Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer e identificar os espazos culturais e o seu potencial educativo en diferentes contextos.
-Familiarizarse cos diferentes ámbitos dos espazos culturais dende unha perspectiva interdisciplinar e integradora.
-Experimentar e vivenciar situacións e procesos de aprendizaxe en relación cos espazos culturais e desenvolver as capacidades emocionais e creativas.
-Coñecer, analizar e avaliar experiencias e propostas innovadoras desenvolvidas nos ámbitos da Educación Infantil e Primaria.
-Ser capaz de deseñar propostas didácticas para diferentes niveis da Educación Infantil e Primaria coherentes e innovadoras aplicando os coñecementos adquiridos en diferentes contextos educativos.
-Identificar o espazo físico do ámbito virtual e coñecer as interrelacións entre ambos planos.
1. A comprensión do espazo cultural: as paisaxes e as súas componentes.
2. Espazo físico e ámbito virtual: a percepción das paisaxes a través do tempo e os condicionantes culturais.
3. A pedagoxía dos espazos: educación patrimonial.
4. Os espazos culturais e as súas relacións con contextos educativos.
Básica:
- Busquets i Fàbregas, J. (2010). La educación en paisaje: una oportunidad para la escuela. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 65, p. 7-16.
- Feliu Torruella, M. y Hernández Pongiluppi, M. (2015): “El paisaje en la didáctica de las ciencias sociales”. Íber: didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 81, p. 9-14.
- Fontal Merillas, O. (coord.) (2020). Cómo educar en el Patrimonio. Guía Práctica para el desarrollo de actividades de educación patrimonial. Consejería de Cultura y Turismo de la Comunidad de Madrid, Dirección General de Patrimonio Cultural.
- Liceras Ruiz, A. (2013). Didáctica del paisaje. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 74, p. 85-93.
Complementaria:
- Benayas del Alamo, J. y López Santiago, C. (2010). Propuesta didáctica para vivir el paisaje. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 65, p. 56-65.
- Calaf Masachs, R. (2009). Didáctica del patrimonio: epistemología, metodología y estudio de casos. Trea.
- Domínguez Almansa, A. y López Facal, R. (2014). Patrimonio, paisaje y educación: formación inicial del profesorado y educación cívica del alumnado de primaria. Clio: History and History Teaching, 40.
- Estepa Giménez, J. (2013). La educación patrimonial en la escuela y el museo: investigación y experiencias. Universidad de Huelva
- Fontal Merillas, O. y Gómez-Redondo, C. (2015). Evaluación de programas educativos que abordan los procesos de patrimonialización. Didáctica de las ciencias experimentales y sociales, 29, p. 89-118.
- Fontal Merillas, O. e Ibáñez-Etxeberria, A. (2017). La investigación en Educación Patrimonial. Evolución y estado actual a través del análisis de indicadores de alto impacto. Revista de Educación, 375, p. 184-214.
- García de la Vega, A. (2019). Perspectivas de futuro en el aprendizaje del paisaje. Didáctica Geográfica, 20, 55-77.
- Hernández Carretero, A. M. (2010). El valor del paisaje cultural como estrategia didáctica. Tejuelo, 9, p. 162-177.
- Insa Sauras, Y. (2002). Itinerarios urbanos, recursos y materiales didácticos para explicar la ciudad. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 32, p. 89-95
- Liceras Ruiz, A. (2003). Observar e interpretar el paisaje. Estrategias didácticas. Grupo Editorial Universitario.
- Liceras Ruiz, A. (2018). Notas para el estudio del paisaje. Universidad, Escuela y Sociedad, 4 (marzo 2018), 26-39.
Competencias Básicas
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
Competencias Xerais
G1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
G4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar
a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben
común.
G6 - Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben
enfrontarse.
G7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e
cultural da sociedade.
Competencias Transversais
T1. Capacidade de análise e síntese.
T4. Traballar de forma colaborativa.
T6. Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T7. Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/o investigador.
T8. Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
T10. Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
T11. Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
T13. Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Competencias Específicas
E1. Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
E2. Identificar e analizar críticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
E3. Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
E6. Establecer os descriptores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados #de acordo con os propósitos da investigación.
E7. Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
E8. Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/o innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
E9. Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
E15. Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A metodoloxía docente da materia se fundamenta na participación activa do alumnado, procurando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de construcción de coñecementos, adquisición de estratexias e desenvolvemento de destrezas e actitudes na aula.
Nas aulas expositivas levarase a cabo a presentación do marco teórico e metodolóxico da materia por parte do profesorado, permitindo a súa integración no proceso de interacción cos estudantes, que deberán empregar o estudo autónomo para facerse cos fundamentos da materia.
Nas aulas interactivas as actividades procurarán a implicación do alumnado mediante a resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias e o estudo de casos. O alumnado deberá desenvolver un traballo persoal, tanto en grupo como individual, que favoreza unha aprendizaxe autónoma e cooperativa. De igual xeito, desenvolverá a súa capacidade comunicativa mediante a defensa oral do traballo realizado.
Tanto na aula como nas sesións de titoría o profesorado guiará todas as tarefas do alumnado e atenderá a dúbidas referidas á materia.
A aula virtual da USC empregarase como ferramenta metodolóxica que procurará garantir a calidade do ensino, permitindo tanto a entrega das tarefas do alumnado como a creación de repositorios de documentos para traballar na aula seleccionados polo profesorado da materia.
A avaliación realizarase tendo en conta tres aspectos:
a) Asistencia e participación nas actividades da aula. A asistencia ás clases é obrigatoria e os alumnos deben asistir a un mínimo do 80% das sesións. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro. A asistencia e participación terá un peso do 20% na nota final.
b) Informes, traballos, producións escritas e presentacións orais dos alumnos. Terán un peso do 30% na nota final.
c) Traballo de investigación e innovación. Terá un peso do 50% na nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase, os estudantes que teñan unha exención docente deben acordar un plan de traballo específico co profesor, que incluirá:
- Un programa de lecturas e actividades que se realizarán con prazos para as obras indicadas (30% da nota final)
- Un calendario de reunións de titorías para realizar o seguimento e avaliación das tarefas encomendadas (20% da nota final)
- A realización e presentación dun proxecto de investigación e innovación (50% da nota final).
Esta é unha materia de 3 ECTS, que se distribúen en sesións de traballo presencial co profesorado ao longo do cuadrimestre e de traballo grupal e individual do alumnado organizado arredor das tarefas que se indican no apartado "Metodoloxía de ensinanza" deste Programa.
Non se indican requisitos previos.
ENTREGA DE TRABALLOS: Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados; Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes; Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
NA SAÍDA OU SAÍDAS DE CAMPO QUE SE REALICEN: escrupuloso respecto pola contorna. Non se pode recoller ningunha mostra vexetal (follas de árbores, musgos, e outros seres vivos) agás as que estean caídas no chan. Evitaranse ruidos innecesarios que poidan molestar a outras persoas ou perturbar a calquera ser vivo. Non se deixará resto de ningún tipo. O medio sempre debe quedar mellor, ou como mínimo igual, do que o encontramos, nunca peor. Levarase unha bolsa para poder recoller algún lixo que se poidese encontrar e eliminar. Non se poderá utilizar teléfonos móbiles, nin outros artefactos, agás para realizar algún tipo de actividade de instrucción relacionada coa actividade.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Leticia Lopez Mondejar
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- leticia.lopez.mondejar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
17:00-18:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
16.05.2024 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
25.06.2024 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |