Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Civil, Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprensión de conceptos básicos en materia de relacións de xénero e dereito privado
Cotexo de relacións sociais e xurídicas
Coñecemento dos mecanismos xurídicos que regulan a cuestión da igualdade de xénero
Identificación da lexislación aplicable
Reflexión sobre a evolución normativa en materia de xénero, con especial referencia á lexislación da Unión Europea e española, tanto estatal como autonómica
Debate sobre a aplicación práctica das medidas adoptadas en materia de igualdade de material
Roles de xénero, modelos de socialización e relacións xurídicas
Dereito antidiscriminatorio. Xénero e multidiscriminación
Dereito antidiscriminatorio no ámbito do dereito privado: dereito da persoa, relacións familiares, acceso a bens e servizos, titularidade de bens e dereitos, responsabilidade
Dereito antidiscriminatorio no ámbito do Dereito civil (contratos, responsabilidade, familia, persoa) e do Dereito do Traballo e da Seguridade Social
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- AAVV, Manual de conceptos jurídicos básicos, Colex, Madrid, 2021.
- AAVV, Manual para la investigación feminista y de género, Editorial UJI, 2021 (accesible en https://repositori.uji.es/items/cbe7e520-3a10-4a43-9480-728c185f80a3 )
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- AAVV, El derecho a la igualdad efectiva de mujeres y hombres una evaluación del primer decenio de la Ley Orgánica 3/2007, Ed. Aranzadi, 2018.
- AAVV, Diversidad de género e igualdad de derechos : manual para una asignatura interdisciplinar, Valencia/Madrid, 2012
- AAVV, La violencia de género en la ley : reflexiones sobre veinte años de experiencia en España, Madrid, 2010
-AAVV, Tutela jurisdiccional frente a la violencia de género : aspectos procesales, civiles, penales y laborales , Valladolid, 2009
- AAVV, La transposición del principio antidiscriminatorio comunitario al ordenamiento jurídico laboral español, Valencia, 2010
- AAVV, El levantamiento del velo: las mujeres en el derecho privado, Valencia, 2011
- AAVV, Mujeres, contratos y empresa desde la igualdad de género, Tirant lo Blanch, Valencia, 2014
- AAVV, Construyendo la igualdad. La feminización del Derecho privado, Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
- AAVV, Mujer, maternidad y Derecho, Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2019.
- AAVV, Mujer como motor de innovación jurídica y social, G.Tomás/A. Vidu (Coord.), Valencia, Tirant lo Blanch, 2021.
- AAVV, Monográfico La Ley. Derecho de Familia, nº 30. Derecho privado y autodeterminación de género. Abril-junio 2021 (Coord. Mª Paz. García Rubio).
- AMMERMAN YEBRA, J., Las madres solas ante los tribunales, la administración y las leyes, ¿se perpetúa la discriminación?, Premio Rosario Valpuesta, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
- BARBA, V. Principio de no discriminación y contrato, Tirant lo Blanch, 2022.
- FERREIRO REGUEIRO, Consuelo, “Violencia de género y negociación colectiva”, en Violencia de género y derecho del trabajo: estudios actuales sobre puntos críticos, Madrid, 2012, p.p. 467 a 512.
- MANEIRO VÁZQUEZ, Y., Cuidadores, igualdad y no discriminación y corresponsabilidad: la (r)evolución de los derechos de conciliación de la mano de la Directiva (UE) 2019/1158, Bomarzo, 2023.
- MARTÍN VALVERDE, A., RODRÍGUEZ-SAÑUDO GUTIÉRREZ, F. y GARCÍA MURCIA, J.: Derecho del Trabajo (última edición).
- VALDÉS DAL-RÉ, F.; Igualdad de género y relaciones laborales: entre la ley y la negociación colectiva, Editorial Reus, S.A. (Madrid, 2010).
COMPETENCIAS
1 BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Saber transmitir aspectos de planificación de programas e os coñecementos correspondentes a públicos especializados e non especializados.
