Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 57 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Entender diferentes medidas de risco como VaR, TailVar, Regreat ou risco sistémico.
Capacidade para estimar e aplicar diferentes modelos de estimación de risco de mercado.
Adquirir a capacidade para entender e desenvolver modelos con volatilidades e correlacións para valorar riscos de tipos de interese sobre un activo ou unha carteira de activos.
Capacidade para aplicar diferentes técnicas de estimación do risco de crédito
1. Introdución
1.1 Tipoloxía e xestión do risco financeiro
1.2 O risco de mercado
2. Estimación do risco en mercados financeiros
2.1 Medidas de risco de mercado: VaR, Tail VaR, Regreat, risco sistémico
2.2 Modelos univariantes de cuantificación de riscos: regresión cuantil, expectiles, teoría do valor extremo, modelos GARCH, modelos non paramétricos e simulación de Montecarlo.
2.3 Modelos multivariantes de cuantificación de riscos: modelos GARCH multivariantes e funcións copula.
2.4 Contrastes de modelos de cuantificación de risco
3. Risco de tipos de interese
3.1 Risco de tipo de interese e valoración
3.2 Modelo BGM
3.3 Xestión do risco de tipo de interese
4. O risco de crédito
4.1 Tipoloxía dos riscos de crédito
4.2 Probabilidades de incumprimento
4.3 Risco de crédito nunha carteira
Básica:
Jorion, P. (2007). Value at Risk: The New Benchmark for Managing Financial Risk. 3rd Ed. McGraw Hill.
Mc Neil, A.J., Embrechts, P., Rüdiger, F. (2005). Quantitative risk management:concepts, techniques and tools. Princeton University Press.
Gatarek, D. (2006) The LIBOR Market Model in Practice John Wiley and Sons, New York.
Complementaria:
Nawalkha, S.K., Soto, G.M., Beliaeva, N.A. (2005). Interest Rate Risk Modeling: The Fixed Income Valuation Course. Willey Finance Series.
Gunter Löeffler, Peter N. Posch (2007). Credit Risk Modeling using Excel and VBA. Willey Finance Series, 2nd Edition.
Brigo, D., Mercurio, F. (2001) Interest Rate Models, Theory and Practice, Springer, New York.
Chorafas, D. N. (1997). The market risk amendment understanding themarking-to-model and value-at-risk. McGraw-Hill, New York.
Crouhy, M., Galai, D. and Mark, R. (2006). The essentials of risk management. McGraw-Hill, New York .
Gatarek, D. (2006) The LIBOR Market Model in Practice John Wiley and Sons, New York.
Glasserman, P. (2004). Monte Carlo methods in Financial engineering. Springer, New York.
Hull, J. ( 2005). Options, futures, and other derivatives. Pearson, Prentice Hall, New Jersey.
Jamshidian, F. Libor and swap market models and measures. Finance and Stochastics, 1:293-330, 1997.
Knop, R., Ordovás, M., Vidal, J.F. (2013). Medición de riesgos de mercado y crédito. Delta publicaciones.
Los, C. A. (2003). Financial market risk measurement and analysis. Routledge, Londres.
Philippe Artzner, P. , Delbaen, F., Eber, J. M. and Heath, D. (1998), Coherent measures of risk. Working paper.
RiskMetrics. (1995), Technical Document, Morgan Guarantee Trust Company, Global Research, New York.
Sarma, M.S., Thomas, S., Shah, A. (2003). Selection of Value-at-Risk models. Journal of Forecasting, 22, 337-358.
Capacidade para avaliar o risco de mercado dun activo ou unha carteira de activos utilizando medidas de risco tales como VaR, TailVar ou risco sistémico.
Valoración dos riscos dos tipos de interese e a súa implicación na valoración de activos.
Manexo de técnicas de estimación de risco de crédito.
O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas e seminarios para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise crítica de lecturas e problemas.
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula e a reafirmar e profundar os coñecementos adquiridos. A través da resolución de exercicios e a elaboración e presentación de traballos, o alumno exercita e desenvolve os seus coñecementos e habilidades. Por medio da realización de traballos en grupo, que inclúen a entrega de resumos e presentacións, os alumnos pon en práctica os seus coñecementos e as súas habilidades de comunicación e interacción interpersoal.
Os exames e o resto das actividades de avaliación forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñadas a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o curso.
Os alumnos disporán de guías didácticas específicas sobre os contidos dos temas nas que se lles informará sobre a importancia relativa e interrelación entre os mesmos. Nestas guías proporcionaránselles referencias bibliográficas e unha serie de pautas relacionadas cos contidos dos temas que servirán de apoio e orientación para o seu traballo individual e en grupo.
O procedemento de avaliación terá en conta: (a) a resolución de casos prácticos, traballos realizados e expostos en clases, probas de comprensión realizadas ao longo do curso; e (b) exame final escrito. A ponderación de cada un destes elementos será do 50% e, ademais, aplicarase o criterio de non outorgar ao alumno unha nota inferior á do exame final, co que a nota final será: max{0,5*(a)+0,5*(b), (b)}.
En caso de plaxio ou uso indebido de tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os alumnos repetidores serán avaliados do mesmo xeito que os non repetidores. Os alumnos con dispensa de docencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, serán avaliados cun exame final que suporá o 100% da cualificación.
Ademais das horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar 30 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), a análise de casos, lecturas ou realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.
Para superar a materia con éxito é recomendable:
(a) esforzo e estudo continuado ao longo do curso
(b) resolver e discutir os exercicios prácticos propostos, preferiblemente en grupo
(c) lectura dos artigos e capítulos de libros recomendados
(d) acudir ás tutorías para expor e resolver todas as dúbidas relacionadas coa materia
Para cursar este curso requírese que os alumnos teñan uns coñecementos previos de Econometría e Excel, así como cursar a materia "Fundamentos de valoración de mercado". Ademais é necesario un dominio do inglés mínimo que permita a lectura dalgunhas das referencias bibliográficas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Juan Carlos Reboredo Nogueira
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811675
- Correo electrónico
- juancarlos.reboredo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 5 |
Martes | |||
11:30-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática 5 |
22.04.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
22.04.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
31.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
31.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |