de comprobar o grao en que comprendeu e asimilou os conceptos, detectar as posibles dúbidas ou aspectos mal comprendidos e resolver os problemas que se formulen antes de seguir avanzando na materia.
Recoméndase participar nas discusións, debates e, en xeral, no desenvolvemento das clases e aproveitar dende o comezo do curso as titorías.
O idioma no que se imparte a materia é o castelán.
María Garrido Ruso
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- mariagarrido.ruso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 25 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 25 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |
19.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |
19.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 25 |