CG4 - Desenvolver un compromiso ético e deontolóxico
CG6 - Posuír a capacidade de adaptación a novas situacións, de creatividade, liderado, iniciativa e espírito emprendedor
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
2 TRANSVERSAIS
CT1 - Ser capaces de impulsar a implementación de accións transformadoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal, concretamente nos ámbitos económico e laboral. CT2 - Ser capaces de efectuar avaliacións e análises de políticas públicas e de planificacións didácticas desde unha óptica de interconexións e transversal de xénero.
CT4 - Ser capaces de organizar accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero (mainstreaming) en todas as esferas sociais, administrativas e políticas.
3 ESPECÍFICAS
CE1 - Dispoñer dunha formación científica básica e específica na temática Educación, Xénero e Igualdade e da capacidade de aplicar estes coñecementos nas accións concretas prácticas nas múltiples áreas como son a social, educativa, cultural, económica, laboral, política e administrativa.
CE3 - Poder efectuar e xestionar avaliacións das múltiples situacións sociais, culturais, educativas, económicas e políticas desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
CE5 - Ser capaces de realizar análises de datos empíricos referentes a elementos escollidos da estrutura social desde a óptica das mulleres e do xénero
A docencia será de carácter presencial.
Para a docencia teórica usarase un modelo de clase maxistral modificada para optimizar a interacción docente-discente. No entanto combinarase a forma da clase maxistral con intervencións activas e alocucións das alumnas e dos alumnos (exposicións, resumos, formulación de preguntas, etc.), isto é, achegas en relación co material que se usará nas distintas clases para profundar nas distintas temáticas suscitadas na aula. De modo concreto a metodoloxía combinará:
• Clases teóricas,
• Apoio de casos prácticos
• Actividades prácticas (de casos xurídicos e de “pizarra”) sobre cada un dos temas expostos en clase e contidos no programa da asignatura
• Debate sobre os temas expostos
O Campus virtual empregarase como ferramenta de apoio docente.
CUESTIÓNS XERAIS
Realizarase didácticamente un seguimento continuado, incluíndo a realización e exposición de traballos e probas escritas.
Valorarase tamén a participación e a asistencia ás clases teóricas e ás prácticas correspondentes, fundamentais para adquirir a formación profesional e científica prevista. A asistencia valorarase como un factor máis na avaliación continua. Neste sentido, as actividades avaliables realizadas nas clases non son recuperables para aqueles estudantes que non asistan ás aulas, salvo que a falta sexa por causa xustificada nos termos previstos no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC. En ningún caso a falta de asistencia a clase impide o acceso á proba escrita (nestes casos a cualificación será unicamente a obtida nesta proba).
Advírtese que, de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades indicadas será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que cumprimente algunha delas en ningún caso será a de NON PRESENTADO.
A cualificación final seguirá o seguinte sistema de avaliación:
- Proba escrita: 60%
- Avaliación continua e traballos: 40%
O estudantado ao que se lles recoñeza exención de docencia serán avaliados a través da proba escrita final (100% da avaliación). Deberán comunicar ás docentes a concesión de dita exención no prazo de 5 días.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE TRABALLOS, EXERCICIOS OU PROBAS
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o estudantado infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
AVALIACIÓN DO CURSO ACADÉMICO SEN DOCENCIA
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición do máster non haberá docencia presencial desta materia, o estudantado matriculado na mesma será avaliado mediante un exame, para o que deberán contactar canto antes coas docentes responsables da materia
Pártese da base de que por un crédito ECTS se calculase, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 10 horas de traballo persoal á semana.
1. Recoméndase que dende o inicio do semestre o estudante consulte ou adquira parte da bibliografía básica e complementaria que se lle facilitou.
2. Asistencia regular ás aulas.
3. Participación activa do estudantado na clase.
4. O tempo de estudo debe ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguimiento semanal da materia.
1. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse a través da aula virtual.
2. As comunicacións deberán practicarse desde as contas de correo institucionais da USC.
3. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
4. Con carácter xeral, as dúbidas deberán resolverse nos horarios de titorías. O correo electrónico non é unha ferramenta para a solución de dúbidas de fondo sobre a materia.
Teresa Eva Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- eva.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Laboral asimilado a TEU
Marta Otero Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814647
- Correo electrónico
- marta.otero.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
08.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
08.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |