Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Interpretar os municipios como escenarios de experimentación e fondas innovacións no ámbito do goberno e a gobernanza.
-Comprender o carácter complexo da administración e goberno local nun contexto de inframunicipalismo.
- Profundizar nos desafíos contemporáneos dos gobernos locais e a importancia da innovación.
-Observar os diferentes tipos de goberno local e a canalización da demandas cidadás de participación.
-Achegarse´ás novas ferramentas de innovación política e as experiencias de gobernanza e participación.
- Interpretar os marcos de gobernanza das emerxencias complexas actuais.
A partir da intensa renovación temática desenvolvida nos estudos sobre os ámbitos locais de goberno desde a Ciencia Política, trátase de analizar as problemáticas intrínsecas dos gobernos máis pegados ao territorio e próximos á cidadanía. A súa capacidade de xerar consenso cidadán, o seu limitado marxe de manobra respecto a determinados intereses privados, e a súa transcendencia na xestión das políticas públicas, os servizos sociais e a atención directa ás persoas. As posibilidades de innovación e introdución de modelos participativos e deliberativos nun goberno próximo, sometido a certas limitacións de actuación.
1- Os novos desafíos dos gobernos locais
2- Que entendemos por innovación
3- Participación e innovación no ámbito local. Orzamentos participativos
4- Deliberación, comunicación e innovación política
5- Innovación democrática nos procesos participativos locais feministas
6- Ferramentas, análise e experiencias na xestión innovadora dos gobernos locais
7- A gobernanza das emerxencias complexas
-Agnew, J. (1994). The Territorial Trap: The Geographical Assumptions of International Relations Theory. Review of International Political Economy, 1 (1): 53-80.
-Bevilacqua, C.; Calabró, F. y Dellla Spina, L. (Eds.) (2020): New Metropolitan Perspectives: Knowledge Dynamics, Innovation-driven Policies Towards the Territories’ Attractiveness. Chan (Suiza): Springer,
-Blanco, I. & Subirats, J. (2012). “Políticas urbanas en España: dinámicas de
transformación y retos ante la crisis.” Geopolitica(s), 3 (1), 15-33. Retrieved from
http://revistas.ucm.es/index.php/GEOP/article/view/39304
-Blanco, I. y Oriol Nel.lo (2018): Barrios y crisis: crisis económica, segregación urbana e innovación social en Cataluña. Valencia: Tirant lo Blanch.
-Brandis, D; Chumillas, I.; Del Río, I.; Morales, G. (2014). Territorios inconclusos y
sociedades rotas. XIII Coloquio y Trabajos de Campo del Grupo de Geografía Urbana.
- Brenner, N. (2004) New state spaces, Oxford: Oxford University Press.
-Fanstein, S. (2010). The Just City. Ithaca, NY: Cornell University Press.
- González Pérez, J.M.; Lois-González, R.C. e Piñeira-Mantñán, Mª.J. (2016): The economic crisis and vulnerability in the Spanish cities: urban governance challenges
Procedia-Social and Behavioral Sciences 223, 160-166
-Harvey, D. (2005) A brief history of neoliberalism, Oxford: Oxford University Press.
- Iglesias M. Martí-Costa M., Subirats J. and Tomás M. (Eds) Políticas urbanas en España, p. 442. Icaria editorial 201–228, Barcelona
-Méndez, R., Abad, L. D. & Echaves, C. (2015). “Atlas de la crisis. Impactos socioeconómicos y territorios vulnerables en España.” Valencia: Tirant lo Blanch
-Nel.lo, O. (2015): La ciudad en movimiento: crisis social y respuesta ciudadana. Madrid: Díaz & Pons.
-Peck, J, (2004) ‘Geography and public policy: constructions of neoliberalism’, Progress in Human Geography, 28, 392–405.
-Piñeira-Mantñán, Mª.J.; Lois-González, R.C. e González Pérez, J.M. (2019):
New models of urban governance in Spain during the post-crisis period: the fight against vulnerability on a local scale. Territory, Politics, Governance 7 (3), 336-364
-Romero, J. & Farinós, J. (2011). “Redescubriendo la gobernanza más allá del buen
gobierno. Democracia como base, desarrollo territorial como resultado.” Boletín de la
Asociación de Geógrafos Españoles, 56, 295-319. http://www.agegeografia. es/ojs/index.php/bage/article/view/1354
-Salom, J. e Farinós, J. (Eds.). (2014) Identity and Territorial Character. Re-Interpreting Local-Spatial Development. Valencia: Universidad de Valencia.
-Soja, E. (2014). En busca de la justicia espacial. Valencia: Tirant Humanidades.
-Subirats J. (2011) Otra sociedad ¿Otra política? Del no nos representan a la democracia de lo común.Icaria, Barcelona.
Competencias Xerais
• Transmisión de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado no relativo á organización do goberno local e as políticas públicas innovadoras.
• Capacidade de análise e reflexión sobre os problemas públicos locais e as responsabilidades sociais e éticas no ámbito da xestión das administracións locais.
• Capacidade de xeración de novas ideas e resolución de problemas en contornas cambiantes que permitan avances no coñecemento da xestión local e as políticas públicas.
• Aplicación de coñecementos orientados adquiridos á práctica profesional ou a investigación sobre o ámbito local.
• Capacidade de recuperación e análise de información que permita deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no ámbito da xestión pública local e das ciencias sociais en xeral.
• Capacidade de incorporación da perspectiva de xénero na aprendizaxe e no deseño de proxectos innovadores.
Competencias Específicas
• Adquisición de coñecementos para poder elaborar estudos e informes de carácter técnico, de consultoría e científicos no ámbito da Administración Local e da innovación democrática.
• Coñecemento dos principais enfoques teóricos e técnicas de implementación de políticas e deseños de innovación no ámbito local.
• Xestión e dirección de equipos de persoas.
• Capacidade para o deseño e xestión de plans estratéxicos participativos, deliberativos, programas, proxectos e servizos relacionados coa xestión e a innovación no espazo local.
Para abordar o programa utilizaremos como método didáctico básico a clase expositiva, que ten coma obxectivo a explicación sistemática e ordenada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade. As clases expositivas desenvolverán inicialmente os contidos e os temas a abordar.
Xunto con isto, desenvolveranse diferentes clases prácticas nos que se require tanto da participación activa do alumnado de xeito individual como de exposición oral e elaboración de traballo en grupo. Nestas clases prácticas realizaranse comentarios de textos e outro material, debates e todo tipo de traballos prácticos orientados á diagnose e resolución de retos de innovación no ámbito local.
Esta materia incorporará a perspectiva de xénero no coñecemento e aprendizaxe do temario.
Para a superación da materia considérase necesaria a asistencia, participación activa e continua do alumnado, tanto nas clases teóricas coma prácticas, pois ademais de ponderarse na nota final, só así conseguirá acadar os obxectivos da materia. Deberá asistirse ás clases un mínimo dun 80%.
A avaliación continua complétase co traballo e as exposicións dos alumnos/as nas aulas. As actividades de avaliación continua inclúen presentacións orais das lecturas obrigatorias, conferencias, debates en clase e presentación de pequenos traballos prácticos. Deberá entregarse un traballo en grupo.
Tamén será necesario realizar un traballo final individual.
A participación nas clases teóricas e prácticas suporá o 20% da nota e o traballo en grupo suporá o 40%. O traballo final individual supón o 40% da nota final.
Só no caso de que o alumno non acade a cualificación suficiente para superar a materia a través da avaliación continua, realizarase un exame final, segundo os epígrafes do programa.
A materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
Esta materia implica un traballo continuado de seguimento das aulas e dos artigos cuxas lecturas se vaian propondo e, sobre todo, un esforzo intenso dedicado á elaboración dos traballos tanto individual como colectivo. Alén das aulas, recoméndase facer uso das titorías para un adecuado seguimento da materia. Asemade, agárdase do alumnado unha aprendizaxe autónoma mediante a lectura de capítulos de libros e artigos de revistas especializadas ás cales a USC está subscrita.
Valorarase de xeito especial a actitude activo do alumnado nas clases, a súa participación e aportes críticos.
Marta Irene Lois Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815191
- Correo electrónico
- martairene.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 2.2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 2.2 |
19.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
19.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
17.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
17.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |