Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Química, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Química, Área externa M.U en Economía Circular
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo básico desta materia é presentar ao alumnado diferentes tecnoloxías utilizadas no ámbito da economía circular. En particular tratarase a valorización de biorresiduos, a valorización de correntes líquidas residuais e a valorización de contaminantes do aire.
Valorización de biorresiduos. Orixe e características dos biorresiduos (agrícolas e forestais, gandeiros, agroindustriais, fracción orgánica urbana). Xerarquía da valorización (material e enerxética). Concepto de “suprarreciclaje”. Concepto e aplicacións da biorrefinería. Procesos biolóxicos, químicos, físicos e térmicos para a obtención de alimentos, pensos, substancias básicas, produtos químicos, nutracéuticos, bioplásticos e outros. Valorización material mediante compostaxe. Valorización enerxética (obtención de biocombustibles, biometanización, coxeración).
Valorización de correntes líquidas residuais. A EDAR do século XXI. Recuperación de recursos materiais (auga rexenerada, nutrientes, …) e enerxéticos de augas residuais urbanas e industriais. Redución de produción de lodos e de emisións de gases de efecto invernadoiro. Eficiencia enerxética.
Valorización de contaminantes do aire. Comparación entre tecnoloxías convencionais vs Tecnoloxías de valorización de gases e contaminantes volátiles. Valorización de compostos volátiles e de gases de efecto invernadoiro. Valorización de gases de efecto invernadoiro e o seu (bio)conversión en produtos comerciais de alto valor engadido. Estudo de casos.
Materias primas minerais: importancia económica e risco de subministración de materias primas para as tecnoloxías estratéxicas na UE. Reciclaxe de materiais metálicos, plásticos, vidros, pilas, baterías, mineiros, construción, industriais etc.
Enerxía e transporte: tecnoloxías limpas de enerxía térmica e eléctrica, e transporte. Posibilidades de aprovisionamento enerxético desde o punto de vista económico
Tecnoloxías 4.0: Tecnoloxías 4.0 ao servizo da optimización dos materiais consumidos ao longo da cadea de valor de produtos e servizos: tecnoloxía de sensores IoT, Cloud computing e Big Data, Fabricación personalizada (e.g. impresión 3D), Visualización de produtos e compoñentes mediante a realidade aumentada (AR) e a realidade mixta (MR)
• KENNES, C., VEIGA, M.C. (eds.), Air Pollution Prevention and Control: Bioreactors and Bioenergy. Chichester: J. Wiley, 2013. ISBN: 9781119943310
• KAMM, B., GRUBER, P.R. y KAMM, M. (eds.), Biorefineries-industrial processes and products: status quo and future directions. Weinheim: Wiley-VCH, 2010. ISBN: 9783527310272 (Sig. A132 10)
• CLARK, J.H. y DESBARTE, F. (eds.), Introduction to Chemicals from Biomass. Chichester: Wiley, 2008. ISBN: 9780470058053 (Sig. IFE 164, IFE 166, 243 6, 243 6ª, 243 6B)
• MORENO CASCO, J., MORAL HERRERO, R. (Eds.) Compostaje. Ed. Mundi-Prensa. 2008. ISBN 13: 9788484763468 (Sig. A EMA 607; EMA 400).
• Mihelcic, J.R. and Zimmerman, J. B., Environmental Engineering: Fundamentals, sustainability, design, Wiley, 2014
• Davis, M.L. and Masten S.J., Principles of Environmental Engineering and Science, McGraw-Hill, 2014
• Metcalf & Eddy, Ingeniería de aguas residuales : tratamiento, vertido y reutilización, McGraw-Hill, 1998
• Wark and Warner, Contaminación del aire: origen y control, Limusa, 1996
• Jonker, G. y Harmsen, J., Ingeniería para la sostenibilidad, Reverté, 2014
• Azapagic, A. and Perdan S., Sustainable development in practice: Case studies for engineers and scientists, Wiley, 2011
• Tchobanoglous, G., Gestión integral de residuos sólidos, McGraw-Hill, 1996
• Baird, C y Cann M., Química Ambiental, Reverté, 2014
• Artículos publicados en revistas: http://sfx.bugalicia.org/san/az/
Os principais resultados da aprendizaxe son:
Coñecemento
• CON04 - Coñecer os novos avances científico-técnicos que permitan minorar os principais problemas relacionados coa contaminación, incluído o cambio climático.
• CON07 - Identificar e describir as diferentes técnicas de xestión de materiais excedentarios (i.e. residuos, subproductos etc.)/ etc.), facendo especial énfase nas técnicas de transformación e valorización. Definir estratexias de xestión de residuos baseadas na protección ambiental e na eficiencia empresarial.
• CON10 - Recoñecer os métodos de eco-control que permiten analizar as oportunidades e os riscos en materia ecolóxica, tales como eco-balances, análises do fluxo de materiais, ou contabilidade ambiental
Competencia
• COM02 - Xerar actuacións específicas no ámbito das multi#R (redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reutilizar, reciclar, recuperar a enerxía) e desenvolver solucións técnicas sostibles. Tomar decisións informadas, valorando as consecuencias éticas das mesmas, así como o seu impacto e a responsabilidade profesional asociada.
• COM04 - Formular estratexias para a redución e xestión de materiais excedentarios da organización e implementar técnicas de tratamento e valorización.
• COM07 - Propoñer e impulsar o uso de tecnoloxías limpas e de fontes de enerxía renovables, así como o desenvolvemento de estratexias de xestión eficiente da auga e a enerxía.
• COM09 - Adaptarse aos novos contextos dixitais de forma flexible e integrar as tecnoloxías da información e as comunicacións e as novas tecnoloxías emerxentes para implementar e optimizar os modelos de economía circular. Fomentar a aprendizaxe continua.
Habilidade
• HAB01 - Empregar os conceptos, ferramentas e metodoloxías necesarios para afrontar os retos da transición do modelo lineal ao modelo circular da economía actual e futura. Debater e argumentar de forma construtiva as solucións aos retos.
• HAB05 - Empregar ferramentas baseadas nas tecnoloxías da información e as comunicacións para a avaliación ambiental con obxecto de avaliar e comparar alternativas de valorización de residuos e correntes residuais, para seleccionar así a tecnoloxía máis sostible desde unha perspectiva holística e apoiar así o proceso de toma de decisión.
ACTIVIDADES TEORICAS: Leccións maxistrais, Eventos científicos (charlas con relatores/as con dilatada experiencia nos sectores de actividade obxectivo). ACTIVIDADES
PRACTICAS: Actividades guiadas e autónomas. Farase uso do estudo de casos, do debate e do seminario
O sistema de avaliación consta de 3 partes diferenciadas:
• Exame de preguntas de desenvolvemento/obxectivas: 60%.
• Resolución de problemas: 30%.
• Informe do profesor: 10%
Para superar a materia, é necesario obter un mínimo de 5 puntos, sobre 10, no exame.
Para a segunda oportunidade, manterase a cualificación da avaliación continua (resolución problemas e o informe do profesor), sendo igual a ponderación das tres partes e o requisito de obter unha puntuación mínima no exame (5 sobre 10 puntos).
Actividade Formativa Horas Presencialidade
Clases expositivas 9 100%
Clases interactivas/Seminario 12 100%
Titoría de grupo 3 100%
Traballo autónomo estudante 49 0%
Exame 2 100%
Total 75
Dado o carácter práctico da materia resulta imprescindible a asistencia e participación activa nas diferentes actividades docentes
A materia impartirase en castelán e/o galego.
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813288
- Correo electrónico
- carmela.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Gemma Maria Eibes Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- gemma.eibes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 1 |
Martes | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 1 |
Mércores | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 1 |
29.05.2026 16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 1 |